JSTOR

JSTOR (acrónimo de Journal Storage, Almacenamento de Xornais) é unha biblioteca dixital creada en 1995. Contiña orixinalmente copias dixitalizadas de números antigos de revistas académicas, pero agora inclúe tamén libros e fontes primarias, xunto cos números actuais das revistas.[1] Proporciona a posibilidade de facer buscas de texto completo de case 2.000 revistas.[2] Teñen acceso a JSTOR máis de 8.000 institucións de máis de 160 países,[2] e a maioría dos accesos son por subscrición, aínda que hai algúns contidos vellos en dominio público que están dispoñibles gratuitamente para calquera que os consulte.[3]

Historia

JSTOR creouno William G. Bowen, presidente da Universidade de Princeton de 1972 a 1988.[4] JSTOR estaba pensado inicialmente como unha solución a un dos problemas que se lle presentaban ás bibliotecas, especialmente ás bibliotecas universitarias e de investigación, debido ao número crecente de revistas académicas existente. Para a maioría das bibliotecas era prohibitivamente caro tanto en custo coma en espazo manter unha colección completa de revistas. Ao dixitalizar moitos títulos de revistas, JSTOR permitía ás bibliotecas externalizar o almacenamento de revistas coa confianza de que permanecerían dispoñibles a longo prazo. O acceso en liña e a capacidade de busca de textos completos mellorou o acceso drasticamente.

Bowen considerou inicialmente usar CD-ROMs para a distribución.[5] Porén, Ira Fuchs, a vicepresidenta da Universidade de Princeton para a Tecnoloxía da Información e Computación, convenceuno de que o CD-ROM era unha tecnoloxía que rapidamente quedaría anticuada e de que a distribución pola rede podería eliminar a redundancia e incrementar a accesibilidade. (Por exemplo, todos os edificios académicos e administrativos da universidade de Princeton estaban conectados á rede en 1989; a rede na residencia universitaria estaba completada xa en 1994; e as redes de campus como a de Princeton estaban, á súa vez, conectadas a redes máis grandes como BITNET e Internet). JSTOR iniciouse en 1995 en sete sedes de bibliotecas, e inicialmente albergaba dez revistas de historia e económicas. O acceso a JSTOR mellorou baseándose nas achegas das súas sedes iniciais, e converteuse nun índice no que se podía buscar, accesible desde calquera buscador web corrente. Instalouse software especial para facer as imaxes e gráficos máis claros e lexibles.[6]

Co éxito deste proxecto limitado, Bowen e Kevin Guthrie, entón presidente de JSTOR, quería aumentar o número de revistas participantes. Entrevistouse con representantes da Royal Society of London e chegaron a un acordo para dixitalizar as Transaccións Filosóficas da Sociedade Real desde o seu comezo que data de 1665. O traballo de engadir estes volumes a JSTOR completouse en decembro de 2000.[6]

A Fundación Andrew W. Mellon foi a que creou JSTOR inicialmente. Ata xaneiro de 2009 JSTOR funcionou como unha organización sen ánimo de lucro independente e con financiamento propio con oficinas na cidade de Nova York e en Ann Arbor, Michigan. Despois JSTOR fusionouse con Ithaka Harbors, Inc., organización tamén sen ánimo de lucro[7] creada en 2003 e "dedicouse a axudar á comunidade académica a aproveitar as tecnoloxías en rápido avance da información e a rede."[8]

Contido

O contido de JSTOR proporciónano máis de 900 editoriais.[2] A súa base de datos contén máis de 1.900 títulos de revistas,[2] de máis de 50 disciplinas.

Ademais do sitio web principal, o grupo JSTOR labs puxo en funcionamento un sevizo aberto que permite o acceso a contidos dos arquivos co propósito de facer unha análise de todo o corpus no seu servizo Data for Research.[9] Este sitio web ofrece unha ferramenta de busca con indicación gráfica do tema tratado no artigo e a integración no sitio principal de JSTOR. Os usuarios poden crear conxuntos de artigos do seu interese e despois solicitar unha palabra que conteña o conxunto de datos e frecuencias de n-grama e metadatos básicos. Estes son notificados cando os conxuntos de datos están listos e poden descargarse en XML ou formatos CSV. O servizo non ofrece textos completos, aínda que os académicos poden pedilo a JSTOR, suxeitos a un acordo de que non sexan divulgados.

