Jean-Jacques Rousseau

Jean-Jacques Rousseau, nado en Xenebra (Suíza) o 28 de xuño de 1712 e finado en Ermenonville o 2 de xullo de 1778, foi un filósofo suízo, escritor, teórico político e un compositor autodidacta. Unha das figuras sobranceiras do Iluminismo francés, Rousseau é tamén un precursor do romanticismo. Rousseau cóntase entre os autores que mitificaron un pasado fraternal e feliz de todos os Homes, fronte a un presente desordenado e desigual do século XVIII. Voltaire criticou a Rousseau afirmando que: "ninguén colocou algunha vez tanto enxeño en nos querer converter en animais" do que el. Ler a Rousseau fai nacer "o desexo de camiñar a catro patas".

Rousseau asóciase frecuentemente ás ideas anticapitalistas e considérase un antecesor de socialismo e comunismo. Foi un dos primeiros autores modernos en atacar a propiedade privada. Victor Klemperer, ao estudar o Iluminismo francés en xeral e Rousseau en particular, viu en Adolf Hitler a concretización suprema dos ideais defendidos polo filósofo do século XVIII. Rousseau cuestionou a afirmación de que a maioría está sempre no certo e argumentou que o obxectivo do goberno debería ser asegurar a liberdade, igualdade e xustiza para todos, independentemente da vontade da maioría.

Jean-Jacques Rousseau
Jean-Jacques Rousseau (painted portrait)
Europa Occidental - Século XVIII
Nacemento28 de xuño de 1712
Xenebra, Flag of Switzerland.svg Suíza
Morte2 de xullo de 1778
(66 anos)
Ermenonville Francia Francia
FilosofíaIlustración, Romanticismo
Intereses principaisFilosofía, Política, Música
Ideas salientablesO contrato social
InfluenciasAristóteles, Cicerón, Maquiavelo, Baruch Spinoza, Michel de Montaigne, Hugo Grocio, Samuel von Pufendorf, Thomas Hobbes, John Locke, Jean Barbeyrac, Jean-Jacques Burlamaqui, Denis Diderot
Influente enImmanuel Kant, Revolución francesa, Robespierre, Goethe, Romanticismo, Paine, Auguste Comte, Simón Bolívar, Alexis de Tocqueville, Hegel, François Guizot, Johann Gottlieb Fichte, Karl Marx, Engels, Paul de Man, Nietzsche, Mary Shelley, Benedetto Croce, Émile Durkheim, Mustafa Kemal Atatürk, Derrida.
Jean-jacques-rousseau

Traxectoria

Nado en Xenebra nunha familia protestante. A súa nai morreu á súa nacenza e o pai entregouno con 10 anos de idade aos coidados do seu tío, que á súa vez o entregou a un padre, co cal Rousseau viviu unha infancia infeliz. Despois de breve período de vagabundaxe, acabou por entrar nun hospicio en Turín. Despois de tentativas frustradas de acollemento nun seminario, atravesou en 1730 a Suíza e Francia ata que en 1742 asentou en París, onde coñeceu a Denis Diderot, algúns anos máis tarde. A través deste coñecemento, Rousseau tornouse un dos moitos colaboradores da Encyclopédie. Escribiu algúns artigos sobre música, a súa gran paixón.

Coa publicación da súa obra Emilio ou Da educación (1762) entrou en conflito coas autoridades, razón pola cal fuxiu para Inglaterra en 1766, invitado por David Hume. En 1767 regresou a Francia cun nome falso, e casou un ano despois coa súa amada de longa data, Thérèse Levasseur. Faleceu en Ermenonville (40 km a nordeste de París) en 1778.

A tumba de Rousseau trasladouse ao Panthéon en París en 1794, 16 anos anos despois da súa morte. A tumba foi deseñada como un templo rústico, por asociación coas súas teorías da natureza.

