José Frau

José María Isidro Frau y Ruiz, nado o 15 de maio de 1898 en Vigo e finado o 24 de marzo de 1976 en Madrid, foi un pintor de orixe galega.

José Frau
NomeJosé María Isidro Frau y Ruiz
Nacemento15 de maio de 1898
 Vigo
Falecemento24 de marzo de 1976
 Madrid
NacionalidadeEspañol
Influenciado porAntonio Muñoz Degrain

Traxectoria

Fillo dunha andaluza e un mallorquino, carabineiro destinado en Vigo, con tres anos abandonou Galicia.

Estudou na Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, sendo discípulo de Antonio Muñoz Degrain.

Expuxo en Pittsburgh e viaxou a Buenos Aires e Montevideo. En 1950 foi a vivir a México onde expón, así coma en Nova York. Fixou a súa residencia definitiva en España, na provincia de Guadalajara, en 1966.

Pódese apreciar obra de Frau no Museo Municipal Quiñones de León (sala monográfica con nove cadros doados polo autor), na Colección Afundación,[1] no Museo Provincial de Pontevedra,[2] no Museo de Belas Artes da Coruña,[3] e no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Amais diso, ten obra no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[4] e en pinacotecas de París, Pittsburgh, Moscova, Nova York, Buenos Aires, California e Alemaña.

En Vigo, unha rúa, entre as rúas Álvaro Cunqueiro e López Mora, leva o nome do pintor.

Notas

  1. Frau na Colección Afundación.
  2. Frau no Museo de Pontevedra: "Figura, mujer con gato". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.;Paisaje con bañistas; Paisaje; En el portal, José y María
  3. Frau no Museo de Belas Artes da Coruña.
  4. Frau no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

Véxase tamén

Bibliografía

Adolfo Gregorio Espino

Adolfo Gregorio Espino, finado en Madrid o 13 de abril de 1962, foi un perito agrícola, avogado e político galego.

Benedicto Conde

Benedicto Conde González, coñecido como Bene, nado en 1895 en Castrelos, Vigo, e finado en Vigo o 31 de marzo de 1987, foi un xornalista e fotógrafo galego.

Benito Castro Nogueira

Benito Castro Nogueira, nado en 1923 en Aldán e finado en Cangas o 27 de outubro de 2010, foi un párroco galego.

Camilo Veiga Prego

Camilo Veiga Prego, nado o 25 de novembro de 1905 en Bouzas, Vigo, e finado o 2 de setembro de 1978, perito mercantil, foi un filántropo galego.

Carlos Blanco Yáñez

Carlos Blanco Yáñez, nado en Meira o 18 de xaneiro de 1934 e finado en Vigo o 12 de abril de 1998, foi un editor galego.

Casiano Martínez Fernández

Casiano Martínez Fernández, finado en Bouzas o 22 de xullo de 1925, foi un empresario e político galego.

Eduardo Iglesias Añino

Eduardo Iglesias Añino, nado en Teis o 14 de outubro de 1850 e finado en Vigo o 18 de xuño de 1916, foi un avogado e político galego.

Enrique Lorenzo Docampo

Enrique Lorenzo Docampo, nado en Vigo o 16 de novembro de 1892 e finado na mesma cidade en 1981, foi un empresario e político galego.

Enrique Suárez Guntín

Enrique Suárez Guntín, nado en 1931 no antigo concello de Lavadores e finado en Vigo o 15 de decembro de 2011 foi un médico vigués

Faustino Álvarez Álvarez

Faustino Álvarez Álvarez, nado en Gondomar e finado en 1994, foi un empresario, comerciante e político galego.

Fernando Conde Domínguez

Fernando Conde Domínguez, nado en Vigo en 1858 e finado o 9 de novembro de 1945, foi un empresario e alcalde galego.

Francisco Javier Martínez Enríquez

Francisco Javier Martínez Enríquez Sarmiento de Valladares, VII Marqués de Valladares, nado en Ourense en 1808 e finado en Vigo o 19 de xaneiro de 1887, foi un político galego.

Joaquín García Picher

Joaquín García Picher, nado o 29 de agosto de 1932 en Vigo e finado o 12 de setembro de 1985, foi un político galego, alcalde de Vigo.

José Ramón Fontán

José Ramón Fontán González, nado en Mos en 1915 e finado en Vigo en 1996, foi un político galego.

Policarpo Sanz

José Policarpo Sanz Souto, nado en Marín o 25 de xaneiro de 1841 e finado en Nova York en 1889, foi un industrial e mecenas galego.

Ramón Abeleira Menéndez

Ramón Abeleira Menéndez foi un político de mediados do século XIX, alcalde presidente de Vigo.

Rosario Hernández

Rosario Hernández Diéguez, coñecida como A Calesa, nada en Vigo o 17 de febreiro de 1916 e finada na mesma cidade o 3 de setembro de 1936, foi unha sindicalista galega.

Ángel Ilarri

Ángel Ilarri Gimeno, nado en 1913 en Corella, Navarra, e finado en 1998 en Vigo, foi durante corenta anos administrador e director do Museo Quiñones de León de Vigo.

Ángela Iglesias Rebollar

Ángela Iglesias Rebollar, alcumada A Protestante, nada en Tui ou na Guarda e finada o 11 de abril de 1937 en Vigo, foi unha muller asasinada aos 26 anos de idade, durante a Guerra Civil Española.

Onomástica do rueiro de Vigo

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.