JSTOR Plant Science[10] está tamén dispoñible ademais do sitio principal. JSTOR Plant Science proporciona acceso a contidos como espécimes tipo de plantas, estruturas taxonómicas, literatura científica, e materiais relacionados e dirixidos aos que investigan, ensinan, ou estudan botánica, bioloxía, ecoloxía, e estudos ambientais e de conservación da natureza. Os materiais de JSTOR Plant Science proceden da Global Plants Initiative (GPI)[11] e son accesibles só a membros de GPI e JSTOR. Dúas redes asociadas contribúen a isto: a African Plants Initiative, que está enfocada a plantas de África, e a Latin American Plants Initiative, sobre plantas de América latina.

JSTOR lanzou o seu programa Books in JSTOR en novembro de 2012, engadindo ao seu sitio 15.000 libros actuais e de fondo editorial. Os libros están ligados a revisións e desde citas en artigos de revistas.[12]

Acceso

O acceso a JSTOR está autorizado principalmente a institucións académicas, bibliotecas públicas, institucións de investigación, museos, e escolas. Teñen acceso máis de 7.000 institucións de máis de 150 países.[1] JSTOR puxo en funcionamento un programa piloto de institucións subscritoras permitidas para dar acceso aos seus ex-alumnos, ademais dos seus estudantes e persoal actuais. O Alumni Access Program (Programa de Acceso a Ex-alumnos) lanzouse oficialmente en xaneiro de 2013.[13] Tamén están dispoñibles subscricións individuais a certos títulos de revistas por medio da editorial da revista.[14] Cada ano, JSTOR bloquea 150 millóns de intentos de non subscritores de ler os artigos.[15]

Fixéronse consultas sobre a posibilidade de facer que JSTOR sexa de acceso libre. Segundo o profesor de leis de Harvard Lawrence Lessig, preguntouse a JSTOR "canto costaría poñelo a disposición de todo o mundo, canto teriamos que pagarlle? A resposta foi 250 millóns de dólares".[16]

Incidente de Aaron Swartz

A finais de 2010 e inicios de 2011, o activista de Internet Aaron Swartz utilizou a rede de datos do MIT para facer unha descarga masiva dunha porción substancial da colección de JSTOR de artigos de revistas académicas.[17][18] Cando se descubriu a descarga masiva, os empregados de JSTOR situaron ao principio unha cámara de vídeo na habitación para gravar ao misterioso visitador e deixaron o computador relevante sen tocar. Unha vez que se captou o vídeo do visitador, parouse a descarga e identificouse a Swartz. En vez de iniciar unha demanda legal contra el, en xuño de 2011 chegaron a un acordo mediante o cal el entregou os datos descargados.[17][18] Os artigos que foron descargados por Aaron eran de xornais académicos que publicaban artigos científicos financiados en gran medida por universidades públicas e con diñeiro de impostos dos contribuíntes.

Ao mes seguinte, as autoridades federais acusaron a Swartz de varios crimes relacionados co "roubo de datos".[19][20] Os fiscais do caso sostiveron que Swartz actuou coa intención de facer que os artigos estivesen dispoñibles en sitios de compartición de ficheiros P2P (peer-to-peer).[18][21]

Swartz entregouse ás autoridades, declarouse non culpable de todos os delitos, e foi liberado cunha fianza de 100.000 dólares. En setembro de 2012, os fiscais aumentaron o número de cargos contra Swartz de catro a trece, cunha posible pena de 35 anos de prisión e 1 millón en multas.[22][23] O caso aínda estaba pendente de xuízo cando Swartz se suicidou en xaneiro de 2013.[24]

