Jesús Vázquez Almuíña

Jesús Vázquez Almuíña, chamado Sito, nado en Baiona en 1962, é un médico e político galego, Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia dende outubro do 2015. Foi alcalde de Baiona entre 2004 e o 2015.

Jesús Vázquez Almuíña
Jesús Vázquez Almuíña

Jesús Vázquez Almuíña na XXI Feira do Viño do Rosal

2004 – 2015
Precedido por Luis Carlos de la Peña
Sucedido por Ángel Rodal Almuíña

Conselleiro de Sanidade
Actualmente no cargo
Dende o 2015
Precedido por Rocío Mosquera

Datos persoais
Nacemento 1962
Baiona

Traxectoria

Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como médico dende o comezo da súa carreira profesional no policlínico de Povisa, en Vigo. Entre 1994 e 1996 accedeu a unha praza en Segovia, pero en 1997 volveu a Vigo e en 1998 pasou a traballar no Hospital Meixoeiro de Vigo. En 2001 foi nomeado director-xerente dese hospital e en 2003 pasou a ser director provincial do SERGAS en Pontevedra.

Cabeza de lista polo Partido Popular de Galicia nas municipais de 2003 en Baiona, o seu partido sofre un revés ao baixar dous concelleiros e perder a alcaldía. Porén, en novembro de 2004, e grazas ao apoio de Coalición Miñorana e dos Veciños Independentes de Baiona, accede á alcaldía mediante unha moción de censura[1]. En 2007 revalida a vitoria electoral, aumenta tres concelleiros, e chega a pacto coa Coalición Miñorana para manterse na alcaldía. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, agora con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta.[2]

Ademais, dende xuño de 2003 é deputado na Deputación de Pontevedra.

En outubro de 2015 foi nomeado Conselleiro de Sanidade,[3] e o seu curmán, Ángel Roldal Almuíña tomou o relevo na alcaldía de Baiona.[4]. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2016. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputado no Parlamento de Galicia[5].

Predecesor:
Luis Carlos de la Peña
 Coat of Arms of Baiona (Official).svg
Alcalde de Baiona
 
2004 - 2015
Sucesor:
Ángel Rodal Almuíña
Predecesor:
Rocío Mosquera
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Sanidade
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas

  1. "El popular Vázquez Almuiña, nuevo alcalde de Baiona al prosperar la moción de censura contra el socialista De la Peña". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2005. Consultado o 11 de decembro de 2011.
  2. Almuiña asume su cuarto mandato con el objetivo de luchar contra el paro
  3. Núñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno
  4. «Confiad en mí para llegar a puerto como hace 522 años lo hizo Pinzón»
  5. AMP.- Renuncian á súa acta de deputado os conselleiros de Facenda, Infraestruturas, Cultura, Sanidade e Medio Rural

Véxase tamén

Outros artigos

Carlos de la Peña

Luis Carlos de la Peña Arizaga, nado en Éibar (Guipúscoa) en 1958, é un economista e político galego. Diplomado en ciencias empresariais pola ETEO (na actualidade Universidade de Mondragón), ampliou estudios na facultade de Ciencias Económicas de Santiago de Compostela. É especialista en Economía Urbana pola Universitat Oberta de Catalunya-UOC e experto en Compliance Penal.Ten estudios de Dereito e de Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas pola UNED.[Cómpre referencia]Foi alcalde de Baiona (Pontevedra) entre en 2003 e 2004 e ostentou os cargos de Delegado Autonómico en Galicia da empresa pública Tragsa e Director Xeral de Adif. Na actualidade traballa como consultor de empresas e das administracións públicas en cumprimento normativo e aplicación de códigos éticos.

