José Blanco

José Blanco López, tamén coñecido como Pepe Blanco, nado en Ferreira de Negral (Palas de Rei) o 6 de febreiro de 1962, é un político socialista galego.

José Blanco
Acto en Badajoz, con Blanco, Vara, Pérez y Fuentes (cropped)
Datos persoais
Nacemento6 de febreiro de 1962
 Ferreira de Negral (Palas de Rei)
OrganizaciónPartido dos Socialistas de Galicia
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
ProfesiónPolítico

Traxectoria

Ingresou no PSdeG en 1978. En 1982 comezou estudos de Dereito na USC, mais abandonounos. Foi secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia e presidente do Consello da Xuventude de Galicia. Foi escollido senador (1989-1996), concelleiro de Palas de Rei (1991-1999), e deputado no Congreso dos Deputados en 1996.

En 2000 foi elixido secretario de Organización do PSOE, posto no que se mantivo ata xullo de 2008, cando foi nomeado vicesecretario xeral do PSOE. Dende o 7 de abril de 2009 ocupa o cargo de ministro de Fomento, en substitución de Magdalena Álvarez. A ese ministerio sumoulle o cargo de voceiro do Goberno de España en 2011. Nese ano volveu encabezar a candidatura ao Congreso dos Deputados, como xa fixera en 1996, en 2000, en 2004 e en 2008, pola provincia de Lugo. en Neses comicios de 2011 volveu saír elixido, pero a derrota electoral do seu partido levouno a facer o anuncio da súa retirada da primeira liña política.

Semanas antes das eleccións espallouse a acusación, por parte do empresario lugués Jorge Dorribo, de aceptar subornos a cambio de concesión de subvencións.

Vida persoal

Está casado e ten dous fillos.

Predecesor:
Ciprià Ciscar
 Secretario de Organización do PSOE 
20002008
Sucesor:
Leire Pajín
Predecesor:
Magdalena Álvarez
 Escudo de España.svg
Ministro de Fomento
 
20082011
Sucesor:
Ana Pastor

Vida persoal

No persoal, está casado e ten dous fillos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

6 de febreiro

O 6 de febreiro é o 37º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 328 días para finalizar o ano, 329 nos anos bisestos.

A-75

A autovía Verín-Fronteira Portuguesa ou A-75 é unha vía de altas prestacións dependente do Ministerio de Fomento que une a autovía española A-52 en Verín coa autoestrada portuguesa A24 en Feces de Abaixo.

Na súa construción Fomento investiu 62 millóns de euros e foi inaugurada o 19 de xuño de 2010 polo ministro José Blanco e o seu homólogo portugués Antonio Mendonça. A súa posta en servizo supón un importante avance nas comunicacións da Eurorexión Galiza-Norte de Portugal.

Antonio Ulloa Regueiro

Antonio Ulloa Regueiro, coñecido como Torallo, nado en Torallo (parroquia de Agüeira, Becerreá) en 1905 e finado en 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Eduardo Pérez Vega

Eduardo Pérez Vega, Tameirón, nado no Tameirón (A Gudiña) en 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Eleccións municipais en Mazaricos

Corporacións democráticas en Mazaricos desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Manuel Maneiro Grille — UCD

1983 Alcalde: Manuel Maneiro Grille — CP

1987 Alcalde: Manuel Maneiro Grille — CPG

1991 Alcalde: Xoán Manuel Ramos Rodríguez — BNG

1995 Alcalde: José Manuel Santos Maneiro — PPdeG

1999 Alcalde: José Manuel Santos Maneiro — PPdeG

2003 Alcalde: José Manuel Santos Maneiro — PPdeG

2007 Alcalde: José Manuel Santos Maneiro — PPdeG

2011 Alcalde: José Manuel Santos Maneiro — PPdeG

2015 Alcalde: Juan José Blanco Riveiro — BNGCandidatos: Juan José Blanco Riveiro (BNG), Nico Manuel Martínez Almallo (PP), Santiago Corzón Martínez (Compromiso por Mazaricos) e Secundino Ramos Freita (PSdeG-PSOE).

