Iván Puentes Rivera

Iván Puentes Rivera, nado en Perlío (Fene) o 17 de abril de 1980, é un político galego. Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, Máster en Investigación en Comunicación e Doutorando en Comunicación pola Universidade de Vigo.

Traballou durante algo máis de tres anos como redactor das canles internacionais da Televisión de Galicia. Desde marzo de 2012, tras desempeñar labores de asesoramento na Deputación Provincial da Coruña e de ser Alcalde de Fene (A Coruña) traballa como investigador e profesor na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) adscrito ao grupo de investigación "NECOM: Neurocomunicación, Publicidade e Política".

Iván Puentes Rivera
Iván ENESEGA
Datos persoais
Nacemento17 de abril de 1980
 Fene (Perlío)
OrganizaciónPartido dos Socialistas de Galicia-PSOE
Alma máterUniversidade de Vigo
ProfesiónInvestigador, Profesor, Relacións Públicas e Xornalista

Formación académica

  • 2012 - actualidade: Doutoramento en Comunicación pola Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Redactando tese de doutoramento baixo o título As Relacións Públicas ao Servizo da Comunicación Política: Os Gabinetes de Comunicación nos Concellos de Galicia.
  • 2011- 2012: Mestrado en Investigación en Comunicación pola Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
  • 1998 - 2002: Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Traxectoria institucional

Eleccións locais 2019 Pontevedra PSdeG - PSOE
Papeleta das Eleccións locais de 2019 en Pontevedra do PSdeG - PSOE.

Dende moi novo participou activamente en política. Con 18 anos afiliouse ao PSdeG-PSOE en Fene e dous anos máis tarde, aos 20, ingresou nas Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG). Toda a súa actividade institucional está ligada ao ámbito municipal e concretamente ao concello de Fene, como concelleiro e como alcalde desta vila.

Nas eleccións municipais de 1999 ocupou o oitavo posto da candidatura que o Partido Socialista presenta en Fene, pero non se incorporou á corporación municipal ata catro anos despois, xa que nesa ocasión o PSdeG só obtivo tres concelleiros.

Nas eleccións de 2003 volveu formar parte da candidatura socialista en Fene, no cuarto posto, e saíu elixido concelleiro. Ata 2007 foi o voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, levando a cabo como líder da oposición unha política especialmente crítica, aínda que colaboradora, co goberno do BNG que dirixiu Fene dende 1979 ata ese 2007.

Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Fene, logrando, por primeira vez dende a II República a vitoria do PSOE neste concello e provocando o primeiro relevo desde a Transición española á fronte da alcaldía de Fene, ocupada dende 1979 polo histórico nacionalista Xosé María Rivera Arnoso. Puentes foi investido alcalde de Fene o 16 de xuño de 2007, converténdose así no alcalde máis novo de Galicia. Os dous primeiros anos encabezou un goberno de coalición entre o PSdeG-PSOE e o BNG, pero as desavinzas entre ambas formacións políticas racharon a coalición en xullo de 2009, dando paso a un goberno socialista en minoría que se mantivo ata o final do mandato.

Nas eleccións municipais de 2011 Iván Puentes repetiu como cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Fene, pero o feito de que o PPdG se convertese no partido máis votado, unido á falta de entendemento entre socialistas e nacionalistas para chegar a un novo acordo de goberno, impediron que Puentes continuase á fronte da Alcaldía de Fene. Desde entón e ata o ano 2014 seguiu ligado ao Concello de Fene como líder da oposición, é dicir, como portavoz do Grupo Municipal Socialista en dita institución.

Na actualidade forma parte do grupo de goberno no concello de Pontevedra.

Predecesor:
Xosé María Rivera Arnoso
 Escudo de Fene.svg
Alcalde de Fene
 
2007 - 2011
Sucesor:
Gumersindo Galego Feal

Traxectoria no PSdeG-PSOE

Pouco despois de afiliarse ao PSdeG-PSOE en Fene (1998) Puentes pasou a formar parte da dirección local do Partido, mentres que na universidade se integraba no movemento estudantil de esquerdas. Así, entre 1998 e 2002 foi elixido representante dos seus compañeiros/as de licenciatura en diversos órganos da Universidade de Vigo.

En decembro de 2004, a lista que el encabezaba gañou o Comité Comarcal dos socialistas de Ferrolterra e resultou elixido Secretario Xeral da Agrupación Comarcal de Ferrolterra do PSdeG-PSOE, desempeñando tal responsabilidade durante cinco anos, ata finais de 2009.