Limitacións

A dispoñibilidade da maioría das revistas en JSTOR está controlada por un "moving wall" ("muro móbil"), que é un retardo acordado entre o volume actual da revista e o último volume dispoñible en JSTOR. Este período de tempo está especificado por acordo entre JSTOR e a editorial da revista, e xeralmente é de tres a cinco anos. As editoriais poden requirir que se cambie o período de "moving wall" ou mesmo pedir que se deixe de ofrecer a revista en JSTOR. Anteriormente as editoriais podían tamén solicitar que se cambiase o "moving wall" por un "fixed wall" ("muro fixado", unha data especificada despois da cal JSTOR non podería engadir novos volmes á súa base de datos). En novembro de 2010, os acordos de "fixed wall" estaban aínda en efecto con tres editoriais das 29 revistas dispoñibles en liña a través de sitios controlados polas editoriais.[25]

En 2010, JSTOR empezou a engadir os números actuais de certas revistas por medio do seu Current Scholarship Program.[26]

Acceso público crecente

Desde o 6 de setembro de 2011, JSTOR puxo a disposición do público contido de libre disposición.[27][28] Este programa de contido de revistas vellas ("Early Journal Content") constitúe un 6% dos contidos totais de JSTOR, e inclúe uns 500.000 documentos de máis de 200 revistas que se publicaban antes de 1923 en Estados Unidos e antes de 1870 noutros países.[27][28][29] JSTOR afirmou que estivera traballando sobre a posibilidade de facer que este material fose de libre acceso desde hai algún tempo. A controversia do caso Swartz e o torrent de protesta de Greg Maxwell do mesmo contido levou a JSTOR a impulsar esta iniciativa.[27][28]

En xaneiro de 2012, o JSTOR empezou un programa piloto "Register & Read," que ofrece un acceso gratuíto limitado (pero non de acceso aberto) a artigos arquivados para persoas que se rexistran no servizo. Cando concluíu o programa piloto, en xaneiro de 2013, JSTOR ampliou Register & Read desde as 76 editoriais iniciais ata uns 1.200 xornais e unhas 700 editoriais.[30] Os lectores rexistrados poden ler ata tres artigos en liña cada dúas semanas, pero non poden imprimir nin descargar PDFs.[31]

JSTOR está levando a cabo un programa piloto con wikipedia, no cal se lle dan dereitos de lectura a determinados editores por medio da Wikipedia Library, e coa biblioteca universitaria.[32][33]

Uso

En 2012, os usuarios de JSTOR realizaron case 152 millóns de buscas, con máis de 113 millóns de visitas a artigos e 73,5 millóns de artigos descargados.[2] JSTOR foi utilizado como unha fonte para a investigación lingüística para investigar as tendencias no uso da linguaxe ao longo do tempo e tamén para analizar diferenzas de xénero en publicacións académicas.[34][35]