O contrato social

Talvez a súa obra máis importante, O contrato social delinea a base dunha orde política lexítima. Publicado en 1762 e condenado polo parlamento de París cando apareceu, tornouse unha das obras máis influentes do pensamento político da tradición occidental. Elaborado con base na súa obra anterior, especialmente os Discursos sobre a desigualdade, Rousseau expón aquí o estado da natureza dexenerado nunha condición embrutecida sen lei nin moralidade, a un punto en que a humanidade deberá optar por reunir as súas forzas pois non pode crealas, mais direcionalas a fin de que se preserven a igualdade e a liberdade. A pesar de se parecer ao estado de natureza de Hobbes, ese estado dexenerativo, o cal describe Rousseau, é unha suposición usada como argumento retórico da súa obra e sen fundamento histórico.

De acordo con Rousseau, ao asociarse a través dun contrato social, os individuos asociados alienan os seus dereitos ao recentemente formado corpo político. Esa total alienación é vantaxosa, posto que se forma aquí un novo corpo, indivisible e con vontade propia, así calquera dano ao corpo será un dano a todos, e calquera vantaxe ao corpo será unha vantaxe a todos, logo ninguén desexará prexudicar aos demais. A fin de preservárense, os individuos asociados deberán obedecer a este corpo, o que non afronta á liberdade, mais substituía da natural pola convencional que será cumprir as leis que son as vontades dun pobo estabelecidas para el mesmo, logo obedecendo ao corpo, obedecese a si mesmo. Isto porque a submisión á autoridade da vontade xeral da poboación como un todo protexe os individuos da subordinación ás vontades doutros pola forza e asegura que estes lle obedezan pois eles son, colectivamente, os autores da lei.

Encanto Rousseau argumenta que a soberanía debería estar nas mans do pobo, el tamén fai unha distinción clara entre soberano, goberno e estado. Este goberno é criado nun aparente impase: Tense o pobo. O soberano tanto canto o estado son aspectos dese mesmo pobo, a diferenza é que nun aspecto o pobo é activo, señor de vontades que deberán ser cumpridas por el mesmo, que neste aspecto é o estado, o pobo encanto súbditos, cumpridores da vontade xeral. Mais como entón facerse obedecer? E a resposta é o goberno. Este, tamén pobo, é o orgón encargado de executar as leis. Temos entón unha relación estreita entre soberano, goberno e estado. O soberano determina a súa vontade ao goberno que a fará cumprir polos súbditos.

Rousseau oponse ferozmente á idea de que as persoas deban exercer a soberanía a través dunha asemblea representativa, a soberanía é inalienable e indivisible. E como é da vontade xeral que se fan as leis, cabe soamente ao consenso determinar cales serán estas. Mais, lonxe de defender unha infalibilidade da vontade xeral, Rousseau argumenta polo traballo dos lexisladores dicindo que a pesar de sempre querer o seu ben, o pobo non sempre o atopa. Cabería entón a unha alma sabia, coñecedora da natureza dos homes (Rousseau os metaforiza como deuses) positivar esas leis.

Obra

  • Projet concernant de nouveaux signes pour la musique (1742)
  • Dissertation sur la musique moderne (1743)
  • Discours sur les sciences et les arts (1750)
  • Discours sur la vertu du héros (1751)
  • Le Devin du village (1752)
  • Narcisse ou l’Amant de lui-même (1752)
  • Discours sur l'origine et les fondements de l'inégalité parmi les hommes (1755)
  • Examen de deux principes avancés par M. Rameau (1756)
  • Jugement du Projet de paix perpétuelle de Monsieur l'Abbé de Saint-Pierre (1755)
  • Lettres morales (1757-1758; publicado en 1888)
  • Lettre sur la providence (1758)
  • J.-J. Rousseau, Citoyen de Genève, Lettre à M. d'Alembert sur les spectacles (1758)
  • Julie ou la Nouvelle Héloïse (1761)
  • Emilio ou Da educación, inclúe La profession de foi du vicaire savoyard (1762)
  • Du contrat social (1762)
  • Lettres écrites de la montagne (1764)
  • Lettres sur la législation de la Corse (1764)
  • Considérations sur le gouvernement de Pologne (1771)
  • Pygmalion (1771)
  • Essai sur l'origine des langues (1781)
  • Projet de constitution pour la Corse (1765)
  • Dictionnaire de musique (1767)
  • Les Confessions (1765-1770)
  • Dialogues, Rousseau juge de Jean-Jacques (1777)
  • Les Rêveries du promeneur solitaire (1778)
  • Émile et Sophie, ou les Solitaires (1781; continuación de Émile)

Véxase tamén

Outros artigos

28 de xuño

O 28 de xuño é o 179º día do ano do calendario gregoriano e o 180º nos anos bisestos. Quedan 186 días para finalizar o ano.

