Jenaro Marinhas del Valle

Jenaro Marinhas del Valle, nado na Coruña o 25 de novembro de 1908 e finado na Coruña o 23 de decembro[1] de 1999, foi un novelista, poeta, ensaísta e dramaturgo galego.

Jenaro Marinhas del Valle
Nacemento25 de novembro de 1908
 A Coruña
Falecemento23 de decembro de 1999
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e poeta
PaiJenaro Mariñas González

Traxectoria

Fillo de Jenaro Mariñas González. Sendo novo entrou en contacto coa intelectualidade galeguista da Coruña por mediación do seu pai, que estaba relacionado cos integrantes da Cova Céltica (Eladio Rodríguez González, Francisco Tettamancy, Carré Aldao, Lugrís Freire...). Após finalizar os seus estudos de bacharelato, trasladouse a Santiago de Compostela, en cuxa universidade cursou estudos de Filosofía e Letras. Porén, non acabou a carreira, e matriculouse en Empresariais. Dedicado xa a actividades mercantís, Marinhas del Valle frecuentou as Irmandades da Fala, fundadas na súa cidade natal, A Coruña, en 1933. Alí fundou a Mocedade Galeguista da Coruña, organización que colaborou, xunto ao Partido Galeguista ao que pertencía, na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de 1936. Tamén fundou o semanario La Draga.

Durante a preguerra compartiu parladoiros e debates con outros destacados intelectuais galeguistas, como Ramón Otero Pedrayo ou Castelao. Pola mesma época escribiu a súa primeira peza de teatro, que lle entregou a Víctor Casas para que a publicase Ánxel Casal. Porén, Casal foi asasinado polos falanxistas, co que o orixinal se perdeu e nunca chegou a ser editado.

Xa na posguerra, Marinhas del Valle viaxou por toda Europa, pero non perdeu o contacto co galeguismo da época. De feito, froito dos seus contactos na clandestinidade con diferentes galeguistas (entre eles Francisco Fernández del Riego) é que se chegou á creación da editorial Galaxia e da revista Grial, onde publicou as súas primeiras obras literarias.

Durante todo o franquismo e até os primeiros anos da transición española, o escritor coruñés ocupou un lugar destacado no panorama intelectual e literario de Galiza. En 1978, a proposta de Rafael Dieste, Leandro Carré Alvarellos e Francisco Vales Villamarín, Marinhas del Valhe ingresou na Real Academia Galega co discurso "Importancia do público na revelación teatral". Porén, por mor da súa defensa da unidade lingüística galego-portuguesa, viuse cada vez máis desprazado á periferia do sistema. Esta situación fíxose especialmente notoria após o falecemento de Ricardo Carballo Calero, e logo de Marinhas del Valle renunciar en 1990 ao seu posto na RAG.[2]

Xa nos últimos anos da súa vida, Marinhas del Valle foi nomeado membro de honra da Associaçom Galega da Língua (AGAL), pero tamén recibiu homenaxes por parte doutros colectivos (como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Agrupación Cultural O Facho ou a Fundación Alexandre Bóveda) debido ao seu labor en favor do nacionalismo e pola defensa da lingua galega no ensino.

En 1999, aos 91 anos, o intelectual galeguista faleceu na súa cidade natal. A revista Agália, no seu número 60, publicou de forma póstuma a narración A Tía Solinha; ao mesmo tempo que a revista Enclave publicaba no seu número 6 a peza teatral breve Pai Desconhecido.

Obras

Teatro

Ensaio

Narrativa

Poesía

Artigos e estudos

  • A Serpe, Galaxia (Vigo, 1952).
  • Monifates, en Grial, n.º 4. (1964).
  • A festa do Cheneque e outras historias, en Grial. (1967).
  • Pequena farsa dos amores desencontrados, en Grial, n.º 21 (1968).
  • Loucura e morte de Peregrino, en Grial, n.º 31 (1972).
  • O real em cena. Notas a esmo, en Agália, n.º 21 (1990).
  • Os alárvios, en Agália, n.º 23 (1990).
  • Lugrís, oratória e teatro, en Agália, n.º 23 (1990).
  • A língua do escritor, en Agália, n.º 25 (1991).
  • Teatro Interte, en Agália, n.º 49 (1997).