Notas

  1. 1,0 1,1 "At a glance" (PDF). JSTOR. February 13, 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2013. Consultado o December 1, 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 JSTOR (19 marzo 2013). "Annual Summary" (PDF). Consultado o 13 abril 2013.
  3. "Register and read beta".
  4. Leitch, Alexander. "Bowen, William Gordon". Princeton University Press.
  5. "JSTOR, A History" by Roger C. Schonfeld, Princeton University Press, 2003
  6. 6,0 6,1 Taylor, John (2001). "JSTOR: An Electronic Archive from 1665". Notes and Records of the Royal Society of London 55 (1): 179–81. JSTOR 532157. doi:10.1098/rsnr.2001.0135.
  7. "About". JSTOR. Consultado o 28 November 2015.
  8. "About". Ithaka. Consultado o 2009-10-25.
  9. Data for Research. JSTOR.
  10. JSTOR Plant Science. JSTOR.
  11. Global Plants Initiative. JSTOR.
  12. "A new chapter begins: Books at JSTOR launches". JSTOR. November 12, 2012. Consultado o December 1, 2012.
  13. "Access for alumni". JSTOR. Consultado o December 1, 2012.
  14. "Individual subscriptions". JSTOR. Consultado o December 1, 2012.
  15. Every Year, JSTOR Turns Away 150 Million Attempts to Read Journal Articles. The Atlantic. Consultado o 29 de xaneiro de 2013.
  16. Lessig on "Aaron's Laws - Law and Justice in a Digital Age". YouTube (2013-02-20). Retrieved on 2014-04-12.
  17. 17,0 17,1 "JSTOR Statement: Misuse Incident and Criminal Case". JSTOR. 2011-07-19.
  18. 18,0 18,1 18,2 "Aaron Swartz, Internet Pioneer, Found Dead Amid Prosecutor 'Bullying' In Unconventional Case". The Huffington Post. 2013-01-12.
  19. Bilton, Nick (July 19, 2011). "Internet activist charged in M.I.T. data theft". Bits Blog, The New York Times. Consultado o December 1, 2012.
  20. Schwartz, John (July 19, 2011). "Open-Access Advocate Is Arrested for Huge Download". New York Times. Consultado o July 19, 2011.
  21. Lindsay, Jay (July 19, 2011). "Feds: Harvard fellow hacked millions of papers". Associated Press. Consultado o July 20, 2011.
  22. Ortiz, Carmen (2011-07-19). "Alleged Hacker Charged with Stealing over Four Million Documents from MIT Network". The United States Attorney's Office". Arquivado dende o orixinal o 2011-07-24.
  23. Kravets, David (2012-09-18). "Feds Charge Activist with 13 Felonies for Rogue Downloading of Academic Articles". Wired.
  24. "Aaron Swartz, internet freedom activist, dies aged 26", BBC News
  25. "Moving wall". JSTOR.
  26. "About current journals". JSTOR. Consultado o December 1, 2012.
  27. 27,0 27,1 27,2 Brown, Laura (September 7, 2011). "JSTOR–free access to early journal content and serving 'unaffiliated' users", JSTOR. Retrieved December 1, 2012.
  28. 28,0 28,1 28,2 Rapp, David (2011-09-07). "JSTOR Announces Free Access to 500K Public Domain Journal Articles". Library Journal. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015.
  29. "Early journal content". JSTOR. Consultado o December 1, 2012.
  30. Tilsley, Alexandra (January 9, 2013). "Journal Archive Opens Up (Some)". Inside Higher Ed. Consultado o 6 January 2015.
  31. "Register & Read". JSTOR. Consultado o 2015-10-21.
  32. Orlowitz, Jake; Earley, Patrick (January 25, 2014). "Librarypedia: The Future of Libraries and Wikipedia". The Digital Shift. Library Journal. Consultado o 20 December 2014.
  33. Price, Gary (June 22, 2014). "Wikipedia Library Program Expands With More Accounts From JSTOR, Credo, and Other Database Providers". INFOdocket. Library Journal. Consultado o 20 December 2014.
  34. Shapiro, Fred R. (1998). "A Study in Computer-Assisted Lexicology: Evidence on the Emergence of Hopefully as a Sentence Adverb from the JSTOR Journal Archive and Other Electronic Resources". American Speech 73 (3): 279–296. JSTOR 455826. doi:10.2307/455826.
  35. Wilson, Robin (outubro 22, 2012). "Scholarly Publishing's Gender Gap". The Chronicle of Higher Education. Consultado o 6 January 2015.

Véxase tamén

JSTOR May TWL Metrics
Número de ligazóns de En-WP a JSTOR utilizando o Special:LinkSearch.