2 de xullo

O 2 de xullo é o 183º día do ano do calendario gregoriano e o 184º nos anos bisestos. Quedan 182 días para finalizar o ano.

Ben común

O ben común é un concepto que, en xeral, pode ser entendido como aquilo que pode ser compartido e beneficioso para todos ou a maior parte dos membros dunha comunidade humana ou, dito doutro xeito, aquilo que se consegue grazas aos movementos cidadáns, a acción colectiva e e participación activa nos ámbitos da política e os servizos públicos. A súa interpretación é diferente dependendo da doutrina filosófica que o aplique.

Xa na antiga Grecia filósofos como Platón e Aristóteles analizaron o concepto. O segundo entendíao como aquilo que é da comunidade e accesible só para esta, compartido individualmente polos seus membros. Ao longo da historia este concepto foise desenvolvendo grazas ás reflexións de diversos políticos, teóricos, filósofos e economistas, entre os que destacan Tomé de Aquino, Nicolás Maquiavelo, John Locke, Jean-Jacques Rousseau, James Madison, Adam Smith, Karl Marx, John Stuart Mill e John Rawls.

En teoría económica contemporánea considérase que un ben común é un recurso compartido non excluínte mentres que o ben común está máis relacionado coa economía do benestar. Este benestar pode estar relacionado cunha teoría moral do ben, como o utilitarismo. A teoría da elección social intenta entender os procesos a través dos que se pode acadar o ben común en sociedade, por medio do estudo de sistemas de toma de decisións colectivas. Por outra parte, a teoría da elección pública aplica metodoloxías microeconómicas co fin de explicar como os intereses privados afectan a actividade política e os resultados desta.

O concepto de ben común recibiu aproximacións diferentes desde os ámbitos filosófico, económico e social.

Clarens, Suíza

Clarens é unha pequena vila do concello de Montreux, no cantón de Vaud (Suíza).

Clarens fíxose famosa en Europa polo gran éxito do libro La Nouvelle Héloïse de Jean-Jacques Rousseau.

En Clarens, o compositor ruso Igor Stravinskii escribiu os seus ballets Le Sacre du printemps e Pulcinella, e en marzo de 1878, Tchaikovski o seu Concerto para violín.

Paul Kruger, heroe da independencia de Suráfrica do Reino Unido, morreu nesta localidade. Por este motivo, unha vila de Suráfrica recibiu o seu mesmo nome.

O anarquista e xeógrafo Élisée Reclus residiu en Clarens.

O escritor Vladimir Nabokov está enterrado na vila.

O escritor, diplomático e parlamentario escocés do século XIX David Urquhart de Braelangwell, que introduciu o baño turco no Reino Unido, está enterrado en Clarens.Clarens conta cunha estación ferroviaria na que fan parada trens de proximidades da rede 'RER Vaud'.

Década de 1760

A década de 1760 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1760 e remata o 31 de decembro de 1769.

Emilio ou Da educación

Emilio ou Da educación é unha das obras literarias máis importantes e destacadas do filósofo Jean-Jacques Rousseau. Ten un gran contido pedagóxico que foi tan criticado como eloxiado logo da súa publicación en 1762. Foi considerado o primeiro tratado sobre filosofía da educación no mundo occidental. A súa aceptación social fixo que hoxe, sexa un punto de referencia en moitos sistemas educativos compartindo a ensinanza en centros escolares.

O autor propón unha serie de pautas e principios educativos que parten da propia intuición persoal ante a opresión coa que a sociedade somete aos individuos na súa evolución. Ante iso, escribiu un modelo educativo para os rapaces, baseado na propia natureza, de acordo coas etapas de desenvolvemento infantil, co fin de formar un individuo libre e autónomo, capaz de valerse por si mesmo posteriormente no seu contorno social. Porén, exclúese deste ideal ás mulleres, para as cales a educación debese referir á satisfacción dos homes.

Les Confessions

Les Confessions (en galego As confesións) é unha obra de Jean-Jacques Rousseau escrita entre 1766 e 1770, cando o seu autor contaba entre 54 e 58 anos.

