John Maynard Keynes

John Maynard Keynes, primeiro barón Keynes, nado en Cambridge o 5 de xuño de 1883 e finado en Firle o 21 de abril de 1946, foi un economista e profesor inglés, que se constituíu como unha das figuras esenciais no pensamento e na política económica do século XX, especialmente a partir da Gran Depresión dos anos trinta. Propugnaba o intervencionismo do estado na economía mediante medidas fiscais e monetarias que mitigaran o efecto tanto das etapas de recesión coma das etapas de crecemento descontrolado (booms). Para moitos Keynes é o fundador da macroeconomía moderna e o economista máis influente do século XX.[1][2][3][4]

John Maynard Keynes
Keynes 1933
John Maynard Keynes en 1933.
Europa Occidental
Nacemento5 de xuño de 1883
Cambridge, Inglaterra Inglaterra
Morte21 de abril de 1946 (62 anos)
Firle, Inglaterra Inglaterra
FilosofíaCapitalismo
Intereses principaisEconomía, Política, Probabilidade.
Ideas salientablesMacroeconomía, Keynesianismo.
InfluenciasAdam Smith,
David Ricardo,
John Stuart Mill,
Thomas Malthus,
Karl Marx,
Alfred Marshall,
Knut Wicksell,
Arthur C. Pigou,
Dennis Robertson
Influente enT. K. Whitaker,
Michał Kalecki,
Simon Kuznets,
Paul Samuelson,
John Hicks,
G. L. S. Shackle,
Silvio Gesell,
William Vickrey,
John Kenneth Galbraith,
Karl Schiller,
Joseph Stiglitz,
Paul Krugman

Traxectoria

John Maynard Keynes naceu nunha familia de universitarios pertencente á burguesía victoriana.[5] Seu pai, John Neville Keynes, foi profesor de Cambridge, coñecido como autor de The Scope and Method of Political Economy (1891), un dos mellores tratados de metodoloxía económica, e de Florencia Ada Brown, unha escritora exitosa e reformista social, pertencentes á burguesía victoriana. A súa nai tamén fará política e seria elixida alcaldesa de Cambridge en 1932. John tivo un irmán, Sir Geoffrey Keynes (1887-1982) cirurxián e bibliófilo, e unha irmá, Margaret.

Primeiros anos

Canaletto (II) 005
O Eton college cara a 1750 ao bordo da Támese

Aos sete anos, John Maynard Keynes entra na escola primaria de St. Faith's (Preparatory School) onde fai unha proba de talento en matemáticas.[6] Un ano máis tarde, ingresa no Eton college. Foi un alumno brillante e obtivo numerosos premios (dez o primeiro ano, dezaoito o segundo e once o terceiro). Móstrase particularmente dotado para as matemáticas onde obtén todos os primeiros premios. En 1903, Lytton Strachey e Leonard Woolf introdúceno na sociedade dos Cambridge Apostles; un club dedicado a "Perseguir a verdade sen reservas e con absoluta devoción por un grupo de amigos íntimos". Aqui atopase con Henry Sidgwick, Bertrand Russell, Lowes Dickinson e George Edward Moore, cuxo libro Principia Ethica exercerá sobre Keynes unha influencia fundamental.

Keynes recibiu unha privilexiada educación na Universidade de Cambridge, na que entrou para estudar matemáticas, pero as súas inquedanzas acabarían dirixíndoo cara á titulación de Económicas. Tras unhas oposicións nas que remataría segundo, obtivo un posto na Oficina da India, e posteriormente obtería unha cátedra en Económicas en Cambridge que foi creada por Alfred Marshall. Dende ela comezaría a construír a súa reputación como economista.

Antes da Primeira Guerra Mundial comezou a colaborar co Tesouro Británico, e tralo remate sería o seu representante na Conferencia de Versalles de 1919, na cal se aprobarían cuantiosas indemnizacións que tería que pagar o bando perdedor, especialmente Alemaña. Keynes oporíase frontalmente a estas indemnizacións nas súas obras "As Consecuencias Económicas da Paz" e "Unha Revisión do Tratado". Son obras que teñen un gran valor, xa que as súas previsións sobre a espiral inflacionista e o incremento dos problemas sociais en Alemaña cumpríronse ó pe da letra, levando a este país a unha crise que desembocaría na chegada ó poder de Adolf Hitler en 1933.

