John James Audubon

John James Audubon, nado en Haití en 1785 e finado en 1851, foi un ornitólogo e pintor norteamericano de pai francés e nai creoula*. Pintou, catalogou e describiu os paxaros de Norteamérica.

John James Audubon
John James Audubon 1826
Nacemento26 de abril de 1785
 Les Cayes
Falecemento27 de xaneiro de 1851
 Nova York
NacionalidadeEstados Unidos de América e Francia
Ocupaciónbotánico, ornitólogo, pintor, zoólogo, biólogo, ilustrador científico e escritor
CónxuxeLucy Audubon
Coñecido/a porOsprey and the Otter and the Salmon e The Birds of America
Premiosmembro da Royal Society, Fellow of the Royal Society of Edinburgh, Fellow of the Linnean Society of London e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Audubon signature

Véxase tamén

Outros artigos

Audubon

Audubon é o nome de varios lugares de Estados Unidos:

Audubon, Minnesota

Audubon, Nova Jersey

Audubon, IowaE tamén o apelido do ornitólogo americano:

John James Audubon

Caspar Bauhin

Caspar Bauhin ou Gaspard Bauhin, nado en Basilea o 17 de xaneiro de 1560 e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 1624, foi un botánico e anatomista suízo.

Charles Lucien Bonaparte

Charles Lucien Jules Laurent Bonaparte, coñecido como Charles Lucien Bonaparte, nado en París o 24 de maio de 1803 e finado o 29 de abril de 1857 na mesma cidades, foi un naturalista, político e ornitólogo francés.

Fillo de Lucien Bonaparte e, por tanto, sobriño do emperador Napoleón I, foi príncipe do Imperio en 1815, despois da reconciliación de Lucien e o seu irmán Napoleón, herdou os títulos pontificios de seu pai á morte deste, e foi así o segundo príncipe romano de Canino, de Musignano e Bonaparte en 1840, e príncipe Bonaparte en virtude do estatuto da familia imperial adoptado por Napoleón III.

Dioscórides

Pedanio Dioscórides (en latín Pedanius Dioscorides, en grego antigo Πεδάνιος Διοσκορίδης Pedánios Dioskorídēs), naceu contra o ano 40 en Anazarbus, Cilicia, Asia Menor e morreu contra o ano 90.

Foi un médico, farmacólogo e botánico grego, cuxa obra De Materia Medica alcanzou unha ampla difusión, converténdose no principal manual de farmacopea durante toda a Idade Media e o Renacemento.

Ernst Haeckel

Ernst Heinrich Philipp August Haeckel, nado en 1834 e finado en 1919, foi un biólogo e filósofo alemán que popularizou o traballo de Charles Darwin en Alemaña, propuxo novos termos como phylum, ecoloxía ou disteleoloxía.

Henry Walter Bates

Henry Walter Bates, nado en Leicester o 8 de febreiro de 1825 e finado en Londres o 16 de febreiro de 1892, foi un naturalista e explorador británico, famoso pola súa expedición ao Amazonas con Alfred Russel Wallace en 1848, en 1863 publica The Naturalist on the River Amazons.

Johan Christian Fabricius

Johan Christian Fabricius, nado en Tønder (en alemán Tondern), Xutlandia (actual Dinamarca) o 7 de xaneiro de 1745 e finado en Kiel, Alemaña o 3 de marzo de 1808, foi un naturalista, entomólogo e economista danés.

Foi un especialista dos Insecta que, no seu tempo, ademais dos insectos propiamente ditos o concepto incluía todos os artrópodos (arácnidos, crustáceos e outros).

Foi un do discípulos de Carl Linnaeus, e está considerado como un dos entomólogos máis importantes do século XVII. Deu o nome a unhas 10 000 especies de animais e estableceu as bases da moderna clasificación dos insectos e dos arácnidos.

Joseph Banks

Joseph Banks, nado en Londres o 13 de febreiro de 1743 e finado na mesma cidade o 19 de xuño de 1820, foi un naturista e botánico inglés que participou na primeira viaxe de James Cook.

Nos seus anos de estudante en Oxford adquiriu paixón pola botánica. Publica as súas primeiras descrición, de especies de Terranova e Labrador, utilizando o sistema de Carl von Linné.

En 1768 embarcou a bordo do HMB Endeavour, acompañando a Cook na súa primeira expedición cara ao sur do océano Pacífico. En Brasil fixo a primeira descrición científica coñecida (buganvílea), e con Daniel Solander fixo a maior colección de flora australiana, describindo especies novas para a ciencia.