Bibliografía

  • Gauger, Barbara J; Kacena, Carolyn (2006). "JSTOR usage data and what it can tell us about ourselves: is there predictability based on historical use by libraries of similar size?". OCLC Systems & Services 22 (1): 43–55. doi:10.1108/10650750610640801.
  • Schonfeld, Roger C (2003). JSTOR: A History. Princeton, NJ: Princeton University Press. ISBN 0-691-11531-1.
  • Seeds, Robert S (November 2002). "Impact of a digital archive (JSTOR) on print collection use". Collection Building 21 (3): 120–22. doi:10.1108/01604950210434551.
  • Spinella, Michael P (2007). "JSTOR". Journal of Library Administration 46 (2): 55–78. doi:10.1300/J111v46n02_05.
  • Spinella, Michael (2008). "JSTOR and the changing digital landscape". Interlending & Document Supply 36 (2): 79–85. doi:10.1108/02641610810878549.

Ligazóns externas

  • JSTOR - Páxina oficial
  • "Libraries and institutions offering access". JSTOR. Consultado o 2015-10-21.. Base de datos na que se pode buscar, inclúe moitas bibliotecas públicas de libre acceso para persoas que teñan tarxeta da biblioteca.
  • "Register & Read". JSTOR. Consultado o 2015-10-21.. Rexistro individual libre, que ofrece acceso libre de só lectura (non se pode imprimir nin descargar) a tres artigos cada dúas semanas (78 ao ano).
Actor

Un actor ou unha actriz, é unha persoa que representa un papel nunha obra teatral, cinematográfica, radiofónica ou televisiva. O primeiro actor do que se ten noticias foi o grego Tespo que actuou no Teatro Dionisio no 534 a.C. e que narrou a historia en primeira persoa, ata entón as historias que se narraban contábanse en terceira persoa.

No século XX, os actores eran professionais da súa materia e formados en arte dramática. Coa aparición do cinema, o número de actores de sona multiplicouse.

Arquipélago

Un arquipélago é un conxunto de illas relativamente próximas unhas das outras. A proximidade débese, xeralmente, a unha orixe xeolóxica común para a totalidade do arquipélago, que normalmente se forma ao longo dunha dorsal oceánica.

Avogado

Un avogado (do latín advocatus) é aquela persoa, licenciada en dereito que exerce profesionalmente a defensa das partes en xuízo e toda clase de procesos xudiciais e administrativos e, en xeral, o asesoramento e consello en materias xurídicas. Na maioría dos ordenamentos, para exercer esta profesión, requírese estar inscrito nun colexio de avogados.

Baixo

O baixo é un instrumento musical eléctrico de catro, cinco ou seis cordas (o máis habitual son catro), un híbrido entre a guitarra e o contrabaixo, tal como o explica o seu nome orixinal: guitarra baixa (en inglés bass guitar). Adoita a tocarse sobre todo usando os dedos, pero tamén pode tocarse con puga.

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Canto

O canto é a emisión controlada de sons do aparello fonador (voz), seguindo unha composición musical. O canto ten un rol importante dentro da música porque é o único medio musical que pode integrar texto á liña musical. O intérprete denomínase cantante, e para certos xéneros musicais cantor e cantaor.

Composición musical

A composición musical é o proceso de creación dunha obra musical, tanto na tradición occidental da música clásica, como tamén na música de cinema, de videoxogos ou calquera outra.

Densidade de poboación

A densidade de poboación é a intensidade da poboación, expresada coa relación entre o número de individuos e a superficie do territorio. Xeralmente exprésase en habitantes/km² ou habitantes/m².

Dirección de cine

A dirección de cine é o posto profesional encargado de dirixir a filmación dunha película, dando instrucións ós actores e actrices, decidindo o ángulo da cámara e o desprazamento desta, supervisando o decorado e o vestiario, e todas as demais funcións necesarias para levar a cabo a rodaxe.

A importancia que se lle ten dado ós directores na historia do cine é variada. Por exemplo, na época de ouro de Hollywood, o posto máis importante na creación dunha película era a produción, e a personaxe máis relevante era o actor ou a actriz, sendo considerada a dirección como a parte técnica que dirixía cada día a filmación. Primeiro en Europa e, máis tarde nos Estados Unidos, o cargo de dirección foi adquirindo maior relevancia ata chegar a ser considerado a parte principal na autoría dunha película.

