Istambul

Coordenadas: 41°00′36″N 28°58′48″L / 41.01000, -28.98000

Istambul
İstanbul
Istanbul collage 5j
Localización
Istambul en Turquía

Istambul
Istambul
PaísFlag of Turkey.svg Turquía
ProvinciaIstambul
Xeografía
Altitude40 msnm
Superficie1.539 km²
Demografía
Poboación14.100.000 hab. (2016)
Outros datos
Código postal34010-34850 (Parte europea)
80000-81800 (Parte asiática)
AlcaldeKadir Topbaş (AKP)
istanbul.gov.tr

Istambul[1][2][3] ou Istanbul,[4] (en turcoİstanbul[is'tanbul] (AFI)) é a maior cidade de Turquía, e tamén unha das cidades máis grandes de Europa, con 11 008 790 (censo de 2007).

É tamén a capital administrativa da Provincia de Istambul na chamada Rumelia ou Tracia Oriental. Foi chamada Bizancio (en gregoΒυζάντιον, tr. "Byzantion") ata 330, e Constantinopla ata 1453, nome co que se lle denominou xeralmente en Occidente ata 1930. Durante o período otomán os turcos chamaban á cidade 'İstanbul' alteración da frase en lingua grega: εἰς τὴν πόλιν (á cidade), que no grego bizantino se prunciaba algo así como istimbólin, pero oficialmente empregábase o nome Qustantaniyyeh (قسطنطنيه) ("Cidade de Constantino" en árabe). O nome oficial de İstanbul foi imposto o 28 de marzo de 1930.

Foi sucesivamente a capital do Imperio Romano de Oriente, o Imperio Bizantino, do Imperio Otomán e máis tarde da República de Turquía até 1923.

Aínda que dende 1923 a capital de Turquía é Ankara, Istambul segue sendo unha cidade que ten un papel fundamental na industria, no comercio e na cultura de Turquía. Alberga máis dunha ducia de universidades. É sé do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla, cabeza da Igrexa Ortodoxa.

Historia

Artigo principal: Historia de Istambul.

Fundación de Bizancio

Istanbul - Muralles
Murallas.

Bizancio foi o nome orixinal da moderna cidade de Istambul. Bizancio foi establecida por colonos gregos de Megara no 667 a.C. e nomeada en honra do seu rei Byzas. O nome «Bizancio» é unha transliteración do nome grego orixinal de Βυζάντιον. O grego moderno demótico pronuncia este como Βυζάντιο, /vi.za.ⁿdjo/.

A través dos anos, esta cidade estivo en mans dos persas, os cales a ocuparon e destruíron no século V a.C. Recuperada polo espartano Pausanias no 479 a.C., comezou a reconstruíla no 478 a.C. Máis tarde Esparta tivo que disputar o seu control aos atenienses, quen a tomaron no 409 a.C., mais foron expulsados no 405 a.C., aínda que no 390 a.C. volveu a mans atenienses.

Entre o 336 e o 323 a.C. estivo en mans dos macedonios, durante o reinado de Alexandre Magno. Logo deste, a cidade recuperou certa independencia, salvo cando no 279 a.C. os celtas conquistaron Tracia, impondo un tributo a Bizancio.

O Imperio Romano

No ano 191 a. C. a cidade pasou a ser aliada de Roma, quen a recoñeceu como cidade ceibe, aínda que posteriormente pasou a ser posesión directa da República (100 a. C.).

No ano 194, Bizancio viuse envolvida nunha disputa entre o emperador romano Septimio Severo e Pescennius Niger, tomando partido polo derradeiro. Debido a isto Severo cercou a cidade, onde resistían os partidarios de Niger. O sitio durou tres anos, o que alporizou a Severo que, cando finalmente se rendiu, a saqueou, destruíndo as súas murallas.

O Imperio Bizantino

Ayasofya 2006-1
A igrexa de Santa Sofía (Hagia Sofia) foi convertida en mesquita durante o Imperio Otomán e dende 1935 é un museo.
Blue mosque exterior Istanbul 2007 004
A Mesquita Azul (Mesquita do Sultán Ahmed).
Istanbul siluet
Silueta da Mesquita Azul e do museo Hagia Sofia.
Ortakoey Istanbul Bosporusbruecke Mrz2005
Ponte Gálata sobre o Estreito do Bósforo.

A estratéxica posición de Bizancio atraeu ao emperador romano Constantino I o Grande, quen no ano 330, fundou de novo a cidade como Nova Roma ou Constantinopolis na súa honra (Constantinopla, en grego: Konstantinoupolis, Κωνσταντινούπολις) e converteuna na capital do Imperio Romano e, trala súa división en 395, do Imperio Romano de Oriente, que pasou á historiografía moderna co nome de Imperio Bizantino. O nome de Nova Roma nunca se empregou con frecuencia e foi o de Constantinopla o que prevaleceu ata a caída do Imperio en 1453 e foi usado ata o século XX en Europa, en lugar de Istambul (aínda se emprega en Grecia).