Nos anos 20 publicou obras como o Tratado sobre a Probabilidade ou o Tratado sobre o diñeiro, pero sería xa nos anos trinta (1936), en plena Gran Depresión, cando desafíe o paradigma económico existente ata entón coa publicación da súa obra fundamental: a The General Theory of Employment, Interest and Money (en galego Teoría xeral da ocupación, o xuro e o diñeiro).

Nesta obra, e tomando como base a demanda agregada, Keynes tenta explicar as variacións do nivel medio de actividade económica desta convulsa época. Partindo de que a renda dun país vai vir dada polo consumo e o investimento, Keynes defende que a única saída a unha recesión, na cal os factores produtivos están infrautilizados (desemprego, exceso de capacidade produtiva) debe ser incrementar primeiro os niveis de consumo e de investimento. E é por iso polo que afirma que o estado debería intervir mediante gasto público como un impulsor da recuperación económica. Moitos estados, baseándose nas teorías keynesianas, comezan a elaborar ambiciosos programas de obras públicas, e os orzamentos públicos experimentan nesta época importantes incrementos.

Cabe destacar de xeito moi especial a enorme influencia que tivo a obra de Keynes no New Deal, conxunto de políticas levadas a cabo polo presidente dos Estados Unidos Franklin Roosevelt que se cre que foron fundamentais para saír da Gran Depresión (aínda que hai opinións encontradas sobre isto).

Publicou Como pagar a guerra en 1940, tralo comezo da Segunda Guerra Mundial, obra na que se amosaba favorable a unha suba dos impostos e contrario a un incremento do déficite.

Tralo conflito, participou de xeito activo na Conferencia Breton-Woods de 1944, presentando o denominado Plano Keynes, que propuña a creación dun sistema monetario internacional regulamentado por un organismo que coordinase a actividade dos bancos centrais, unha verdadeira Banca Central Mundial que emitise unha moeda internacional, o "bancor". Esta proposición foi rexeitada porque significaría para os Estados Unidos, unha perda da súa influencia co dólar. A meirande parte das restantes propostas, porén dun ou doutro xeito, remataron por concretarse, aínda que nalgúns casos atenuadas polas propostas menos radicais de Harry Dexter White. [7]

Keynes, que tiña problemas cardíacos, finou tras sufrir un infarto. Catro anos antes recibira o título nobiliario de Barón da localidade de Firle, onde faleceu.

Influencia e crítica

A súa influencia é tal que é considerado o economista máis importante do século XX, e o keynesianismo é unha parte esencial no estudo da macroeconomía. O seu principal crítico e outro importante economista, Milton Friedman, que afirma que as súas teorías víronse superadas polos problemas económicos dos anos setenta, nos que a combinación de inflación e o desemprego (estanflación) puxo en cuestión moitas das afirmacións de Keynes.

Obras

As principais obras de Keynes son:

Notas

  1. Daniel Yergin and Joseph Stanislaw. "book extract from The Commanding Heights" (PDF). Public Broadcasting Service. Consultado o 13 November 2008.
  2. "How to kick-start a faltering economy the Keynes way". BBC. 22 October 2008. Consultado o 13 November 2008.
  3. Cohn, Steven Mark (2006). Reintroducing Macroeconomics: A Critical Approach. M.E. Sharpe. p. 111. ISBN 0-7656-1450-2.
  4. Davis, William L, Bob Figgins, David Hedengren, and Daniel B. Klein. "Economic Professors' Favorite Economic Thinkers, Journals, and Blogs," Econ Journal Watch 8(2): 126–146, May 2011.[1]
  5. John Maynard Keynes naceu o mesmo ano que Joseph Schumpeter nunha contorna burguesa victoriana caracterizada polo sentido das cousas, o gusto pola beleza, a intelectualidade e a elevación moral AcGrenoble Arquivado 11 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
  6. Mooridge Maynard Keynes. An Economist's Biography, páx. 25-29
  7. Martín Millán, L. "“Bancor”: La Moneda Global del Fondo Monetario Internacional". En Geopolitico.es. 30 de agosto de 2010.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

21 de abril

O 21 de abril é o 111º día do ano do calendario gregoriano (112º nos anos bisestos). Quedan 254 días para finalizar o ano.

