Javier de Burgos

Francisco Javier de Burgos y del Olmo, nado en Motril (Granada) o 22 de outubro de 1778 e finado en Madrid o 22 de xaneiro de 1848, foi un político, xornalista, dramaturgo e tradutor andaluz.

Javier de Burgos
Javier de burgos
Javier de Burgos nun gravado de 1837.
Nacemento22 de outubro de 1778
 Motril, Granada, España España
Falecemento22 de xaneiro de 1848
 Madrid, España España
NacionalidadeEspaña Español
OcupaciónPolítico, xornalista, dramaturgo e tradutor
FillosAugusto de Burgos

Traxectoria

De familia nobre aínda que non adiñeirada estaba destinado a servir á Igrexa, pero abandonou axiña os estudos relixiosos en Granada, trasladándose a Madrid para adicarse aos estudos de xurisprudencia. Coa invasión napoleónica pasou ao seu servizo ocupando en Andalucía distintos cargos. Dada a súa condición de afrancesado, en 1812 trasladouse a París onde completou a súa formación mediante o estudo das obras dos clásicos, Horacio principalmente, do que traduciu ao castelán as súas obras. Esta tradución de Horacio foi comentada á súa vez por Andrés Bello nun celebrado artigo sobre a tradución. Bello cualifica a Javier de Burgos de «débil tradutor y excelente comentarista de Horacio». Anos máis tarde, en 1844 publicou unha revisión desta obra que coas súas imperfeccións segue sendo un referente, entre outras cousas pola utilización da estrofa sáfica en versos soltos.

A creación das provincias

Regresou a Madrid en 1819 e en 1822 foi nomeado director do Imparcial, xornal ao redor do cal se reuniron os afrancesados portadores das novas ideas. O seu labor como xornalista compaxinábase co labor como escritor, destacando a súa "Biografía universal antiga e moderna", unha tradución do francés que publicou moi reformada e ampliada en varios tomos. De 1827 a 1833 desempeñou distintos cargos de importancia na Administración. En 1833, ao comezo do reinado de Isabel II, baixo a rexencia de María Cristina de Borbón, foi nomeado Secretario de Estado de Fomento baixo o ministerio de Cea Bermúdez e foi nese cargo no que estableceu a división territorial por provincias, baseándose nas formulacións do Novo Réxime pero tomando como base a antiga división en reinos da monarquía borbónica. O decreto foi aprobado o 30 de novembro e o 22 de decembro dese mesmo ano foi nomeado Ministro de Facenda. Foi senador e conselleiro real e en 1846 co primeiro goberno de Narváez ministro da Gobernación, cargo que deixou nese mesmo ano ao ser nomeado Francisco Javier de Istúriz á fronte do goberno.

Durante os seus últimos anos volveu cultivar a poesía e ademais da revisión da tradución de Horacio xa mencionada escribiu poesía de circunstancias sendo de destacar unha canción fúnebre á morte da raíña Isabel de Bragança, unha oda ao casamento do rei Fernando VII con María Cristina de Borbón, aínda que destacou entre todas elas a súa Oda a la Razón e Al porvenir. Tamén destacou moi cedo como comediógrafo e unha peza súa no xénero, Los tres iguales, foi, por certo, a causa do desterro do grande actor Isidoro Máiquez. Ao morrer deixou inacabados uns Anales del reinado de Doña Isabel II, que concluíu o seu fillo Augusto.

Véxase tamén

Bibliografía

Comarca de Requena-Utiel

A comarca de Requena-Utiel (Plana d'Utiel en valenciano) é unha bisbarra que pertence administrativamente a Comunidade Valenciana, España. É un altiplano castelán que na división provincial de Javier de Burgos de 1833, se incluíu na provincia de Cuenca. Non obstante, foi incorporada á provincia de Valencia en 1851, constituíndo (trala división en dúas provincias das Illas Canarias) a modificación máis importante que sufriu a división provincial de Javier de Burgos con posterioridade ao seu establecemento.

Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense é o órgano institucional propio da provincia de Ourense e engloba os 92 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

División territorial de España en 1833

A división territorial de España de 1833 foi un proceso de reordenación administrativa do territorio do reino de España (excluíndo as colonias) nun estado centralizado dividido en 49 provincias.

