James Connolly

James Connolly, nado en Edimburgo o 5 de xuño de 1868 e finado en Dublín o 12 de maio de 1916, foi un líder obreiro irlandés e socialista.

James Connolly
Connolly.james
Nacemento5 de xuño de 1868
 Edimburgo
Falecemento12 de maio de 1916
 Dublín
CausaFusilamento
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Irlanda
Ocupaciónesperantista, político e sindicalista
CónxuxeLillie Connolly
FillosRoddy Connolly e Nora Connolly O'Brien

Traxectoria

Fillo de pais emigrantes irlandeses, deixou a escola para traballar ós once anos, e posteriormente converteuse nun dos líderes políticos da esquerda do seu momento. É posible que entrase no Exército británico ós catorce anos, sendo destinado a Dublín, onde ao parecer coñeceu a que sería a súa esposa.

En 1892 era unha figura importante da Federación Socialista Escocesa, converténdose en secretario xeral da mesma tres anos máis tarde. En 1896 deixou o Exército e formou o Partido Republicano Socialista Irlandés. Mentres se encontraba en chan británico, foi un dos fundadores do Partido Laborista Socialista, que se separou da Federación Socialdemócrata en 1903. Era a man dereita de James Larkin no Sindicato de Traballadores Transportistas. En 1913 en resposta ó peche patronal dese ano, formou o Exército Cidadán Irlandés, un grupo de traballadores adestrados e armados que loitaban por defender ós traballadores e organizaban folgas. Tan só estivo formado por unhas 250 persoas. O seu obxectivo último era o establecemento dunha nación irlandesa socialista e independente, libre da ocupación británica.

Connolly consideraba á organización de Voluntarios Irlandeses demasiado burguesa, e pouco preocupados pola independencia económica de Irlanda. En 1915, buscando realizar unha acción decisiva contra as forzas británicas, estaba disposto a adoptar accións inmediatas. Tal acción alarmou ós membros da Irmandade Republicana Irlandesa, que realizara unha labor de infiltración dentro dos Voluntarios, e programaba unha insurrección en varios anos. Os líderes da Irmandade, incluíndo a Tom Clarke e Patrick Pearse, reuníronse con Connolly con vistas a acadar un acordo. Aínda que se afirmou que foi secuestrado por iso, a devandita idea foi rexeitada con posterioridade. En calquera caso, desapareceu durante tres días sen explicación algunha.

En 1916 Connolly xa era comandante da Brigada de Dublín, e participou no Alzamento de Pascua contra as forzas británicas. Foi gravemente ferido na batalla, e posteriormente executado o 12 de maio de 1916 na prisión de Kilmainham.

O seu legado en Irlanda é de gran relevancia pola súa contribución á causa nacionalista. Así mesmo, o seu marxismo foi analizado e reivindicado por distintos pensadores e organizacións políticas, tanto dentro coma fóra de Irlanda. A súa obra escrita está fundamentalmente baseada en artigos, e mostra un pensamento no que se pretende unir o nacionalismo irlandés, o marxismo e o catolicismo.

Connolly foi un dos poucos esquerdistas que se opuxeron á Primeira Guerra Mundial, o cal provocou o odio de varios líderes socialistas de Europa. Segundo parece, Lenin foi un grande admirador de Connolly, aínda que nunca se coñeceron en persoa. Lenin enfrontouse nalgunha das súas obras ós que consideraban á rebelión en Irlanda burguesa, sinalando que non existía unha revolución pura, e os comunistas debían buscar a unidade con outras forzas sociais.

En Escocia, o seu pensamento influíu a socialistas como John Maclean, tamén interesado en combinar ideas nacionalistas e marxistas, para o cal creou o Partido Republicano Obreiro Escocés.

Curiosidades

Hai unha estatua de James Connolly en Dublín.

Anunciouse para o 2007 a película Connolly, sobre este líder político, dirixida por Adrian Dunbar e protagonizada por Peter Mullan.

Connolly (autor de varias cancións rebeldes e editor dunha pequena colección delas) converteuse el mesmo obxecto de varias cancións despois da súa morte, incluíndo a canción "James Connolly".

