José Espinosa Rodríguez

José Espinosa de los Monteros y Rodríguez, nado no Porriño o 14 de febreiro de 1880 e finado en Vigo o 13 de decembro de 1966, foi un farmacéutico e historiador galego, cronista oficial de Vigo desde 1937.

José Espinosa Rodríguez
Nome completoJosé Espinosa de los Monteros y Rodríguez
Nacemento14 de febreiro de 1880
 O Porriño
Falecemento13 de decembro de 1966 (86 anos)
 Vigo
ResidenciaVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUSC
OcupaciónHistoriador
ProfesiónFarmacéutico

Traxectoria

Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en La Voz del Miñor e Faro de Vigo e foi membro numerario da Real Academia Galega e correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia de Farmacia.

Obra bibliográfica

  • Casas y cosas del Valle Miñor (1938)
  • Fray Antonio de Sotomayor y su correspondencia con Felipe IV (1944)
  • El valle de la Louriña. Bosquejo histórico (1944)
  • Bouzas (1944)
  • Tierra de Fragoso (Notas para la historia de Vigo y su comarca) (1949)
  • Historia de las farmacias del partido judicial de Vigo (1568-1949) (1950)
  • Casas y cosas del Valle Miñor (1951)
  • Un privilegio del Emperador Carlos I (1952), discurso de ingreso na RAG, contestado por Paulino Pedret
  • Apuntes gráficos sobre heráldica gallega (1954)
  • Kaleidoscopio gondomareño (1957)

Recoñecementos

Declarárono fillo predilecto do Porriño e fillo adoptivo de Vigo. Recibiu a encomenda de Afonso X o Sabio. Unha rúa de Vigo leva o nome Cronista Espinosa.[1][2]

Notas

  1. En 42°13′57.72″N 8°42′3.08″O / 42.2327000, -8.7008556.
  2. Vázquez Xil, Lalo (1994). Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo. Ano orixinal: 1991 (2ª ed.). Vigo. p. 118. ISBN 84-87379-47-8.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

14 de febreiro

O 14 de febreiro é o 45º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 320 días para finalizar o ano, 321 nos anos bisestos.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Casimiro Torres Rodríguez

Casimiro Torres Rodríguez, nado en Santa Cruz de los Cuérragos (Zamora), o 10 de agosto de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1989, foi un estudoso da Historia antiga e da Alta Idade Media de Galicia.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José García Acuña

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón López de Vicuña

Ramón López de Vicuña, nado en Manila, Filipinas, o 14 de novembro de 1852 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1909, foi un profesor e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Onomástica do rueiro de Vigo

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.