Jinan

Jinan (en chinés: 济南市) é unha importante cidade do leste de China, capital da provincia de Shandong. Situada na ribeira do río Amarelo no seu curso inferior, ascenden ao sur da urbe as estfibacións do sagrado Monte Tai. Conta cunha poboación de 6 814 000 habitantes (2010 censo prov.) para unha área municipal de 8177 km².

Na actualidade un centro industrial e de transportes, ten unha longa historia que afunde as súas orixes nalgunha das culturas que conformaron a civilización chinesa (a neolítica cultura de Longshan). Coñecida dende o século VIII aC como Li-hsia, importante vila do estado de Chi, foi un senlleiro centro relixioso budista entre os séculos IV e VII da nosa era, mantendo despois (dinastías Sui, Tang, Song e Ming) un constante crecemento coma destacada capital comercial e administrativa.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Coordenadas: 36°40′N 116°59′L / 36.667, -116.983

Jinan montage
Aeroporto de Cantón-Baiyun

O aeroporto internacional de Cantón-Baiyun (IATA: CAN, OACI: ZGGG) é o principal aeroporto de Cantón, a capital da provincia de Guangdong, en China. Os seus códigos están heredados do antigo aeroporto da cidade. O aeroporto de Baiyun serve como centro de conexións para China Southern Airlines, FedEx Express, 9 Air, Hainan Airlines e Shenzhen Airlines.

No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido da China e o décimo quinto do mundo en termos de pasaxeiros, cun total de 59 732 147 viaxeiros ese ano. En termos de tráfico de carga é o terceiro máis concorrio do país e o décimo noveno do mundo.

Aeroporto de Changsha-Huanghua

O aeroporto internacional de Changsha-Huanghua (IATA: CSX, OACI: ZGHA) é un aeroporto que serve á cidade chinesa de Changsha, na provincia de Hunan, ademais de cidades próximas como Zhuzhou e Xiangtan. No ano 2016 foi o 13º aeroporto máis concorrido do país. Está situado a uha 25 quilómetros do centro de Changsha. Está operado pola Hunan Airport Authority, unha corporación de propiedade pública que operaos cinco aeroportos da provincia de Hunan Province. O aeroporto de Changsha-Datuopu é o segundo aeroporto que serve a Changsha e é usado principalmente para propósitos militares.

Aeroporto de Chengdu-Shuangliu

O aeroporto de Chengdu-Shuangliu (IATA: CTU, OACI: ZUUU) é o principal aeroporto que serve a Chengdu, a capital da provincia chinesa de Sichuan. Está situado a uns 16 quilómetros ao suroeste do centro da cidade, ao norte do distrito de Shuangliu District. O aeroporto é un importante centro de conexións no oeste de China. É un dos dous principais centros de conexións para Air China, xunto con Pequín-Capital, ademais da sede de Sichuan Airlines e Chengdu Airlines. China Eastern Airlines, Shenzhen Airlines, Lucky Air e Tibet Airlines tamén teñen bases no aeroporto.

No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 46 039 037 pasaxeiros. Nese ano foi o 27º aeroporto máis concorrido do mundo e o 4º da China, ademais de ser o máis concorrido do oeste e centro do país.

Aeroporto de Chongqing-Jiangbei

O aeroporto internacional de Chongqing-Jiangbei (IATA: CKG, OACI: ZUCK) é un aeroporto chinés situado no distrito de Yubei da cidade de Chongqing. O aeroporto instalacións de tránsto para 72 horas de visa gratuíta para certas nacionalidades. No ano 2014 quedou no terceiro posto na categoría do "Mellor aeroporto de entre 25 e 40 millóns de pasaxeiros" de Airports Council International.Situado a 19 quilómetros ao norte do centro de Chongqing, o aeroporto é un gran centro de conexións para as aeroliñas no oeste de China, como China Express Airlines, China Southern Airlines, Chongqing Airlines, Sichuan Airlines, Shandong Airlines e China West Air. Chongqing é unha cidade focal para Air China e Hainan Airlines.

O aeroporto ten tres terminais: a Terminal 2 serve voos domésticos e a Terminal 3A tanto domésticos como internacionais, mentres a Terminal 1 atópase pechada a día de hoxe. A primeira, segunda e terceira fase do aeroporto comezaron a operar en xaneiro de 1990, decembro de 2004 e decembro de 2010, respectivamente. A Terminal 2 é capaz de manexar 30 millóns de pasaxeiros e a 3A 70 cada ano.