5 de xuño

O 5 de xuño é o 156º día do ano do calendario gregoriano e o 157º nos anos bisestos. Quedan 209 días para finalizar o ano.

Anthony Giddens

Anthony Giddens nado en Londres o 18 de xaneiro de 1938, é un sociólogo inglés. É o teórico social contemporáneo máis importante de Gran Bretaña e un dos máis influentes do mundo, Recoñecido pola súa teoría da estruturación e a súa mirada holística das sociedades modernas. Tamén adquiriu gran recoñecemento debido ao seu intento de renovación da socialdemocracia a través da súa teoría da terceira vía. É considerado como un dos máis prominentes contribuíntes modernos no campo da socioloxía, e autor de polo menos 34 libros publicados en non menos de 29 idiomas (de media máis dun libro por ano). Tamén foi descrito como o científico social inglés máis coñecido dende John Maynard Keynes.

Antonio Negri

Antonio Negri, con frecuencia citado como Toni Negri, nacido en 1933 en Padua (Italia) é un filósofo moral e político e un dos autores de cariz marxista que xera máis controversia na actualidade.

Bancor

O bancor foi unha proposta de unidade monetaria internacional ideada polo economista John Maynard Keynes nas negociacións que chegaron ao establecemento dos Acordos de Bretton Woods, na súa condición de líder da delegación británica. O nome estaba inspirado no francés banque or ("banco ouro"). Porén, o bancor non chegou a ser instrumentado como moeda global, xa que se empregou no canto del o dólar estadounidense.

Círculo de Bloomsbury

O grupo de Bloomsbury era un faladoiro de escritores e figuras da cultura británica que vivían no barrio de Bloomsbury, en Londres, antes, durante e após a Primeira Guerra Mundial. As súas principais figuras eran Virginia Woolf, Leonard Woolf, Lytton Strachey, Clive Bell, Vanessa Bell, Roger Fry, Duncan Grant, John Maynard Keynes , E. M. Foster e David Garnet. Aínda que non constituíron unha "escola", influíron poderosamente no mundo das letras, a arte e a filosofía.

Comezaron a reunirse arredor do 1907 na casa de Virginia Woolf e da súa irmá Vanessa. A denominación estendeuse ao clima cultural instaurado polos membros do grupo, que dominou a literatura británica de entreguerras. Nunca publicaron un manifesto e a súa base ideolóxica era un elitismo ilustrado do movemento humanista desenvolvido en Cambridge no século XIX. De feito, moitos dos seus integrantes estudaran no Trinity College ou no King's College, onde participaran dunha "sociedade" de discusión semisecreta a finais do XIX. Víanse a si mesmos como unha aristocracia de intelectuais que pretendían a busca do coñecemento e do goce estético. Achegaron, nun momento de crecente intolerancia, uns ideais a favor do liberalismo e do anticonformismo político e moral.

Economía

Economía (do grego οίκος [oikos], 'casa', e νομος [nomos], 'regra', polo tanto "dirección dunha casa") é unha ciencia social que estuda a produción, distribución, comercio e consumo de bens e servizos. A economía dise normativa cando recomenda unha opción sobre outra, ou cando fai un xuízo subxectivo de valor. Pola contra, a economía dise positiva cando intenta predicir e explicar obxectivamente as consecuencias de eleccións, dadas unha serie de premisas e/ou un conxunto de observacións. A elección de que premisas facer na construción dun modelo así como que observacións destacar son, non obstante, normativas.

A economía, que se centra en variables mensurables, divídese en dúas ramas principais: microeconomía, que trata dos axentes individuais, tales como fogares e empresas, e macroeconomía, que considera a economía na súa totalidade, e trata da oferta e demanda agregadas de diñeiro, capital e mercancías. Os aspectos que reciben a particular atención en economía son: asignación de recursos, produción, distribución, comercio, e competencia. A lóxica económica aplícase cada vez máis a calquera problema que implique a elección en situación de escaseza ou determinar un valor económico .

