Italia

Coordenadas: 43°N 12°L / 43, -12

República Italiana
Repubblica Italiana
Bandeira de Italia
Escudo de Italia
BandeiraEscudo
EU-Italy
Lema: Libertà, Uguaglianza, Umanità
(En galego: Liberdade, igualdade, humanidade)
Capital
 • Poboación
Roma
2 865 151 (2014)
Cidade máis poboadaRoma
Linguas oficiaisItaliano 1
Forma de gobernoRepública
Presidente
Primeiro Ministro
Sergio Mattarella
Giuseppe Conte
Unificación17 de marzo de 1861
SuperficiePosto 72º
 • Total301 270 km²
 • % auga2,4
Fronteiras1 932,2 km
Costas7 600 km
PoboaciónPosto 23º
 • Total (2014[1])60 782 668 hab.
 • Densidade201,7 hab./km²
PIB (nominal)Posto 8º
 • Total (2014)$2 129 000 mill.[2]
 • per cápita35 512 US$ (2006)
PIB (PPA)Posto 12º
 • Total (2014)$2 066 000 mill. US$[2]
 • per cápitaUS$ $34.455
MoedaEuro2 (€, EUR)
IDHn/d
XentilicioItaliano, italiana
Fuso horarioCET (UTC+1)
 • Horario de veránCEST (UTC+2)
Dominio de Internet.it
Prefixo telefónico+39
Prefixo radiofónicoIAA-IZZ
Código ISO380 / ITA / IT
Membro de: UE, OTAN, ONU, OCDE, OSCE, G-8
1 O francés é cooficial no Val de Aosta, e o alemán no Tirol do Sur
2 Antes de 1999, a lira italiana

Italia ( pronunciación ) (en italianoItalia[iˈtaːlja] (AFI) escoitar[3]), oficialmente República Italiana[4] ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.

No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 km2, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes[1][5]. A súa capital desde os tempos do Imperio romano é Roma, e foi durante séculos o centro político e cultural da civilización occidental

Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de Nuraga, os etruscos, os gregos e os romanos. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos xermánicos coma os Ostrogodos, os Longobardos e os Normandos. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do capitalismo[6][7]. No século XV, coa difusión do Renacemento por toda Europa, convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das guerras do século XVI cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, España e Austria. Durante o Risorgimento combate pola independencia e pola unidade, ata que en 1861 foi proclamado o Reino de Italia. A ditadura fascista, iniciada en 1922, rematou coa derrota na segunda guerra mundial e a guerra de liberación. En 1946, logo dun referendo institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola Constitución de 1948.

No 2014 Italia, oitava potencia económica mundial e cuarta europea, é un país cun elevado nivel de vida: o índice de desenvolvemento humano é moi alto, 0,872, e a esperanza de vida é de 82,4 anos[8]. É membro fundador da Unión Europea, da OTAN, do Consello de Europa e da OCDE; adherido á ONU e ó tratado de Schengen. É ademais membro do G7, do G8 e do G20; participa no proxecto Nuclear Sharing da OTAN, é unha gran potencia rexional europea[9], capaz de exercer influencia política sobre opcións e decisións de orde extraeuropeo e internacional[10][11][12][13][14], e está en novena posición do mundo por gasto militar. En Roma teñen a súa sede numerosas organización internacionais coma a Organización para a Agricultura e a Alimentación, o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola, o Glocal Forum ou o Programa Mundial de Alimentos.

Italia posúe o maior número de sitios declarados patrimonio da Humanidade pola UNESCO[15]. É o quinto país do mundo e terceiro da Unión Europea que máis turistas recibe por ano, sendo Roma a terceira cidade máis visitada[16]. Outras cidades importantes son Milán, centro industrial e finaceiro, e, segundo o "Global Language Monitor", a capital da Moda[17]; Turín, centro da industria automobilística e do deseño industrial, Boloña, coa universidade máis antiga do mundo; as cidades históricas de Venecia, Florencia e Nápoles etc.

Historia

Artigo principal: Historia de Italia.

O nome Italia vén da Roma antiga. Os romanos chamaban ao sur da península italiana de Italia, que significa "terra de bois" ou "terra de pastos".