A combinación de imperialismo e posición estratéxica desempeñarían un papel importante, como encrucillada entre dous continentes (Europa e Asia), e máis tarde como un incentivo para África e outros territorios á súa vez, en termos de comercio, cultura, diplomacia e estratexia. Nun emprazamento tan valioso, Constantinopla era capaz de controlar a ruta entre Asia e Europa, así como o paso do mar Mediterráneo ao Efxinos Pontos (mar Negro). Isto fixo que mentres que a parte occidental do Imperio Romano entrou nunha crise económica, comercial, política e demográfica, Constantinopla mantivese a súa posición durante séculos, converténdose na grande urbe europea medieval.

Do primeiro período de esplendor do Imperio destaca a Igrexa de Santa Sofía, obra mestra da arte bizantina que mandou construír o Emperador Xustiniano. Tras unha pequena crise nos séculos VII e VIII, volvería outra etapa de renacemento no IX e X, co Cisma de Oriente, tralo que viría a decadencia do Imperio coas cruzadas, a división en varios estados como o Imperio Latino, e a constante ameaza turca. No entanto a cidade mantería a súa importancia como centro cultural e comercial do Mediterráneo, contando con consulados e colonias de mercadores de diversos países.

O derradeiro emperador (ou basileos) bizantino foi Constantino XI quen morreu na defensa da cidade.

O Imperio Otomán

A Caída de Constantinopla baixo dominio turco o 29 de maio de 1453 foi un suceso que impactou á sociedade europea da época e que se considera o final da Idade Media. A cidade caeu tras un longo asedio e anos de conflitos cos turcos, que xa conquistaran o resto do Imperio Bizantino, debido ao tesón do sultán Mehmed II, chamado naquel momento Fatih, en turco «O Conquistador» e formou parte do Imperio Otomán ata a súa disolución oficial o 1 de novembro de 1922. Os otománs denominaron a cidade İstanbul ou Istambul.

Durante o período otomán a cidade franqueou un cambio cultural completo, e pasou de ser unha cidade bizantina imperial e cristiá ortodoxa a outra otomá e islámica. A Hagia Sophia, a Igrexa da Divina Sabedoría, foi convertida nunha mesquita como o foron algunhas outras igrexas na cidade (sobre todo as igrexas dos barrios que puxeron máis empeño en defender a cidade fronte Mehmed III). Moitas igrexas conserváronse e novas mesquitas construíronse ao redor da cidade; cada Sultán construíu unha magnífica mesquita para conmemorar o seu reinado. Entre estas mesquitas, as máis extraordinarias son: a Mesquita de Beyazid, a Mesquita de Süleymaniye (a máis grande de Istambul), a Mesquita do Sultán Ahmed (o primeiro sermón do venres ou «Jutba» nesta Mesquita foi lido polo Jelveti Sufí Xeque Aziz Mahmud Hudayi) e a Mesquita de Fatih.

As donas e nais dos Sultáns tamén contribuíron á construción de mesquitas e varias destas, tanto no lado europeo como no asiático da cidade, teñen o nome Mesquita do Sultán Valide, para simbolizar que foron construídos conforme ás ordes da nai do Sultán.

As ordes sufíes, tan estendidas no mundo islámico de entón, tiñan a numerosos discípulos que participaran na conquista da cidade e trasladáronse para instalarse na capital. Durante tempos do Imperio Otomán máis de 100 Tekkes (centros de reunión e retiro ao xeito dos mosteiros cristiáns nos que se celebraban rituais sufíes) estaban activos tan só en Istambul.

Moitos destes Tekkes aínda perviven no día de hoxe, uns en forma de mesquitas outros como museos, como Jerrahi Tekke en Fatih, as mesquitas de Sünbül Efendi e Ramazan Efendi o Gálata Mevlevihane en Beyoğlu, Yahya Efendi Tekke en Beşiktaş e Bektaşi Tekke en Kadıköy que na actualidade é empregada por musulmáns Alevíes como unha Cemevi. Un elemento pintoresco da paisaxe de certas zonas da cidade de Istambul, que aínda pervive hoxe en día, son as Türbes, características tumbas do período otomán.

A República de Turquía

Cando a República de Turquía foi establecida por Mustafa Kemal Atatürk o 29 de outubro de 1923, a capital foi trasladada de Constantinopla a Ankara. İstanbul adoptouse como nome oficial en 1930. Nos primeiros anos da república, Istambul foi pasada por alto en favor da nova capital Ankara, pero durante a década dos anos 50 e 60 Istambul someteuse ao gran cambio estrutural. A cidade, no seu día cunha numerosa e próspera comunidade grega, herdeiros das orixes gregas da cidade, diminuíu logo dos acontecementos do 6 e o 7 de setembro de 1955, nos que unha turba atacou e asaltou as comunidades armenia, grega e xudía da cidade, sen lamentar moitos danos persoais, aínda que un gran número de gregos abandonaron os seus fogares e viaxaron á veciña Grecia.