2019 Alcalde: Juan José Blanco Riveiro — BNG

Eleccións municipais en Negreira

Corporacións democráticas en Negreira desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Domingo Vidal Martínez — UCD

1983 Alcalde: José Manuel López Tuñas — PSdeG-PSOE

1987 Alcalde: José Manuel López Tuñas — PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: José Manuel López Tuñas — PSdeG-PSOE

1995 Alcalde: José Blanco Pazos — PPdeG

1999 Alcalde: José Blanco Pazos — PPdeG

2003 Alcalde: José Blanco Pazos — PPdeGModelo:Negreira 2003

2007 Alcalde: Juan García Fuentes — PSdeG-PSOE, en coalición cunha concelleira do PIDEN. Dimitiu o 7 de setembro de 2009, sendo substituído por Jorge Tuñas Caamaño (PSdeG-PSOE).

2011 Alcalde: José Blanco Pazos — Partido Blanco de Negreira, en coalición co PPdeG. En xuño de 2013 dimite, e sucédeo Juan Rey Maceira (PPdeG) en virtude do acordo alcanzado con esta formación.

2015 Alcalde: Jorge Jesús Tuñas Caamaño — PSdeG-PSOE. En abril de 2017 é substituído polo seu compañeiro de partido Manuel Ángel Leis Míguez tras dimitir por un xuízo por presunta apropiación de teléfonos móbiles do concello, do cal é posteriormente absolto, polo que Jorge Tuñas retoma a alcaldía de novembro de 2017.Candidatos: Jorge Jesús Tuñas Caamaño (PSdeG-PSOE), Juan José Rey Maceira (PP), José Manuel López Lago (C's) e Antonio Ponte Ocampo (BNG).

Ferreira de Negral, Palas de Rei

San Martiño de Ferreira de Negral é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2010 tiña 78 habitantes, deles 39 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 106 habitantes.

Nesta parroquia naceu o ex-ministro José Blanco.

Francisco Rey Balbís

Francisco Rey Balbís, Moncho, nado en San Cibrao (Cervo) o 19 de marzo de 1917 e falecido na Habana o 9 de xaneiro de 2010, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Heliporto de Alxeciras

O Heliporto de Alxeciras é un heliporto público situado no porto da cidade andaluza de Alxeciras, na provincia de Cádiz. Foi inaugurado o 1 de xullo de 2010 polo ministro de fomento, José Blanco. É o segundo heliporto da rede Aena tras o heliporto de Ceuta.

José Blanco Núñez

José Blanco Núñez, coñecido como Ferreirín e Pepito, nado na Coruña e finado en 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José Blanco Pazos

José Blanco Pazos, nado na Baña o 11 de marzo de 1929, é un político galego do PPdeG.

Juan José Blanco Riveiro

Juan José Blanco Riveiro, nado en 1980, é un político galego do BNG.

Manuel Agrasar Cajaraville

Manuel Agrasar Cajaraville, Barbarroxa, nado en Padrón e finado en Teo o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel Díaz Pan

Manuel Díaz Pan, coñecido como Rogelio, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) e finado en Frades o 21 de abril de 1947, foi un guerrilleiro galego.

Manuel Pena Camino

Manuel Pena Camino, coñecido como Flores, nado en Castro (Mesía) en 1909 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel Simón Campos

Manuel Simón Campos, Xanote, nado en Lavadores en 1914 e finado o 21 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Mazaricos

Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2014 tiña 4.289 habitantes (4.939 en 2009, 5.179 en 2007, 5.329 no 2006, 5.488 no 2005, 5.639 no 2004, 5.787 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mazaricán».

Salvador Valcárcel Montenegro

Salvador Valcárcel Montenegro, Recaré, nado en Quinzán das Peras (parroquia de Argozón, Chantada) e finado en Adá o 11 de abril de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.