En xaneiro de 2005 Iván Puentes é un dos militantes socialistas que forman o Comité Electoral do PSdeG para as eleccións ao Parlamento de Galicia dese mesmo ano, encargándose do equipo de mobilización electoral. Logo desas eleccións autonómicas, nas que Emilio Pérez Touriño asumiu a Presidencia da Xunta de Galicia, e ata maio de 2007 Puentes integrouse, como adxunto á Área de Organización, na Secretaría de Organización e Acción Electoral Nacional do PSdeG-PSOE, que dirixía Ricardo Varela, conselleiro de Traballo.

En xullo de 2008, no 11 Congreso Nacional do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño é reelixido Secretario Xeral e Puentes accede por primeira vez á dirección do Partido en Galicia, facéndose cargo da Secretaría de Deporte. Porén, a vitoria do PP nas eleccións autonómicas de marzo de 2009, precipitan a dimisión de Touriño como máximo responsable do PSdeG e con elo a caída de toda a Executiva Nacional (só 8 meses despois da súa elección) e a convocatoria dun novo congreso (Pontevedra, abril de 2009) que converte a Pachi Vázquez en novo Secretario Xeral. Iván Puentes rexeita o ofrecemento para formar parte desta nova dirección.

Así, de 2009 a 2013 as súas responsabilidades orgánicas cínguense ao ámbito local, como Vicesecretario Xeral da Agrupación Socialista de Fene e como representante desta no Comité Nacional do PSdeG-PSOE.

En 2013, tralo mal resultado do Partido Socialista nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, Pachi Vázquez dimite como máximo responsable dos Socialistas Galegos e ábrese un proceso de primarias para a elección do novo Secretario Xeral do PSdeG.

Nese contexto de renovación do Partido e de eleccións primarias nace Novo Socialismo Galego (ENESEGA), un foro encabezado por destacados socialistas como Xoaquín Fernández Leiceaga e constituído por un bo número de militantes do PSdeG, entre eles Iván Puentes, que defenden a necesidade de construír un novo Partido dos Socialistas de Galicia, cun proxecto político que se identifique claramente cos valores do galeguismo, a socialdemocracia o federalismo e o laicismo. Puentes é elixido voceiro nacional de ENESEGA e durante meses percorre as diferentes comarcas galegas para dar a coñecer as propostas do Foro para o novo PSdeG.

Xosé Ramón Gómez Besteiro gaña as primarias socialistas de setembro de 2013, convértese no novo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e propón a integración na súa dirección de diversos membros do foro Novo Socialismo Galego, entre eles Guillermo Meijón (Relacións Institucionais) Tania García Sanmartín (Política Social) Belén Louzao (Solidariedade e Cooperación) ou o propio Iván Puentes, que inicia así a súa segunda etapa na Comisión Executiva Nacional do PSdeG-PSOE, nesta ocasión como Secretario de Dereitos Cidadáns e Movementos Sociais e coordinador da área do mesmo nome.

Ao longo destes anos, Puentes tivo tamén diversas responsabilidades nas Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), organización da que foi Secretario de Organización Nacional de novembro de 2002 a novembro de 2006. Foi ademais delegado de XSG no Comité Nacional do PSdeG-PSOE e no Comité Federal das Juventudes Socialistas de España e membro do Consello Político de JSE, órgano asesor da Executiva Federal, ademais de Secretario de Organización e Secretario Xeral de XSG Fene.

