Iván Raña

Iván Raña Fuentes, nado o 10 de xuño de 1979 en Ordes, é un deportista galego.

Iván Raña
Medalla de Galiza.svg
IvanRanha
Iván Raña, logo de quedar segundo na Copa do Mundo de Madrid 2006.
Información persoal
AlcumeO soldado
NacionalidadeGalicia Galicia
Nacemento10 de xuño de 1979 (40 anos)
Ordes, Galicia
ResidenciaPontevedra
Altura1,74 m
Peso62 kg
Webivanraña.es
Deporte
PaísEspaña
DeporteTríatlon

Traxectoria

Foi o primeiro triatleta galego en conseguir un campionato do mundo da especialidade, o primeiro en vencer nunha proba da Copa do Mundo e en participar nuns Xogos Olímpicos. Raña tivo unha vertixinosa progresión deportiva que se freou nos Xogos Olímpicos de Atenas, onde obtivo unha discreta posición por culpa das lesións e non puido revalidar o diploma colleitado catro anos antes en Sydney. Na tempada de 2006 recuperou outra vez a primeira liña mundial.

Se ben o tríatlon valora o equilibrio na preparación entre as súas tres especialidades, a que se lle dá mellor a Raña é a bicicleta. Por esta razón a finais do 2008 ofreceuse ó equipo ciclista Xacobeo Galicia para formar parte do equipo, e tras estudar a oferta Álvaro Pino, decidiu a súa contratación, co que pasou a formar parte dese equipo profesional[1].

Mellores resultados

Campionatos do mundo

Lugar Posición Data Título
Flag of the United States.svg Cleveland (Estados Unidos) 4 (júnior) 1996
Australia Perth (Australia) 4 (júnior) 16.09.1997
Suíza Lausana (Suíza) 6 (júnior) 30.08.1998
Flag of Canada.svg Montreal (Canadá) 3 (júnior) 12.09.1999 Bronce Bronce
Australia Perth (Australia) 23 30.04.2000
Flag of Canada.svg Édmonton (Canadá) 4 22.07.2001
Flag of Mexico.svg Cancún (México) 1 10.11.2002 Ouro Ouro
Flag of New Zealand.svg Queenstown (Nova Zelandia) 2 6.12.2003 Prata Prata
Flag of Portugal.svg Arquipélago de Madeira (Portugal) 2 9.5.2004 Prata Prata
Suíza Lausana (Suíza) retirouse 03.09.2006
Alemaña Hamburgo (Alemaña) retirouse 02.09.2007
Flag of Canada.svg Vancouver (Canadá) 19 08.06.2008

Xogos Olímpicos

Lugar Posto Data Título
Australia Sidney 5 16.09.2000 Diploma olímpico
Grecia Atenas 23 26.08.2004