Dominio público

Por dominio público enténdese o conxunto de bens e dereitos de titularidade pública non posuídos de xeito privativo. Un exemplo é o consistente no espazo radioeléctrico, as augas terrestres, as continentais etc.

Outros ordenamentos xurídicos consideran que o dominio público está formado polos bens de titularidade comunitaria. Así, as comunidades de regantes, de pastos, de bosques etc.

Ademais, estase atopando dun tempo a esta parte que por Dominio Público enténdese aquilo que carece de dono. Esta acepción non é axeitada: o que non ten dono chámase Res nullius, 'cousa de ninguén', pero non dominio público porque se non ten dono pode ser apropiado por calquera.

Efeméride

Efeméride significa, en latín, "memorial diario", "calendario" (ephemeris, ìdis) ou, en grego, "de cada día" (ephémerís, îdos). A palabra efémero/a ("que dura un día") ten a mesma etimoloxía.

Escritor

Un escritor é unha persoa que escribe textos en calquera tipo de documento, un autor de obras escritas ou impresas que usa a escritura para difundir as súas ideas ou as alleas.

Desde a alfabetización infantil, poderiamos considerar a calquera un escritor, pero o termo adoita restrinxirse ós que desenvolven esta faceta como actividade profesional. De tódolos xeitos calquera que desexe selo pode converterse en escritor aínda que o seu traballo non chegue a publicarse baixo ningún formato.

Algunhas das innumerables formas nas que un escritor pode exercitarse como tal son poesía, prosa, ensaio, xornalismo, guión, ou calquera dos xéneros literarios existentes.

Himno

Un himno (do grego ὕμνος, hymnos, "unha canción de eloxio") é un subxénero da lírica consistente nunha composición poética cantada en honor dunha divindade (himno litúrxico), unha persoa, unha colectividade (himno nacional).

Illa

Unha illa ou insua é unha extensión de terra rodeada de auga por todas partes, tanto sexa nun mar, nun lago ou mesmo nun río.

Músico

Un músico ou unha música é unha persoa que compón ou executa pezas musicais.

Cando a persoa compón pezas fálase dun compositor, mentres que quen as executan poden ser instrumentistas (como guitarristas, violinistas, violonchelistas e pianistas, por exemplo), cantantes, directores de orquestra etc.

Tamén son músicos quen realizan arranxos musicais e orquestracións. Na música popular son frecuentes os cantautores, que son aqueles que crean e interpretan cancións.

Rexión

Unha rexión (latín: regĭo) é unha división espacial dun Estado ou dunha área distinta, determinada por caracteres étnicos, demográficos, históricos, culturais, económicos ou circunstancias especiais de clima, topografía, administración, goberno etc. O concepto de rexión está indisolubelmente ligado ao de escala, polo que podemos considerar a existencia de rexións de moi diverso tamaño, dende rexións supranacionais (por exemplo, Comunidade Europea, Rexión Andina etc.) até pequenas bisbarras ou un reducido val de montaña. Constitúe o obxecto de estudo da xeografía rexional

Segunda guerra mundial

A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Nun estado de "guerra total", os principais participantes adicaron a súa capacidade económica, industrial e científica ó completo ó esforzo de guerra, eliminando as distincións entre recursos militares e civís. Marcada polas mortes masivas de civís, incluíndo o Holocausto no que faleceron uns 11 millóns de persoas e os bombardeos estratéxicos de centros industriais e de poboación nos que faleceron ó redor dun millón de persoas, incluíndo os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki, tivo como resultado final un total de entre 50 e 58 millóns de mortes. Isto fixo da segunda guerra mundial o conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade.