Obras colectivas

  • Johán V. Viqueira: uma utopia verificável, Instituto de Estudos Luso-Galaicos Ricardo Carvalho Calero. (A Coruña, 1994).

Premios

  • Premio Castelao de Teatro Galego no 1965, por A revolta e outras farsas.

Notas

  1. "O rescate de Jenaro Marinhas". El País (en castelán). 5-12-2008. Consultado o 25-11-2015.
  2. Membros da Academia RAG.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

1999

1999 foi Ano Santo Xacobeo.

23 de decembro

O 23 de decembro é o 357º día do ano do calendario gregoriano e o 358º nos anos bisestos. Quedan 8 días para finalizar o ano.

25 de novembro

O 25 de novembro é o 329º día do ano do calendario gregoriano e o 330º nos anos bisestos. Quedan 36 días para acabar o ano. Foi declarado pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller.

Associaçom Galega da Língua

A Associaçom Galega da Língua é un colectivo reintegracionista creado en 1981 que pretende a plena normalización do galego, que entende ser unha póla da lingua galego-portuguesa. Contraria á normativa da RAG, a súa Comissom Lingüística editou as súas propias normas en 1983 co título de Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

A AGAL busca e incorporación do galego ao ámbito lingüístico galego-luso-brasileiro. Considera que o galego é a denominación que o portugués ten en Galiza e asume que o nome internacional é portugués.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

El Tea

El Tea foi un periódico editado en Ponteareas entre 1908 e 1936.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Henrique Rabuñal

Henrique Manuel Rabuñal Corgo, nado en Pastoriza (Arteixo) o 6 de novembro de 1962, é un escritor e crítico literario galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jenaro Mariñas González

Jenaro Mariñas González, nado en Noia o 15 de outubro de 1868 e finado na Coruña o 2 de outubro de 1920, foi un escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

La Draga (1933)

La Draga foi un semanario editado na Coruña en 1933.

Lino Braxe

Lino Braxe Mandiá, nado en Mugardos o 18 de xuño de 1962, é un actor, director de teatro e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Mocedade Galeguista da Coruña

A Mocedade Galeguista da Coruña era a organización xuvenil da agrupación local do Partido Galeguista da Coruña, formouse o 3 de febreiro de 1932 e foi a primeira das mocidades galeguistas en se constituír. Integrouse na Federación de Mocedades Galeguistas cando se formou en 1934. O seu secretario xeral era Jenaro Marinhas del Valle.

A MG da Coruña traballou por establecer unha fronte con outras organizacións equivalentes da esquerda pero o Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas opúxose a calquera alianza con outras organizacións.

Premios de Teatro Castelao

Cando facemos referencia ao Premio Castelao debemos ter en conta a realización de dous certames diferentes, por unha parte o que tivo lugar en Galiza entre 1963 e 1966 e por outra parte o que se celebrou na Arxentina en 1975.

No ámbito galego, e tendo como antecedente o Certame de Teatro do Miño (celebrado en Lugo en 1960), xorden en 1963 os Premios de Teatro Castelao (tamén coñecidos como Concurso de Teatro Castelao), os cales se prolongarán até o ano 1966. A celebración deste acto é un dos acontecementos que marcan o inicio da renovación do teatro galego.

As obras gañadoras foron as seguintes:

Cando Morren os Farois (1963), de Ángel de la Peña.

A revolta (1965), de Jenaro Marinhas del Valle.

Un Hotel de Primeira sobre Río (1966), de Xohana Torres.O final dos Premios de Teatro Castelao produciuse como consecuencia do nacemento do teatro independente en Galicia, supoñendo este último feito (na opinión de autores como Laura Tato Fontaíña ou Manuel F. Vieites) o inicio dunha nova etapa do Teatro Galego.

Por outra banda, no ano 1975 o Instituto Argentino de Cultura Gallega (Bos Aires) convocou un certame literario que tamén se denominaría Premio Castelao polo 25 aniversario da morte do escritor Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.