Izar Fene

Izar Fene foi o nome co que se coñeceu un estaleiro do grupo Izar Construcciones Navales en Fene. Foi absorbido en 2005 pola nova compañía naval pública Navantia.

Ata o ano 2000, este estaleiro foi coñecido como ASTANO (Astilleros y Talleres del Noroeste), e funcionaba como estaleiro público de construción civil entón xa limitado ao mercado offshore e as reparacións navais.

En decembro de 2004, a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), accionista e xestora do grupo Izar, decide a segregación da rama militar de Izar, creando en marzo de 2005 a sociedade Navantia, formada polos asteleiros de Ferrol, Fene, Puerto Real, San Fernando, Cádiz e Cartagena. Fusionando así Astilleros Españoles, construccións navais civís, con Bazán construccións navais militares.

A produción civil destas plantas quedou limitada dende entón a un 20% da actividade total do grupo[Cómpre referencia] no sector civil por compromiso do goberno español con Bruxelas. En abril de 2005 a SEPI comezou o proceso de liquidación de Izar Fene, que dende entón non opta a novos contratos -só pode operar no sector militar- e afronta a súa disolución e peche definitivo. En 2014 Navantia Fene (antigo Astano) rematará o veto imposto pola Unión Europea á construción civil naval.

Farwah

Farwah é unha plataforma offshore deseñada por Exmar e Izar. Constrído en Izar Fene (ex Astano). Foi construída en 18 meses, 6 menos do contratado. Custou 114 millóns de euros.En 2008 Exmar vendeu a plataforma a Mabruk Oil Operations.

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

IZAR

Izar construcciones navales foi constituída como sociedade en xullo de 2000, situándose como noveno grupo naval do mundo e segundo de Europa, sendo resultado da fusión entre Estaleiros Españois (AESA), sociedade que aglutinaba os estaleiros públicos civís:

Astilleros de Cádiz

Juliana Constructora Xixonesa

Manises Diesel Engine Company

Astilleros y Talleres del Noroeste (ASTANO)

Astilleros de Puerto Real

Astilleros de Sestao

Astilleros de Sevillae os estaleiros públicos militares Bazán:

Ferrol

Cartagena

San FernandoEn decembro de 2004 a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), accionista e xestora do grupo, decide a segregación da rama militar de Izar, creando en marzo de 2005 a sociedade Navantia, formada polos estaleiros de:

Izar Ferrol

Izar Fene (anteriormente ASTANO)

Izar Puerto Real

Izar San Fernando

Izar Cádiz

Izar Cartagenaestando a produción civil dos mesmos limitada a un 20% da actividade total do grupo. En abril de 2005 a SEPI comeza o proceso de liquidación de Izar, que desde entón non pode conseguir novos contratos.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.