Jean-de-Dieu Soult

Nicolas Jean de Dieu Soult, nado o 9 de marzo de 1769 en Saint-Amans-la-Bastide, (hoxe Saint-Amans-Soult, na provincia de Languedoc) e falecido no castelo de Soultberg o 26 de novembro de 1851, foi un aristócrata, militar e político francés.

Destacado combatente nas guerras napoleónicas, dirixiu as tropas francesas durante a guerra da independencia española.

Jean-de-Dieu Soult
Nicolas Jean de Dieu Soult
O mariscal Soult, 1856.
Nacemento29 de marzo de 1769
 Saint-Amans-Soult
Falecemento26 de novembro de 1851
 Saint-Amans-Soult
SoterradoSaint-Amans-Soult
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítico, militar e coleccionista de arte
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Marshal of the Empire, Commandeur of the Royal and Military Order of Saint Louis, Cabaleiro da orden do Espírito Santo, Cabaleiro da Orden de San Miguel, Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro e Nomes inscritos no Arco do Triunfo

Traxectoria

Primeiros anos

Entrou no exército en 1786 á idade de dezaseis anos e foi ascendido a segundo tenente en 1791 e a capitán dous anos despois. Participou en diversas accións de guerra durante a Convención, pero destacou especialmente na vitoria conseguida en Fleurus, a mediados de 1794, polo que foi nomeado xeneral. Demostrou as súas dotes como estratego militar nas campañas de Suíza e Italia entre 1799 e 1800, nas que estivo ás ordes do xeneral André Masséna. Napoleón deulle o mando militar do Piemonte e posteriormente dirixiu a Garda consular. Ascendeu a mariscal en 1804, un día antes da proclamación de Napoleón como emperador. En 1805 contribuíu decisivamente na vitoria napoleónica na Batalla de Austerlitz. Tamén estivo presente na guerra contra Rusia e Prusia dende 1806 até 1817. Foi gobernador da vella Prusia e recibiu o título de duque de Dalmacia.

En España

A finais de 1807, foi enviado a España, tomou Burgos e A Coruña (na Batalla de Elviña) pero foi derrotado na campaña de Portugal por Wellington. A mediados de 1809, o emperador nomeouno xeneral maior das forzas francesas en España, pouco despois obtivo unha decisiva vitoria na Batalla de Ocaña. Durante 1810 foi xeneral en xefe do exército de Andalucía. A principios do ano seguinte invadiu Estremadura e ocupou Badaxoz, pero foi derrotado no enfrontamento da Albuera coas tropas anglo-españolas

En 1812 tivo serios enfrontamentos con Xosé I, polo que Napoleón cambiouno de fronte, e durante uns meses loitou no Rin. En 1813, cando as forzas imperiais comezaron a fraquear en España, foi posto novamente á fronte das tropas da península, fracasando no seu intento de recuperar as prazas de Pamplona e Donostia, e ao ano seguinte de novo foi derrotado polas forzas de Wellington en Orthez e Tolosa, cando tentaba que o exército británico non entrara en territorio francés.

Nas Restauracións borbónicas

Soult2
Nicolas Jean de Dieu Soult,
Duque de Dalmacia, e mariscal de Francia con Napoleón
ministro con Luís XVIII e Luís Filipe de Orleáns.

Durante a primeira Restauración, na que Luís XVIII ocupou por primeira vez o trono francés (1814-1815), Soult foi nomeado ministro da guerra.

Porén, aceptou ser xefe do Estado Maior de Napoleón durante o tempo que transcorreu dende a fuxida deste da illa de Elba ata a súa derrota definitiva na batalla de Waterloo no ano 1815.

Por este episodio foi desterrado de Francia dende 1816 ata 1819, ano no que foi chamado por Luís XVIII, que lle devolveu o grao de mariscal ao ano seguinte.

Foi un dos primeiros militares franceses que deu o seu apoio a Luís Filipe I de Orleáns. Desempeñou diversos cargos políticos durante este reinado (ministro da guerra entre 1830 e 1834, e de 1840 a 1844), mentres que a carteira de Asuntos Exteriores estivo nas súas mans entre 1839 e 1840.

Retirouse da política en 1847, cerca xa dos oitenta anos e faleceu en 1851.

Curiosidade

Despois de guerra da independencia moitos galegos bautizaron aos seus cans co nome de soult, e tamén co de ney, en recordo destes dous xenerais, Soult e Ney, costume que, nalgunha medida, pervive até os nosos días.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Yvert Benoît, dir. (2007): Premiers ministres et présidents du Conseil. Histoire et dictionnaire raisonné des chefs du gouvernement en France (1815-2007). Paris: Perrin. ISBN 2-2620-2687-5.
  • Nicole Gotteri| (1991): Soult, maréchal d'Empire et homme d'Etat. La Manufacture de Livres. ISBN 2-7377-0285-2.
  • Frédéric Hulot (2003): Le Maréchal Soult. Paris: Pygmalion.ISBN 2-85704-881-5

Outros artigos

Ligazóns externas

9 de marzo

O 9 de marzo é o 68º día do ano do calendario gregoriano e o 69º nos anos bisestos. Quedan 297 días para finalizar o ano.

