Izquierda Unida

Izquierda Unida é unha organización política española federalista, republicana e de esquerdas.

Izquierda Unida (IU)
Partido político de España
Izquierda Unida (logo)
Dirixentes e organización
LíderAlberto Garzón
MocidadesJóvenes de Izquierda Unida
Filiación internacionalPartido da Esquerda Europea
Historia
Fundación1986
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
Federalismo
Republicanismo
Ecoloxismo
Socialismo
Representación
Concelleiros
2.029 / 67.611
Congreso dos Deputados
8 / 350
Parlamentos autonómicos
17 / 1.268
(dentro de Izquierda Plural)
Senado
2 / 265
Parlamento Europeo
6 / 54
(dentro de La Izquierda Plural)
Outros datos
SedeOlimpo, 35. 28043 Madrid
Páxina webwww.izquierda-unida.es

Estrutura

Segundo os seus estatutos, é un movemento político, social e cultural que se conforma nunha organización, política e xuridicamente soberana, que ten como obxectivo transformar gradualmente o sistema capitalista económico, social e político, nun sistema socialista democrático, fundamentado nos principios de xustiza, igualdade e solidariedade, organizado en forma dun Estado de dereito federal e republicano. Foi creada ao redor das mobilizacións contra o ingreso de España na OTAN en 1986. Inicialmente foi formada polo Partido Comunista de España (PCE), o Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), Partido de Acción Socialista (PASOC), Izquierda Republicana (IR), a Federación Progresista (FP), o Partido Carlista e o Partido Humanista, así como independentes. Gradualmente estes partidos foron marchando de IU e actualmente está constituída polo PCE, Colectivo de Unidad de los Trabajadores e Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI). En Cataluña IU non actúa, o seu referente político alí Esquerra Unida i Alternativa é unha organización soberana.

Funcionamento interno

Ten ó redor de 70.000 afiliados. O seu responsable máximo dende 2016 é o coordinador xeral Antonio Garzón, e anteriormente Cayo Lara, Gaspar Llamazares, Gerardo Iglesias e Julio Anguita.

Federacións

IU ten unha organización federal da que forman parte quince federacións que teñen unha denominación específica:

  • en Andalucía, Izquierda Unida - Los Verdes Convocatoria por Andalucía;
  • en Galiza Esquerda Unida-Izquierda Unida;
  • no País Valenciano Esquerra Unida del País Valenciá;
  • en Baleares Esquerra Unida de les Illes Balears;
  • en Navarra Izquierda Unida de Navarra-Nafarroako Ezker Batua;
  • en Aragón Izquierda Unida de Aragón;
  • en Castela-A Mancha Izquierda Unida - Izquierda de Castilla La Mancha;
  • en Canarias Izquierda Unida Canaria;
  • en Asturias Izquierda Unida de Asturias - Izquierda Xunida d'Asturies;
  • en Cantabria Izquierda Unida de Cantabria;
  • en Estremadura Izquierda Unida - Compromiso por Extremadura;
  • en Castela e León Izquierda Unida de Castilla y León;
  • en Ceuta Izquierda Unida de Ceuta;
  • na Rioxa Izquierda Unida de La Rioja;
  • en Madrid Izquierda Unida Comunidad de Madrid;
  • en Melilla Izquierda Unida de Melilla; y
  • en Murcia Izquierda Unida de la Región de Murcia.

Ademais existen dúas organizacións soberanas federadas a IU: Ezker Batua no País Vasco e Esquerra Unida i Alternativa en Cataluña.

Resultados electorais

Eleccións Líder/Candidato Votos Porcentaxe Representantes
1986 Xerais Gerardo Iglesias 935.504 4,63% 7 deputados
1987 Municipais Gerardo Iglesias 1 399 364 7,18% 2.315 concelleiros
1987 Europeas Gerardo Iglesias 1 011 830 5,25% 3 eurodeputados
1989 Xerais Julio Anguita 1 858 588 9,07% 17 deputados
1989 Europeas Julio Anguita 961.742 6,06% 4 eurodeputados
1991 Municipais Julio Anguita 1 579 097 8,38% 2.614 concelleiros
1994 Europeas Julio Anguita 2 497 671 13,44% 9 eurodeputados
1995 Municipais Julio Anguita 2 589 780 11,68% 3.493 concelleiros
1996 Xerais Julio Anguita 2 639 774 10,54% 21 deputados
1999 Municipais Julio Anguita 1 387 900 6,52% 2.295 concelleiros
1999 Europeas Julio Anguita 1 221 566 5,77% 4 eurodeputados
2000 Xerais Francisco Frutos 1 263 043 5,45% 8 deputados
2003 Municipais Gaspar Llamazares 1 394 871 6,68% 2.198 concelleiros
2004 Xerais Gaspar Llamazares 1 284 081 4,96% 3 deputados
2004 Europeas Gaspar Llamazares 643.136 4,15% 1 eurodeputado
  • A partir do 2004, IU concorre ás eleccións coaligada con ICV, na táboa móstranse apenas os deputados obtidos por IU, e non os que foron para ICV.

