Itinerario de Antonino

O denominado Itinerario Antonino ou Itinerario de Antonino é unha recompilación de rutas do Imperio Romano. Deste itinerario soamente se conserva a copia procedente da época do emperador Diocleciano (século IV), mais suponse que foi redactado en torno ó século III.

En cada ruta identificábanse mansións (paradas de postas) coas súas correspondentes millas (sinaladas por un ou varios miliarios). Nun principio pensouse que era unha especie de guía de viaxes, mais polas súas características, semella ser feito co fin de facilitar a localización das mansións con fins recadatorios.

Hispania roads
Vías hispánicas recollidas no Itinerario de Antonino
MILIARIO DE ZADAGÓS
Miliario de Zadagós (Sandiás)
Miliariosvilariño1
Miliarios de Vilariño das Poldras (Sandiás)

As vías no imperio

No documento sinálanse 372 camiños con 85.000 quilómetros percorrendo todo o imperio. 34 rutas correspóndense coas provincias de Hispania.

As vías romanas na Gallaecia

A Gallaecia estaba atravesada por catro vías romanas que comunicaban Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) por varios itinerarios: a vía XVII (por Chaves), a vía XVIII ou vía Nova (por Sandiás), a vía XIX (por Caldas de Reis) e a vía XX (por Brigantium). Grazas ó itinerario localizáronse gran cantidade de mansións desaparecidas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Ab Asturica Burdigalam

A calzada 34, Ab Asturica Burdigalam, recóllese nos itinerarios que os funcionarios romanos confeccionaban a modo de guías de viaxeiros (como os de Antonino, de Rávena ou a Tabula Peutingeriana). Unía Astorga con Bordeos atravesando as actuais provincias de León, Palencia, Burgos, Áraba e Navarra, antes de superar o porto de Sumo Pyrineo (Ibañeta), para internarse en Aquitania.

Segundo o Itinerario de Antonino, o seu trazado en Hispania era o seguinte:

ITEM AB ASTURICA TARRACONE

Asturica Augusta, Astorga

Vallata

Interamnio

Palantia, Reliegos

Viminacio

Lacobriga

Dessobriga

Segisamone, Sasamón

Deobrigula , Tardajos

Tritium, Monasterio de Rodilla

Virovesca, Briviesca

Deóbriga, Miranda de EbroSe di que a comezos do século V entran por ela na península os primeiros pobos bárbaros, suevos e alanos. Se data no ano 456 o momento en que tropas visigodas, comandadas por Teodorico II, chegan á meseta norte por esta calzada. Outros autores postulan que a entrada produciuse por Cataluña.

Aseconia

Aseconia, Asseconia ou Assegonia era unha mansión viaria romana pertencente a vía XIX que ía de Bracara Augusta (Braga) ata Asturica Augusta (Astorga).

Segundo o Itinerario de Antonino, Aseconia, estaría situada entre Iria (Iria Flavia), a 12 millas, e Brevis (Castrofeito), a 22 millas. Téndese a identificar os restos do poboado romano que existía sobre o territorio no que posteriormente se construíu a Catedral de Santiago de Compostela como Aseconia.

Atricondo

Atricondo foi unha mansión na antiga Vía Romana XX per loca maritima do itinerario de Antonino entre Glandimiro st. CLXXX e Brigantium m.p.. Descoñécese a súa posición exacta na vía pero suxeriuse que podería estar preto da lagoa de Alcaián antes de Coristanco ou que puidese estar ao saír da vía de Ardemil, Ordes, como no lugar do Castro Maior de Vizoño, Abegondo.

Cartelle

Cartelle é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2.944 habitantes (3.641 en 2003).

Castro de Castromao, Celanova

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Larouco

Larouco é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2018 tiña 455 habitantes (570 en 2003).

Manuel Díez Sanjurjo

Manuel Díez Sanjurjo, nado en Burgos o 28 de novembro de 1870 e finado en Madrid o 3 de decembro de 1941, foi un enxeñeiro de camiños e arqueólogo castelán, que residiu varios anos en Ourense. Foi membro numerario da Real Academia Galega

Miliario

Os miliarios (procedente do latín milliarium) son columnas cilíndricas, ovaladas ou paralelepípedas que se colocaban no bordo das vías romanas para sinalizar as distancias (de mil pasos ou milla romana, unha distancia duns 1450 metros) e indicar o trazado das vías construídas por eles para a explotación pesqueira, comercial ou militar.

Acostumaban ser de granito, cunha base cúbica ou cadrada e medían entre 2 e 4 metros de altura, cun diámetro de entre 50 e 80 centímetros. Algún levaba inscricións gravadas directamente, dependendo da importancia da calzada ou da proximidade ou afastamento de Roma. A maioría dos miliarios presentan uns caracteres descoidados e rústicos, sen preocupación polo estilo. Noutros non se conservan restos de inscrición, o que leva a pensar que poderían ter un texto pintado de modo que se puidese modificar a dedicatoria.