En 1937 o Imperio do Xapón pretendía dominar Asia e o Pacífico e xa estaba en guerra coa República da China, mais a data de inicio da guerra mundial dátase xeralmente no 1 de setembro de 1939 coa invasión de Polonia por parte de Alemaña e as subsecuentes declaracións de guerra de Alemaña a Francia e o Reino Unido. Dende finais de 1939 ata comezos de 1941, mediante unha serie de campañas militares e tratados, Alemaña conquistou ou pasou a controlar gran parte da Europa continental, e formou a alianza do Eixe xunto con Italia e o Xapón. Por medio do Pacto Molotov-Ribbentrop de agosto de 1939, Alemaña e a Unión Soviética dividiron e anexionaron territorios dos seus veciños europeos, incluíndo Polonia, Finlandia, Romanía e os países bálticos. A guerra continuou entre as principais potencias europeas do Eixe e a coalición do Reino Unido e a Commonwealth, con varias campañas no norte e leste de África, a batalla aérea de Inglaterra, a campaña de bombardeo do Blitz, a campaña dos Balcáns e a continuada batalla do Atlántico. En xuño de 1941 as potencias europeas do Eixe comezaron unha invasión da Unión Soviética, abrindo o maior teatro de guerra terrestre da historia, o que bloqueou a gran parte das súas forzas nunha guerra de desgaste. En decembro de 1941 o Xapón atacou os Estados Unidos e invadiu territorios europeos no océano Pacífico, conquistando con rapidez gran parte do Pacífico occidental.

O avance do Eixe detívose en 1942 cando o Xapón perdeu a batalla de Midway preto de Hawai, e cando Alemaña sufriu sendas derrotas no norte de África e Stalingrado. En 1943, tras unha serie de derrotas alemás na Fronte Oriental, a invasión Aliada de Sicilia e Italia deron como resultado a rendición de Italia. Xunto coas vitorias Aliadas no Pacífico, o Eixe perdeu a iniciativa da guerra e levou a cabo unha retirada estratéxica en tódalas frontes. En 1944 os Aliados Occidentais invadiron a Francia ocupada por Alemaña, mentres que a Unión Soviética recuperou o territorio perdido e comezou unha invasión de Alemaña e os seus aliados. Durante os anos 1944 e 1945 os xaponeses sufriron varios reveses no continente asiático, no sur e centro da China e en Birmania, mentres que os Aliados conseguiron debilitar á Armada Xaponesa e capturaron varias illas chave do Pacífico Occidental.

A guerra en Europa concluíu coa invasión de Alemaña por parte dos Aliados Occidentais e da Unión Soviética, culminando na captura de Berlín e a subsecuente rendición incondicional de Alemaña o 8 de maio de 1945. Trala Declaración de Potsdam dos Aliados o 26 de xullo de 1945 e o rexeitamento do Xapón da rendición baixo os seus termos, os Estados Unidos lanzaron bombas atómicas nas cidades xaponesas de Hiroshima e Nagasaki o 6 e o 9 de agosto respectivamente. Cunha inminente invasión do arquipélago xaponés, a posibilidade de novos bombardeos atómicos e a declaración de guerra da Unión Soviética e a invasión de Manchuria, o Xapón rendeuse o 15 de agosto de 1945.

A segunda guerra mundial alterou os aliñamentos políticos e a estrutura social do mundo. Estableceuse a Organización das Nacións Unidas co obxectivo de fomentar a cooperación internacional e previr conflitos futuros semellantes, e as grandes potencias mundiais vitoriosas —os Estados Unidos, a Unión Soviética, a China, o Reino Unido e Francia— convertéronse en membros permanentes do seu Consello de Seguridade. A Unión Soviética e os Estados Unidos xurdiron como superpotencias mundiais, preparando o escenario da guerra fría que duraría 46 anos. Ó mesmo tempo a influencia mundial das potencias europeas diminuíu considerablemente, dando lugar a descolonización de Asia e África. A maioría de países que viron a súa industria danada pola guerra comezaron diversos esforzos para unha recuperación económica, e a integración política, especialmente en Europa, xurdiu como un esforzo para atallar conflitos evitando posibles guerras e co obxectivo de crear unha identidade común europea.

Wiki

Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia]O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia]O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.

Xénero (bioloxía)

O xénero, no campo da bioloxía, é unha unidade sistemática das clasificacións por categorías taxonómicas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.