Caso da hepatite C en Galicia

O caso da hepatite C en Galicia foi un procedemento xudicial aberto polo xulgado de instrución número 3 de Santiago de Compostela contra o Servizo Galego de Saúde e dous cargos sanitarios do goberno de Alberto Núñez Feijóo, os cales foron imputados por prevaricación e homicidio imprudente pola negativa a receitar o fármaco Sofosbuvir (cuxos nomes comerciais son Sovaldi e Virunon) a doentes con hepatite C en estado avanzado. Os directivos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), terían atrasado ou denegado deliberadamente, e por razóns orzamentarias, a concesión da receita deste novo fármaco para a hepatite C, moito máis eficaz e o indicado nas últimas guías clínicas para o tratamento desta doenza, pero cun custo económico substancialmente maior. Algúns dos doentes afectados por este caso faleceron durante o tempo de espera á concesión da receita. O xefe da Unidade de Trasplantes do Hospital de Santiago, Evaristo Varo Pérez, vinculou o atraso das prescricións a, a lo menos, a morte de tres pacientes.O procedemento xudicial aberto pola fiscalía contra o SERGAS foi o primeiro destas características no Estado Español, e estivo xestionado polo Xulgado de Intrución número 3 de Santiago de Compostela a cargo do maxistrado Andrés Lago Louro, o mesmo xuíz que levou o caso do accidente de Angrois.

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellería de Sanidade

A Consellería de Sanidade é unha das consellarías da Xunta de Galicia. Dela depende o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), entidade que administra a rede de centros públicos sanitarios de Galicia. O seu titular actual é Jesús Vázquez Almuíña.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

Eleccións municipais de 2007 en Galicia

As eleccións municipais de 2007 celebráronse o 27 de maio en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Datos totais de Galicia

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Horacio Gil

Horacio Gil Expósito é un político galego do PPdeG, deputado na Deputación de Pontevedra e alcalde de Arbo.

Jesús Vázquez

O nome de Jesús Vázquez pode referirse a:

Jesús Vázquez Gayoso, avogado e político galego (1909-1970).

Jesús Vázquez Pérez, político galego (1919-2008).

Jesús Vázquez Pardo, escultor galego, máis coñecido como Xuxo Vázquez (n. 1948).

Jesús Vázquez Almuíña, político galego (n. 1962).

Jesús Vázquez Martínez, modelo e presentador galego (n. 1965).

Antonio Jesús Vázquez Muñoz, futbolista español (n. 1980).

Pedro Miranda Suárez de Puga

Pedro Miranda Suárez de Puga, nado en Aragón e finado en Baiona o 11 de novembro de 1928, foi un militar e político galego. Foi alcalde de Baiona en 1915 tras o Motín da Fariña, e entre 1926 e 1927.

Povisa

A clínica Povisa (acrónimo de Policlínico de Vigo) é un centro médico concertado no centro urbano de Vigo. Atende pacientes do sur da provincia de Pontevedra. Como centro privado que é, non pertence ó Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, senón que é propiedade do grupo Nosa Terra de Xosé Silveira, que o adquiriu en 1997. Con todo, alberga tamén unha área de docencia para a Escola Universitaria de Enfermaría da Universidade de Vigo. Está provisto, xunto co Centro Oncolóxico de Galicia da Coruña e o Hospital Policlínico Universitario da USC, de dotación radioterápica.

O hospital está ben instalado na memoria colectiva dos vigueses: estivo nos comezos de profesionais como Jesús Vázquez Almuíña ou Emilio Rolán, así como nos derradeiros momentos de persoeiros da vida viguesa, entre os cales o coñecido futbolista vigués Joaquín Fernández Santomé "Quinocho" ou o arquitecto Xosé Henrique Rodríguez Peña.

Rocío Mosquera

Rocío Mosquera Álvarez, nada en Gomesende en 1956, é unha médica e política galega do PPdeG.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Ángel Rodal

Ángel Rodal Almuíña, nado en Baiona o 6 de maio de 1967, é un terapeuta e político galego do Partido Popular de Galicia, alcalde de Baiona dende outubro do 2015.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.