Na década de 1960 o goberno de Adnan Menderes procurou desenvolver o país no seu conxunto, e foron construídas novas autoestradas e redes de estradas así como fábricas en todo o país. Unha moderna rede viaria foi construída en Istambul, pero nalgúns casos, lamentablemente, a expensas da derriba de edificios históricos no interior da cidade.

En 1963 asinouse o Acordo de Ankara, que constitúe o primeiro paso do país no seu proceso de integración na Comunidade Económica Europea (posteriormente, na Unión Europea).

Durante os anos 70 a poboación de Istambul comezou a medrar rapidamente no momento en que a xente de Anatolia emigrou á cidade para atopar emprego en moitas das novas fábricas construídas nos arredores da cidade. Este brusco e repentino aumento da poboación provocou unha explosión inmobiliaria, a construción de edificios non se detivo (algúns de mala calidade sofren danos cos frecuentes terremotos que golpean a cidade). Durante este crecemento desmedido moitos lugares situados antes na periferia da cidade foron absorbidos pola gran metrópole de Istambul. A maioría dos turcos que viviron en Istambul nesas décadas aínda poden recordar como os distritos da cidade como Maltepe, Kartal, Pendik e outros eran campos verdes. Outras áreas como Tuzla non eran máis que unha vila costeira.

Xeografía

Istanbul and Bosporus big
Vista satélite da área de Istambul.
Istanbul cystern
Cisternas de Basílica.
Bosphore - Forteresse Rumeli Hisari
Fortaleza de Rumeli Hisari.
DSC04560 Istanbul - Bazaar - Foto G. Dall'Orto 29-5-2006
Gran Bazar
Spice Bazaar Spices
Bazar das especias
Valens aquädukt02
Acuedutos de Valens

Istambul atópase ao sur do estreito do Bósforo, ao noroeste da Rexión do Mármara entre a Turquía europea e asiática. A parte europea da cidade atópase na parte occidental, mentres a parte asiática atópase na parte oriental. A cidade de Istambul ten unha superficie de 1.539 km², mentres que a área metropolitana da cidade ten unha superficie de 6.220 km².

O Bósforo

O Bósforo (En turco Boğaziçi) é un estreito que divide en dúas partes a cidade de Istambul, conectando ao mar de Mármara co mar Negro e separando fisicamente Asia de Europa.

Sobre o estreito construíronse dúas pontes que comunican os dous continentes. A ponte Bogazici (Boğaziçi Köprüsü), de 1.074 metros de longo, foi completada en 1973. A segunda ponte, a Fatih Sultan Mehmet (Fatih Sultan Mehmet Köprüsü, FSM) posúe unha lonxitude de 1.014 metros, foi completada en 1988 e atópase a case cinco quilómetros ao norte da primeira ponte. Estas pontes unen Istambul coas veciñas cidades asiáticas de Üsküdar (en grego Crisopolis) e Kadiköy (en grego Calcedonia), que pasaron a formar unha conurbación con Istambul na segunda metade do século XX.

Un túnel ferroviario de 13,7 quilómetros está sendo construído e estímase a súa terminación para 2008. Aproximadamente 1400 metros do túnel van construírse baixo o estreito, mediante a técnica de inmersión do conduto, e prevese que será o máis profundo túnel executado por este método (cun máximo de 56m baixo o nivel da auga). O proxecto contempla a construción dun metro de 13,3 km con catro estacións, que unirá o centro de Istambul coa urbe oriental e coa urbe occidental.

Risco sísmico

Istambul está situada preto de falla Anatolia do Norte, unha falla xeoloxicamente activa que foi responsable de varios tremores mortais na historia contemporánea da cidade. Os estudos demostran que hai un risco elevado de que nas próximas décadas se produza un terremoto devastador preto de Istambul. As dificultades para establecer e impor convenientes normas de calidade na construción dos edificios probablemente causarán un enorme número de derrubamentos e esborralles, sobre todo en vivendas de albanelería baratas como os «gecekondu» dos suburbios de Istambul.

Clima

A cidade de Istambul posúe un clima temperado continental, consistente en quentes, longos e húmidos veráns e invernos fríos, chuviosos e con nevadas ocasionais que poden ser abondosas. A media de precipitacións total é de 870 mm anuais. A humidade relativa da cidade é constantemente alta o que fai que se sintan temperaturas moito máis rigorosas que as que en realidade existen. As temperaturas máximas medias durante os meses de inverno varían entre 3 e os 8 ºC, e ata podendo baixar aos -5 °C e inferiores. Ao contrario da crenza común, as grandes precipitacións en forma de neve son comúns, podendo acaecer entre os meses de novembro e abril. Os meses de verán de xuño a setembro traen temperaturas diúrnas medias de 28 graos centígrados e superiores. A pesar de que o verán é a tempada máis seca, a choiva é común e as inundacións semellantes a un monzón acontecen durante aquela época do ano.[5][6][7]