Outras responsabilidades políticas

Traxectoria profesional

  • 2014 - 2015: Universidade de Vigo. Profesor (Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación). Docente das materias “Planificación Estratéxica das Relacións Públicas” e "Dirección de Comunicación" no terceiro e cuarto cursos, respectivamente, do Grao en Publicidade e Relacións Públicas e docente da materia "Propaganda en Medios Audiovisuais" no cuarto curso do Grao en Comunicación Audiovisual.
  • 2014: Universidade do Minho (Portugal). Investigador Invitado. Estadía de investigación de tres meses no Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS) da UMinho.
  • 2014: Universidade dos Açores (Portugal). Profesor Inivitado (Departamento de Linguas e Literaturas Modernas). Docencia sobre Comunicación Institucional e Protocolo Asociado a Eventos nas materias “Prácticas Discursivas”, “Teoría das Relacións Públicas” e “Oficina de Relacións Públicas” no primeiro e segundo curso da Licenciatura en Relacións Públicas e Comunicación.
  • 2013: Universidade de Vigo. Profesor (Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación). Docente da materia “Planificación Estratéxica das Relacións Públicas” no terceiro curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas.
  • 2012 - actualidade: Universidade de Vigo. Investigador Predoutoral de “NECOM: Neurocomunicación, Publicidade e Política”[1]. Membro deste grupo de investigación da Universidade de Vigo, integrado por profesionais do ámbito da comunicación, a psicoloxía, a psiquiatría, a lingüística y a estatística.
  • 2013: Universidade de Vigo. Profesor Invitado. Docente da materia “Técnicas de Comunicación Electoral e Institucional” no terceiro curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas.
  • 2012: Universidade de Vigo. Profesor Invitado. Docente das materias “Teoría e Historia da Comunicación” e “Xornalismo Electrónico” no primeiro e cuarto cursos, respectivamente, do Grao en Comunicación Audiovisual e da Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas.
  • 2009 - 2010: Instituto Jaime Vera. Profesor dos cursos “Técnicas e Aplicacións das T.I.C.“ e “A Web 2.0 na Comunicación Política Municipal”, impartindo o módulo de comunicación en comunidades virtuais.
  • 2007 - 2011: Concello de Fene (A Coruña). Alcalde – Presidente.
  • 2004 - 2007: Deputación Provincial da Coruña. Asesor da Presidencia.
  • 2001: Grupo Norte. Relacións públicas en FERPALIA, Salón do Turismo de Galicia (Pontevedra).
  • 2000 - 2003: Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG). (Bolseiro) Redactor de canles internacionais, adscrito ao Departamento de Retransmisións e Canles Internacionais.
  • 1998 - 2002: Gabinete de Comunicación da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. (Bolseiro) Coordinador de Protocolo entre 1999 e 2001. Outras tarefas desempeñadas: membro do departamento de prensa, organización de eventos e técnico de protocolo en diversos actos institucionais.

Froito do seu traballo académico, Iván Puentes é autor tamén de diversos traballos de investigación sobre comunicación (artigos en revistas científicas, comunicacións en congresos e capítulos de libros) e ten impartido conferencias sobre a materia en diversas institucións académicas e políticas de España e Portugal.

Colaboración en medios de comunicación

Dende hai anos é frecuente a colaboración de Iván Puentes con diversos medios de comunicación. Entre eles destacan:

  • 2010 - actualidade: V TelevisiónGrupo Voz. Colaborador do programa Vía V, espazo autonómico de debate sobre diversos temas de actualidade dirixido e presentado por Fernanda Tabarés.
  • 2014 - actualidade: RadioVoz – Grupo Voz. Colaborador do programa Voces de Galicia, dirixido e conducido por Antía Díaz.
  • 2010 - 2013: Radiovoz – Grupo Voz. Colaborador do programa Despierta Galicia, dirixido e conducido por Antía Díaz.
  • 2009 - 2011: Radio Galicia Cadena SERGrupo Prisa. Colaborador do programa La Ventana de Galicia, dirixido e presentado por Aida Pena.
  • 2007 - 2010: A Nosa Terra. Columnista na edición dixital deste xornal.
  • 2006 - 2009: Radio Líder. Colaborador do informativo Matinal Líder, dirixido e presentado por Javier Sánchez de Dios.

Notas

  1. "Grupo NECOM".

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais de 2007 en Galicia

As eleccións municipais de 2007 celebráronse o 27 de maio en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Datos totais de Galicia

Eleccións municipais en Fene

Corporacións democráticas en Fene desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BN-PGModelo:Fene 1979

1983 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

1987 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

1991 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

1995 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

1999 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

2003 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG

2007 Alcalde: Iván Puentes Rivera — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Gumersindo Pedro Galego Feal — PPdeG

2015 Alcalde: Juventino Trigo Rey — BNG. Tras unha moción de censura en abril de 2018 recupera a alcaldía o popular Gumersindo Galego Feal)Candidatos: Gumersindo Pedro Galego Feal (PP), Juventino José Trigo Rey (BNG), Antón Lois Noceda Carballo (PSdeG-PSOE), Xoán Manuel Rodríguez Bastida (Somos Fene-PDDdG), María Carmen Martínez Rodríguez (EU) e Julio Rodríguez Fernández (Agrupación de Electores Avante).

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Gumersindo Galego Feal

Gumersindo Pedro Galego Feal, nado en Fene en 1962, é un político galego do PPdeG.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.