Italia influenciou bastante o desenvolvemento cultural e social de toda a Europa mediterránea, e sobre toda a cultura europea. Importantes culturas e civilizacións existiron desde tempos prehistóricos, tales como a civilización etrusca, que dominaron esta parte do mundo durante séculos, e especialmente o Imperio Romano, que estendeu os seus límites sobre a maior parte do continente europeo, o norte da África e o Oriente Medio.

Despois da caída do Imperio Romano do Occidente en 476, a provincia italiana foi gobernada por unha serie de reis bárbaros, ata o século VI, cando os Estados Papais foron creados, coa capital en Roma, baixo o comando da Igrexa católica En 776, a Lombardía foi conquistada por Carlos Magno, que foi coroado emperador da Lombardía e do Sacro Imperio Romano Xermánico en 800, polo Papa León III.

A partir do século X, as cidades do norte da actual Italia pasaron a ficar máis independentes entre si, tornándose centros económicos e políticos importantes. Elas tornaríanse cidades-estado, ao longo da Idade Media e do Renacemento, e exercerían grande influencia sobre o panorama cultural e económico do continente europeo. San Marino é un vestixio desas cidades-estado.

A Italia tornouse unha nación unida o 17 de marzo de 1861, cando a maior parte das cidades-estado foron unidas sobre o comando do Rei Vítor Emanuel II, do Piemonte. Os arquitectos da Unificación italiana foron o Conde de Cavour, o ministro-xefe de Vitor Emanuel, e Giuseppe Garibaldi, un xeneral e heroe italiano. Roma ficaría baixo o control do Papado por máis unha década ata o 20 de setembro de 1870. O Vaticano é un país independente, un enclave totalmente cercado pola cidade de Roma, e un vestixio dos antigos Estados Papais.

Desde finais do século XIX, Italia converteuse nunha forza colonial, con colonias en Somalia, Eritrea, Libia e o Dodecaneso.

O goberno ditatorial de Benito Mussolini, en 1922, culminou cunha alianza coa Alemaña e mailo Xapón, e a consecuente formación do Eixo, que levaría á derrota italiana na segunda guerra mundial. O 2 de xuño de 1946, un referendo resultou na abolición da monarquía, e a instalación dunha república, que culminou coa adopción dunha nova constitución en 1 de xaneiro de 1948.

A Italia foi un membro fundador da OTAN, fundada en 4 de abril de 1949, e da Unión Europea, creada entre 1952 e 1958. En 14 de decembro de 1955, Italia tornouse un membro da Organización das Nacións Unidas. O país, desde entón, xuntouse á crecente unificación económica e política da Europa Occidental. Un exemplo disto foi a introdución do Euro como moeda oficial do país, en 1999, substituíndo a antiga Lira italiana.

Política

Artigo principal: Política de Italia.
Mattarella 2015
Sergio Mattarella, 12º Presidente da República Italiana.

A Constitución italiana de 1948 estableceu un Parlamento bicameral, que consiste nunha Cámara dos Deputados (Camera dei Deputati) e dun Senado (Senato della Repubblica) ben como un sistema xudiciario; e un sistema executivo composto dun Consello de Ministros (Consiglio dei ministri), liderado polo primeiro-ministro (Presidente del consiglio dei ministri). O presidente da república (Presidente della Repubblica) é elixido para mandatos de 7 anos de duración polo Parlamento, xuntamente cun certo número de delegados rexionais. O presidente escolle o primeiro ministro, e este propón os outros ministros, que son aprobados polo presidente. O Consello de Ministros precisan ter apoio (Fiducia - confianza) de ambas as casas do parlamento.

Os deputados son elixidos directamente pola poboación. De acordo coa lexislación italiana de 1993, Italia ten membros únicos de cada distrito do país, para 75% dos postos no parlamento. Os outros 25% dos postos parlamentares son distribuídos regularmente. A Cámara dos Deputados posúe oficialmente 630 membros (mais, de feito, son apenas 619 despois das eleccións italianas de 2001). O Senado é composto por 315 senadores, electos polo voto popular, ben como ex-presidentes e outras persoas (non máis que cinco), indicadas polo presidente da república, de acordo con provisións constitucionais especiais. Ambas as Cámaras de deputados e o Senado son electos para un mandato de no máximo cinco anos de duración, mais poden ser disolvidas antes ao termo do mandato. As leis poden ser creadas na Cámara de deputados ou no Senado, e para seren aprobadas, precisan da maioría en ambas as Cámaras.