Economía

Sector financeiro

Istambul constitúe a "capital financeira" de Turquía, aínda cando Ankara vén sendo a capital do país dende 1923. O nacemento de mercados específicos durante a década dos 80 reforzaron aínda máis o status da cidade. Inaugurada a comezos de 1986, a Bolsa de Valores de Istambul (ISE) é o único mercado de valores de Turquía, establecida para proporcionar operacións con accións, cupóns de dereito, abonos do estado, letras do Tesouro, certificados de participación nos ingresos, bonos emitidos pola privatización da Administración, bonos corporativos, e para levar a cabo transaccións da noite á mañá.[8] No ano 1993 o ISE decidiu sobre a liberalización dos mercados do ouro, e en 1995 o Istanbul Gold Exchange foi establecido, poñendo fin ao monopolio das importacións de lingotes de ouro do Banco Central de Turquía, transferíndose ao sector privado.[9]

Os distritos financeiros de Levent e Maslak son a sede dos principais bancos, compañías turcas, e tamén dos grandes xigantes do sector financeiro como Citibank, Merrill Lynch, J. P. Morgan, HSBC, ABN Amro, Fortis, ING Bank, BNP Paribas, Société Générale, Banca di Roma, UniCredit, WestLB, Deutsche Bank, Commerzbank, entre outros. Os distritos de Levent e Maslak teñen un constante crecemento dinámico que se pode comprobar coa constante construción de novos rañaceos todos os anos.

Turismo

Istambul é a principal cidade turística de Turquía. Na cidade atópanse centos de hoteis e industrias orientadas ao turismo. No 2006 un total de 23 148 669 turistas viaxaron a Turquía, a maioría deles entraron no país a través dos aeroportos e portos de Istambul e Antalya[10]. O número total de turistas que entraron a través dos Aeroportos Internacionais de Atatürk e Sabiha Gökçen de Istambul chegou aos 5 346 658, fronte aos 4849.353 do 2005.

Istambul é tamén un dos maiores destinos de conferencias do mundo, medrando a súa elección como destino entre as principais asociacións mundiais[11]. O atractivo de Istambul como cidade de conferencias desenvolveuse coa creación de tres áreas de conferencias e exhibicións: The Conference Valley Val das conferencias, The Airport & Exhibition District Distrito do aeroporto e das exhibicións (con 150.000 m2 de espazo para exhibicións) e o Business & Financial District Distrito de negocios e financeiro. Estas áreas presentan unha combinación de aloxamento, facilidades de encontro, e espazo de exhibición. Estas áreas poden ser visitadas de xeito individual ou colectivo, grazas á rede de metro que as une; entre as tres poden acoller a más de 10.000 visitantes.

Lugares de interese

Istambul foi e é un crisol cultural e étnico. Por conseguinte, hai numerosas mesquitas, igrexas, sinagogas e palacios históricos dignos de visitar na cidade.

A cidade vella está principalmente situada no estreito do Bósforo. Con todo, a cidade moderna é máis ampla e comprende ambos os lados (europeo e asiático) do estreito. Entre os seus encantos turísticos inclúense a Igrexa da Divina Sabedoría (Hagia Sofia), Sarıyer, Eyüp e Taksim na parte europea, e Beyköz, Üsküdar, Kadıköy, Moda, Bostancı e Adalar na parte asiática. Como capital que foi de dous dos imperios máis poderosos da Terra, e cidade cosmopolita que, para o século XVI, era probablemente a máis civilizada e multicultural, Istambul alberga monumentos extraordinarios: palacios, igrexas e o Hipódromo que datan da época bizantina; as mesquitas de Sultanahmet e Süleymaniye; e o Palacio de Topkap? (Topkapı Sarayı), sede do poder imperial otomán, entre outros.

Edificios e monumentos

  • Mesquita de Arap
  • Cisternas de Basílica
  • Igrexa búlgara de Santo Estevo (coñecido como a «Igrexa de Ferro búlgara»)
  • Palacio de Dolmabahçe
  • Mesquita de Fatih
  • Torre de Gálata (Galata Kulesi)
  • A Igrexa da Divina Sabedoría, Hagia Sophia (Ayasofya Camii)
  • Avenida de Istiklal (İstiklâl Caddesi)
  • Museo dos Mosaicos
  • As Illas do Príncipe
  • Museo Sadberk Hanım
  • Mesquita de Sultanahmet ou Mesquita Azul
  • Mesquita de Süleymaniye
  • Palacio Topkapı
  • Torre da doncela, Torre de San Leandro (Kız Kulesi)
  • Hipódromo

Mercados, barrios e lugares diversos

  • Restaurantes de peixe da zona de Bebek
  • Beyoğlu
  • Corno de Ouro
  • Praza de Taksim
  • O Gran Bazar
  • O Bazar exipcio ou das Especias,
  • Cemiterio de Eyüp
  • Moda, Kadğköy
  • Bağdat Caddesi, Kadıköy

