Joan Busquets

Joan Busquets i Grau, nado en El Prat de Llobregat no ano 1946, é un arquitecto e urbanista catalán de fama internacional. Titulouse na Universidade Politécnica de Cataluña en 1969 e doutorouse na mesma en 1975, ocupando actualmente a cátedra de urbanismo. Tamén é catedrático da Harvard Graduate School of Design da Universidade Harvard dende 2002, e profesor convidado e consultar en universidades de disversos países. A súa firma de arquitectura BAU (B Arquitectura i Urbanisme SL) ten sede en Barcelona. No ano 2011 foi galardoado co Premio Erasmus, un premio anual que outorga a Fundación Praemium Erasmianum a persoas ou institucións que fixeron contribucións excepcionais nos eidos da cultura, humanidades, ciencias sociais e arte, "en recoñecemento ao seu impresionante e multifacético traballo no eido da planificación urbanística".[1]

Joan Busquets
2011 Busquets prijsuitreiking 7
Nome completoJoan Busquets Grau
Nacemento1946
 El Prat de Llobregat
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Politécnica de Cataluña
Ocupaciónarquitecto, urbanista e catedrático de universidade
PremiosPremio Erasmus e Grand prix national de l'architecture

Publicacións

  • 1992: Barcelona: Evolución urbanística de una ciudad compacta, ISBN 978-8476284582
  • 1994: Barcelona, ISBN 978-8471005366
  • 1999: La urbanización marginal, ISBN 978-8483013250
  • 2008: Ciutat Vella de Barcelona: Un Passat amb futur, ISBN 978-8476095669

Notas

  1. "Erasmus Prize 2011 Awarded to Joan Busquets". Consultado o 10 de novembro de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

CB Prat

O Club Bàsquet Prat é un club de baloncesto na cidade de El Prat de Llobregat (Barcelona, ​​España). Forma parte da Federación Catalana de Baloncesto e da Federación Española de Baloncesto.

Desenvolve a súa actividade nas instalacións municipais do Complexo Poliesportivo Estruch, onde se atopa o Pavillón Joan Busquets e nas instalacións -municipais tamén- do Fondo d'en Peixo onde se atopa a cancha de baloncesto Xavier Marcilla.

Actualmente, a tempada 2018 - 2019, dirixe unha Escola de Baloncesto con 80 alumnos. Tamén move 25 equipos de promoción e competencia da Federación Catalana de Baloncesto con 360 xogadores. Os 90 xogadores do Club están divididos en 7 equipos, onde se xoga a Segunda Catalana. Os equipos masculinos de promoción e competencia catalá, con 18 equipos, van desde a Premini ata a categoría Senior. Da última categoría, ten o Senior 2 en Territorial A, o Senior 1 que xoga en Primera Catalana, eo Senior A que xoga a nivel español na LEB Oro. Desde a tempada 2004-2005, C.B.Prat está ligado ao Club Joventut de Badalona da Liga ACB, este enlace só interrompeu a tempada 2017-2018 na que se afondou a promoción da máis alta categoría do baloncesto nacional.

Estación da Coruña

A estación da Coruña, tamén coñecida como A Coruña–San Cristovo, é a principal estación de ferrocarril da cidade da Coruña. É de carácter terminal e dela parten servizos de media distancia a todas as cidades galegas e de longa distancia a varios puntos da península. Está chamada a ser a futura estación intermodal da cidade.

O edificio principal, acabado en 1935 é obra de Antonio Gascué Echeverría, posúe unha arquitectura única nas estacións españolas, e ata europeas, sendo a Estación Central de Helsinki a única que ten similitudes de estilo. Este é unha mestura entre racionalista e de posguerra.

A estación está situada na avenida do Ferrocarril xunto á Rolda de Outeiro, no barrio dos Mallos-Estación, relativamente apartada do centro urbano pero comunicada por autobús co mesmo. Hai outra estación na cidade, a de San Diego, adicada ao tráfico de mercadorías.

Estación de tren de Delft

A estación de tren de Delft (en neerlandés: Station Delft) é a principal estación ferroviaria desta localidade da Holanda Meridional, nos Países Baixos. Sitúase nunha sección das liñas ferroviarias máis antigas do país, que une as cidades da Haia e Rotterdam.