En termos de tráfico de pasaxeiros, O aeroporto de Jiangbei Airport foi o noveno máis concorrido do país en 2016, sendo usado por 35 888 819 pasaxeiros cun aumento dun 10,8% con respecto ao ano anterior. En movementos de avións foi o 8º máis concorrido do país e o 10º en termos de carga.

Aeroporto de Fuzhou-Changle

O aeroporto internacional de Fuzhou-Changle (IATA: FOC, OACI: ZSFZ) é un aeroporto internacional que serve a Fuzhou, a capital da provincia chinesa de Fujian. Inaugurouse o 23 de xuño de 1997, despois de que a súa construcións se aprobase no ano 1992. O aeroporto atópase preto da ribeira do estreito de Taiwán no distrito de Changle, a uns 50 quilómetros ao leste do centro de Fuzhou.

No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 11 606 446 pasaxeiros, sendo o 26º aeroporto máis concorrido da China. Ademais, foi o 23º máis concorrido en termos de carga e o 28º en amovementos de avións.

Aeroporto de Jinan-Yaoqiang

O aeroporto internacional de Jinan-Yaoqiang (IATA: TNA, OACI: ZSJN) é un aeroporto chinés que serve á cidade de Jinan, a capital da privincia de Shandong. Está situado a uns 33 quilómetros ao nordés do centro da cidade, xusto ao norte de Yaoqiang, de onde o aeroporto colle parte do seu nome.

Aeroporto de Kunming-Changshui

O aeroporto internacional de Kunming-Changshui (IATA: KMG, OACI: ZPPP) é o principal aeroporto que serve a Kunming, a capital da provincia chinesa de Yunnan. Está situado a 24,5 quilómetros ao nordés do centro da cidade nunha área montañosa a 2 100 metros sobre o nivel do mar. Inaugurouse o día 28 de xuño de 2012, substituíndo ao vello aeroporto de Kunming-Wujiaba que será demolido. Como porta de entrada cara o sueste e sur de Asia, o aeroporto de Changshui é un centro de conexións para China Eastern Airlines, Kunming Airlines, Lucky Air, Sichuan Airlines e Ruili Airlines. No ano 2016 foi usado por un total de 41 980 339 pasaxeiros, sendo un dos 50 aeroportos máis concorridos do mundo e o 5º da China.

Aeroporto de Nanchang-Changbei

O aeroporto internacional de Nanchang-Changbei (IATA: KHN, OACI: ZSCN) é un aeroporto que serve a Nanchang, a capital da provincia chinesa de Jiangxi. Está situado a 28 quilómetros ao norte da cidade. A súa construción comezou en outubro de 1996 e comezou a operar o 10 de setembro de 1999. Substituíu ao aeroporto de Nanchang-Xiangtang, que era tanto de uso civil como militar. Ten unha única pista de 3 400 metros de lonxitude e unha terminal con seis portas de embarque. En 2010 comezaron unhas obras de ampliación coa construción dunha nova terminal, inaugurada o 22 de maio de 2011, e unha segunda pista de aterraxe.

Nanchang-Changbei opera principalmente voos cara aeroportos chineses do continente e Hong Kong. Porén, en febreiro de 2004 comezou a operar voos internacionais, principalmente cara Corea do Sur.

Aeroporto de Nanning-Wuxu

O aeroporto de Nanning-Wuxu (IATA: NNG, OACI: ZGNN) é un aeroporto que serve a Nanning, a capital da rexión autónoma de Guangxi, en China. Está situado a 32 quilómetros ao suroeste do centro da cidade. Foi construído no ano 1962 e en 1990 pasou por diversas melloras. A terminal 2, cunha superficie de 189 000 m2, inaugurouse o 25 de setembro de 2014. Está deseñada para manexar 16 millóns de pasaxeiros anualmente. No ano 2002 o aeroporto acadou a cifra de 1 millóns de pasaxeiros, chegando aos 2 millóns anuais en 2006. En 2016 11 558 000. pasaxeiros utilizaron as súas instalacións.

