José Canedo Santos

José Canedo Santos, nado en Val do Dubra en 1958, é un político galego, que foi cabeza de lista de UPyD ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 e desde marzo de 2014 é voceiro da organización galega de Cidadáns.

José Canedo Santos
Nacemento1958
 Val do Dubra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Mudouse a Santiago de Compostela con 14 anos, ao montaren os pais un bar na capital galega. Comezou a traballar en Correos de Santiago de Compostela, aprobou as oposicións e foi destinado a Padrón, Madrid e de novo a Santiago. Posteriormente ingresou con praza na Caja Postal, entidade bancaria dependente de Correos, que logo pasou a chamarse Argentaria e foi finalmente integrada no BBVA. Alí prexubilouse e reincorporouse ao servizo de Correos como carteiro.

En 2008 afiliouse a UPyD e en 2011 encabezou as listas desa formación nas municipais no concello de Santiago de Compostela, onde non saíu elixido. En 2012 foi escollido no proceso de primarias da súa formación como candidato de UPyD á presidencia da Xunta de Galicia. En xuño de 2013 deixou a organización por discrepancias coa dirección[1] incorporándose posteriormente a Cidadáns, e tras a constitución en marzo de 2014 do seu referente en Galicia, Ciudadanos Galicia, é o seu voceiro [2]. Semanas despois abandonou a primeira fila, pero mantívose afiliado a Cidadáns.

Foi elixido cabeza de lista na Coruña para as eleccións Xerais do 26 de xuño en substitución de Antonio Rodríguez Vázquez por Cidadáns - Partido da Cidadanía[3].

Notas

  1. "Deixa UPyD José Canedo, o que fora candidato da formación á Xunta nas pasadas eleccións", Galicia Hoxe. 9 de xuño de 2013
  2. "A canteira de UPyD nutre a Ciudadanos en Galicia", Galicia Confidencial, 2 de marzo de 2014
  3. Ciudadanos troca o seu candidato galego por un ex membro de UPyD e reabre a súa crise en Galicia
Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

José Canedo

O nome de José Canedo pode referirse a:

José Canedo, lingüista galego (1902-1945);

José Canedo Santos, político galego (n. 1958).

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.