Na antiga Gallaecia consérvanse 674 miliarios e inscricións viarias. Boa parte pertencen ás catro vías do Itinerario de Antonino que percorrían o traxecto entre Braga e Astorga (a vía XVII, vía XVIII, vía XIX e vía XX), amais doutras vías menores entre vilas, mansións e outros lugares.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

Nemetobriga

Nemetobriga é o topónimo romano, utilizando palabras celtas romanizadas, dun poboado prerromano, aludido polo astrónomo Tolomeo como a cidade máis habitada da tribo dos Tiburos, tribo astur, que podería estar na actual Pobra de Trives.

O nome Nemetobriga prorcede de nemeton (lugar sacro ou sagrado) e briga (altura, fortaleza). Ambas atópanse nos nomes de moitos lugares de Europa relacionados cos celtas: Nemetacum (na Gallia Belgica, cidade francesa Arras), *Nemetodurum (cidade francesa de Nanterre), Vernemetum (no condado de Nottinghamshire en Inglaterra), Medionemetum (en Escocia) para o primeiro formante, e para o segundo Brigae (Brzeg, en Polonia), Brigantia, (Briançon en Francia); Attobriga (Weltenburg, Babiera, Alemaña); Cantabriga (Cambridge, Inglaterra) etc.

Hai varias opinións sobre a situación do poboado. O filólogo francés Georges Dottin opinaba en 1915 que estaba preto de Ponte Navea, na estrada de Ourense á Pobra de Trives xa preto desta última. Por aquí pasaba unha vía militar romana, a Vía Nova ou Vía XVIII segundo o itinerario de Antonino. Mentres, a maioría de arqueólogos e historiadores a sitúan no que hoxe é Trives Vello.

En 1977 a revista estadounidense National Geographic publicou un mapa da Europa Celta e nel figuraba Nemetobriga como o principal centro relixioso da Hispania celta.

Ons, Brión

Santa María de Ons é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Brión. Segundo o IGE en 2013 tiña 220 habitantes (117 mulleres e 103 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución continuada en relación aos anos 2004, cando tiña 308 habitantes, e 1999, con 348.

Quarquernos

Os quarquernos (latín: quarquerni) eran un pobo galaico da Gallaecia, sito dentro do Convento xurídico bracarense, cuxo territorio actual pode reducirse á comarca da Baixa Limia, centrados en torno aos Baños (Bande, provincia de Ourense), e nas beiras do curso medio do río Limia.

Rairiz de Veiga

Rairiz de Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.767 en 2003).

Romanización de Galicia

Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)

A romanización o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.

Vía Nova

A vía Nova era unha calzada romana, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ó longo dunhas 210 millas romanas (uns 330 quilómetros). No itinerario de Antonino recibía o nome de Vía XVIII.

Vía XIX

A Vía XIX era unha calzada romana da época de Augusto, descrita no Itinerario de Antonino. Unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), pasando por Ponte de Lima, Tude (Tui), Turoqua (Pontevedra), Aquis Celenis (Caldas de Reis), Iria Flavia, Martiae (Marzán) e Lucus Augusti (Lugo)Consérvase dela 105 miliarios.

Vía XVII

A Vía XVII era unha calzada romana do itinerario de Antonino. Unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) pasando pola cidade de Aquae Flaviae (Chaves).

Consérvanse 80 miliarios.

Vía XX

A Vía XX, per loca maritima, era unha calzada romana, recollida no itinerario de Antonino. Unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) bordeando o litoral atlántico da Gallaecia e pasando polas cidades de Brigantium e Lucus Augusti, onde se unía á Vía XIX que comeza na vertente atlántica até Brigantium, que actualmente sería A Coruña ou Betanzos. Certos relevos tamén os menciona o Anónimo de Rávena.Dela consérvanse varios miliarios.

Vía romana

As vías romanas foron esenciais para o crecemento do Imperio romano, capacitando aos romanos para mobilizar os seus exércitos. Un vello proverbio di que "todos os camiños levan a Roma." As vías romanas foron proxectadas para dificultar nas provincias a organización de resistencia contra o Imperio. No seu cúlmen, o sistema de vías romanas atinxiu 85.300 km (53.000 millas), con uns 372 ramais.

Os romanos, por razóns militares, comerciais e políticas, impulsaron a construción de estradas, que denominaron viae (nominativo plural do nominativo singular via), palabra derivada da raíz indoeuropea *wegh-, que significa "ir", no sentido de "transportar nun vehículo" (voz proveniente da mesma raíz). As viae foron primariamente sentidas como estradas para carros, é dicir para carretaren materiais dunha localidade a outra. Moitas desas vías foron aínda utilizadas nos milenios posteriores.

Estas extensas estradas foron de grande importancia para manter tanto a expansión como a estabilidade do Imperio. As lexións movíanse con rapidez por elas. Porén na Antigüidade tardía esas mesmas estradas xogaron un importante papel nos reveses militares sufridos polos romanos, ao canalizaren as invasións bárbaras.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.