O paradigma económico preponderante é unha combinación da economía neoclásica e da macroeconomía chamada a síntese neoclásica. Varias escolas de economía heterodoxa intentan explicar os fenómenos económicos utilizando premisas, formalismos ou paradigmas diferentes.

Chámase economista ó profesional que traballe nun dos moitos campos da economía ou teña un grao académico nesta materia.

Karl Marx

Karl Heinrich Marx (pronunciado: [kaːɐ̯l ˈhaɪnʀɪç ˈmaːɐ̯ks]), nado en Tréveris o 5 de maio de 1818 e falecido en Londres o 14 de marzo de 1883, foi un filósofo, economista, politicólogo, sociólogo, xornalista e socialista revolucionario prusiano. Procedente dunha familia de clase media, estudou economía política e a filosofía hegeliana. Como adulto, Marx volveuse apátrida e pasou a maior parte da súa vida en Londres onde continuou a desenvolver o seu pensamento en colaboración co alemán Friedrich Engels e publicou varias obras, a máis coñecida sendo o panfleto de 1848 O manifesto comunista. O seu traballo dende entón influíu a historia intelectual, económica e política subseguinte.

As teorías de Marx sobre a sociedade, a economía e a política —colectivamente coñecidas como marxismo— sosteñen que as sociedades humanas se desenvolven a través da loita de clases; no capitalismo, esta maniféstase no conflito entre a clase dominante (coñecida como burguesía) que controla os medios de produción e a clase obreira (coñecida como proletariado) que activa eses medios de produción vendendo a súa forza de traballo por un salario. Empregando un enfoque crítico denominado materialismo histórico, Marx prediciu que, ao igual que os sistemas socioeconómicos anteriores, o capitalismo producía tensións internas que o conducirían á súa autodestrución e á substitución por un novo sistema: o socialismo. Para Marx, a loita de clases baixo o capitalismo, debido en parte á súa inestabilidade e a súa natureza propensa á crise, podería acabar no desenvolvemento da conciencia de clase por parte da clase obreira, conducindo á súa conquista do poder político e finalmente o establecemento dunha sociedade sen clases e comunista constituída por unha asociación libre de produtores. Marx loitou activamente pola súa introdución, argumentando que a clase obreira debería levar a cabo unha acción revolucionaria organizada para derrocar o capitalismo e traer consigo a emancipación socioeconómica.Marx foi descrito como unha das figuras máis influentes da historia humana e o seu traballo foi tanto gabado coma criticado. A súa obra sobre economía estableceu a base para a meirande parte do coñecemento actual sobre a forza de traballo e a súa relación co capital, e o pensamento económico posterior. Moitos intelectuais, sindicatos obreiros, artistas e partidos políticos mundiais foron influenciados polo traballo de Marx, con moitas ideas modificadas ou adaptadas. Marx é tipicamente citada como un dos principais arquitectos da ciencia social moderna.

Paul Samuelson

FPaul Anthony Samuelson, nado o 15 de maio de 1915 e finado o 13 de decembro de 2009, foi un economista norteamericano que recibiu o Premio Nobel de Economía en 1970.

Recesión

Na macroeconomía, unha recesión é unha diminución do PIB nun país ou o crecemento económico real negativo de dous ou máis trimestres sucesivos dun ano. Porén, esta definición non está universalmente aceptada.

Reparacións de guerra

As reparacións de guerra son pagamentos monetarios impostos polo vencedor ao vencido para cubrir os danos e prexuízos causados durante unha guerra. Xeralmente, este termo fai referencia ao traspaso de bens ou de sangue e non á anexión de territorios.

Richard Stone

John Richard Nicholas Stone, nado o 30 de agosto de 1913 en Londres e falecido o 6 de decembro de 1991 en Cambridge en 1991, foi un economista e profesor universitario inglés que recibiu o Premio Nobel de Economía no ano 1984.

The General Theory of Employment, Interest and Money

The General Theory of Employment, Interest and Money, que en galego se podería traducir como A teoría xeral da ocupación, o interese e o diñeiro, considérase o traballo maxistral do economista inglés John Maynard Keynes, e considérase o tratado no que se crea a terminoloxía da moderna macroeconomía.

