Isoroku Yamamoto

Isoroku Yamamoto (山本 五十六, やまもと いそろく Nagaoka, prefectura de Niigata, Xapón, 4 de abril de 1884 - Illas Salomón, 1943) foi un almirante xaponés.

Cursou estudos na Escola Naval e máis tarde participou na guerra ruso-xaponesa. En 1926 foi nomeado agregado naval da embaixada xaponesa en Washington e, entre 1934 e 1935, representou ao seu país na conferenza naval de Londres, na que rexeitou as peticións internacionais para que o Xapón reducira a súa frota de guerra.

En 1936 foi nomeado viceministro da frota xaponesa e, pouco despois do inicio da Segunda Guerra Mundial, comandante en xefe das forzas navais. Opúxose á participación xaponesa na contenda bélica, argumentando que Xapón non contaba cos recursos necesarios para vencer a Estados Unidos, pero unha vez decidida, planificou o ataque sobre Pearl Harbor, convencido de que só un ataque por sorpresa danaría ás forzas estadounidenses. Porén, tal como predicira, trala vitoria estadounidense na batalla de Midway a guerra cambiou de signo e comezou o declive do Xapón.

Yamamoto morreu durante unha inspección da fronte, ao ser derribado o avión no que viaxaba polo exército estadounidense, que lograra descifrar o código secreto dos xaponeses e coñecía a ruta que ía seguir o aparato que trasladaba ao almirante.

Isoroku Yamamoto
Yamamoto-Isoroku
Nacemento4 de abril de 1884
 Nagaoka
Falecemento18 de abril de 1943
 Bougainville
CausaMorto en combate
SoterradoTama Cemetery
NacionalidadeXapón
Alma máterUniversidade Harvard, Naval War College e Imperial Japanese Naval Academy
Ocupaciónoficial

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

1943

1943 foi Ano Santo Xacobeo.

Ataque a Pearl Harbor

O ataque a Pearl Harbor foi unha ofensiva militar sorpresa efectuada pola Armada Imperial Xaponesa contra a base naval dos Estados Unidos en Pearl Harbor, Oahu, Hawai, na mañá do 7 de decembro de 1941. O ataque foi executado contra a frota do Pacífico da mariña dos Estados Unidos de América e as súas forzas de defensa, o corpo aéreo do exército, e a forza aérea da Mariña. O ataque damnificou ou destruíu 11 navíos de guerra, 188 avións, e matou 2.403 militares estadounidenses e 68 civís. O Almirante Yamamoto Isoroku planeou o ataque, comandado polo vicealmirante Chuichi Nagumo, que perdeu 64 pilotos, como o inicio da campaña do Pacífico na segunda guerra mundial. Tres portaavións da frota do Pacífico non se encontraban no porto, por tanto non foron danados, así como os depósitos de combustíbel e outras instalacións. Utilizando estes recursos a Mariña foi capaz de reconstruír a frota nun tempo de 6 meses a 1 ano. O ataque quedou na memoria como bombardeo de Pearl Harbor e batalla de Pearl Harbor, mais o nome máis común é ataque a Pearl Harbor ou simplemente Pearl Harbor.

Batalla de Midway

A batalla de Midway foi a batalla naval máis importante da campaña do Pacífico da Segunda Guerra Mundial. Entre o 4 e o 7 de xuño de 1942, só seis meses despois do ataque xaponés a Pearl Harbor, e un mes despois da batalla do mar do Coral, a armada dos Estados Unidos derrotou decisivamente á Armada Imperial Xaponesa nun ataque contra o atol Midway, inflixindo danos irreparables á frota xaponesa. O historiador militar John Keegan chamouna "o golpe máis espectacular e decisivo da historia da guerra naval".

A operación xaponesa, ao igual que o anterior ataque a Pearl Harbor, buscaba eliminar aos Estados Unidos coo unha potencia estratéxica no Pacífico, dándolle así vía libre a Xapón para crear a súa Esfera de Coprosperidad da Gran Asia Oriental. Os xaponeses agardaban que outra desmoralizante derrota forzase aos Estados Unidos a capitular na Guerra do Pacífico e asegurar así o dominio xaponés no océano.

O plan xaponés era atraer aos portaavións estadounidenses a unha trampa. A súa intención tamén era a de ocupar Midway como parte dun plan maior de estender o seu perímetro defensivo en resposta á incursión Doolittle. Esta operación taén foi considerada preparatoria para posteriores ataques contra Fiyi e Samoa.