Copa do Mundo

Lugar Posto Data Marca Título
Hungría Tiszaujvaros (Hungría) 50 08.08.1999 1:55'25"
Flag of Mexico.svg Cancún (México) 2 10.10.1999 1:48'01" Prata Prata
Australia Noosa (Australia) 34 07.11.1999 1:51:40"
Flag of Brazil.svg Río de Xaneiro (Brasil) 10 26.03.2000 1:47:00"
Flag of the United States.svg Hawai (Estados Unidos) 4 01.04.2000 1:53:46"
Flag of Japan.svg Ixigaqui (Xapón) 4 09.04.2000 1:48:26"
Flag of Canada.svg Newfoundland (Canadá) 5 30.07.2000 1:56:37"
Flag of Japan.svg Gamagori (Xapón) 13 15.04.2001 1:49:14"
Flag of Japan.svgIxigaqui (Xapón) 1 22.04.2001 1:46:17" Ouro Ouro
Francia Rennes (Francia) 4 13.05.2001 1:46:12"
Flag of the United States.svg San Petersburgo (Estados Unidos) 13 27.04.2002 1:54:55"
Flag of Japan.svg Ixigaqui (Xapón) 2 19.05.2002 1:49:44" Prata Prata
Flag of Japan.svg Gamagori (Xapón) 6 09.06.2002 1:50:35"
Flag of Portugal.svg Funchal (Portugal) 1 13.10.2002 1:46'11" Ouro Ouro
Flag of the United States.svg San Antonio (Estados Unidos) abandonou 26.04.2003
Hungría Tiszaujvaros (Hungría) 38 03.08.2003 1:51'36"
Flag of the United States.svg Nova York (Estados Unidos) 8 10.08.2003 1:47'32"
España Madrid (España) 4 21.09.2003 1:50'05"
Flag of Portugal.svg Madeira (Portugal) 1 19.10.2003 1:46'22" Ouro Ouro
Flag of the United Kingdom.svg Salford (Reino Unido) 8 25.07.2004 1:57'17"
Flag of the United States.svg Honolulu (Estados Unidos) abandonou 16.04.2005
Flag of Mexico.svg Mazatlan (México) 35 24.04.2005 1:55'11"
España Madrid (España) 13 05.06.2005 1:56'18"
Flag of Jordan.svg Aqaba (Xordania) 6 10.03.2006 1:49'09"
Australia Mooloolaba (Australia) 15 26.03.2006 1:52'45"
Flag of Mexico.svg Mazatlan (México) 7 07.05.2006 1:51'50"
España Madrid (España) 2 04.06.2006 1:53'17" Prata Prata
Flag of Canada.svg Corner Brook (Canadá) 5 23.07.2006 1:55'40"
Flag of Mexico.svg Cancún (México) 9 5.11.2006 1:48'29"
Flag of Portugal.svg Lisboa (Portugal) 26 5.5.2007 1:55'22"
España Madrid (España) 3 3.6.2007 1:56'08" Bronce Bronce
Flag of the United States.svg Des Moines (Estados Unidos) 10 17.6.2007 1:51'51"
Flag of the United Kingdom.svg Salford (Reino Unido) 5 29.7.2007 1:52'33"
Flag of the People's Republic of China.svg Pequín (China) 6 16.9.2007 1:49'23"
España Madrid (España) non rematou 25.5.2008
Alemaña Hamburgo 6.7.2008 1:48'00"
Austria Kitzbühel 20.7.2008 1:45'23" Ouro Ouro

Campionatos de Europa

Lugar Posición Data Marca Título
Dinamarca Copenhaguen (Dinamarca) retirado 1.7.2007
Flag of Portugal.svg Lisboa (Portugal) 18 10.5.2008 1:56'00"

Galardóns

En setembro de 2000 foi elixido 'Galego do Mes' por El Correo Gallego. Iván Raña recibiu en 2003 a Medalla de Prata de Galicia, que outorga o goberno galego.

Notas

  1. Raña se pasa al ciclismo profesional, El Correo Gallego, 3/12/08

Véxase tamén

Ligazóns externas

Campionato Europeo de Tríatlon

O Campionato Europeo de Tríatlon é o campionato máis importante de tríatlon a nivel europeo.

Dende a edición de 2018 en Glasgow, cada catro anos os campionatos serán parte dos Campionatos europeos multideportivos.

Campionato do mundo de tríatlon

O Campionato Mundial de Tríatlon (dende 2009 Series Mundiais de Tríatlon) é a máxima competición internacional de tríatlon.

Está organizado dende 1989 pola Unión Internacional de Tríatlon. Ata a edición de 2008 celebrábase nunha soa proba, pero a partir de 2009 dispútase ao longo de varias carreiras, as Series Mundiais, distribuídas ao longo do ano.

Campionato do mundo de tríatlon 2007

O XIX Campionato do mundo de tríatlon celebrouse do 30 de agosto ao 2 de setembro de 2007 na cidade alemá de Hamburgo.

Galería de imaxes de Ordes

Galería de imaxes do concello de Ordes na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de deportistas de Galicia

Galería de imaxes de deportistas de Galicia.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Javier Gómez Noya

Francisco Javier Gómez Noya, nado en Basilea (Suíza) o 25 de marzo de 1983, é un triatleta galego, o máis laureado da historia deste deporte.Entre o seu longo palmarés conta con cinco títulos de campión mundial (2008, 2010, 2013, 2014 e 2015), unha prata olímpica (Londres 2012), tres títulos da Copa do Mundo (2006, 2007 e 2008) e catro títulos de campión de Europa (2007, 2009, 2012 e 2016). É tamén campión do mundo de tríatlon de longa distancia (2019), campión de Europa de media distancia (2013), dúas veces campión do mundo de Medio Ironman (2014 e 2017), campión do mundo de tríatlon Xterra (2012) e subcampión do mundo de tríatlon de velocidade (2011).Foi galardoado en 2016 co Premio Princesa de Asturias dos Deportes.