O sistema xudicial italiano está baseado nas leis romanas, modificadas polo Código Napoleónico e outros estatutos engadidos posteriormente. Hai tamén unha corte constitucional (Corte Costituzionale), unha innovación despois da Segunda Guerra Mundial.

Dereitos humanos

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Italia firmou ou ratificou:

Italia Italia UN emblem blue.svg Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[18]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[19] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[20] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[21] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[22]
Pertenza Firmado e ratificado Firmado pero non ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Yes check.svgItalia recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado pero non ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Yes check.svgItalia recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado pero non ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado
Yes check.svg Firmado e ratificado, Check.svg firmado pero non ratificado, X mark.svg nin firmado nin ratificado, Symbol comment vote.svg sen información, Zeichen 101 - Gefahrstelle, StVO 1970.svg accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.

Subdivisións

It-map-es
Mapa de Italia.
Artigo principal: Subdivisións de Italia.

Italia está dividida en rexións, provincias e cidades. As rexións son as maiores divisións, cada rexión posúe unha capital rexional. Por exemplo: Toscana é unha rexión e a súa capital é Florencia. Cada rexión está dividida tamén en pequenas provincias, cada unha delas tamén cunha capital.

Rexións de Italia: Italia está dividida en 20 rexións. Segue abaixo (do norte ó sur) as rexións e as súas respectivas capitais:

Italia División de Italia en rexións Italia
(Rexión: Capital)

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Italia.
Satellite image of Italy in March 2003
Foto de satélite y mapa topográfico de Italia.
Italy topographic map-blank
Italy topographic map-blank

A maior parte de Italia está localizada na Península Itálica, no continente europeo, e onde dous enclaves independentes están localizados: a República de San Marino e mailo Vaticano. As illas de Sicilia e Sardeña tamén fan parte de Italia.

Italia limita ao norte con Suíza e con Austria, ó leste coa Eslovenia, co Mar Adriático (a través do cal contacta tamén coa Croacia, Serbia e Montenegro (antiga Iugoslavia), Albania, e co Mar Xónico, que a separa da Grecia. Italia limita a sur co Mar Mediterráneo (incluíndo a Canle de Malta que separa a Sicilia de Malta), co Mar Tirreno e co Mar da Liguria (ambos separando o territorio peninsular das illas de Sicilia e Sardeña e da illa francesa da Córsega). Finalmente, Italia limita ao oeste coa Francia.

O terreo italiano é bastante accidentado, cos Apeninos formando o esqueleto central da península. O punto máis alto de Italia é o Mont Blanc, cos seus 4,810 metros, mais dous volcáns están máis asociados co país: o Monte Etna, en Sicilia, e o Monte Vesuvio, preto de Nápoles.

Economía

Artigo principal: Economía de Italia.

Italia ten unha economía industrial diversificada cunha renda total e per-capita máis ou menos igual ao da Francia ou do Reino Unido. Esta economía capitalista permanece dividida entre un norte industrialmente desenvolvido, dominado por empresas privadas, e un sur agrícola e menos desenvolvido, cunha taxa de desemprego do 20%. Por comparación cos veciños da Europa Occidental, ten un gran número de Pequenas e Medias Empresas PMEs. A maior parte das materias primas necesarias á industria e máis do 75% da enerxía son importadas.

Durante a última década, Italia seguiu unha política fiscal apertada a fin de cumprir os criterios da Unión Económica e Monetaria e beneficiouse de taxas de xuros e de inflación máis baixas, levando á adhesión ao Euro desde o inicio, en 1999.

O desenvolvemento económico de Italia ten vindo a atrasarse en relación aos seus socios da UE, e o actual goberno puxo en práctica numerosas reformas de curto prazo destinadas a aumentar a competitividade e o crecemento a longo prazo da economía. A pesar diso, ten andado devagar na implementación de reformas estruturais consideradas necesarias polos economistas neoliberais, como a diminución dos impostos, a flexibilización das leis que rexen o mercado de traballo e a reforma do sistema de pensións por causa do abrandamento económico en curso e da oposición dos sindicatos.