Construcións emblemáticas

Cidades irmandadas

Istambul está irmandada con 45 cidades:

Predecesor:
Flag of Lithuania.svg Vilnius
Austria Linz
EU Insignia
Capital Europea da cultura
xunto a Alemaña Essen e Hungría Pécs

2010
Sucesor:
Finlandia Turku
Estonia Talín

Notas

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2.
  2. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0.
  3. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). ISBN 9788482893600.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bizantino.
  5. Kottek, Markus; Grieser, Jürgen; Beck, Christoph; Rudolf, Bruno; Rube, Franz (June 2006). "World Map of the Köppen-Geiger climate classification updated" (PDF). Meteorologische Zeitschrift 15 (3): 259–263. Bibcode:2006MetZe..15..259K. doi:10.1127/0941-2948/2006/0130. Consultado o 29 March 2013.
  6. Peel, M. C.; Finlayson, B. L.; McMahon, T. A. (2007). "Updated world map of the Köppen-Geiger climate classification" (PDF). Hydrology and Earth System Sciences 4 (2): 439–473. doi:10.5194/hessd-4-439-2007. Consultado o 29 March 2013.
  7. "Total Participation Data: August" (en Turkish). Turkish State Meteorological Service. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2012. Consultado o 6 July 2012.
  8. Foreign Economic Relations Board Turkey DEIK (ed.). "Financial sector" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de decembro de 2006. Consultado o 2007-01-01.
  9. World Gold Council (ed.). "World Gold Council > jewellery:Turkey". Consultado o 2007-01-01.
  10. Hürriyet: 2006’da Türkiye’ye gelen turist başına harcama 728 dolara indi
  11. Reed Exhibitions Limited (member of the Association of Event Organisers (AEO)) (ed.). "EIBTM 2007 - The Global Meetings & Incentive Exhibition for the MICE Industry". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 2006-03-11.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Boyar, Ebru; Fleet, Kate (2010). A Social History of Ottoman Istanbul. Cambridge, Eng.: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-13623-5.
  • Bloom, Jonathan M.; Blair, Sheila (2009). The Grove Encyclopedia of Islamic Art and Architecture: Delhi to Mosque. Oxford University Press. p. 1. ISBN 978-0-19-530991-1. Consultado o 11 April 2013. Whatever the prehistoric antecedents of Istanbul, the continuous historical development of the site began with the foundation of a Greek colony from Megara in the mid-7th century BCE...
  • Brink-Danan, Marcy (2011). Jewish Life in Twenty-First-Century turkey: The Other Side of Tolerance. New Anthropologies of Europe. Bloomington, Ind.: Indiana University Press. ISBN 978-0-253-35690-1.
  • Brummett, Palmira Johnson (2000). Image and Imperialism in the Ottoman Revolutionary Press, 1908–1911. Albany, N.Y.: SUNY Press. ISBN 978-0-7914-4463-4.
  • Cantor, Norman F. (1994). Civilization of the Middle Ages. New York: HarperCollins. ISBN 978-0-06-092553-6.
  • Çelik, Zeynep (1993). The Remaking of Istanbul: Portuait of an Ottoman City in the Nineteenth Century. Berkeley, Calif., & Los Angeles: University of California Press. ISBN 978-0-520-08239-7.
  • Chamber of Architects of turkey (2006). Architectural Guide to Istanbul: Historic Peninsula 1. Istanbul: Chamber of Architects of turkey, Istanbul Metuopolitan Branch. ISBN 978-975-395-899-8.
  • Chandler, Tertius (1987). Four Thousand Years of Urban Growth: An Historical Census. Lewiston, N.Y.: St. David's University Press. ISBN 978-0-88946-207-6.
  • Connell, John (2010). Medical Tourism. CAB Books. Wallingford, Eng.: CABI. ISBN 978-1-84593-660-0.
  • Dahmus, Joseph (1995). A History of the Middle Ages. New York: Barnes & Noble Publishing. ISBN 978-0-7607-0036-5.
  • Davidson, Linda Kay; Gitlitz, David Martin (2002). Pilgrimage: From the Ganges to Graceland: An Encyclopedia 1. Santa Barbara, Calif.: ABC-CLIO. ISBN 978-1-57607-004-8.
  • De Sélincourt, Aubery (2003). John M Marincola, ed. The Histories. Penguin Classics. London: Penguin Books. ISBN 978-0-14-044908-2.
  • De Souza, Philip (2003). The Greek and Persian Wars, 499-386 B.C. London: Routledge. ISBN 978-0-415-96854-6.

Ligazóns externas

2017

2017 é un ano común do calendario gregoriano, que comezou en domingo.

A ONU declarou ao 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento , coa intención de promover esa actividade económica creando conciencia da importancia de impulsala e desempeñala responsablemente.

O Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.

Abdi İpekçi Arena

O Abdi İpekçi Arena é un pavillón multiusos situado no distrito de Zeytinburnu de Istambul, Turquía xusto nas aforas da antiga cidade de Yedikule de Constantinopla. Foi deseñado en 1979 e inaugurado en 1986.