Véxase tamén

Ligazóns Externas

Bloque por Asturies

Bloque por Asturies é un partido político asturiano nacionalista de esquerdas. Nas derradeiras eleccións presentouse en coalición con Izquierda Unida e forma parte do goberno xunto ó PSOE.

Forma parte do Conceyu Abiertu pola Oficialidá e o seu dirixente é Rafael Palacios, que ostenta o cargo de director de cooperación do Principado. O seu secretario xeral é Roberto Colunga Fernández.

Eleccións autonómicas de Asturias

As eleccións autonómicas de Asturias celebráronse en nove ocasións desde a chegada da democracia ao Principado de Asturias.

En sete delas resultou vencedor o Partido Socialista Obrero Español, noutra o Partido Popular, e noutra Foro Asturias.

Á parte dos xa citados, outros seis partidos obtiveron representación na Xunta Xeral do Principado de Asturias: Izquierda Unida, Bloque por Asturies, Unión Renovadora Asturiana, Centro Democrático y Social, Partíu Asturianista e Partido Comunista de Asturias.

Eleccións municipais de España de 2015

De acordo co establecido na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, o 24 de maio de 2015 (cuarto domingo de maio), realizáronse en España eleccións municipais.

Eleccións xerais de España de 2008

O 9 de marzo de 2008 tiveron lugar as eleccións a Cortes Xerais en España (9-M). Foron as décimas eleccións xerais que tiveron lugar dende a Transición, e serviron pra renovar os 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. Estas eleccións deron paso á IX Lexislatura. Ese mesmo día tamén se celebraron as elecciones autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1991

As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1991 celebráronse o 26 de maio. É de destacar que, aínda tendo aumentado o número de electores, o número de votantes descendeu, polo que se deu a participación máis baixa na súa historia.

Os dous principais partidos aumentaron o número de escanos, volvendo saír vencedores os socialistas, con Juan Luis Rodríguez Vigil á cabeza. Izquierda Unida tamén aumentou os seus representantes na Xunta, que por primeira vez na súa historia contou coa presenza dun deputado asturianista, Xuan Xosé Sánchez Vicente, do Partíu Asturianista, como representante da Coalición Asturiana. O gran perdedor das eleccións foi o CDS, que pasou de ter 8 representantes a tan só 2.

Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1999

As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1999 celebráronse o 13 de xuño. Tras o abandono por parte de Sergio Marqués do PP en 1998 para formar Unión Renovadora Asturiana, este presentouse ás eleccións por dito partido. Debido a isto, o PP viu como pasaba de 21 escanos a 15, recuperando de novo o PSOE o goberno, por maioría absoluta. A nova formación do ex presidente, a URAS, conseguiu 3 escanos, o mesmo número que Izquierda Unida, que perdeu outros 3.

Esquerda Unida

Esquerda Unida é unha forza política que constitúe a federación galega de Izquierda Unida.

Esquerra Unida del País Valencià

Esquerra Unida del País Valencià (EUPV) (en galego: Esquerda Unida do País Valenciano) é un movemento político e social que se configura como unha organización política e xuridicamente soberana, de ámbito territorial valenciano. Aínda así, é a federación valenciana da organización política española Izquierda Unida. A soberanía de EUPV reside na Asemblea do País Valenciano, onde os representantes do total da afiliación participan e deciden en igualdade de condicións.

O obxectivo de Esquerra Unida del País Valencià é a transformación das pautas económicas, sociais, culturais e políticas que rexen o vixente sistema capitalista nun sistema socialista democrático, onde sexa posíbel a plena realización da liberdade, da igualdade e dos Dereitos Fundamentais individuais, políticos, sociais, nacionais e culturais, así como o equilibrio co medio ambiente, a consecución real da igualdade entre mulleres e homes, e a construción dun País Valenciano soberano e solidario.

En 1986 xurdiu Esquerra Unida del País Valencià como coalición integrada polo Partit Comunista del País Valencià unido a outros grupos (PASOC, IR etc). Nas Eleccións Autonómicas de 1987, EUPV aliouse con Unitat del Poble Valencià (UPV). Posteriormente EUPV presentouse a tódalas convocatorias electorais, obtendo representación nas Cortes Valencianas, Cortes Xerais, Parlamento Europeo e centos de concellos. Dende 1990 tense constituído unha corrente interna de esquerdas, ecoloxista e valencianista denominada ESQUERRA I PAIS (www.esquerraipais.org) que é actualmente a minoría maioritaria de EUPV.En las Eleccións Autonómicas de 2003 e nas Xerais de 2004 EUPV presentouse en diversas coalicións con Los Verdes, L'ENTESA etc. E sempre se puido conformar Grupo parlamentario propio.

Dende 2003 a Coordinadora Xeral de EUPV é Glòria Marcos.

