Joaquín Sorolla

Joaquín Sorolla y Bastida, nado en Valencia o 27 de febreiro de 1863 e finado en Cercedilla o 10 de agosto de 1923, foi un pintor e artista gráfico español.

Joaquín Sorolla
Pablo Picasso
Prancha de impresión de Sorolla por Gertrude Käsebier, c1908
Nome completoJoaquín Sorolla y Bastida
Nacemento27 de febreiro de 1863
 Valencia, España España
Falecemento10 de agosto de 1923 (60 anos)
 Cercedilla, Madrid, España España
ÁreaPintura
EducaciónEscola de Belas Artes de Madrid
MovementoRealismo, Luminismo
ObrasE aínda din que o pescado é caro (1895)
Nenos na praia (1910)
Paseo á beira do mar (1909)
Influencia aTeodoro Andreu
CónxuxeClotilde García

Traxectoria

Cando apenas contaba con dous anos de idade, faleceron os seus pais por mor dunha epidemia de cólera. Ao quedar orfos a súa irmá Eugenia e el, a súa tía Isabel, irmá da súa nai, e o seu marido, de profesión cerralleiro, recolléronos. Pasados os anos intentaron ensinarlle, en balde, o oficio da cerrallaría, advertindo pronto que a súa verdadeira vocación era a pintura.

Outra importante faceta súa foi a de retratista, de figuras importantes como foron Juan Ramón Jiménez, o rei Afonso XIII, Vicente Blasco Ibáñez, Ortega y Gasset etc. Tamén, en 1914, fora nomeado académico e, cando terminou os traballos para a Hispanic Society, traballou como profesor de composición e cor na Escola de Belas Artes de Madrid. A súa pintura representou a aplicación directa do luminismo á paisaxe e a figura, achegando xa que logo esta tendencia á sociedade da época.

En 1920, mentres pintaba o retrato da señora Pérez de Ayala no xardín da súa casa en Madrid, padeceu un ataque de hemiplexía que minguou drasticamente as súas facultades físicas e mentais. Faleceu na súa casa de Cercedilla o 10 de agosto de 1923.

Galería de imaxes

Joaquin Sorolla Walk on the Beach

Paseo á beira do mar (1909).

Joaquin Sorolla Ninos A La Orilla Del Mar

Nenos á beira do mar.

Joaquin Sorolla Beach at Valencia or Afternoon Sun

Praia en Valencia (1908).

Joaquin Sorolla y Bastida - Pinos de Galicia

Piñeiros de Galicia.

Véxase tamén

Ligazóns externas

10 de agosto

O 10 de agosto é o 222º día do ano no calendario gregoriano e o 223º nos anos bisestos. Quedan 143 días para finalizar o ano.

27 de febreiro

O 27 de febreiro é o 58º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 307 días para finalizar o ano, 308 nos anos bisestos.

Avant

Avant é un servizo de trens de Media Distancia e alta velocidade parcialmente subvencionados, realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 250 km/h.

Realízase con trens das series 104, 114 e 121, en configuración de clase única sen cafetería.

Barcelona-Estació de França

Barcelona-Estació de França (en galego: Estación de Francia) é unha das estacións de ferrocarril da cidade de Barcelona. É a estación terminal da liña Barcelona-Xirona-Portbou e nela paran trens da liña R2 sud de rodalies, varios servizos rexionais e algúns de Longa distancia.

A estación entrou en servizo en 1929 substituíndo a estación de Granollers ou Barcelona Término, construída en 1854 cando entrou en servizo o tramo construído por Camins de Ferro de Barcelona, entre Barcelona e Granollers.É a segunda estación máis importante da cidade, despois de Barcelona-Sants, por ser cabeceira dos trens de Longa distancia que se dirixen a Francia e cabeceira da maioría dos rexionais que veñen do sur e leste de Cataluña.

Bastida

O topónimo Bastida pode referirse a:

A Bastida, parroquia do concello da Fonsagrada;

A Bastida, lugar de dita parroquia;

A Bastida, lugar da parroquia de Couso, no concello de Gondomar.Amais, como apelido pode referirse a:

Manuel Mosquera Bastida, futbolista e adestrador de fútbol galego (n. 1968);

Juan de Ciórraga y Fernández de la Bastida, arquitecto vasco (1386-1891);

Joaquín Sorolla Bastida, pintor valenciano (1863-1923).