Estación intermodal

Unha estación intermodal é unha infraestrutura de transporte costruída sobre a base dunha estación de ferrocarril que acolle traxectos de longa distancia (incluíndo, no seu caso, do AVE), de media distancia e proximidade (cercanías), unha Estación de autobuses para o transporte interurbano, unha parada de autobús urbano e unha parada de metro.

Liga LEB

A Liga Española de Baloncesto (LEB) é unha competición de baloncesto organizada pola Federación Española de Baloncesto. É a categoría anterior á máxima categoría profesional, a Liga ACB. Disputouse por primeira vez co nome de LEB na tempada 1996-1997. Anteriormente o seu equivalente recibía o nome de Primeira División.

Na actualidade consta de dúas categorías, LEB Ouro e LEB Prata. Os equipos poden contar con dous xogadores extracomunitarios, é dicir, con nacionalidades que non pertenzan a país algún da Unión Europea e con tres "cotonous", xogadores procedentes de países caribeños e africanos cun convenio especial coa UE.

Liga LEB Ouro 2014-15

A tempada 2014-15 da LEB Ouro foi a 19ª edición da segunda competición nacional de liga de baloncesto en España coa denominación actual, chamada tamén Adecco Ouro debido a motivos de patrocinio. O campión de liga conseguiu praza de ascenso directo á Liga ACB, mentres que os clasificados do segundo ó noveno posto disputaron un playoff onde o gañador conseguiu tamén praza de ascenso á primeira categoría do baloncesto español. O torneo estivo composto por 15 equipos, 3 deles galegos: o CB Breogán, o CB Coruña e o Club Ourense Baloncesto.

Ó remate da tempada regular, o Ford Burgos conseguiu a primeira posición e o ascenso directo á Liga ACB. O CB Prat Joventut, pola contra, rematou na derradeira posición e descendeu á LEB Prata.

Liga LEB Ouro 2015-16

A tempada 2015-16 da LEB Ouro foi a 20ª edición da segunda competición nacional de liga de baloncesto en España coa denominación actual. O campión de liga ascendeu directamente á Liga ACB, mentres que os clasificados do segundo ó noveno posto disputan un playoff onde o gañador ascende tamén á primeira categoría do baloncesto español. O torneo estivo composto por 16 equipos, 3 deles galegos: o CB Breogán, o CB Coruña e o Club Ourense Baloncesto.

Ó remate da tempada regular, o Quesos Cerrato Palencia conseguiu a primeira posición e o ascenso directo á Liga ACB. O Planasa Navarra e o Actel Força Lleida, pola contra, descenderon á LEB Prata.

Liga LEB Ouro 2016-17

A tempada 2016-17 da LEB Ouro foi a 21ª edición da segunda competición nacional de liga de baloncesto en España coa denominación actual. O campión de liga ascendeu directamente á Liga ACB, mentres que os clasificados do segundo ó noveno posto disputan un playoff onde o gañador ascende tamén á primeira categoría do baloncesto español. O torneo estivo composto por 18 equipos, 4 deles galegos: o CB Breogán, o CB Coruña, o Club Ourense Baloncesto e o CB Peixefresco.

Ó remate da tempada regular, o RETAbet.es GBC conseguiu a primeira posición e o ascenso directo á Liga ACB. O Calzados Robusta e o Marín Peixegalego, pola contra, descenderon á LEB Prata.

Premio Erasmus

O Premio Erasmus é un premio anual que outorga a Fundación Praemium Erasmianum a persoas ou institucións que fixeron contribucións excepcionais nos eidos da cultura, humanidades, ciencias sociais e arte en Europa e tamén no resto de mundo. Está considerado como un dos recoñecementos máis distinguidos de Europa e leva o nome do teólogo e humanista neerlandés, Desiderius Erasmus.

Sociedad Editora Universal

Sociedad Editora Universal (ás veces chamada «El Trust») foi unha importante empresa editorial e xornalística española que existiu durante as décadas de 1920 e 1930.

Esta empresa foi a sucesora da Sociedad Editorial de España, propietaria dun grupo de xornais na España da restauración. O grupo estaba formado por Heraldo de Madrid, El Liberal de Madrid, El Liberal de Sevilla, El Defensor de Granada, El Liberal de Murcia, a revista Royal e o semanario La Moda Práctica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.