  • Lista de empresas italianas

Demografía

Italia é un país altamente urbanizado. As maiores cidades do país son Roma, Milán e Nápoles, cada unha con máis dun millón de habitantes. A densidade de poboación italiana é unha das máis altas da Europa, con 197 hab./km².

Italia posúe unha taxa moi baixa de crecemento poboacional anual, unha das máis baixas do continente, unha consecuencia de menos fillos por familia. A rexión de Trentino-Alto Adige (norte)[23] posúe a maior taxa de fertilidade, por outro lado as rexións do Sul ten unha taxa de fertilidade inferior que as rexións do norte.[24]

Cerca de 98 % da poboación italiana son descendentes de italianos. Minorías inclúen alemáns que viven na rexión de Trentino-Alto Adige, e eslovenos, que viven na rexión de Trieste, ben como descendentes de franceses, que viven na rexión de Val de Aosta.

Cidades máis poboadas

Listaxe Cidade Rexión Pob. Listaxe Cidade Rexión Listaxe
Roma dall'aereo

Roma
Milano Duomo 1

Milán
Napoli and Vesuvius

Nápoles
Torino-panoramadaicappuccini

Turín
1 Roma Lazio 2.722.907 11 Venecia Véneto 270.055
2 Milán Lombardia 1.294.797 12 Verona Véneto 265.795
3 Nápoles Campania 963.522 13 Mesina Sicilia 243.315
4 Turín Piemonte 909.193 14 Padua Véneto 211.632
5 Palermo Sicilia 659.623 15 Trieste Friúl-Venecia Xulia 205.466
6 Xénova Liguria 611.556 16 Taranto Puglia 194.042
7 Boloña Emilia-Romaña 374.561 17 Brescia Lombardia 190.809
8 Florencia Toscana 365.744 18 Reggio Calabria Calabria 185.602
9 Bari Puglia 320.676 19 Prato Toscana 185.193
10 Catania Sicilia 296.816 20 Parma Emilia-Romaña 182.194
Censo 2007

Deporte

Italia ten unha gran tradición deportiva. En diversos deportes, tanto individuais e en equipo, Italia ten unha boa representación e moitos éxitos. O deporte máis popular é o fútbol. Baloncesto e voleibol son tamén moito populares, cunha rica tradición en ambos. Italia gañou o Mundial de Fútbol Alemaña 2006, e actualmente é a segunda selección de fútbol de maior éxito do mundo, despois do Brasil, vencendo catro Copas do Mundo. Italia tamén ten forte tradición no ciclismo, tenis, atletismo, esgrima, deportes de inverno e rugby.

Festividades

Data Nome en galego Nome local Observacións
1 de xaneiro Ano novo Capodanno
6 de xaneiro Epifanía Epifania
Variable Pascua Pasqua
25 de abril Día da Liberación Festa della Liberazione Conmemora a liberación de Italia do réxime fascista de Mussolini e do réxime nazi de Hitler.
1 de maio Día do traballador Festa del Lavoro
2 de xuño Día da República Festa della Repubblica Conmemora a implantación da República
15 de agosto Asunción da Virxe Asunzione della B.V. Maria
1 de novembro Tódolos Santos Ognisanti
8 de decembro Inmaculada Concepción Immacolata Concezione
25 de decembro Nadal Natale
26 de decembro Santo Estevo Santo Stefano Primeiro mártir cristián

Lingua

O italiano é unha lingua pertencente ao grupo das linguas romances orientais, da familia das linguas indoeuropeas. En Italia existe un gran número de dialectos, cada un dos cales, desde o punto de vista histórico, é mesmo unha lingua romance, representando unha evolución autónoma da variedade de latín falada en cada rexión. A multitude de dialectos italianos constitúe un grande, aínda que ás veces descoñecido e denigrado, patrimonio cultural.