Aeroporto de Sanya-Phoenix

O aeroporto internacional de Sanya-Phoenix (IATA: SYX, OACI: ZJSY) é un aeroporto que serve á cidade de Sanya en Hainan, a provincia máis meridional de China. Está situado a uns 15 quilómetros ao noroeste do centro da cidade. No ano 2015 foi usado por 16 191 930 pasaxeiros, converténdoo no 18º aeroporto máis concorrido do país en termos de pasaxe.

Aeroporto de Shanghai-Hongqiao

O aeroporto de Shanghai-Hongqiao (IATA: SHA, OACI: ZSSS) é un dos dous aeroporto internacionais de Shanghai e un importante centro de conexións por aire de China. O aeroporto de Hongqiao opera principalmente voos domésticos e rexionais, con voos internacionais limitados. Está situado preto da cidade de Hongqiao no distrito de Changning, a 13 quilómetros ao leste do centro de Shanghai, máis preto á cidade que o aeroporto de Shanghai-Pudong.

Hongqiao é un centro de conexións para China Eastern Airlines, Shanghai Airlines, Juneyao Airlines e Spring Airlines. No ano 2016 usaron as súas instalacións un total de 40 460 135 pasaxeiros, sendo o 7º aeroporto máis concorrido da China e o 45º do mundo.

Aeroporto de Shenyang-Taoxian

O aeroporto internacional de Shenyang-Taoxian (IATA: SHE, OACI: ZYTX) é un aeroporto chinés que serve á cidade de Shenyang, capital da provincia de Liaoning no nordés do país. Está situado a uns 20 quilómetros ao sur do centro da cidade e é unha cidade focal para China Southern Airlines.

Aeroporto de Wuhan-Tianhe

O aeroporto internacional de Wuhan-Tianhe (IATA: WUH, OACI: ZHHH) é un aeroporto que serve a Wuhan, a capital da provincia chinesa de Hubei. Foi inaugurado o 15 de abril de 1995 substituíndo aos vellos aeroportos de Hankou-Wangjiadun e Nanhu como principais aeroportos de Wuhan. Está situado no distrito de Huangpi, a uns 26 quilómetros ao norte do centro de Wuhan. É o aeroporto máis concorrido do centro da CHina, atopándose xeograficamente situado no centro da rede doméstica do país. É unha cidade focal para Air China, China Eastern Airlines e China Southern Airlines. O aeroporto ten voos cara destinos internacionais como Bangkok, Moscova, Osaca, París, Seúl e Singapur.

No ano 2017 o aeroporto foi utilizado por 23 129 400 pasaxeiros, sendo o 14º máis concorrido do país en número de pasaxeiros. O nome Tianhe (天河) pode traducirse literalmente como "río do ceo"; é tamén un dos nome para a Vía Láctea na antiga China.Dende o 1 de maio de 2015, pasaxeiros de países como os da Unión Europea, Xapón, Corea do Sur, Rusia e Estados Unidos, cando viaxan a un terceiro país, poden entrar en China dende este aeroporto sen unha visa chinesa ata 72 horas.

Aeroporto de Xi'an-Xianyang

O aeroporto internacional de Xi'an-Xianyang (IATA: XIY, OACI: ZLXY) é o principal aeroporto que serve a Xi'an, a capital da provincia chinesa de Shaanxi, ademais de a toda a área de Guanzhong. É o aeroporto máis grande do noroeste de China e o segundo máis grande do norte do país. Foi o centro de conexións para China Northwest Airlines ata que a aeroliña se fusionou con China Eastern Airlines en 2002. A aeroporto de Xi'an tamén é centro de conexións para Joy Air e unha cidade focal para Hainan Airlines.

Aeroporto de Xiamen-Gaoqi

O aeroporto internacional de Xiamen-Gaoqi (IATA: XMN, OACI: ZSAM) é un aeroporto que serve á cidade chinesa de Xiamen, na provincia de Fujian. É a base principal de XiamenAir e TAECO, unha compañía de mantemento de avións. O aeroporto está situado na cara norte da illa de Xiamen. En outubro de 2011 iniciouse a construción dunha nova terminal, a terminal 4, que foi completada no ano 2014. No ano 2017 foi o 12º aeroporto máis concorrido da China en termos de pasaxe, con 24 485 239 pasaxeiros.