Véxase tamén

Ligazóns externas

12 de maio

O 12 de maio é o 132º día do ano do calendario gregoriano e o 133º nos anos bisestos. Quedan 233 días para finalizar o ano.

Alzamento de Pascua

O Alzamento de Pascua (en gaélico: Éirí Amach na Cásca) foi unha rebelión que tivo lugar en Irlanda durante a Pascua de 1916. O alzamento foi un intento de republicanos irlandeses co obxectivo de rematar co dominio británico en Irlanda e establecer unha República Irlandesa nun momento no que o Imperio Británico estaba inmerso na primeira guerra mundial. Foi a sublevación máis significativa que houbo en Irlanda tras a rebelión irlandesa de 1798.

Organizado polo Consello Militar da Irmandade Republicana Irlandesa, o alzamento durou dende o luns santo do 24 de abril ata o 30 de abril de 1916. Membros dos Voluntarios Irlandeses, liderados polo profesor e avogado Patrick Pearse, xunto co pequeno Exército Cidadán Irlandés de James Connolly e mais 200 membros da Liga das Mulleres, tomaron lugares clave en Dublín e proclamaron unha República Irlandesa independente de Gran Bretaña. Houbo algunhas accións máis noutras partes de Irlanda aínda que foron de escasa relevancia, agás o ataque aos barracóns da Policía Real Irlandesa en Ashbourne, no condado de Meath.

O Alzamento foi sufocado tras sete días de loita, e os seus líderes foron sometidos a consellos de guerra e posteriormente executados, pero tiveron éxito en facer que os políticos irlandeses volveran a tomar en consideración unha vía de republicanismo irlandés a través das armas.

O acontecemento acostuma interpretarse como o momento clave do proceso de independencia irlandesa, aínda que tamén marcou a división entre republicanismo e nacionalismo irlandés, que ata o momento aceptara a promesa dunha autonomía limitada baixo a coroa británica. Tal autonomía fora plasmada na terceira Acta de Goberno de Irlanda, ou Home Rule en inglés, aprobada en 1914 e suspendida durante a primeira guerra mundial.

Exército Cidadán Irlandés

O Exército Cidadán Irlandés (ICA; en inglés, Irish Citizen Army; en gaélico irlandés, Am Na Saorànach) foi unha organización armada irlandesa, republicana, nacionalista e de esquerdas, que operou na illa entre 1913 e 1922, xogando un importante papel no Alzamento de Pascua de 1916.

Jimmy Johnstone

James Connolly Johnstone, tamén chamado Jinky, nado o 30 de setembro do 1944 na vila escocesa de Uddingston, Lanarkshire, e falecido o 13 de marzo do 2006 na mesma localidade, foi un futbolista escocés.

Lenin

Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; ( [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] ) nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e falecido o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da R. S. S. F. de Rusia dende 1917 e de presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924.

Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887. Pouco despois ingresa na Universidade de Kazán, onde é expulsado pola súa participación en protestas antitsaristas, adicando os seguintes anos á obtención do título en dereito e á política radical, adoptando as teses do marxismo. En 1893 mudouse á daquela capital de Rusia San Petersburgo, onde continuou coa súa actividade política, converténdose nunha figura importante dentro da Unión de Loita pola Emancipación da Clase Obreira. Arrestado e exiliado a Siberia durante tres anos, consegue fuxir posteriormente cara a Europa occidental, vivindo en Alemaña, Inglaterra e Suíza. Despois da Revolución de Febreiro de 1917 na que foi derrocado o Tsar, e na que un goberno provisional asume o poder, decide regresar ao seu lar.

Como líder da facción bolxevique do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso, tivo un papel principal na orquestración da Revolución de Outubro en 1917, que o levou ao derrocamento do goberno provisional ruso e o establecemento da República Socialista Soviética Federativa de Rusia, o primeiro Estado constitucionalmente socialista do mundo. Inmediatamente despois, Lenin procede a aplicar as reformas socialistas, incluíndo a transferencia de propiedades e terras da coroa aos soviets de traballadores. Fronte á ameaza da invasión alemá, argumentou que Rusia debía asinar de inmediato un tratado de paz, o cal conduciu á saída dos rusos da primeira guerra mundial. En 1921 Lenin propuxo a Nova Política Económica, un sistema de capitalismo de Estado co que comezou o proceso de industrialización e recuperación da guerra civil rusa. En 1922, a R. S. S. F. de Rusia uniuse aos antigos territorios do Imperio Ruso formando a Unión Soviética. A facción bolxevique converteuse máis tarde no Partido Comunista da Unión Soviética.