O plan víuse entorpecido por erros xaponeses ao supoñer a reacción estadounidense e pola pobre disposición inicial. Hai que destacar tamén que os criptoanalistas estadounidense foron apaces de determinar a data e o lugar do ataque, permitindo á Mariña estadounidense estar en garda e preparar unha emboscada. Catro portaavións (Akagi, Kaga, Soryu e Hiryu) e un cruceiro pesado xaponés foron afundidos acosta dun portaavións e un destrutor estadounidenses. Despois de Midway, e do desgaste esgotador da campaña nas illas Salomón, os programas de construción naval e adestramento de pilotos non puideron manter o ritmo suficiente para substituír as perdas, mentres que os Estados Unidos aumentaron a súa produción tanto de barcos como de pilotos.

Incursión Doolittle

A incursión Doolittle, tamén coñecida como incursión a Tokyo, realizada o 18 de abril de 1942, foi o primeiro ataque aéreo dos Estados Unidos en golpear o arquipélago xaponés (concretamente a illa de Honshu) durante a Segunda Guerra Mundial. Ao demostrar que o propio Xapón era vulnerable a un ataque a éreo estadounidense, proporcionou unha importante inxección de moral e a posibilidade de represalias tras o ataque a Pearl Harbor o 7 de decembro de 1941. A incursión foi planeada e liderada polo tenente coronel James "Jimmy" Doolittle, da Forza Aérea dos Estados Unidos. Doolittle contaría posteriormente na súa autobiografía que o ataque estaba destinado a reforzar a moral estadounidense e facer que os xaponeses comezasen a dubidar do seu liderato:

Os xaponeses dixeran que eran invulnerables ... Un ataque á patria xaponesa podería causar confusión nas mentes dos xaponeses e sementar dúbidas sobre a fiabilidade dos seus líderes. Houbo unha segunda, e igualmente importante, razón psicolóxica para este ataque ... os estadounidenses precisaban dunha importante inxección de moral.

Dazaseis bombardeiros medios B-25B Mitchell foron lanzados dende o portaavións USS Hornet no oeste do océano Pacífico. O plan era bombardear obxectivos militares en Xapón e continuar cara o oeste para aterrar en China (facer aterrar un bombardeiro medio no Hornet era imposible). Todos os avións involucrados no bombardeo perdéronse, e 11 dos seus tripulantes morreron ou foron capturados (3 dos capturados foron executados polo exército xaponés en China). Un dos B-25 aterrou en Vladivostok,na Unión Soviética, onde foi confiscado e a súa tripulación internada durante máis dun ano. Trece tripulacións enteiras, e tada menos un home do avión número 14, regresaron.

A incursión causou danos materiais insignificantes a Xapón, pero foi un éxito no seu obxectivo de axudar á moral estadounidense, e poñer en dúbida a capacidade dos líderes militares xaponeses. Tamén fixo que Xapón retirase a súa potente forza de portaavións do océano Índico para defender as súas illas, e a incursión contribuíu á decisión do almirante Isoroku Yamamoto de atacar Midway, un ataque que resultou nunha derrota decisiva para a Armada Imperial Xaponesa.

Aproximadamente 250.000 civís chineses foron masacrados polo exército xaponés no leste de China como represalia por axudar aos aviadores estadounidenses capturados a escapar.

Nagaoka

Nagaoka (長岡市, ながおかし; Nagaoka-shi) é un concello da prefectura de Niigata e da rexión de Hokuriku e da rexión de Chūbu no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Chūbu e no centro da prefectura, no centro da illa de Honshū. Ten 840,88 km² de superficie e unha poboación de 279.969 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 333 h/km².

O concello de Nagaoka limita cos concellos de Izumozaki, de Kashiwazaki, de Kariwa, de Tōkamachi, de Ojiya, de Uonuma, de Sanjō, de Mitsuke, de Tsubame, de Yahiko e de Niigata.

Pearl Harbor (filme)

Pearl Harbor é un filme estadounidense épico bélico con elementos de romance e acción dirixido por Michael Bay que foi estreado no 2001. Está baseado no feito histórico do ataque a Pearl Harbor realizado pola aviación xaponesa o 7 de decembro de 1941.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.