Maximilien de Robespierre

Maximilien François Marie Isidore de Robespierre, naceu o 6 de maio de 1758 e morreu o 28 de xullo de 1794 foi un dos líderes máis coñecidos da Revolución Francesa. Os seus partidarios coñecíano como "o incorruptible" debido á súa dedicación moral austera á revolución. Era un membro influente do comité da seguridade pública, e unha figura fundamental no período da revolución coñecida comunmente como o reino do terror. A súa detención e execución en 1794 puxo fin ao terror. Politicamente foi discípulo de Jean-Jacques Rousseau, entre outros filósofos da Ilustración, e voceiro capaz da burguesía esquerdistas.

Robespierre decidiu presentarse ás eleccións aos Estados Xerais de abril de 1789, facéndose coñecido na súa localidade polo panfleto Adresse à la nation artésienne. Aínda que os principais oligarcas da provincia presentáronse para a elección, o 26 de abril Robespierre foi electo como o quinto deputado do Terceiro Estado.

Ao reunirse os estados xerais en Versalles o 5 de maio de 1789, a paixón de Robespierre xa empezou a ser evidente. Mirabeau dixo del: Este novo home cre no que di, vai chegar lonxe.

Grande orador na Asemblea Constituínte (rexístranselle uns 150 discursos ata 1791), foise afianzando como un dos líderes do pequeno grupo de extrema esquerda denominado desprezativamente por Mirabeau as trinta voces.

Desde a época dos Estados Xerais, Robespierre participara no club dos amigos da constitución, que ao trasladar o seu recinto ao edificio dos freires xacobinos serían coñecidos como os xacobinos. Rodeado de persoas da súa orixe e clase social, Robespierre foi gañando terreo ata converterse no líder absoluto do movemento no verán de 1792.

A fuga do rei a Varennes arruinou as posibilidades dunha monarquía constitucional viable. Aínda que Robespierre gardou cautela, miles de manifestantes decidiron pedir a abdicación do rei no Campo de Marte o 17 de xullo de 1791, recibindo como resposta as balas do batallón ao mando de La Fayette. Os líderes de esquerda temeron pola reacción, Marat pasou á clandestinidade, Danton a Inglaterra, pero Robespierre mantívose en París, limitándose a mudarse á residencia de Maurice Duplay, un ebanista que residía na Rue Saint-Honoré e simpatizante xacobino, reforzando a súa posición ao manterse en París e co seu club durante esta grave situación.

O 30 de setembro, na disolución da asemblea constituínte, o pobo de París destacou a Pétion e a Robespierre, como dous patriotas incorruptibles.

Entrou no comité do público o 9 de termidor do ano I (27 de xullo de 1793), converteuse no amo da ditadura xacobina, impoñendo un réxime do terror, nel regulacións de urxencia eran consideradas esenciais para a seguridade interior, seriamente ameazado da república (insurrección no Vendée) como no exterior (guerra contra os países europeos). Logo da eliminación dos extremistas (Hebertistas e Enragés, 24 de marzo de 1794), considerados demagóxicos, e máis tarde dos clementes (agrupados ao redor de George Danton, 5 de abril de 1794), Robespierre no intento de impoñer o seu ideal da república democrática e virtuosa, sostida por pequenos propietarios libres e iguais en dereitos, dándolle un coroamento espiritual coa institución do Culto ao Ser Supremo.

Melodrama

Un melodrama é unha obra dramática que esaxera as accións e as personaxes para dar pulo ás emocións.