Medalla de Galicia

A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica.

Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición. Coa chegada ao goberno do bipartito liderado por Emilio Pérez Touriño reduciuse outra vez o número e a tipoloxía a unha soa, e de ouro.

É notoria a escaseza de mulleres entre os premiados.

Ordes

Ordes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2014 tiña 12.844 habitantes (12.868 no 2010, 12.294 no 2006, 12.272 no 2005, 12.287 no 2004, 12.266 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ordense».

Rally Botafumeiro de 2010

O Rally Botafumeiro de 2010 foi a 22º edición e a oitava e última rolda da tempada 2010 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 19 e o 20 de novembro.

Series Mundiais de Tríatlon 2017

As Series Mundiais de Tríatlon 2017 foron a vixésimo novena edición do Campionato do Mundo de Tríatlon. Nesta edición o campionato contabilizou nove probas repartidas por 4 continentes. A Gran Final tivo lugar na localidade neerlandesa de Rotterdam entre os días 14 e o 17 de setembro, nun polémico circuíto e con 3 galegos nesa selección da final: Xavier Gómez Noya, Iván Raña e Uxío Abuín. A competición estivo organizada pola Unión Internacional de Tríatlon (ITU).

Tríatlon

O tríatlon é un deporte individual e de resistencia, que reúne tres disciplinas deportivas: a natación, o ciclismo e a carreira a pé, por esta orde e ininterrompidamente, de xeito que se realizan unhas transicións altamente regulamentadas entre unha especialidade e outra, sen deixar a proba. A natación pode practicarse tanto en mar como en lago, máis ou menos artificial.

É seguramente un dos deportes máis duros que existen no panorama competitivo internacional actual. Os deportistas que o practican manteñen un severo calendario de adestramentos para poder facer fronte ás esixentes condicións das probas, tanto físicas como psicolóxicas.

Galiza conta con campións de gran renome no tríatlon masculino, como Iván Raña ou Xavier Gómez Noia, ademais dunha selección galega de tríatlon que competiu internacionalmente en probas da Copa de Europa.

O tríatlon foi incluído entre as disciplinas olímpicas nos Xogos Olímpicos de 2000, en Sydney. Administrativamente, o tríatlon depende en Galiza da Federación galega de tríatlon e péntatlon moderno.

Xacobeo Galicia

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase Xacobeo e GaliciaO Xacobeo Galicia foi un equipo de ciclismo galego que participou no Circuíto Continental Profesional. O seu código da UCI foi XAG[Cómpre referencia], e desapareceu en setembro de 2010.

Xogos Olímpicos de 2008

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 (oficialmente denominados Xogos da XXIX Olimpíada) tiveron lugar na cidade de Pequín, capital da República Popular China, entre o 8 e o 24 de agosto de 2008, aínda que o torneo de fútbol comenzou dous días antes, o 6 de agosto. Ao concluír o evento, leváronse a cabo na mesma cidade os XIII Xogos Paralímpicos, entre o 6 e o 17 de setembro.

O evento deportivo contou con 302 probas en 28 deportes nas que, segundo estimacións, participaron uns 10.500 atletas de 204 países. Ademais de Pequín, algunhas das probas deportivas tiveron lugar noutras cidades de China. O torneo de fútbol tivo lugar nas cidades cidades de Qinhuangdao, Tianjin, Shenyang e Shanghai, namentres as regatas de vela e as probas de hípica efectuáronse no porto de Qingdao e no de Hong Kong, respectivamente.

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 tiveron un custo que podería superar os 41.000 millóns de dólares, case triplicando o orzamento final do seu antecesor, os Xogos Olímpicos de Atenas 2004, converténdose no evento máis custoso da historia olímpica. A organización deste evento enfrontou diversos problemas dende a súa elección, o 13 de xullo de 2001, especialmente polos problemas de contaminación atmosférica que enfronta a cidade sede e polas acusacións de violacións aos dereitos humanos que recibiu o réxime chinés por parte importante da comunidade internacional, xerando diversas protestas que afectaron o percorrido do facho olímpico. O goberno da China promocionou os xogos co obxectivo de destacar a importancia e influencias do país no resto do mundo.

Xosé Luís Torrado

Xosé Luís Torrado Casal ou José Luis Torrado, chamado O Bruxo, nado en Mugardos en 1935, é un masaxista, preparador físico e curandeiro galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.