José Antonio Primo de Rivera

José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nado en Madrid o 24 de abril de 1903 e finado en Alacant o 20 de novembro de 1936, foi un político español, fundador xunto con Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas da Falange Española, un partido político de inspiración nacional-sindicalista do que se aproveitou a ditadura do xeneral Francisco Franco.

José Antonio Primo de Rivera
JoseAntonioFEJONS
José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia
Datos persoais
Nacemento24 de abril de 1903
 Madrid
Falecemento20 de novembro de 1936
 Alacant
OrganizaciónFalange Española
PaiMiguel Primo de Rivera
NaiCasilda Sáenz de Heredia
Alma máterUniversidad Central
ProfesiónAvogado e político
RelixiónIgrexa católica
Firma de José Antonio Primo de Rivera

Traxectoria

Fillo primoxénito do xeneral Miguel Primo de Rivera, de quen herdou o título de Marqués de Estella, estudou na Facultade de Dereito de Madrid e en 1930 participou no proxecto político da Unión Monárquica Nacional. O 2 de maio dese ano aceptou o cargo de vicesecretario xeral do partido, co propósito de reivindicar a memoria do seu pai, atacada tanto na caída da súa ditadura, a finais da Monarquía de Afonso XIII, como durante a Segunda República (1931).

Placa Falange O Carballiño
Placa conmemorativa dun discurso dado no Carballiño en novembro de 1930.

Durante 1930 percorreu Asturias e Galiza xunto a José Calvo Sotelo de cara ás eleccións municipais do ano seguinte. Porén, fracasou no seu intento de obter un escano de deputado por Madrid nas eleccións de 1931, sendo derrotado por Bartolomé Cossío. Foi detido en 1932 baixo a sospeita de colaborar coa sublevación organizada polo xeneral Sanjurjo (a "Sanjurjada"), feito que el sempre negou, saíndo finalmente do cárcere sen cargos.

En 1933, na plenitude do crecemento dos movementos fascistas en Italia e nazi en Alemaña, publicou un artigo titulado "Orientaciones hacia un nuevo estado", no único número do xornal El Fascio. Neste artigo pregoaba un estado social no que as loitas partidistas non existisen.

Creou xunto a Julio Ruiz de Alda o Movimiento Español Sindicalista, embrión da futura Falange Española, movemento político con inspiración no sindicalismo revolucionario cun matiz católico, máis con influencias dalgúns pensadores como Ortega y Gasset. Os dous piares da Falange Española eran a consideración do home como suxeito espiritual e de España como unha unidade do destino no universo. Falange Española foi fundada no Teatro da Comedia de Madrid o 29 de outubro de 1933. No acto José Antonio lexitimou a violencia na defensa dos seus valores a través da "dialéctica dos puños e as pistolas".

Nas eleccións de novembro de 1933 obtivo o seu escano en Cortes, integrado nunha coalición conservadora monárquica, pola circunscrición de Cádiz.

En 1934 fusionou Falange Española con outro grupo de ideoloxía semellante, pero con certas diferenzas, as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista de Onésimo Redondo e Ramiro Ledesma Ramos, dando lugar á FE de las JONS.

Nas eleccións de 1936, a esquerda e a dereita acudiron en bloques ás eleccións. A Falange non se aliou con ningún dos dous por entender Primo de Rivera que a ideoloxía Nacional-sindicalista defendida polo seu partido non se encontraba representada nin polas esquerdas nin polas dereitas. Tampouco recibiu oferta de ningunha das dúas.

Coa vitoria da Fronte Popular, fortalecéronse as tramas para derrocar á República. Sucedéronse as reunións de xenerales para propiciar un pronunciamento nas que Falange era ignorada, quedando ao marxe delas. O 14 de marzo, Primo de Rivera ingresou preso no cárcere Modelo de Madrid por posesión ilícita de armas e posteriormente, o 5 de xuño, foi trasladado ao cárcere de Alacant. Desde a cadea, favorecido por un relaxado réxime de visitas, dirixiu á Falange tratando de levar a iniciativa na insurrección.