Arredor de 75 especies levan o nome de Banks e está considerado o introdutor en occidente do eucalipto, a acacia, a mimosa e o xénero coñecido como Banksia.

Karl von Frisch

Karl Ritter von Frisch, nado en Viena o 20 de novembro de 1886 e finado o 12 de xuño de 1982 en Múnic, estudou zooloxía na Universidade de Múnic.

O seu labor investigador desenvolveuse no Instituto de Zooloxía da Universidade de Rostock

e no de Breslau. É considerado un dos pais da Etoloxía.

Konrad Lorenz

Konrad Zacharias Lorenz, nado en Viena o 7 de novembro de 1903 e finado tamén en Viena o 27 de febreiro de 1989, foi un naturalista e zoólogo austríaco, considerado un dos fundadores da etoloxía, a ciencia do comportamento, tanto o animal como o humano. Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1973, compartido con Niko Tinbergen e Karl von Frisch.

Louis Agassiz

Jean Louis Rodolphe Agassiz (Môtier1807 - 1873) foi un zoólogo e xeólogo americano de orixe suíza. Educouse na casa, complementada posteriormente en Bienne e Lausana, antes de pasar á Universidade de Zúric para estudar medicina, cando se traslada á Universidade de Heidelberg comeza a se interesar pola paleontoloxía grazas a Heinrich Georg Bronn. Trasladouse a París, onde entrou en contacto con Alexander von Humboldt e Georges Cuvier quen o motivaron para se interesar pola xeoloxía e a zooloxía, ademais durante estes anos vaise interesar pola ictioloxía, que se converterá na súa actividade máis importante.

Mary Anning

Mary Anning, nada o 21 de maio de 1799 en Lyme Regis, West Dorset, e falecida o 9 de marzo de 1847, foi unha paleontóloga e colleitadora de fósiles inglesa.

Naturalista

Naturalista é a denominación coa que se coñeceu aos investigadores que realizaron estudos sobre ciencias naturais ou historia natural desde os séculos XVII ao XIX, aínda que o interese pola descrición da natureza e o seu estudo estímase que se remonta á Grecia clásica.

Desde o século XX é a denominación coa que se designa aos científicos de campo dedicados á investigación e estudo da natureza e protección do ambiente.

Otto Brunfels

Otto Brunfels (ou Otho Braunfels, ou Othon Brunfels), nado preto de Maguncia (Alemaña) contra 1488 e finado en Berna (Suíza) o 25 de novembro de 1534, foi un teólogo, humanista, médico e botánico alemán. Carl von Linné considerábao como un dos pais da botánica, se ben non tivo moito en conta os botánicos antigos.

Plinio o Vello

Caio Plinio Segundo (en latín: Gaius Plinius Secundus), coñecido como Plinio o Vello, naceu en Como no ano 23 e morreu na actual Catellmare de Stabia no ano 79, vítima da súa curiosidade científica ao ir observar a erupción do volcán Vesuvio, que asolagou as cidades de Pompeia e Herculano.

Robert Hooke

Robert Hooke, nado en Freshwater (illa de Wight) o 18 de xullo de 1635 e finado en Londres o 3 de marzo de 1702, foi un científico experimental inglés dos máis importantes da historia da ciencia, polemista incansable cun xenio creativo de primeira orde. Os seus intereses abarcaron campos tan dispares como a bioloxía, a medicina, a cronometría, a física planetaria, a microscopía, a náutica e a arquitectura.

Participou na creación da primeira sociedade científica da historia, a Royal Society de Londres. As súas polémicas con Newton sobre a paternidade da lei da gravitación universal pasaron a formar parte da historia da ciencia.

Systema Naturae

O libro Systema naturae (abreviado Syst. Nat.) foi unha das principais obras do médico, botánico e naturalista sueco Linneo.

O seu título completo é "Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis" ("Sistema natural, nos tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares"). Co seu sistema, Linneo, profundo crente, pensaba que estaba clasificando a creación de Deus.

A décima edición deste libro (1758) está considerada como o punto de partida formal da nomenclatura zoolóxica.

William Buckland

William Buckland, nado o 12 de marzo de 1784 en Axminster (Devonshire) e finado o 14 de agosto de 1856, foi un prominente naturalista, xeólogo e paleontólogo británico que escribiu a primeira descrición completa dun dinosauro. Era de opinión favorábel ao creacionismo antigo da Terra e á teoría do Diluvio Universal, foi convencido da realidade das glaciacións de Louis Agassiz.

Pioneiros
naturalistas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.