Melólogo

O melólogo (do grego antigo μέλος, mélos = melodía, e λόγος, lógos = palabra) é un xénero teatral que mantén tal equilibrio entre a palabra falada e a música, que a obra sen algunha delas dúas perde o seu sentido. A diferenza doutras formas musicais, no melólogo o texto non se canta senón que se declama, e niso baséase a súa singularidade. Durante a declamación, o personaxe do melólogo realiza pausas que dan paso a interludios musicais nos que o actor se expresa mediante a mímica, poñendo en xogo tódalas súas capacidades expresivas e actorais para chegar a conmover ao público, en estreita relación cos fragmentos musicais que acompañan.As orixes do melólogo remóntanse ao ano 1770, no que se estrea en Lión a obra Pygmalion: nela, por primeira vez, alternáronse drama e música. Fui composta por Jean Jacques Rousseau, con dous números, e o resto polo compositor Horace Coignet. Ao comenzo nestas pezas só aparecía un personaxe. Nelas vanse intercalando diferentes interludios, nos que o actor ou actriz realizaba pantomimas. Estes momentos musicais, nos que o actor se expresaba mediante o corpo, eran utilizados para enfatizar os sentimentos e paixóns que foran reflectidos no texto declamado. Pouco a pouco as pezas foron cada vez máis longas e comenzaron a dividirse en actos, á vez que se engadiron máis personaxes á trama, tomando xa o nome de dílogos, trílogos, etc.En canto ao xénero musical europeo, pode citarse a Leonora de Franz Liszt (1858), melólogo para voz recitativa e pianoforte, que presenta evidente afinidade co contemporáneo Tristan und Isolde de Richard Wagner. No século XX, encádranse nesta categoría Anfion de Arthur Honegger e Perséfone de Igor Stravinskii.O melólogo aparece en España na última década do século XVIII grazas a recoñecidos dramaturgos daquela época como Francisco Luciano Comella, Fermín del Rey, María Rosa Gálvez e José Concha, entre outros. O gaditano Juan Ignacio González del Castillo escribiu o que se coñece como antecedente do xénero, Hannibal (1788). Porén, é Guzmán el Bueno (1790), do fabulista Tomás de Iriarte, o primeiro melólogo considerado como tal.

Rosa Cobo Bedía

Rosa Cobo Bedía, nada en Cantabria o 17 de decembro de 1956, é unha teórica feminista española, escritora, profesora titular de Socioloxía do Xénero na Universidade da Coruña e directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da mesma universidade.

Rousseau

O apelido Rousseau pódese referir a:

Jean-Baptiste Rousseau, poeta e dramaturgo francés (1671-1741);

Jean-Jacques Rousseau, filósofo do iluminismo (1712-1778);

Henri Rousseau, pintor postimpresionista (1844-1910).

Soberanía

Enténdese como soberanía ao exercicio da autoridade que, na maioría de sistemas políticos da actualidade, reside no pobo e é exercida a través dos poderes públicos de acordo coa súa propia vontade e sen a influencia de elementos estraños.

Tamén a palabra "soberanía" se conceptualiza como o dereito dunha institución política de exercer o seu poder. Tradicionalmente considerouse que son tres os elementos da soberanía: Territorio, pobo e poder.

No Dereito internacional, a soberanía é un concepto clave, referido ao dereito dun estado para exercer os seus poderes.

Soberanía popular

O termo soberanía popular acuñouse fronte ao de soberanía nacional, que se interpretaba dunha forma restritiva como a soberanía residente na nación, termo de difícil definición que pode identificarse con máis dificultade e restrinxirse na súa representación efectiva ás capas máis elevadas da sociedade (sufraxio censatario); mentres que o principio da soberanía popular fai residir a soberanía no pobo, que estaría formado pola totalidade do corpo social, en especial polos máis humildes (a clase baixa, traballadora), e que só podería expresarse mediante o sufraxio universal. A Soberanía popular sostiña a participación de todos os cidadáns homes na vida política mediante o sufraxio universal.

A Constitución francesa de 1793 foi o primeiro texto legal que estabeleceu que "a soberanía reside no pobo...". Jean Jacques Rousseau, en O contrato social, atribúe a cada membro do Estado unha parte igual da que denomina a "autoridade soberana". Esta é probábelmente a primeira referencia teórica sobre a soberanía popular.

De acordo coas diversas teses mantidas até agora, pódese definir que "a residencia legal e efectiva do poder de mando dun conxunto social encóntrase e exércese en e pola universalidade dos cidadáns", e particularmente nos Estados democráticos. Así o sufraxio universal convértese nun dereito fundamental e a condición cidadá é igual para todos con independencia de calquera outra consideración, agás as limitacións de idade ou xuízo.

A constitución da Arxentina inclúe dende 1853 o "principio da Soberanía do Pobo" no seu artigo 33, considerándoo, xunto á forma republicana de goberno, como fundamento dos dereitos e garantías constitucionais.