Anteriormente á conformación da actual EUPV constituíuse unha primeira formación con este nome en 1982 integrada polo Moviment Comunista del País Valencià (MCPV), a Lliga Comunista Revolucionària (LCR) e varios grupos independentes de esquerda nacionalista entre os que o principal era a Esquerra Independent de Castelló (EIC). Esta primeira forza denominada EUPV desapareceu en 1983 ao unirse na coalición Unitat del Poble Valencià, que se converteu en partido político en 1984.

Ezker Batua - Berdeak

Ezker Batua-Berdeak é unha organización política do País Vasco, formada polo PCE-EPK e independentes de esquerdas. Até o ano 2004 estivo federada a Izquierda Unida pero posteriormente cambiou o seu status, equiparándoo ó referente catalán de IU, EUiA, establecendo a soberanía en Ezker Batua-Berdeak, que libremente decide asociarse con Izquierda Unida.

O seu coordinador xeral até 2009 foi Javier Madrazo, quen foi conselleiro de Vivenda e Asuntos Sociais do Goberno vasco.

Gaspar Llamazares

Gaspar Llamazares Trigo, nado en Logroño (A Rioxa) o 28 de novembro de 1957, é un político e médico español. É o coordinador xeral da coalición Izquierda Unida dende outubro de 2000 e o seu candidato á presidencia do Goberno para as eleccións de 2008.

Iniciativa per Catalunya Verds

Iniciativa per Catalunya Verds (ICV) é un partido político ecosocialista catalán que ten a súa orixe en Iniciativa per Catalunya (IC), unha federación de partidos formada en 1987 polo Partit Socialista Unificat de Catalunya, Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra e o Partit dels Comunistes de Catalunya que incorporou personalidades independentes procedentes dos movementos sociais e que pretendía reorganizar o antigo espazo comunista catalán e abrirse ós novos movementos sociais, mantiña acordos electorais e parlamentarios con Izquierda Unida. O seu primeiro dirixente foi Rafael Ribó que procedía do partido maioritario, o PSUC.

Preséntase desde 2003 xunto con Esquerra Unida i Alternativa ás eleccións ao Parlamento de Cataluña (ICV-EUiA).

Izquierda Republicana

Izquierda Republicana (IR) é un partido político español republicano de esquerdas formado o 3 de abril de 1934 pola unión da Acción Republicana, Acción Socialista, o sector esquerdista do Partido Republicano Radical Socialista e a Organización Republicana Gallega Autónoma.

Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía

Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía (IULV-CA) (en galego: Esquerda Unida Os Verdes-Convocatoria por Andalucía ; EUOV-CA) é unha federación do movemento político e social español Esquerda Unida en Andalucía.

Nas eleccións autonómicas de 2012 obtivo 12 deputados no Parlamento de Andalucía. En xuño de 2013, tras a celebración da súa XIX Asemblea, Antonio Maíllo foi elixido coordinador xeral. En 2013 contaba con 10.000 militantes.

Izquierda Unida de Navarra - Nafarroako Ezker Batua

Izquierda Unida de Navarra en castelán e Nafarroako Ezker Batua en éuscaro, (IUN-NEB), é unha organización política da Comunidade Foral de Navarra. Defínese como un movemento político e social organizado da esquerda navarra e está federado con Izquierda Unida (organización política española).

Situada no espectro político da esquerda, IUN-NEB ten como obxectivo dinamizar un pensamento crítico encamiñado a lograr un cambio social fundamental na liberdade, igualdade e solidariedade. En unión doutros movementos, en especial os ecoloxistas, adoita acudir ás diferentes eleccións ofrecendo unha oferta progresista e ecoloxista. No 2011 estableceu con Batzarre a coalición electoral Izquierda-Ezkerra.

Partido Comunista de España

O Partido Comunista de España (ou PCE) é un partido político español integrado actualmente en Izquierda Unida, xurdiu de grupos do PSOE e da CNT partidarios de sumarse a III Internacional fundada por Lenin e de apoiar a revolución rusa que el dirixía.

Partido Comunista de Galicia

O Partido Comunista de Galicia (PCG) constitúe a federación galega do Partido Comunista de España, forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida e ten como única lingua oficial o galego, o seu himno é A Internacional e o seu órgano de expresión é A Voz do Pobo publicado desde agosto de 1969. As súas xuventudes organízanse na Xuventude Comunista.

Unidos Podemos

Unidos Podemos (Podemos-IU-Equo) é unha coalición electoral española conformada por Podemos, Izquierda Unida, Equo e outras formacións de esquerdas, constituída o 13 de maio de 2016 para presentarse ás eleccións xerais do mesmo ano.Presentouse en todas as circunscricións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, excepto nas catalás (onde se presentou a coalición En Comú Podem-Guanyem el Canvi), valencianas (onde se presentou a coalición Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana) e galegas (onde se presentou a coalición En Marea) a ambas as Cámaras e en Eivissa-Formentera ao Senado (onde se presentou a coalición Podemos-EU-Más).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.