Joaquín Arias Díaz de Rábago

Joaquín Arias Díaz de Rábago, nado en Santiago de Compostela o 1 de novembro de 1916 e falecido na Coruña o 29 de maio de 2007, foi un rexistrador da propiedade e empresario galego.

Joaquín Arias Díaz de Rábago
Nacemento1 de novembro de 1916
 Santiago de Compostela
Falecemento29 de maio de 2007
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
PaiVicente Arias de la Maza
FillosXosé María Arias
IrmánsCarmela Arias

Traxectoria

Fillo de Vicente Arias de la Maza. Na súa mocidade trasladouse co seu pai e a súa familia a Barcelona, onde estudou bacharelato e onde posteriormente se licenciou en dereito na Universidade de Barcelona. Opositou e gañou antes de ter a idade mínima a praza de rexistrador da propiedade. Tomou posesión da praza en 1941 e exerceu como rexistrador en diversas cidades galegas.

Grazas ao matrimonio da súa irmá Carmela Arias con Pedro Barrié de la Maza comezou a traballar na estrutura empresarial do Banco Pastor e mais en concreto na Fundación Barrié, da que foi nomeado vicepresidente como subordinado da súa irmá.

Vida persoal

Casou en Santiago de Compostela con Loreto Mosquera Arroyo en 1946[1]. Os seus dous fillos, Xosé María Arias e Vicente Arias Mosquera, seguiron a súa carreira empresarial no banco.

Galardóns

  • Premio Montero Ríos da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (2002).

Notas

  1. Cartel, 1-5-1946, p. 15.

Véxase tamén

Bibliografía

Carmela Arias

Carmela Arias Díaz de Rábago, nada na Coruña o 20 de febreiro de 1920 e falecida na mesma cidade o 27 de outubro de 2009, foi unha empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié de la Maza.

Vicente Arias de la Maza

Vicente Arias de la Maza, nado en Santiago de Compostela o 6 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 5 de marzo de 1963, foi un avogado galego.

Xosé María Arias

Xosé María Arias Mosquera, nado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1953, é un avogado, empresario e banqueiro galego, presidente do Banco Pastor e conde de Fenosa.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.