Thomas Malthus

Thomas Robert Malthus, nado en Surrey o 14 de febreiro de 1766 e finado en Bath o 23 de decembro de 1834, foi un economista inglés, pertencente á corrente de pensamento clásica, considerado o pai da demografía. É coñecido principalmente polo seu An Essay on the Principle of Population (Ensaio sobre o principio da poboación) (1798), no que se expón o principio segundo o cal a poboación humana crece en progresión xeométrica, mentres que os medios de subsistencia fano en progresión aritmética. Así, chegará un punto no que a poboación non atopará recursos suficientes para a súa subsistencia (catástrofe maltusiana). Aínda que el non o deixou escrito e non hai constancia de que o pensase, comunmente achácaselle o corolario a esta teoría de que os recursos son limitados e o ser humano está condenado á extinción.

En realidade, o que Malthus rexistrou na súa obra era que a loita entre a capacidade humana de reprodución e a produción de alimentos sería perpetua. A pesar de que a progresión de crecemento da poboación era maior que a dos alimentos (medios de subsistencia), a longo prazo entrarían en xogo poderosos freos. O freo positivo (a poboación podería frearse pola guerra, a fame, as pragas ou as enfermidades), o freo preventivo (a restrición ó crecemento da poboación por "a prudencia e a prevención", isto é, pola abstinencia ou o atraso da idade do matrimonio) ou, en última instancia, o freo final (o crecemento das taxas de mortalidade).

A teoría da poboación de Malthus contribuíu a que a Economía sexa coñecida tamén como a ciencia lúgubre.

Malthus realizou tamén importantes achegas á teoría do valor e a súa medida, e á teoría das crises e o subconsumo, polo que John Maynard Keynes considerábao o seu precursor.

Malthus foi descrito polo seu biógrafo principal como "o home mellor ultraxado do seu tempo": efectivamente, e a pesar da lenda popular tanto da súa época como posterior (dado o pesimismo das súas proposicións), foi un home de temperamento agarimoso, xeneroso e xentil. Das súas moitas amizades, a máis significativa para a historia das ideas foi a que mantivo con David Ricardo, o seu adversario intelectual en moitas ocasións, pero o seu aliado na procura da verdade.

Universidade de Cambridge

A Universidade de Cambridge é a segunda universidade de fala inglesa máis antiga, despois de Oxford. Segundo a lenda, a Universidade de Cambridge, en Inglaterra, foi fundada en 1209 por académicos que fuxiron de Oxford, tras unha liorta con axentes de dita cidade. O rei Henrique III de Inglaterra concedeulles o monopolio da ensinanza naquel lugar en 1231.

Canda á Universidade de Oxford, a Universidade de Cambridge forma a unha gran cantidade dos máis destacados científicos, escritores e políticos de Gran Bretaña. Ambas institucións son coñecidas conxuntamente co nome de Oxbridge e son integrantes do Russell Group.

Virginia Woolf

Adeline Virginia Stephen, coñecida como Virginia Woolf, nada en Londres o 25 de xaneiro de 1882 e finada en Rodemell o 28 de marzo de 1941, foi unha escritora e ensaísta británica de renome.

William Vickrey

William Spencer Vickrey, nado en Victoria (Columbia Británica o 21 de xuño de 1914 e finado en Harrison (Nova York) o 11 de outubro de 1996 foi un profesor de economía canadense. Vickrey foi galardoado co premio Nobel de Economía en 19966 con James Mirrlees polas súas investigacións na teoría económica dos incentivos baixo información asimétrica, converténdose no primeiro premio Nobel nado na Columbia Británica.

O anuncio do premio tivo lugar xusto tres días antes do seu pasamento. Vickrey faleceu mentres viaxaba a unha conferencia sobre estudos georgistas que el axudara a fundar e á que non faltara en vinte anos. O seu colega do departamento de economía da Universidade de Columbia C. Lowell Harriss aceptou o premio no seu nome. Só hai outros tres casos en que o premio Nobel fose presentado postumamente.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.