A cancha ten unha capacidade de 12.270 espectadores e alberga eventos deportivos nacionais e internacionais como: baloncesto, voleibol, loita e halterofilia, ademais de concertos, congresos e moitas máis cousas.

O polideportivo acolle os partidos como local do Anadolu Efes S.K., do Galatasaray Liv Hospital, do Beşiktaş e do Galatasaray Odeabank; todos equipos de baloncesto.

Abdus Salam

Abdus Salam, nado o 29 de xaneiro de 1926 en Santokdas, Sahiwal en Punxab e finado o 21 de novembro de 1996 en Oxford, Inglaterra, foi físico teórico de Paquistán que recibiu o Premio Nobel de Física en 1979 polo seu traballo no Modelo electrodébil, unha síntese matemática e conceptual do electromagnetismo e a interacción nuclear débil, até agora o último paso que se deu para chegar á unificación de todas as forzas da natureza.

Argo (filme)

Argo é un filme estadounidense dirixido, producido e protagonizado por Ben Affleck que foi estreado no 2012. Gañadora de 3 Premios Oscar: mellor filme, guión adaptado e montaxe.

Beşiktaş JK

O Beşiktaş Jimnastik Kulübü é unha entidade polideportiva da cidade de Istambul, fundada en 1903, popularmente coñecida pola súa sección profesional de fútbol que compite na Superliga de Turquía.

Considerado como un dos 3 clubs deportivos máis laureados de Turquía, mantén unha salientable rivalidade cos outros 2 grandes equipos veciños da cidade de Istambul, o Fenerbahçe SK e o Galatasaray SK. Éstes son os 3 únicos equipos que disputaron tódalas edicións da Süper Lig dende a súa creación en 1956, e que lideran o palmarés da competición.

Bizancio

Este artigo é sobre a cidade de Bizancio. No que atinxe ao imperio do que foi a capital, ver Imperio Bizantino.

Bizancio (do grego Βυζάντιον, Byzántion) foi unha cidade grega de Tracia, na beira do Bósforo, que ocupou un lugar moi importante na historia. Baixo o nome de Constantinopla, foi capital do Imperio Romano de Oriente, coñecido como Imperio Bizantino. Corresponde á actual cidade turca de Istambul.

Bósforo

O Bósforo é un estreito marítimo entre o mar Negro e o mar de Mármara (que no seu outro extremo se comunica co mar Mediterráneo a través do estreito dos Dardanelos) e que separa Europa e Asia, á beira do cal está situada a cidade de Istambul (Constantinopla).

Hai dúas pontes sobre este estreito. A ponte Bogazici, de 1074 metros de largo foi completada en 1973. A segunda ponte, a Fatih Sultan Mehmede posúe unha lonxitude de 1014 metros, completouse en 1988 e atópase a case a cinco quilómetros ao norte da primeira.

Un túnel ferroviario de 13,7 quilómetros foi construído e estimouse a súa entrada en funcionamento para o 2012. Aproximadamente 1400 metros do túnel foron construídos baixo o estreito, a unha profundidade de 55 metros.

Circuíto de Istambul

O Autódromo de Istambul, tamén coñecido como Circuíto de Istambul ou Parque de Istambul (en turco: Ístanbul Park), é un autódromo localizado no lado asiático de Istambul, Turquía. Foi construído para ser sede do Gran Premio de Turquía de Fórmula 1. Rodeado por bosques e parques, áchase situado preto da intersección de Kurtköy, no norte da autoestrada TEM, que comunica Istambul con Ancara. Xunto ao circuíto, atópase o recentemente construído Aeroporto Internacional Sabiha Gökçen.

Cunha superficie total de 2215 millóns de metros cadrados, o circuíto percórrese en sentido contrario ás agullas dun reloxo, e ten unha lonxitude de 5.340 metros, cun largo medio de 15 m e variacións entre 12,5 e 21,5 m. O trazado presenta 14 curvas en total (seis cara á dereita e oito cara á esquerda), entre as cales a máis pechada ten un raio de apenas 15 metros. Cunha recta principal de máis de 650 metros de extensión, o circuíto ten 4 niveis de altura diferentes. En 2005 estimouse que a máxima velocidade alcanzable por un auto de Fórmula 1 sería en 320,5 km/h.

Tanto o circuíto como as instalacións que o rodean foron proxectados polo arquitecto alemán Hermann Tilke, quen afirmou que deseñou o trazado de forma tal que "sacase aos pilotos da pista". O primeiro Gran Premio de Turquía caracterizouse xustamente pola gran cantidade de descoidos ocorridos durante todo o fin de semana.

Unha das curvas que máis chamou a atención no primeiro Gran Premio foi a número 8. Trátase dun curvón de alta velocidade con catro ápices, na cal moitos dos pilotos perderon o control dos seus autos. Tanto espectadores como pilotos eloxiaron a curva 8, comparándoa con curvas históricas talles como Eau Rouge e 130R. Ata se chegou a comparar ao circuíto co trazado belga de Spa-Francorchamps.

