Jaime Vidal Rey

Jaime Vidal Rey, nado no concello de Cotobade e finado en Hinojosa del Duque (Córdoba) o 2 de febreiro de 1939[1], foi un estudoso e xornalista galego.

Jaime Vidal Rey
 Cerdedo-Cotobade
Falecemento2 de febreiro de 1939
 Hinojosa del Duque
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista

Traxectoria

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos. Foi redactor-xefe de La Voz de Cotobad. Participou na campaña a prol do SI ao Estatuto de Autonomía cunha conferencia en Unión Radio en xuño de 1936[2]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado. Foi tenente provisional de Infantería do Batallón de Cazadores de Ceuta, núm. 7. Morreu en acción de guerra en Sierra Patuda, o 2 de febreiro de 1939.

Notas

  1. BOE, 14-2-1939, p. 863
  2. "Conferencia radiada" in El Pueblo Gallego, 23-6-1936, p. 8.
Alfonso Vázquez Martínez

Alfonso Vázquez Martínez, nado en Arbo o 10 de xuño de 1906 e finado en Santiago de Compostela o 11 de novembro de 1976, foi un historiador e publicista galego, que colaborou amplamente no Seminario de Estudos Galegos.

Felipe Cordero Carrete

Felipe Ramón Cordero Carrete, nado en Redondela en 1895 e finado en Santiago de Compostela en 1988, foi un profesor e estudoso galego.

Galería de imaxes de Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e falecido na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor e intelectual galego, membro da Xeración Nós.

Galería de imaxes de Vicente Risco

Vicente Martínez Risco y Agüero (Ourense, 1 de outubro de 1884 - 30 de abril de 1963) foi un intelectual galego do século XX, membro do Grupo Nós.

Galería de imaxes de grupo de personalidades de Galicia

Galería de imaxes de grupo de personalidades de Galicia, por orde cronolóxica.

Gonzalo López Abente

Gonzalo Francisco López Abente, nado en Muxía o 24 de marzo de 1878 e finado na mesma vila o 23 de xullo de 1963, foi un escritor en lingua galega que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, baseando na Costa da Morte boa parte da súa obra. Dirixiu a Irmandade da Fala de Muxía. En 1971 foi homenaxeado no Día das Letras Galegas.

La Voz de Cotobad

La Voz de Cotobad foi un periódico editado no Concello de Cotobade en 1936.

Leandro Carré Alvarellos

Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña o 30 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976, foi un escritor galego..

Luís Iglesias Iglesias

Luís Iglesias Iglesias, nado en Teis (Vigo) o 2 de xullo de 1895 e finado en Santiago de Compostela o 29 de decembro de 1977, foi un científico galego.

Manuel Díaz Rozas

Manuel Díaz Rozas, nado na Coruña en 1894 e finado na mesma cidade o 2 de marzo de 1984, foi un mestre e pedagogo galego.

Salustiano Portela Pazos

Salustiano Portela Pazos, nado en Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) o 6 de agosto de 1877 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1976, foi un clérigo e historiador galego.

Vicente Risco

Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun gran nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.

Xoán López Durá

Xoán López Durá, nado na Habana en 1910 e finado en México en 1973, foi un avogado e político galego.

Xulio Francisco Ogando

Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e falecido en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un escritor, académico e dirixente galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.