O italiano moderno é un dialecto que conseguiu facer carreira, impóndose como lingua oficial dunha área moito máis ampla que a orixinaria. Neste caso foi o dialecto florentino, falado en Florencia, o que prevaleceu, non tanto por razóns políticas, como por prestixio cultural. O toscano, e o florentino ilustre en particular (enriquecido con préstamos do siciliano, do francés e do latín), foi a lingua na que escribiron Dante Alighieri, Francesco Petrarca e Giovanni Boccaccio, considerados tres dos mellores escritores italianos. Naturalmente, era tamén a lingua culta da cidade de Florencia, admirada pola súa prosperidade cultural ao longo dos séculos e pola súa espléndida arquitectura.

Son cooficiais co italiano, que é a lingua oficial do Estado, o alemán e o ladino na Provincia Autónoma de Bolzano e o francés na rexión do Val de Aosta. Tamén son recoñecidas e protexidas polo Estado e as relativas rexións as minorías lingüísticas, entre as que cabe destacar o esloveno, o sardo, o friulano e o francoprovenzal. Na illa de Sardeña tamén se fala un dialecto do catalán na localidade de Alghero (en catalán Alguer).

A lingua de sinais italiana (en italiano Lingua dei Segni Italiana; LIS) é a lingua visual dos italiano xordos, cunha poboación de usuarios estimada entre 80 e 120.000 persoas. Italia non recoñece a lingua de sinais como lingua nacional dos xordos, nin como lingua minoritaria: só na rexión do Val de Aosta foi aprobada por unanimidade o recoñecemento da lingua de sinais en 2006.

Moitas linguas rexionais de Italia, veñen sendo consideradas erroneamente dialectos do italiano, sendo linguas por si propias. Particularmente nomearemos o piemontés, o lígur ou xenovés, o lombardo, o veneciano, o emiliano-romañolo, o napolitano e o siciliano.

Notas

  1. 1,0 1,1 "National demographic balance, year 2013". ISTAT. Consultado o 18 de xuño de 2014.
  2. 2,0 2,1 "Italy". International Monetary Fund. Consultado o 1 de novembro de 2014.
  3. "DiPI Online - Dizionario di Pronuncia Italiana". Consultado o 25 de setembro de 2015.
  4. Governo Italiano (ed.). "Constituzione della Repubblica Italiana" (en italiano). Consultado o 25 de setembro de 2015. Articolo 1: «L'Italia è una Repubblica democratica, fondata sul lavoro. La sovranità appartiene al popolo, che la esercita nelle forme e nei limiti della Costituzione»
  5. "Italy - The World Factbook" (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2015.
  6. A. Fanfani (2005). Cattolicesimo e protestantesimo nella formazione del capitalismo (en italiano). Venecia: Marsilio. pp. 129–144.
  7. L. Pellicani (2013). La genesi del capitalismo e le origini della modernità (en italiano). Soveria Mannelli: Rubbettino.
  8. "Human development report 2014" (PDF) (en inglés). p. 172. Consultado o 5 de febreiro de 2015.
  9. Italy: Justice System and National Policy Handbook (en inglés) 1. Washington D.C.: International Business Publications. 2009. p. 9.
  10. Jackson Robert (2013). Global Politics in the XXI Century (en inglés). Cambridge University Press. p. 146.
  11. Solomon Hussein (2014). Center for International Political Studies, ed. South African Foreign Policy. Middle Power Leadership and Preventive Diplomacy (en inglés). p. 89.
  12. "Joint Statement on Libya by the Governments of France, Germany, Italy, the United Kingdom, and the United States" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2014. Consultado o 8 de novembro de 2014.
  13. Massimo De Leonardis (2003). Il Mediterraneo nella politica estera italiana del 2° Dopoguerra (en italiano). Boloña: Il Mulino. p. 17.
  14. Federiga Bindi (2011). Italy and the European Union, Brookings Institution Press (en inglés). Washington D.C. p. 171.
  15. "Italy" (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2013.
  16. "Top 150 City Destinations: London Leads the Way". euromonitor.com (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2009.
  17. "Milan Upends New York as Top Fashion Capital". languagemonitor.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2009. Consultado o 20 de outubro de 2009.
  18. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
  19. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  20. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
  21. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  22. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
  23. [1]
  24. [2]
Biblioteca Nacional Central de Florencia

A Biblioteca Nacional Central de Florencia (en italiano Biblioteca Nazionale Centrale dei Firenze) é unha biblioteca pública nacional e unha das dúas bibliotecas centrais de Italia, xunto coa Biblioteca Nacional Central de Roma. Atópase en Florencia.