Como político, Lenin era un orador carismático e convincente. Como intelectual os seus amplos desenvolvementos teóricos e filosóficos do marxismo produciron o marxismo-leninismo, unha aplicación pragmática rusa do marxismo que fai fincapé no papel fundamental desempeñado por unha vangarda política comprometida e disciplinada no proceso revolucionario, defendendo a posibilidade dunha revolución socialista nos países capitalistas menos desenvolvidos a través dunha alianza do proletariado co campesiñado rural. Lenin segue a ser hoxe en día unha figura controvertible en todo o mundo. Os seus críticos táchano de ditador, tese contrarrestada polos seus partidarios aducindo as limitacións do seu poder e considerándoo un heroe da clase obreira. Tivo ademais unha grande influencia no movemento marxista-leninista, que dende a súa morte evolucionou nunha gran variedade de escolas de pensamento como o estalinismo, o maoísmo ou o trotskismo.

Liberty Hall

O Liberty Hall ou Halla na Saoirse en irlandés, situado en Dublín (Irlanda é a sede do SIPTU (Services, Industrial, Professional, and Technical Union). Antigamente foi o edificio máis alto de Irlanda con 59.4 m de altura (antes de ser remprazado no posto polo County Hall de Cork), e actualmente é o terceiro edificio máis alto de Dublín por detrás de Montevetro e a Millennium Tower na área de Grand Canal Dock. A súa antiga forma ten un significado histórico como sede do Irish Transport and General Workers Union a principios do século XX, e como cuartel do Exército Cidadán Irlandés (ICA).

Michael Mallin

Michael Mallin ou Mícheál Ó Mulláin, nado o 1 de decembro de 1874 en Dublín (Irlanda) e executado na prisión de Kilmainham Gaol o 8 de maio de 1916, foi un rebelde e socialista irlandés que tomou parte activa no Alzamento de Pascua de 1916.

Partido Laborista (Irlanda)

O Partido Laborista (en irlandés: Páirtí an Lucht Oibre; en inglés: Labour Party) é un partido socialdemócrata de Irlanda. Foi fundado en 1912 por James Connolly como a á política do sindicalismo irlandés. Na eleccións de 2011 tivo o 19,4% dos votos e ten 37 escanos no Dáil Éireann.

O Partido Laborista non se presentou de 1918 e 1921 polo que estivo fóra do parlamento durante os anos decisivos da loita pola independencia, o cal xunto ao catolicismo tradicional da sociedade irlandesa impediu que o conflito de clases tivera pouca importancia. En 1939 abandounou a súa pretensión de crear unha república de traballadores e intentou substituír ao Fine Gael como principal partido da oposición, conseguindo nas eleccións de 1943 17 escanos. Nos anos 60 o Partido Laborista con Brendan Corish como líder tomou posicións máis á esquerda. O Partido Laborista formou parte do goberno irlandés en 1948-1951, 1954-1957, 1981-1987 e 1992-1997.

Partido Republicano Socialista Irlandés

O Partido Republicano Socialista Irlandés, tamén coñecido como ISRP polas súas siglas en inglés (Irish Socialist Republican Party), foi un partido político irlandés fundado en 1896 por James Connolly. O seu obxectivo era establecer unha república dos traballadores irlandesa. Dividíuse en 1904 logo de varios meses de liortas políticas internas.

Malia o seu pequeno tamaño (nunca tivo máis de 80 membros), o ISRP tense como un partido de grande importancia na historia antiga do socialismo e republicanismo irlandeses. A miúdo é descrito como o primeiro partido socialista e republicano en Irlanda, e a primeira organización en expoñer a ideoloxía do republicanismo socialista na illa. Durante o seu período de vida, tan só tivo unha sección realmente activa, a de Dublín. Houbo varios intentos de estabelecer outras en Cork, Belfast, Limerick, Naas, e incluso no norte de Inglaterra, mais non prosperaron.

