Jorge Cubela López

Jorge Cubela López, nado en Pontevedra o 27 de febreiro de 1989, é un político galego do PPdeG.

Jorge Cubela López
Jorge Cubela
Nacemento27 de febreiro de 1989
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Licenciado en Dereito e afiliado a Novas Xeracións. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Concello de Cotobade e foi elixido alcalde con maioría absoluta[1].

Trala fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade en 2016, Jorge Cubela foi nomeado presidente da Xestora que rexerá o novo concello de Cerdedo-Cotobade ata as eleccións municipais de 2019[2].

Predecesor:
Manuel Loureiro Adán
 Escudo de Cotobade.svg
Alcalde de Cotobade
 
2011 - 2016
Presidente da Xestora (2016-2019)
Sucesor:
-

Notas

  1. "Cubela márcase como reto dar "un impulso a Cotobade" no económico e en infraestruturas", artigo en Faro de Vigo, 12 de xuño de 2011.
  2. "Jorge Cubela designado presidente de la gestora de Cerdedo-Cotobade", artigo en Noticiasgalicia.com, 20 de outubro de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Concello de Cotobade

Cotobade foi un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. En 2016 fusionouse co concello de Cerdedo, dando orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2014 tiña 4327 habitantes (2079 homes e 2248 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cotobadés.

Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais en Cotobade

Corporacións democráticas no Concello de Cotobade desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Ramón Abal Varela — UCDModelo:Cotobade 1979

1983 Alcalde: José Ramón Abal Varela — CPModelo:Cotobade 1983

1987 Alcalde: José Ramón Abal Varela — APModelo:Cotobade 1987

1991 Alcalde: José Ramón Abal Varela — PPdeG

1995 Alcalde: José Ramón Abal Varela — PPdeG

1999 Alcalde: José Ramón Abal Varela — PPdeG

2003 Alcalde: Manuel Loureiro Adán — PSdeG-PSOE

2007 Alcalde: Manuel Loureiro Adán — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Jorge Cubela López — PPdG

2015 Alcalde: Jorge Cubela López — PPdGCandidaturas: Jorge Cubela López (PP), María Lina Garrido Garrido (PSdeG-PSOE), Anxo Santomé Fentanes (BNG) e Manuel Suárez Pérez (Gañemos Cotobade).

Manuel Loureiro Adán

Manuel Loureiro Adán, nado en Pontevedra en 1951, é un político galego do PSdeG-PSOE.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.