Boloña

Boloña (Bulåggna en emiliano-romañolo) é unha cidade de Italia de 374.561 habitantes (2008), capital da provincia homónima, así como da rexión de Emilia-Romagna. Situada entre o río Reno e o río Sávena, cerca dos Apeninos, é unha das cidades históricas mellor conservadas e que posúe a segunda zona vella medieval máis grande de Europa, despois da de Venecia.

Antiquísima cidade universitaria (oficialmente dende 1088), acolle numerosos estudantes que enriquecen e animan a súa vida cultural e social. Coñecida polas súas torres e os longos pórticos, posúe un centro histórico ben conservado (entre os máis extensos de Italia), grazas a unha atenta política de conservación e restauración posta en práctica dende finais dos anos 60 do século pasado, establecida para solucionar os estragamentos urbanísticos de finais do século XIX e as destrucións bélicas.

Boloña é un importante nó de comunicacións de estradas e ferroviario do norte de Italia, relevante polo feiral e área na que residen importantes industrias mecánicas, electrónicas e alimentarias. É sede de importantes institucións culturais, económicas e políticas.

Comunas de Italia

Os concellos italianos son a unidade básica de organización territorial das provincias e as rexións de Italia, equivalentes aos concellos en Galicia. En italiano reciben o nome de comune, en plural comuni, palabras de xénero masculino.

Florencia

Florencia (en italiano: Firenze) é unha cidade italiana, capital da provincia homónima e da rexión da Toscana. Ten 356.118 habitantes, e abrangue 102 km², cunha densidade de 3.453 hab./km². Fai fronteira con Bagno a Ripoli, Campi Bisenzio, Fiesole, Impruneta, Scandicci e Sesto Fiorentino. Por ela pasa o río Arno.

Foi capital de Italia no período de unificación de Italia entre (1865-1871). Durante o dominio da familia Medici (1434-1494, 1512-1527 e 1530-1737), Florencia era un importante centro comercial e financeiro na Europa medieval.

Considérase o lugar de nacemento do Renacemento. O centro histórico da cidade foi declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO.

Célebre por ser a cidade natal de Dante Alighieri, autor da Divina Comedia, que é un referente da literatura universal. Neste Poema el describe a cidade de Florencia en moitas pasaxes, así como algúns dos seus contemporáneos florentinos célebres, que tamén son personaxes da obra.

Imperio Austrohúngaro

O Imperio Austrohúngaro, Austro-húngaro ou Austria-Hungría (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso austrohúngaro que reconoñecía o Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partir dese intre, austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52 799 000 habitantes.

O que fora o Imperio Austrohúngaro repártese na actualidade en trece estados europeos: Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adige e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galitsia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).

Istituto Centrale per il Catalogo Unico

O Instituto central polo catálogo único das bibliotecas italianas e pola información bibliográfica ou ICCU (en italiano: Istituto centrale per il catalogo unico delle biblioteche italiane e per le informazioni bibliografiche) é un organismo público de Italia que ten o obxectivo principal de coordinar, promover e xestionar o catálogo e a rede do Servizo Bibliotecario Nacional (SBN). Tamén é o responsábel técnico e científico en temas de dereitos de autor do Ministerio de Cultura de Italia.

O ICCU foi creado en 1975 para substituír o anterior Centro nazionale per il catalogo unico, que fora creado no ano 1951 para catalogar o patrimonio bibliográfico do país.

Lingua italiana

O italiano ou lingua italiana é unha lingua pertencente ao grupo das linguas romances, da familia das linguas indoeuropeas. Existe un gran número de dialectos neorromances. O italiano é a lingua oficial de Italia, de San Marino, de Suíza e da Cidade do Vaticano. Tamén se fala a distintos niveis en Somalia, Libia, Mónaco, Malta, a illa de Córsega e Albania.