O partido editou a primeira publicación regular socialista en Irlanda, a Workers' Republic, presentou candidatos ás eleccións locais e representou a Irlanda na Segunda Internacional. Politicamente o ISRP estaba adiantada ao seu tempo, facendo propaganda por unha república independente moito antes de que outros partidos o fixesen.

Connolly, que era o principal organizador do partido, deixou Irlanda para marchar aos Estados Unidos en 1903 (volvería en 1910) logo dun conflito interno. De feito, crese que foi pola combinación das loitas mesquiñas coa propia pobreza o que lle fixo abandonar a súa terra. Logo dunha escisión, onde un pequeno número de membros estabeleceron unha micro organización anti Connolly chamada o Partido Laborista Socialista Irlandés, o partido quedou inactivo e ferido en marzo de 1904. Connolly discutira co outro líder do partido, Edward Stewart, sobre a estratexia electoral e sobre o sindicato. Foi revivido en 1909 co novo nome de Partido Socialista de Irlanda, pero caeu unha vez máis na inactividade cando Connolly, máis inclinado a ver a revolución como un proceso impulsado polos sindicatos máis que por un partido revolucionario, involucrouse máis na Irish Transport and General Workers' Union e no Irish Citizen Army.

O legado do ISRP continuou nos movementos republicanos e de esquerdas en Irlanda por moitas décadas logo da súa desaparición en 1904. Despois do asasinato de Connolly polos británicos en 1916 e a Revolución de Febreiro de 1917 en Rusia, o partido foi revivido unha vez máis e en 1921 convertíuse no primeiro Partido Comunista de Irlanda.

Partido Socialista Republicano Irlandés

O Partido Socialista Republicano Irlandés (en inglés: Irish Republican Socialist Party, IRSP) é un partido político de ideoloxía republicana e socialista. Como moitos outros partidos políticos en Irlanda, reclámase herdeiro do legado do revolucionario socialista James Connolly, quen fundou o Partido Republicano Socialista Irlandés en 1896 e foi executado logo do Alzamento de Pascua de 1916.

O IRSP foi fundado o 8 de decembro de 1974 por antigos membros do Movemento Republicano Oficial, socialistas independentes e sindicalistas liderados por Seamus Costello. Unha sección paramilitar, o Irish National Liberation Army, foi fundada no mesmo día, malia que a súa existencia tentou agocharse até que o INLA puidese operar con efectividade. Seamus Costello foi elixido como primeiro presidente do partido e como presidente do consello de dirección do INLA. Xuntos, o IRSP e o INLA refírense a eles mesmos como o Movemento Socialista Republicano Irlandés.

Peter Mullan

Peter Mullan, nado o 2 de novembro de 1959 en Peterhead, é un actor escocés.

Proclamación da República Irlandesa

A Proclamación da República Irlandesa, tamén coñecida como a Proclamación de 1916 ou a Proclamación de Pascua, foi un documento emitido polos Voluntarios Irlandeses e o Exército Cidadán Irlandés durante o Alzamento de Pascua en Irlanda, que comezou o 24 de abril de 1916. Nel, o Consello Militar da Irmandade Republicana Irlandesa, autonomeado como "Goberno Provisional da República Irlandesa", proclamou a independencia do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. Patrick Pearse leu a proclamación no exterior da Oficina Xeral de Correos da rúa Sackville de Dublín (actualmente chamada rúa O’Connell), feito que marcou o comezo do Alzamento. A declaración inspirouse nunha proclamación de independencia similar que o rebelde irlandés Robert Emmet emitira durante a rebelión irlandesa de 1803.

Thomas J. Clarke

Thomas James Clarke ou Tomás Ó Cléirigh en irlandés (tamén coñecido como Tom Clarke), nado o 11 de marzo de 1857 e finado o 3 de maio de 1916, foi un líder revolucionario irlandés e quizais o máximo responsable do Alzamento de Pascua de 1916.

Triplo salto

O triplo salto é unha proba olímpica de atletismo. A modalidade require unha combinación de velocidade e técnica do atleta.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.