Aeroporto internacional de Incheon

O aeroporto internacional de Incheon (IATA: ICN, OACI: RKSI), tamén coñecido como aeroporto internacional de Seúl-Incheon, é o aeroporto máis grande de Corea do Sur e un dos máis concorridos do mundo. Dende o ano 2005 vén sendo considerado o mellor aeroporto do mundo por Airports Council International. Tamén foi elixido o aeroporto máis limpo e o que ten o mellor tránsito internacional do mundo por Skytrax.O aeroporto ten campo de golf, spa, habitacións de descanso privadas, unha pista de patinaxe sobre xeo, un casino, xardíns interiores e un museo sobre a cultura coreana. As autoridades do aeroporto afirman que de media as chegadas e saídas duran 19 e 12 minutos, respectivamente, en comparación coa media mundial de 60 e 45 minutos, converténdoo nun dos aeroportos máis rápidos do mundo á hora de operar.O aeroporto inaugurouse o 29 de marzo de 2001 para substituír ao antigo aeroporto internacional de Gimpo que a día de hoxe opera principalmente voos domésticos e voos de enlace ás principais cidades da zona, como Toquio, Osaca, Pequín, Shanghai e Taipei.

Está situado ao oeste do centro de Incheon, nunha área creada artificialmente entre as illas de Yeongjong e Yongyu. As dúas illas estaba orixinalmente separadas por mar pouco profundo.

Aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan

O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan (IATA: TPE, ICAO: RCTP) é un aeroporto internacional que serve á capital de Taiwán, Taipei, e á zona norte da illa. Situado a uns 40 km ao leste de Taipei, no distrito Dayuan, é o aeroporto máis grande de Taiwán. É un dos cinco do país con voos internacionais regulares, e é de lonxe o máis concorrido deles. Nel están os principais centros de conexión internacionis de China Airlines e EVA Air.

O aeroporto abríu para operacións comerciais en 1979 e é un importante centro de conexión de pasaxeiros e punto de entrada a destinos asiáticos da rexión. O eroporto foi antigamente coñecido como Aeroporto Internacional Chiang Kai-shek ata que o nome foi cambiado o día 6 de setembro de 2006 para o actual.O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan é un dos dous aeroportos que serven a Taipei e ao norte de Taiwán; o outro, o aeroporto de Taipei Songshan, está situado dentro dos límites da cidade de Taipei e funcionou como aeroporto internacional da cidade ata 1979. No presente dende Songshan só hai principalmente voos chárter, moitos dos cales son cara e dende China, voos domésticos, e algúns voos internacionais cara distintos lugares de China, Seúl e Toquio.

En 2016 por Taiwán Taoyuan pasaron 38,6 millóns de pasaxeiros e 1 900 millóns de quilos de carga. ion passengers and 1.9 billion kg of freight. O aeroporto é o 11º máis concorrido do mundo en termos de pasaxeiros internacionais, e o 6º en termos de tráfico de mercadorías en 2015.

Mar Amarelo

O mar Amarelo ou Mar Occidental é a parte norte do mar da China, que á súa vez é un mar menor do océano Pacífico. Atópase entre a China continental e a península de Corea. O seu nome provén das partículas de area que lle dan esa cor característica e que chegan do río Amarelo.

A baía máis interior do mar Amarelo recibe o nome de mar de Bohai (antes coñecido coma baía de Pechihli ou baía de Chihli). Aquí desembocan o río Amarelo (a través da provincia de Xandón e a súa capital Jinan) e o Hai He (a través de Beixín e Tianxín).

A baía de Liaodón, entre a provincia chinesa de Liaonín e o noroeste de Corea do Norte tamén fai parte do mar Amarelo. O mar de Bohai e a baía de Liaodón están separados pola península de Liaodón, con Dalian no seu punto máis ó sur.

Shandong

Shandong é unha provincia costeira da República Popular da China, situada no leste do país, ó sur do río Amarelo, e bañada polas augas do mar Amarelo. O seu nome significa literalmente leste das montañas, pola presenza das montañas Taihang no oeste da provincia.

Trátase da provincia chinesa máis poboada, con máis de 95 millóns de habitantes. A parte da capital Jinan, outras cidades da provincia millonarias en habitantes son Qingdao e Zibo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.