O circuíto de Turquía, con todo, non estivo exento de críticas. Tras as probas de clasificación do Gran Premio de Turquía de 2005, o piloto Jenson Button manifestou que a pista ondularase ao longo do fin de semana, e que este problema acentuouse particularmente na curva 8, causando así os numerosos descoidos. Estas declaracións fixeron recordar á situación do Circuíto Internacional de Xangai, tamén deseñado por Tilke, do cal díxose que se está afundindo en certos sectores por ser construído sobre terras pantanosas. Jarno Trulli mostrouse indiferente cando se lle pediu opinión sobre o autódromo, manifestando que o trazado era fácil de aprender e que unha boa performance dependería máis da máquina que do piloto [1][Ligazón morta].

O autódromo albergou carreiras da FIA e do WTCC, así como tamén competencias de FIA GP, FIA GP2 e DTM. Entre os eventos programados para o futuro, atópanse carreiras de MotoGP e dos 1000 km de Le Mans.

Constantinopla

Constantinopla (Nome romano: Constantinopolis; Grego: Konstantinoupolis ou Κωνσταντινούπολις) é o antigo nome da cidade de Istambul, na Turquía. O nome orixinal era Bizancio (Bυζάντιον en grego).

Constantinopla foi a capital do Imperio Bizantino, tamén coñecido como Imperio Romano de Oriente. Foi capturada e saqueada pola Cuarta Cruzada en 1204 e despois recapturada polas forzas de Nicea, baixo as ordes de Miguel VIII Paleólogo en 1261.

"Constantinopla" é unha adaptación de Konstantinoupolis, que significa "Cidade de Constantino". O nome é unha referencia ao emperador romano Constantino I o Grande que converteu esta cidade na capital do imperio romano, o 11 de maio de 330. Constantino chamouna "Nova Roma", pero o nome non prosperou. Posteriormente Constantinopla quedou como capital do Imperio Romano de Oriente e, tras a caída do Imperio Romano de Occidente, como capital do Imperio Bizantino.

Constantinopla e o Imperio Bizantino caeron finalmente ante o Imperio Otomán a 29 de maio de 1453. Nos tempos otománs, ambos os nomes Constantinopla e Istambul foron usados, a pesar dos occidentais invariabelmente usaron o nome Constantinopla. Istambul só se tornou o nome oficial en 1930. Cando a República da Turquía foi fundada en 1923, a capital moveuse de Istambul a Ancara.

En tempos bizantinos, os gregos chamaban Constantinopla "i Poli" (a cidade), unha vez que era o centro do mundo grego e durante a maioría do período bizantino a maior cidade da Europa.

O nome Istambul é unha tradución ao turco de "Constantinopla". A crenza de que vén da frase grega "is tin Poli" (cara a cidade) é apenas unha lenda folclórica.

Cristo

Cristo (Do latín Christus, e este do grego Christós, Χριστoς, á súa vez unha tradución do hebreo meshiah -en galego "mesías"-, que significa "unxido") era un título cualificativo que os xudeus aplicaban aos seus sacerdotes, reis e profetas, xa que estes debían ser unxidos no nome de Deus para consagrarse ao seu labor.

Os seguidores de Xesús de Nazaret tamén lle aplicaron este título ao seu líder, chamándolle Cristo Xesús ou Xesucristo. Co tempo, Cristo converteuse noutro dos nomes de Xesús de Nazaret.

Dióscoro, antipapa

Dióscuro ou Dióscoro (en latín: Dioscorus), de orixe grega e nado en Alexandría no século V e finado o 14 de outubro de 530 en Roma, foi antipapa de Bonifacio II.

Galatasaray Spor Kulübü

O Galatasaray Spor Kulübü é un club deportivo turco de Istambul, fundado en 1905 por Ali Sami Yen. O seu equipo de fútbol actualmente compite na Superliga de Turquía e o seu campo é o estadio Ali Sami Yen, con capacidade para 23.785 espectadores. O equipo de baloncesto é coñecido por motivos de patrocinio como Galatasaray Medical Park.

En fútbol, é o primeiro e único club turco que gañou un trofeo europeo e o segundo club, tralo Ajax de Ámsterdan, en gañar a Copa da UEFA sen perder un só partido. O seu maior éxito foi no ano 2000 cando ganou a Copa da UEFA ante o Arsenal FC de Inglaterra e a Supercopa de Europa ante o Real Madrid CF. O seu maior rival na Superliga de Turquía é o Fenerbahçe Spor Kulübü, tamén da cidade de Istambul.

Gran Premio de Turquía de 2011

O Gran Premio de Turquía de 2011 (formalmente o DHL Gran Premio de Turquía de Fórmula 1 de 2011) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 8 de maio de 2011 no Circuíto de Istambul, Istambul, Turquía. Foi a cuarta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2011.