Galego exterior

Utilízase a expresión galego exterior para referirse ás falas galegas de zonas do Estado español que non fan parte da comunidade autónoma de Galiza. Estas zonas de lingua e cultura galegas non foron incluídas nas catro provincias galegas na reforma de Javier de Burgos en 1833 (aínda que algunhas xa levaban tempo separadas do reino de Galiza) e, polo tanto, non están incluídas no territorio da comunidade autónoma. As falas destes lugares pertencen na súa maioría ao grupo do galego oriental, coa Fala de Estremadura sendo unha póla separada do tronco galego-portugués.

Estas falas situadas ao oriente da Galiza administrativa tamén reciben outros nomes como “galego estremeiro” ou “galego da franxa exterior”.

Estas falas organízanse xeograficamente en:

Terra Eo-Navia (Asturias), arredor de 40.000 persoas

O Bierzo baixo (León) arredor de 30.000 a 35.000 persoas

As Portelas (Zamora), arredor de 1.000 persoas

Val de Xálima (Cáceres), arredor de 4.500 persoas

Gobernador civil

O gobernador civil foi a autoridade política nas provincias de España a partir da creación destas por Javier de Burgos en 1833.

José María Vázquez Pérez

José María Vázquez Pérez, nado en Carnós (A Arnoia) en 1931, é un médico e político galego do PPdeG.

País Leonés

O País Leonés (País Llionés en leonés) é, segundo os rexionalistas, nacionalistas e independentistas leoneses, o territorio formado polas provincias españolas de León, Zamora e Salamanca onde se estenden a lingua e cultura leonesas. Coincide co Reino de León definido na división administrativa realizada por Javier de Burgos por medio do Real Decreto de 30 de novembro de 1833, pero a súa definición non coincide plenamente co reino de León histórico pois este abranguía un territorio máis extenso.

Porén, os límites do País Leonés non son de todo precisos, pois algúns sectores leonesistas inclúen neste territorios do pasado histórico do Reino de León ou de proclamada cultura leonesa (principalmente aqueles nos que se falan variantes do asturleonés). Deste xeito, formarían tamén parte do País Leonés a Franxa do Carrión (Palencia), a marxe dereita do río Valderaduey (Valladolid), a franxa occidental da provincia de Valladolid, Valdeorras (Ourense), e a bisbarra do Barco de Ávila (Ávila), onde se falaría asturleonés oriental; e os territorios portugueses do río Sabor (Sendim e Miranda do Douro, onde falan unha variante do asturleonés occidental coñecida como mirandés, que é oficial en Portugal).

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Provincia de Betanzos

A Provincia de Betanzos era unha das sete provincias históricas nas que se dividía o territorio de Galicia na Idade Moderna, entre finais do século XV até a división territorial de España en 1833 feita por Javier de Burgos.

Provincia de Logroño

A Provincia de Logroño, actualmente denominada A Rioxa, foi unha provincia española que formaba parte da rexión histórica denominada Castela a Vella.

O territorio da actual comunidade autónoma formou parte durante o século XVIII das intendencias de Burgos e Soria, quedando incluída en 1810 case por completo na prefectura de Burgos, tras a división territorial proposta polo rei Xosé Bonaparte.

O 15 de outubro de 1821, as cortes decidiron dar á rexión a denominación de provincia do Reino de España, que pasaría a denominarse provincia da Rioxa, aínda que a medida quedou sen efecto por orde de Fernando VII. Non sería ata o Real Decreto de 30 de novembro de 1833, cando Javier de Burgos crease a división administrativa liberal definitiva, e fose a rexión recoñecida como provincia, pero coa denominación de provincia de Logroño.

Antes da actual autonomía da Rioxa, a provincia pertenceu brevemente ao Ente Preautonómico de Castela e León.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Provincias de España

A provincia é unha división territorial de España, de acordo coa Constitución española. En España hai 50 provincias, que, xunto coas cidades autónomas de Ceuta e Melilla e algunhas posesións insulares menores -que non están suxeitas á división provincial por depender directamente da administración central-, comprenden a totalidade do territorio español.

Reino de Murcia

O Reino de Murcia foi unha xurisdición territorial da Coroa de Castela desde a súa incorporación no século XIII até a división provincial de 1833, acometida por Javier de Burgos. Estendíase aproximadamente polo territorio da actual Rexión de Murcia, a parte sueste da provincia de Albacete, Villena e Sax en Alacant e por algunhas localidades da actual Provincia de Xaén.

Villafranca de Córdoba

Villafranca de Córdoba é unha vila e municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2005 tiña 3.893 habitantes. A súa extensión superficial é de 58 km² e ten unha densidade de 67,1 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 146 metros e a 27 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Forma parte da Mancomunidade do Alto Guadalquivir cordobés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.