Joaquín Loriga

Joaquín Loriga Taboada, nado en Lalín o 23 de setembro de 1895 e finado no aeródromo de Cuatro Vientos o 18 de xullo de 1927, foi un aviador e militar galego. Participou, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, no voo Madrid-Manila da escuadrilla Elcano.

Joaquín Loriga
Gallarza and Loriga (on the right) in a layover in Rangun.
Nome completoJoaquín Loriga Taboada
Nacemento23 de setembro de 1895
 Lalín, Pontevedra
Falecemento18 de xullo de 1927 (31 anos)
 Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos
Causaaccidente de aviación
NacionalidadeEspaña
Alma máterAcademia de Artillería de Segovia
Ocupaciónaviador e militar

Traxectoria

O aviador Loriga. Lalín
Joaquín Loriga.

Naceu na parroquia de Prado, no concello de Lalín. Fillo de Eliseo Loriga Parra e Esperanza Taboada Bugallo, que pertencía a unha familia de tradición militar, os Taboada, cuxa casa era o pazo de Liñares. En 1912 ingresou na Academia de Artillería de Segovia, realizando posteriormente o curso de habilitación para piloto na promoción 1920-1921. Participou na guerra do Rif, incorporándose en 1921 ao servizo da aviación militar, logo de ser ascendido a capitán. Destinado en Melilla, como xefe da terceira escuadrilla, coñeceu a Eduardo González Gallarza, que anos despois o acompañaría no voo Madrid-Manila. Polas súas accións na guerra do Rif recibiu a Medalla Militar en setembro de 1923 xunto a outros aviadores distinguidos, como Ramón Franco, Juan de Ortiz e o seu compañeiro Gallarza.

En 1924 foi destinado á Península, concretamente ao aeródromo de Cuatro Vientos, nos arrabaldes de Madrid, como xefe da escuadrilla de clasificación. Alí, en 1926, Loriga pilotou o autoxiro de Juan de la Cierva na súa proba inaugural ata Xetafe.

O mesmo ano, en medio dunha grande expectación, o 5 de abril iniciou, cos capitáns Esteve e Gallarza o raid de Madrid a Manila a bordo dos seus respectivos Breguet XIX, aparatos biprazas de cabinas abertas en tándem, a cada un dos cales acompañaba un mecánico. Tratábase da escuadrilla Elcano. A xustificación do raid era que Filipinas, antiga colonia, aínda mantiña lazos coa antiga metrópole, e había moita poboación española ou de orixe española, ademais de que os tempos da colonia lembrábanse como máis benignos que os da ocupación estadounidense.

Os 18.900 quilómetros de percorrido estiveron cheos de contratempos e, divididos en 17 xornadas, foron cubertos en trinta e tres días. Durante a etapa Trípoli-O Cairo, Esteve tivo que dirixirse a Tunisia debido a unha avaría no motor. Na etapa Hanoi-Macao, Loriga tivo que realizar un aterraxe de emerxencia en Macao, debido a unha avaría, polo que finalmente el e Gallarza tiveron que seguir camiño no único aparato dispoñible ata Aparri, primeira escala en Filipinas, onde foron clamorosamente recibidos. Aeroplanos do exército dos Estados Unidos acompañáronnos na última escala, entre Aparri e Manila, onde os agardaba un recibimento multitudinario. Foron nomeados "Fillos Adoptivos" de Manila e recibiron innumerábeis homenaxes nos trece días de estadía no país, que terían a súa culminación días despois, ao regreso a España.

Monumento ao aviador Loriga. Lalín
Monumento a Joaquín Loriga en Lalín. Obra de Francisco Asorey.

Homenaxes

En 1927 recibiu xunto a Ramón Franco, Ruíz de Alda e Gallarza a Medalla da Liga Internacional de Aviadores, e atendendo a petición dos seus paisanos, viaxou a Galicia. O 23 de xuño de 1927 aterrou co seu avión no Monte do Toxo (Lalín), onde unha multitude acudiu a recibilo. Os organizadores da homenaxe proxectaban iniciar unha subscrición popular para mercarlle un aeroplano. Pouco despois de regresar a Madrid, morreu no aeródromo de Cuatro Vientos, ao estrelarse o avión que pilotaba.