Voltaire

François-Marie Arouet, nado en París o 21 de novembro de 1694 e finado na mesma cidade o 30 de maio de 1778, foi un poeta, ensaísta, dramaturgo, filósofo e historiador ilustrado francés, máis coñecido co pseudónimo de Voltaire.

Voltaire destacou no século XVIII e ocupou un lugar particular na memoria colectiva dos franceses. Con el, iníciase a figura do intelectual comprometido ao servizo da verdade, da xustiza e da liberdade de pensamento. Foi elixido membro da Academia Francesa en 1746.

Símbolo da Ilustración, xefe de fila do partido filosófico, o seu nome está asociado ao seu combate polo progreso, a tolerancia e contra «a infamia», nome que deu ao fanatismo relixioso. Era, con todo, deísta e o seu ideal era o dunha monarquía moderada e liberal, ilustrada polos «filósofos». Actuou, por outra banda, coas elites avanzadas da Europa da Ilustración servíndose da súa inmensa notoriedade e tomando, el só, a defensa das vítimas da intolerancia relixiosa e da arbitrariedade en asuntos que se fixeron soados (asunto Calas, Sirven, o cabaleiro de Várrea , conde de Lally ...).

Da súa impoñente obra literaria, lense hoxe esencialmente os seus escritos «filosóficos» en prosa: contos e novelas ( Cándido é a súa obra máis soada), Cartas inglesas, Dicionario filosófico e unha correspondencia monumental da que coñecemos máis de 15 000 cartas dun total estimado ás veces en 40.000. O seu teatro, as súas poesías épicas, as súas obras históricas, que fixeron del un dos escritores franceses máis soados no século XVIII, son hoxe amplamente esquecidas ou ignoradas. A reputación de Voltaire parece, como o seu estilo, marcada pola elegancia e a precisión, e a miúdo ao servizo dunha ironía mordaz.

Ao longo da súa vida, Voltaire frecuentou "os grandes" e afagou os monarcas, sen disimular o seu desprezo polo pobo, pero tamén estivo suxeito á inxerencia do poder, que a acabaría encarcerando na Bastilla e obrigouno ao exilio en Inglaterra ou nos arredores de París. O 1749, despois da morte de Émilie du Châtelet, con quen mantivera unha relación axitada de quince anos, foi ao tribunal de Prusia, pero, decepcionado nas súas esperanzas de xogar un gran papel con Federico o Grande en Berlín, enfadouse con el despois de tres anos, e deixou Berlín en 1753. Refuxiouse un pouco máis tarde nas Delicias, en Suíza, preto de Xenebra, antes de gañarse en 1759 unha herdanza en Ferney, na fronteira francoxenebrina, ao abrigo dos poderosos. Sacou proveito da propiedade e fixo de Ferney un centro de cultura prezado en toda Europa. Non volveu a París ata 1778 onde foi ovacionado polo pobo. Morreu aos 84 anos.

Voltaire era un amante do luxo, os praceres da mesa e da conversación, que consideraba, xunto co teatro, como unha das formas máis exitosas da vida en sociedade. Preocupado pola súa capacidade material para garantir a súa liberdade e a súa independencia, acumulou unha fortuna considerable en operacións especulativas, o que lle permitiu instalarse en 1759 no castelo de Ferney rodeado dunha corte de bos espíritos. Era, con todo, un busca-razoes, e a veces feroz, contra os seus adversarios, por exemplo con Jean-Jacques Rousseau e con Crébillon.

Considerado pola Revolución Francesa -co seu adversario Jean-Jacques Rousseau- como un precursor (entrou no Panteón en 1791, o segundo despois de Mirabeau), foi adulado pola Terceira República Francesa. Durante o século XIX, o seu pensamento alimentou as paixóns antagonistas dos adversarios e defensores da laicidade do estado e da escola pública, máis aló do espírito da Ilustración.

Xenebra, Suíza

Xenebra (en francés Genève [ʒəˈnɛv], en italiano Ginevra, en alemá Genf, en romanche: Genevra) é a segunda cidade máis grande de Suíza e a capital do cantón de Xenebra. En total, 201.813 persoas habitan no concello de Xenebra (2017). A lingua oficial é o francés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.