Seguía detido no cárcere de Alacant cando o 18 de xullo se produciu o golpe de estado militar encabezado por Mola e Sanjurjo onde participou con eles Franco, co que deu comezo a guerra civil (1936-39).

O 17 de novembro de 1936 foi xulgado por rebelión militar. Condenado á morte por un tribunal popular, o 20 de novembro é fusilado antes de que o goberno dera a súa "aprobación".

Trala fin da guerra civil o seu cadáver foi exhumado e levado a ombros dende Alacant até San Lorenzo de El Escorial e unha vez rematado o Valle de los Caídos foi enterrado alí por orde de Franco, con máximas honras.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

20 de novembro

O 20 de novembro é o 324º día do ano no Calendario Gregoriano e o 325º nos anos bisestos. Quedan 41 días para rematar o ano.

24 de abril

O 24 de abril é o 114º día do ano do calendario gregoriano e o 115º nos anos bisestos. Quedan 251 días para finalizar o ano.

29 de outubro

O 29 de outubro é o 302º día do ano do calendario gregoriano (303º nos anos bisestos). Quedan 63 días para finalizar o ano.

Cara al Sol

O Cara al Sol é actualmente o himno de Falange Española de las JONS e foi canto nacional durante o franquismo. Foi composto principalmente por José Antonio Primo de Rivera e Agustín de Foxá coa música do compositor vasco Juan Tellería, Amanecer en Cegama.

Destino (revista)

Destino foi unha revista semanal creada en Burgos en maio de 1937, por Xavier de Salas e José María Fontana Tarrats. Serviu como órgano de expresión para a intelectualidade catalá refuxiada na «zona nacional» durante a guerra civil española. O nome da publicación fai referencia á frase de José Antonio Primo de Rivera «España, unidad de destino en lo universal».

Ducado de Primo de Rivera

O ducado de Primo de Rivera é o título nobiliario español que Francisco Franco concedeu postumamente, con Grandeza de España por decreto do 18 de xullo de 1948 ao fundador de Falange Española e pai da ideoloxía dominante do réxime, José Antonio Primo de Rivera, III marqués de Estella e Grande de España.

Eugenio Montes

Eugenio Montes Domínguez, nado en Vigo o 24 de novembro de 1900 e finado en Madrid o 27 de outubro de 1982, foi un político e escritor galego, que escribiu en galego e castelán. Participou na fundación de Falange Española.

Falange Española

Falange Española (FE, en galego: Falanxe Española) foi un partido político fundado o 29 de outubro de 1933 no Teatro da Comedia de Madrid por José Antonio Primo de Rivera (fillo de Miguel Primo de Rivera) durante a campaña para as eleccións lexislativas de 1933. Na súa dirección figuraban Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas.

Falange Española de las JONS (1934)

Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FE de las JONS, en galego: Falanxe Española das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista) foi un partido político español fundado o 15 de febreiro de 1934 resultado da unificación de Falange Española, máis próximos aos fascistas italianos cós nacional sindicalistas das JONS, máis próximos aos nazis.

Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista

Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS, en galego: Xuntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista) foi un partido nacional-sindicalista español. Fundado o 10 de outubro de 1931 ó fusionarse o grupo arredor da revista La Conquista del Estado de Ramiro Ledesma Ramos coa Junta Castellana de Actuación Hispánica de Onésimo Redondo. A JONS foi unha moi pequena organización con certa influencia entre os estudantes universitarios en Madrid e entre os traballadores e agricultores de Valladolid. Tiña como símbolo o xugo e as frechas que pasarían a formar parte do escudo de España durante o franquismo.

En 1933 a JONS experimentou un período de expansión, comezou a publicar unha publicación de igual nome que o partido e fundou un sindicato agrario afín que afirmaba ter 175 seccións locais e 3.000 membros. Nese ano Ledesma Ramos regresou do seu exilio en Portugal e principiou a publicación da revista Libertad e outras publicacións locais, entre elas Unidad en Galicia.

En 1934 JONS uniuse con Falange Española de José Antonio Primo de Rivera para formar a Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista. Ledesma Ramos acabaría abandonando a FE-JONS e Onésimo Redondo intentaría refundar a JONS sen éxito.