Lingua latina

O latín é unha lingua indoeuropea morta que foi utilizada polos antigos romanos. Mantívose como lingua litúrxica da relixión católica, e aínda é oficial no Vaticano, factores polos que era aprendida polos cregos e falada nos seminarios. Por extensión, o adxectivo latino, latina emprégase para designar ás persoas que proceden de países con linguas neolatinas (que proceden do latín) ou que falan estas linguas. En termos xerais, úsase en Europa para designar ós habitantes meridionais e nos EUA e España para designar ós habitantes de procedencia iberoamericana.

Longobardos

Os Longobardos (Langobardi en latín e despois Lombardi por deformación despois do século VIII, agás en Italia meridional, que conserva o nome de langobardi ata o século XII) era un pobo xermánico, chegado do mar Báltico, que pertencía máis especificamente ao grupo dos xermanos do Elba, mais orixinario de Escandinavia meridional segundo a súa propia tradición oral narrada polo seu historiador Paulo Diácono a finais do século VIII. Este pobo, baixo a dirección do seu rei Alboíno, invadiu a Italia do Norte a partir do principio do ano 568.

Milán

Milán (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión de Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.

Nápoles

Nápoles (Napoli en italiano e Napule en napolitano) é a cidade máis poboada do sur de Italia, capital da rexión de Campania e da provincia de Nápoles, situada a medio camiño entre o monte Vesuvio e outra área volcánica, os Campos Flégreos. A cidade de Nápoles administrativa ten pouco menos dun millón de habitantes, que, unidos aos da súa área metropolitana, chegan a 3,7 millóns. Os seus habitantes reciben o xentilicio de napolitanos. É o principal porto marítimo do sur Italia e esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 984.242 (2005) habitantes (a meirande do sur e a terceira maior de Italia) e ten unha densidade de poboación de 8.457 hab/km².

Primeira guerra mundial

A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo.

Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais). O causante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en Saraxevo, pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como os Estados Unidos, Italia ou o Xapón.

Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de Estados Unidos, que entrou polo afundimento do RMS Lusitania o 7 de maio de 1915 , e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña, á vez que desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do Tratado de Versalles en 1919. Creáronse moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación (como Polonia) e outros de varias (Iugoslavia, Checoslovaquia).

Durante a primeira guerra mundial ocorreu tamén a Revolución Rusa, que fixo que Rusia pactase por separado a paz (Tratado de Brest-Litovsk) coas potencias centrais e non estivese representada no Tratado de Versalles ó atoparse en guerra civil.

As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da Segunda guerra mundial.

Reino de Italia (1861-1946)

O Reino de Italia (en italiano, Regno d'Italia) foi o nome asumido o 17 de marzo de 1861 polo estado surxido trala unificación nacional italiana (1848-1870) liderada por Víctor Manuel II que se coroou Rei de Italia en 1861. A creación do Reino de Italia foi o resultado dos esforzos concertados dos nacionalistas italianos e monárquicos leais á Casa de Savoia, reinante ata ese momento no estado predecesor ao Reino de Italia, o Reino de Sardeña, para establecer un reino unido que abarcase toda a península italiana.

Dende 1922 ata 1943 denominase Italia fascista, xa que é a época do goberno do Partido Nacional Fascista entre 1922 e 1943 con Benito Mussolini como xefe de goberno. Precisamente a súa participación na segunda guerra mundial levouno á súa desaparición, despois de celebrarse un referendo en 1946 no que o sistema republicano saliu gañador debido ao descontento civil e ao desprestixio de este durante a guerra. Finalmente o 2 de xuño de 1946 proclamase a República Italiana, a forma de estado que ten Italia hoxe en día.

Baixo a soberanía do Reino de Italia constituiuse un imperio colonial que comprendía amplos dominios en África oriental, en Libia e o Mediterráneo, e tamén en Tianjin, en China (neste caso de maneira compartida con outras nacións europeas e cos Estados Unidos e Xapón).

Renacemento

O concepto Renacemento aplícase á época artística que dá comezo á Idade Moderna en Europa (finais do século XV e todo o século XVI).

Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüidade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal humanista e naturalista. O termo foi rexistrado por primeira vez por Giorgio Vasari xa no século XVI, mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de Jacob Burckhardt A cultura do Renacemento en Italia (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home"..