Batalla de Elviña

A batalla de Elviña, tamén coñecida como batalla da Coruña, foi un acontecemento bélico que tivo lugar o día 16 de xaneiro de 1809 no alfoz da cidade da Coruña, enfrontando a un corpo de exército francés baixo o mando do mariscal Jean-de-Dieu Soult contra tropas británicas mandadas polo tenente xeneral John Moore. A batalla tivo lugar como parte da guerra da Independencia española en Galicia, dentro das guerras napoleónicas. Foi o resultado dunha campaña francesa liderada por Napoleón, na que derrotou as forzas españolas e provocou a retirada do exército inglés cara á costa tras un intento sen éxito por parte de Moore de atacar ó exército de Soult e reter ás súas tropas.

Perseguidos polos franceses baixo o mando de Soult, os británicos retiráronse a través do norte de España mentres que a súa retagarda repeleu varios ataques franceses. Ámbolos dous exércitos sufriron en gran medida por mor das duras condicións invernais. Gran parte do exército británico sufriu unha perda de orde e disciplina durante esta retirada, e cando os británicos chegaron ó porto da Coruña cuns poucos días de vantaxe sobre os franceses os seus barcos de transporte aínda non chegaran. A frota arribou un par de días despois, e mentres os británicos estaban embarcando o exército francés marchou cara á cidade e obrigou ós británicos a loitar nunha batalla antes de partir cara a Inglaterra.

Na acción resultante os británicos rexeitaron o asalto francés e completaron o embarque, salvando ó seu exército da destrución pero deixando as cidades da Coruña, Ferrol e o norte de España libres para a súa captura e ocupación por parte de Francia. Durante a batalla o comandante británico John Moore recibiu unha ferida mortal, falecendo despois de saber que o seu exército conseguira retirarse con éxito tras rexeitar tódolos ataques franceses.

Batalla de Ocaña

Durante a guerra da Independencia española, a batalla de Ocaña librouse o 19 de novembro de 1809, cerca desa vila toledana, finalizando coa vitoria dos franceses mandados polo mariscal Jean-de-Dieu Soult, sobre os españois do xeneral Juan de Arizagua. Ao longo de todo o conflito, esta foi a maior derrota do exército español, que perdeu cerca de 19 000 homes, entre mortos, feridos, prisioneiros, contando mesmo os desertores, sobre un total de 51 000 homes. Tal resultado debeuse principalmente á brillante utilización da cabalaría francesa.

William Napier escribiu: "os españois chegaron ao trote, e Sebastiani deu instrucións a Paris, de arrodear e logo caer sobre o flanco dereito dos escuadróns, aproximándose cun rexemento de cabalaría lixeira e mais os lanceiros polacos, o que foi executado con gran forza, en particular polos polacos, o que provocou unha confusión considerable, tentando o xeneral español remedialo reagrupándose cara o flanco atacado".

As consecuencias estratéxicas desa derrota foron devastadoras, pois destruíuse a única forza capaz de defender o Sur de España. Así, esta rexión sería invadida ao longo do inverno, durante a denominada campaña de Andalucía.

Guerra da Independencia española

A guerra da Independencia española, tamén coñecida coma Francesada, guerra do francés ou guerra contra o francés, foi o conflito armado que, entre 1808 e 1814 sacudiu a Península Ibérica como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España co pretexto de invadir Portugal. O Levantamento do 2 de maio contra os invasores foi espontáneo e popular e iniciouse o 2 de maio de 1808, cando o alcalde de Móstoles, Andrés Torrejón, redacta un bando no que insta á poboación a levantarse en armas para socorrer o rei Fernando VII, que estaba retido por Napoleón Bonaparte. Esta guerra está dentro do contexto de guerras napoleónicas.

Inmaculada de Soult

A Inmaculada de Soult é o nome con que se coñece un cadro, que se exhibe no Museo do Prado, en Madrid, do pintor andaluz do Barroco, Bartolomé Esteban Murillo (1618-1682), que representa o tema iconográfico da ascensión de María, que foi coñecido en España como a "Inmaculada Concepción".

Primeiro ministro de Francia

O primeiro ministro de Francia é o xefe de goberno da Quinta República. Esta función sucede á de presidente do Consello.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Restauración
Reinado de Luís Filipe I
Segunda República
Segundo Imperio
Goberno provisional
Terceira República
Francia de Vichy
Goberno provisional
Cuarta República
Quinta República

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.