José Cornide Saavedra

José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra[1], señor de Cebreiro, de Madiz e de Saa, nado na Coruña o 25 de abril de 1734 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1803, foi un xeógrafo, naturalista e humanista galego, membro sobranceiro do movemento ilustrado.

José Cornide Saavedra
José Cornide Saavedra, Cuevas
Nome completoJosé Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra
Nacemento25 de abril de 1734
 A Coruña
Falecemento22 de febreiro de 1803 (68 anos)
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, xeógrafo, naturalista e biólogo
EstudosHumanidades

Traxectoria

Casa de José Cornide, A Coruña
A súa residencia, a Casa Cornide, enfronte da Colexiata, A Coruña

De orixe fidalga, estudou Humanidades na Universidade de Santiago de Compostela. Foi rexedor da cidade da Coruña, fundador da Sociedad Económica de Santiago, fundador da Academia de Agricultura del Reino de Galicia e primeiro secretario perpetuo da Real Academia de la Historia (1802-1803), entre outros. Ao longo da súa vida realizou completos estudos sobre historia, xeografía e economía, fundamentalmente de Galiza.

Elaborou gran cantidade de mapas, entre os que destacan os da diocese de Ourense e da de Mondoñedo. Realizou numerosas crónicas de viaxes, como Viaje desde Coruña a la Corte, ademais de cultivar literatura, tanto en lingua española como en lingua galega, aínda que os seus poemas en galego son actualmente descoñecidos.

José Cornide Saavedra é un dos primeiros en denunciar a colonización económica e cultural de Galicia:
“No hay provincias en España que no tengan sus fábricas de algún género de paños; solo Galicia se ha contentado con las chapuceras fábricas de buriel tosquísimo (...). Los que ya hicieron callos en esta máxima diabólica (...) son los que más se han de oponer a todo cuanto de bueno y útil se propone en favor de Galicia, porque quieren que Galicia sea país de Indias”

Obras

  • Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia (1774).
  • Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo con un tratado de las diversas pescas y de las redes y aparejos con que se practican (1788).[2]
  • Las Casitérides, o Islas del Estaño, restituidas a los mares de Galicia. Disertación crítica en que se procura probar que estas islas no son las Sorlingas, como pretende en su Britania Guillermo Cambden, y sí las de la costa occidental del reino de Galicia.[3] (1790).[4]
  • Investigaciones sobre la fundación y fábrica de la llamada Torre de Hércules situada a la entrada del puerto de La Coruña.[5]
  • Estado de Portugal en el año 1800.

Galería de imaxes

Notas

  1. Portada na que se aprecia o nome de Joseph Cornide na súa grafía de finais do século XVIII.
  2. Ensayo de una historia de los peces y de otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo.
  3. Ficha en cervantesvirtual.es
  4. Las Casiterides ó Islas del Estaño restituidas á los mares de Galicia: disertación crítica.
  5. Ficha en cervantesvirtual.es

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

22 de febreiro

O 22 de febreiro é o 53º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 312 días para finalizar o ano, 313 nos anos bisestos.

Antonio Gil Merino

Antonio Gil Merino, nado en Castrillo de Villavega (Palencia), o 4 de xuño de 1916, e falecido na Coruña o 18 de outubro de 2009, foi un historiador, arquiveiro e escritor galego.

As Pontes de García Rodríguez

As Pontes de García Rodríguez, tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres. O seu xentilicio é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste.

Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume.

No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.

A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.

Cornide

O topónimo galego Cornide pode referirse a:

Cornide, lugar da parroquia de Ouces, no concello de Bergondo;

Cornide, lugar da parroquia de Bendia, no concello de Castro de Rei;

Cornide, lugar da parroquia de Duarría, no concello de Castro de Rei;

Cornide, lugar da parroquia de Maniños, no concello de Fene;

Cornide, lugar da parroquia de Antas, no concello da Lama;

Cornide, lugar da parroquia de Deade, no concello de Pantón;

Cornide, lugar da parroquia de Vilar, no concello de Pontedeume;

Cornide, lugar da parroquia de Riotorto, no concello de Riotorto;

Cornide, lugar da parroquia de San Sadurniño, no concello de San Sadurniño;

Cornide, lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo;

Cornide, lugar da parroquia de Samarugo, no concello de Vilalba;

Cornide, lugar da parroquia da Rigueira, no concello de Xove.Amais, como apelido pode referirse a:

José Cornide Saavedra, ilustrado galego (1734-1803);

Luís Cornide Quiroga, empresario e político galego (1884-1946).

Historia de Galicia

A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.

O feito de que no ano 298 d. C. o emperador Diocleciano decidise elevala ao rango de provincia consular —ampliando así tamén o seu territorio— supuxo un acrecentamento da súa cohesión política, pois desta maneira pasaba a estar baixo o goberno dun cónsul romano. A súa definitiva consolidación estatal chegaría no ano 409 d. C., cando o rei suevo Hermerico funda nela o primeiro reino de Galiza, afianzando a existencia de Galiza ata os nosos días.

A ocupación humana do territorio correspondente á actual Galiza, non obstante, é moito máis antiga cá chegada de Roma, existindo testemuños arqueolóxicos que certifican o seu poboamento desde o Paleolítico inferior. Estas poboacións recibiron diversas achegas culturais durante milenios, formando parte xa na Idade de Bronce da área cultural atlántica que se deu entre as terras máis occidentais de Europa. A finais da Idade de Ferro estas poboacións autóctonas formaban unha unidade cultural, que os romanos denominaron como galaicos e que supoñen o principal substrato da poboación actual en Galicia.

Do mesmo xeito, durante os séculos seguintes Galiza recibiu sucesivos asentamentos de xente, entre os que destacan romanos, suevos e bretóns, que non só se integraron na poboación autóctona senón que tamén influíron decisivamente na súa vida, como foi o caso da cultura romana que propiciou a formación dunha nova lingua autóctona, o galego. Ata o ano 1833 mantívose coma un reino, no ano 1933 recibe o recoñecemento internacional da súa realidade nacional e desde 1981 organízase xurídica e administrativamente como unha comunidade autónoma dentro do Estado español.

Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses

O Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses é un organismo galego creado o 3 de xullo de 1964, a iniciativa de Eduardo Sanjurjo de Carricarte.

José Pardiñas y Villalobos

José Pardiñas Villalovos, Soto y Romero de Caamaño, nado na Provincia da Coruña no século XVIII, foi un escritor galego en lingua castelá.

Mondego, Sada

San Xián de Mondego é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 880 habitantes (429 mulleres e 451 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 615 habitantes.

En Mondego tiña o seu pazo o polígrafo ilustrado José Cornide Saavedra.

Museos de Galicia

Esta é unha lista de museos de Galicia.

Polígrafo (autor)

Un autor polígrafo (do grego antigo πολυγράφος: poly: moitas e graphos: escrituras) é unha persoa que escribe sobre materias diversas.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Séculos Escuros

Denomínanse Séculos escuros a un período histórico que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. Caracterízase pola ausencia case total de literatura galega e polo estado de prostración e marxinación social da lingua galega a raíz da imposición do castelán. Esta entra nun período de decadencia e perde o seu uso nos rexistros oficiais, e dunha maneira paralela prodúcese unha enorme perda do poder político do reino de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.