Orhan Pamuk

Orhan Pamuk, nado o 7 de xuño de 1952 en Istambul, Turquía, é un escritor turco contemporáneo, moi coñecido internacionalmente e gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 2006. Nas súas narracións constrúe pontes entre a novela europea moderna e a tradición mística oriental. O seu traballo foi traducido ata agora a 35 linguas e publicado en máis de 100 países.

Patriarca de Constantinopla

O título de Patriarca de Constantinopla é o que levan algúns bispos que ocupan a sé de Constantinopla (hoxe Istambul, Turquía), ou que a ocuparon antigamente e mantiveron o nome ao trasladar a sé a outro lugar. O máis coñecido deles é o Patriarca ecuménico de Constantinopla, da Igrexa ortodoxa de Constantinopla, e polo xeral a expresión «Patriarca de Constantinopla» refírese a el. Ademais do prelado ortodoxo, reclama o título a Igrexa apostólica armenia e, antigamente, a Igrexa católica latina.

Pécs

Pécs (Latín: Quinque Ecclesiae, croata: Pečuh, alemán: Fünfkirchen, serbio: Pečuj ou Печуј, eslovaco: Päťkostolie, turco: Peçuy, italiano: Cinquechiese) é a cuarta maior cidade de Hungría, está situada no suroeste do país. A cidade é o centro económico e administrativo do condado de Baranya.

A cidade ten unha poboación de 156.576 habitantes o que a fai a quinta maior cidade de Hungría.

Pécs foi elixida para ser a Capital europea da cultura no 2010 xunto coas cidades de Essen (Alemaña) e Istambul(Turquía).

Süper Lig

A Süper Lig é a máxima categoría da liga turca de fútbol. Trátase dunha competición profesional, fundada en 1958 e organizada pola Türkiye Futbol Federasyonu (Federación Turca de Fútbol). O formato é o habitual nos torneos de liga europeos, sendo 18 os equipos que se enfrontan entre sí ó longo de dúas voltas, en cada unha das cales cada equipo ten que se enfrontar cos restantes 17, de xeito que cando remata o campionato cada equipo xogou dous encontros fronte a cada rival, ún como local e outro como visitante.

O nacemento desta competición supuxo a unificación de varios torneos rexionais que ata entón levábanse a cabo no país. O resultado foi unha liga dominada polos clubs da cidade de Istambul, que entre 1959 e 2012 acadaron 49 dos 56 títulos disputados. Os 3 clubs máis laureados desta liga son o Fenerbahçe SK, o Galatasaray SK e o Beşiktaş JK (con 18, 18 e 13 títulos respectivamente), os 3 da cidade de Istambul, seguidos do Trabzonspor (6 títulos) e do Bursaspor (1 título). Os 3 grandes equipos de Istambul son tamén os únicos que levan disputadas tódalas edicións da Süper Lig.

Tracia

Tracia (en grego Thrákē ) é unha rexión do sueste de Europa, na Península dos Balcáns, ao norte do Mar Exeo, situada na actual Grecia e na Turquía europea.

No seu momento, esta rexión histórica estendíase desde Macedonia ata o Mar Negro e o Mar de Mármara; e desde o mar Exeo ata o Danubio. Ocupa a punta do sueste da Península Balcánica e comprende o Nordeste de Grecia, o sur de Bulgaria, e a zona europea de Turquía. Os seus límites variaron nos diferentes períodos. As montañas Ródope separan a Tracia grega da búlgara e o río Maritsa separa a Tracia turca da grega.

As cidades principais da zona son Istambul, Gallipoli, Edirne (antes Adrianópolis) e Tekirdag, todas elas en Turquía. Na zona grega distínguense Komotene, Janto e Alexandrópolis como as cidades máis grandes. A rexión de Tracia é esencialmente agrícola. Alí prodúcese tabaco, arroz, trigo, algodón, seda, aceite de oliva e froitas.

Turkish Airlines

THY - Turkish Airlines, Inc. (en turco Türk Hava Yolları Anonim Ortaklığı) (THY) é a aeroliña nacional de Turquía con base na cidade de Istambul. Opera unha rede de vós regulares a 140 cidades internacionais e 35 en Turquía, operando nun total de 155 aeroportos, en Europa, Asia, África e América. O principal aeroporto da compañía é o Aeroporto Internacional Atatürk (IST), e ten centros de operacións nos aeroportos de Esenboga (ESB), e no de Sabiha Gökçen (SAW).

Entre 2006 e 2008 a aeroliña transportou 61,7 millóns de pasaxeiros cuns ingresos totais de 9370 millóns de dólares. Conta con 12000 empregados. Desde o 1 de abril de 2008 é membro da Star Alliance.

Dende o día 21 de maio de 2013 a aeroliña voa ao aeroporto de Santiago de Compostela. Trátase dunha conexión que se realiza tres días á semana entre a capital galega e a cidade de Istambul.

Capitais europeas da cultura

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.