Coa súa morte, ao non ter reunido o diñeiro para adquirir o aeroplano, os seus paisanos decidiron destinar os fondos a erguer un monumento na súa memoria, solicitando a colaboración de institucións e particulares. A estatua, obra do escultor Francisco Asorey foi inaugurada o 27 de agosto de 1933 no parque de Lalín. A obra reproduce un avión espetado na terra, que simboliza unha cruz, que preside o aviador. Na base, as palabras "España-Filipinas".[1]

Estatua de Joaquín Loriga
Estatua de Joaquín Loriga en Prado.

Notas

  1. 75 anos con Loriga

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

18 de xullo

O 18 de xullo é o 199º día do ano do calendario gregoriano e o 200º nos anos bisestos. Quedan 166 días para finalizar o ano.

23 de setembro

O 23 de setembro é o 266º día do ano do calendario gregoriano e o 267º nos anos bisestos. Quedan 99 días para finalizar o ano.

23 de xuño

O 23 de xuño é o 174º día do ano do calendario gregoriano e o 175º nos anos bisestos. Quedan 191 días para finalizar o ano.

Benedicto Conde

Benedicto Conde González, coñecido como Bene, nado en 1895 en Castrelos, Vigo, e finado en Vigo o 31 de marzo de 1987, foi un xornalista e fotógrafo galego.

Benito Castro Nogueira

Benito Castro Nogueira, nado en 1923 en Aldán e finado en Cangas o 27 de outubro de 2010, foi un párroco galego.

Camilo Veiga Prego

Camilo Veiga Prego, nado o 25 de novembro de 1905 en Bouzas, Vigo, e finado o 2 de setembro de 1978, perito mercantil, foi un filántropo galego.

Casiano Martínez Fernández

Casiano Martínez Fernández, finado en Bouzas o 22 de xullo de 1925, foi un empresario e político galego.

Enrique Suárez Guntín

Enrique Suárez Guntín, nado en 1931 no antigo concello de Lavadores e finado en Vigo o 15 de decembro de 2011 foi un médico vigués

Faustino Álvarez Álvarez

Faustino Álvarez Álvarez, nado en Gondomar e finado en 1994, foi un empresario, comerciante e político galego.

Francisco Asorey

Francisco Hipólito Asorey González, nado en Fefiñáns, Cambados o 4 de marzo de 1889 e finado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1961, comunmente citado como Asorey, foi un escultor galego, considerado por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.

Joaquín García Picher

Joaquín García Picher, nado o 29 de agosto de 1932 en Vigo e finado o 12 de setembro de 1985, foi un político galego, alcalde de Vigo.

José Ramón Fontán

José Ramón Fontán González, nado en Mos en 1915 e finado en Vigo en 1996, foi un político galego.

Pazo de Liñares

O Pazo de Liñares é unha casa señorial localizada no lugar de Liñares, na parroquia de Prado (Lalín), é estilo barroco. É de planta rectangular de cantería cunha gran fachada principal á que abre os balcóns e fiestras. Na fachada posterior destaca unha galería de cinco arcos de medio punto e escudos no peitoril. Nos escudos do pazo campean as armas dos Mosqueira, Churruchaos e López de Lemos xunto ás dos Taboada.

Foi fundado a finais do século XVII por Álvaro Núñez Taboada, da Casa de Bendoiro. No pazo pasou a súa infancia o pioneiro da aviación Joaquín Loriga.

Foi adquirido polo concello de Lalín a finais do ano 2002. No ano 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Monumento por Decreto 334/2009 de 4 de xuño da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. As obras de rehabilitación comezaron o día 14 de abril de 2011, e asinouse a recepción das mesmas o 28 de febreiro de 2013.

Policarpo Sanz

José Policarpo Sanz Souto, nado en Marín o 25 de xaneiro de 1841 e finado en Nova York en 1889, foi un industrial e mecenas galego.

Prado, Lalín

San Martiño de Prado é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (129 mulleres e 127 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 316 habitantes. A parroquia eclesiasticamente pertence á diocese de Lugo.

Ramón Abeleira Menéndez

Ramón Abeleira Menéndez foi un político de mediados do século XIX, alcalde presidente de Vigo.

Ángel Ilarri

Ángel Ilarri Gimeno, nado en 1913 en Corella, Navarra, e finado en 1998 en Vigo, foi durante corenta anos administrador e director do Museo Quiñones de León de Vigo.

Ángela Iglesias Rebollar

Ángela Iglesias Rebollar, alcumada A Protestante, nada en Tui ou na Guarda e finada o 11 de abril de 1937 en Vigo, foi unha muller asasinada aos 26 anos de idade, durante a Guerra Civil Española.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.