De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da Idade Media, á que cualifica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da Europa do norte.

O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da Toscana, tendo como principais centros as cidades de Florencia e Siena, de onde se espallou cara ó resto de Italia e despois cara a practicamente todos os países da Europa occidental. Italia permaneceu sempre como o lugar onde o movemento presentou un maior apoxeo, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén terían lugar en Inglaterra, Alemaña, Países Baixos e, menos intensamente, en Portugal e España, e nas súas colonias americanas.

Dende unha perspectiva da evolución artística xeral de Europa, o Renacemento significa unha separación da unidade estilística que ata ese momento fora supranacional.

(Á dereita, O home de Vitruvio de Leonardo da Vinci. Aprox. 1492.)

Roma

Roma é unha cidade, capital da Italia e da rexión do Lazio, provincia de Roma, con 2.754.440 habitantes (2010). Esténdese por unha área de 1.285 km², tendo unha densidade de poboación de 2.136,13 hab/km². Ten máis de 3,33 millóns de habitantes na súa zona metropolitana.

A cidade, que xurdiu no século VIII a.C., foi capital do Imperio Romano, e antes dun reino e unha república (ver Roma Antiga).

Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea e centro espiritual do catolicismo. Conserva numerosas ruínas e monumentos de tres milenios na parte da cidade antiga, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e que congrega cada ano a millóns de visitantes.

No interior da cidade encóntrase tamén o estado do Vaticano, residencia do Papa desde o século I. Tras o repregamento do dominio de Bizancio no século VII, foi centro dos Estados Pontificios ata a súa anexión en 1870 por parte do Reino de Italia.

Sicilia

Sicilia (en siciliano: Sicìlia) é unha rexión autónoma de Italia. É máis grande de tódalas rexións da República e ademais a illa máis grande do mar Mediterráneo con 25.711 quilómetros cadrados. Xunto con Sardeña, a illa está clasificada oficialmente como unha rexión da Italia Insular.

Aínda que hoxe Sicilia é unha rexión de Italia, a illa foi unha cidade-estado de propio dereito, que dende Palermo, como Reino de Sicilia, chegou a dominar toda illa, o sur de Italia e Malta. Con todo, coa unificación italiana de 1860 Sicilia converteuse nunha rexión autónoma do Reino de Italia.

Sicilia ten a súa propia cultura, especialmente con respecto ás artes, a cociña e a arquitectura. Ademais a illa posúe o seu propio idioma, o siciliano, de orixe latina. A economía siciliana baséase principalmente na agricultura (principalmente os hortos de laranxa e limón) e no turismo.

UEFA

A Unión de Asociacións de Fútbol Europeas (en inglés: Union of European Football Associations), máis coñecida como UEFA, é a organización administrativa e de control do fútbol europeo. Representa as asociacións nacionais de Europa, organizando nove competicións entre nacións e entre clubs en Europa, controlando os premios, regulamentos e dereitos desas competicións. É unha das seis confederacións continentais da FIFA.

Das confederacións, de longo é a mais forte en termos financeiros e de influencia no escenario internacional. Virtualmente todos os mellores xogadores do mundo xogan en campionatos europeos, particularmente en Inglaterra, Francia, Italia, España e Alemaña. Moitas das seleccións de maior forza están na UEFA. Dos 32 equipos participantes no Mundial de Suráfrica de 2010, 13 pertencen á UEFA.

A UEFA foi fundada o 15 de xuño de 1954 en Basilea, Suíza, como consecuencia de discusións entre as confederacións de Francia, Italia e Bélxica. A sede ficou en París ata 1959, cando a organización se mudou a Berna. Henri Delaunay foi o primeiro Secretario Xeral e Ebbe Shwartz o presidente. O seu centro administrativo dende 1995 é Nyon (Suíza). Foi inicialmente composta por 25 confederacións; actualmente son 53.

Xénova

Xénova (Zena en lígur e xenovés, Genova en italiano) é unha cidade do norte da Italia no litoral da rexión da Liguria, capital da provincia homónima, presentando na súa costa o principal porto marítimo da Italia. Esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 618.438 (2006) habitantes e tendo unha densidade de poboación de 2.484 hab./km².

Países e territorios do Mediterráneo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.