Estación de Albacete-Los Llanos

Albacete-Los Llanos é a estación de ferrocarril da cidade española de Albacete, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Entrou en servizo o 18 de decembro de 2010, tres días despois da inauguración do tramo Madrid-Albacete/Valencia da Liña de alta velocidade Madrid-Levante. Ten amplos servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

É a estación de ferrocarril máis grande de Castela-A Mancha. Está situada na rúa Federico García Lorca, ao final da Avenida da Estación, moi preto da autovía A-31, nas inmediacións da estación de autobuses da capital, e a 10,5 km do aeroporto de Albacete.

Estación de Cuenca-Fernando Zóbel

Cuenca-Fernando Zóbel é a estación ferroviaria de alta velocidade da cidade de Cuenca. Está situada a 5 km do centro no Cerro de la Estrella, moi próxima á estrada N-320, ao sur da cidade. Leva o nome do pintor Fernando Zóbel, moi vinculado á cidade.

Estación de León

A estación de León é unha estación de tren de Adif situada na cidade de León. É de carácter terminal e provisional. Substitúe desde o 18 de marzo do 2011 á histórica Estación do Norte, clausurada ao tráfico con motivo das obras que supoñerán o soterramento das vías férreas coincidiento coa chegada da alta velocidade á cidade leonesa.

A estación está situada xunto á prolongación da avenida Ordoño II e a escasos metros da antiga estación. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Requena-Utiel

A estación de Requena-Utiel é unha estación ferroviaria de alta velocidade de Adif situada no concello de Requena, na provincia de Valencia. Está situada a 6 km do centro e a 15 km de Utiel.

Estación de Sahagún

A estación de Sahagún é unha estación de ferrocarril de Adif situada no concello de Sahagún, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Valencia-Joaquín Sorolla

Valencia-Joaquín Sorolla é a estación ferroviaria de alta velocidade da cidade de Valencia. É unha estación provisional e de carácter terminal. Leva o nome do pintor Joaquín Sorolla, nado na cidade.

Estación de Valladolid-Campo Grande

A estación de Valladolid-Campo Grande, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de ferrocarril da cidade de Valladolid. Encóntrase fronte á prolongación da Acera de Recoletos, preto da Plaza de Colón e do Parque do Campo Grande. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

En 2010 recibiu 2.235.103 pasaxeiros.

Euromed

Euromed é o nome comercial dun servizo ferroviario de alta velocidade prestado por Renfe Operadora entre as cidades de Barcelona, Tarragona, Castelló de la Plana, Valencia e Alacant.

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Nenos na praia

Nenos na praia (en castelán: Niños en la playa) é unha coñecida obra do pintor postimpresionista español Joaquín Sorolla. Data do ano 1910, está executado ó óleo sobre lenzo e mide 118 centímetros de alto por 185 cm de ancho. Pertence ó Museo do Prado de Madrid, a onde chegou procedente do Museo de Arte Moderna, ó cal foi doado polo propio pintor en 1919.

Praia de La Malva-rosa

A praia de La Malva-rosa (en valenciano: Platja de la Malva-rosa) é a praia urbana por excelencia de Valencia. Ten unha lonxitude de 1.800 m, cunha anchura media de 60 m e dispón da Bandeira Azul da Fundación Europea de Educación Ambiental.

O seu nome, así como o do barrio situado xunto a ela, data de 1848 e débese a un xardineiro, Félix Robillard, quen por aquel entón exercía o cargo de xardineiro maior do Botánico. A praia, que nos tempos antigos era utilizada para desembarcar a pesca e o intercambio de comercio entre os diferentes poboados próximos á capital, foise convertendo en lugar de descanso da burguesía valenciana. Entre os seus ilustres veraneantes atopábanse Joaquín Sorolla e Vicente Blasco Ibáñez.

Na actualidade, esta ampla e aberta praia, de area fina e dourada, presenta un aspecto moi animado tanto na propia praia, pola calidade e cantidade de servizos que ofrece como no Paseo Marítimo que a delimita, cuxa construción comezou en 1980, e que alberga restaurantes e cafeterías. Dispón de postos de socorrismo e unha zona adaptada para o baño das persoas de mobilidade reducida.

Xenaro Carrero

Xenaro Carrero Fernández, nado en Noia o 30 de marzo de 1874 e finado en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 1902, foi un pintor galego, pertence á chamada Xeración Doente.

Xesús Corredoyra

Xesús Rodríguez Corredoyra, nado en Lugo en 1889 e finado en Compostela a principios de decembro de 1939, foi un destacado pintor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.