Considerada a primeira organización nacional revolucionaria polo mantemento da necesidade da revolución que acabase co sistema capitalista e conquistase o poder para realizar unha transformación social, tiña moitas coincidencias co nacionalsocialismo alemán pero diferenciábao o seu carácter católico e a nula incidencia do racismo no seu discurso político, predominando o concepto de hispanidade.

Durante a transición existiu un pequeno grupo con este nome pero nin xurídica nin historicamente ten relación coa JONS primixenia a pesar de afirmar ser a continuadora histórica.

Marquesado de Estella

O Marquesado de Estella é o título nobiliario español que o rei Afonso XII concedeu por decreto do 25 de maio de 1877 ao capitán xeral Fernando Primo de Rivera e Sobremonte, I conde de San Fernando de la Unión. O 11 de outubro de 1923 o rei Afonso XIII outórgalle a Grandeza de España. O seu nome refírese ao municipio navarro de Estella, onde o xeneral entrou en batalla coas forzas carlistas.

Miguel Primo de Rivera

Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, nado en Xerez da Fronteira (Cádiz) o 8 de xaneiro de 1870 e finado en París o 16 de marzo de 1930, foi un militar e político español. Casado con Casilda Sáenz de Heredia, tivo seis fillos, destaca entre eles José Antonio Primo de Rivera creador da Falanxe.

Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia

Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nado en Madrid o 11 de xullo de 1904 e finado o 8 de maio de 1964, foi Ministro de Agricultura de España durante o franquismo. Irmán de José Antonio Primo de Rivera e II duque de Primo de Rivera e IV marqués de Estella.

Partido Liberal Demócrata

O Partido Liberal Demócrata, en realidade Partido Republicano Liberal Demócrata, foi un partido político español creado ao instaurarse a Segunda República en 1931, como continuación do Partido Reformista previamente existente desde 1912.

Esta formación minoritaria, fundada e liderada por Melquíades Álvarez, situouse no centro-dereita do espectro político da Segunda República, e participou nos gobernos republicanos desta tendencia do período 1933-1935. Un dos seus máis significados militantes, o médico ovetense Alfredo Martínez García-Arguëlles, Ministro de Traballo en 1935, foi asasinado á porta da súa casa en marzo de 1936.

Melquíades Álvarez, na súa calidade de Decano do Colexio de Avogados de Madrid, exerceu como letrado defensor de José Antonio Primo de Rivera, tamén avogado, cando este foi encarcerado na primavera de 1936 polo Goberno da Fronte Popular; o que quizais influíu no seu propio encarceramento en agosto do mesmo ano no Cárcere Modelo de Madrid, e no seu posterior asasinato, xunto con outros presos considerados de dereitas, por milicianos esquerdistas.

O Partido Liberal Demócrata extinguiuse tras a guerra civil española.

Pilar Primo de Rivera

Pilar Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nada en Madrid o 4 de novembro de 1907 e finada ibídem o 17 de marzo de 1991, foi a fundadora e dirixente da Sección Femenina da Falange.

Unión Monárquica Nacional

Unión Monárquica Nacional (UMN) foi un partido político español, fundado en 1930 por ex-dirixentes da Ditadura de Primo de Rivera, ao desaparecer esta, e no que se volverían reunir os antigos membros da Unión Patriótica, o partido único da Ditadura.

Valle de los Caídos

O Valle de los Caídos (Val dos Caídos en galego) é un monumento funerario situado na serra de Guadarrama, no municipio de San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid. Foi construído por prisioneiros republicanos da guerra civil española entre os anos 1940 e 1958. Nel están enterrados uns 40.000 combatentes dos dous bandos da guerra civil (a partir da década dos 50, xa que anteriormente só eran enterrados os afíns ao réxime franquista), moitos deles trasladados dende outros puntos de España, onde tiveron lugar as batallas máis importantes da guerra. Tamén se atopan os restos mortais do falanxista José Antonio Primo de Rivera e do ditador Francisco Franco.

O complexo consta dunha abadía beneditina, unha basílica de 262 metros de lonxitude escavada na roca, varias construcións monolíticas e por enriba de todo unha cruz cristiá de máis de 150 metros de altura.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.