Isidoro de Sevilla

Santo Isidoro de Sevilla, nado contra o ano 560 en Cartagena e finado o 4 de abril de 636, foi arcebispo de Valencia, doutor da Igrexa e un dos máis importantes eruditos da Idade Media, autor de Originum sive etymologicarum libri viginti (Etymologiae ou Etimoloxías)

Autor dunha Historia Sueborum a comezos do século VII, onde constata que o Reino Suevo durou 177 anos.

Santo Isidoro de Sevilla
Isidor von Sevilla.jpeg
Pintura de Murillo
Doutor da Igrexa
Biografía
Nacemento560 en Cartagena
Pasamento4 de abril de 636 en Sevilla
Proceso de canonización
Canonización1598, Roma por Clemente VIII
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica, Igrexa ortodoxa
Festividade4 de abril
Atributosabellas
Patrón/a deestudantes

Véxase tamén

Outros artigos

  • Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Isidoro
Cantillana

Cantillana é unha localidade da provincia de Sevilla, en Andalucía (España).

Casaseca de Campeán

Casaseca de Campeán é un municipio de España na provincia de Zamora, comunidade autónoma de Castela e León, que parte da comarca da Terra do Viño.

Limita ao norte con El Perdigón e Morales del Vino, ao sur con Villanueva de Campeán, ao leste con Currais e Peleas de Abajo, e ao oeste con Pereruela.

A igrexa parroquial é o principal monumento do pobo, é do s. XVIII principalmente e está baixo a advocación de Santo Isidoro de Sevilla.

O pobo celebra de forma especial Santo Isidoro (15 de maio), aínda que tamén se celebra no verán A nosa Señora da Asunción.

Crónica bizantina-arábiga

A Crónica bizantina-arábiga é unha crónica medieval, escrita no século VIII entre Exipto e a Península Ibérica, de autor anónimo pero de tendencia filoárabe. Pode considerarse unha continuación da Crónica de Xoán de Biclaro e das Historias dos Godos de Isidoro de Sevilla.

Parece ser que é debedora da fusión de dúas crónicas, unha realizada en Exipto e a segunda parte, doutra redactada en terras ibéricas, interpolando mais información. Serviu de base á Crónica Mozárabe do ano 754.

A crónica empeza coa morte de Recaredo no 601 e acabaría co inicio do reinado do califa omeia Hisham ibn Abd al-Malik no 724. Parte da obra trataría dos visigodos e outra parte centraríase nos bizantinos e os árabes. Crese que foi escrita cara ao ano 741.

Crónica mozárabe

A Crónica Mozárabe ou Crónica do 754 (en latín: Continuatio Hispanica) é unha crónica medieval, escrita no século VIII na Península Ibérica, a cal pretende ser unha continuación da "Historia dos Godos" de Isidoro de Sevilla, aínda que dunha calidade moito menor.

O contido apenas dá información sobre os feitos dos visigodos na península pero dá moita información do acaecido en Oriente, sobre todo no relacionado co imperio Bizantino e a expansión Omeia.

Crónica picta

Crónica picta é o nome que adoitan dar os historiadores (especialmente os máis antigos) a un relato pseudohistórico dos reis pictos que comeza moitos miles de anos antes dos primeiros rexistros históricos pictos e remata despois de que o reino picto fose absorbido por Escocia. O manuscrito orixinal (aínda que perdido) parece poder datarse nos primeiros anos do reinado de Kenneth II de Escocia (que gobernou Escocia dende 971 até 995) xa que el é o derradeiro rei mencionado e o cronista non coñece a duración do seu reinado. Á parte da lista de reis, a crónica sobrevive unicamente no Manuscrito Poppleton do século XIV.

Hai de feito varias versións da crónica picta. O texto denominado "A" é probablemente o máis antigo, o máis completo, e parece ter menos erros que outras versións. Divídese en tres partes:

Orixes dos pictos, maioritariamente tomado das Etimoloxías de Isidoro de Sevilla.

Unha lista de reis pictos.

Ocasionalmente, inclúese a Crónica dos reis de Alba.É evidente que as últimas dúas seccións escribíronse orixinalmente en gaélico, dado que algunhas palabras gaélicas non chegaron a traducirse ó latín.

Década de 400

A década de 400 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 400 e remata o 31 de decembro de 409.

Etimoloxía

A etimoloxía é o estudo científico sobre a orixe da estrutura léxica dunha lingua, tanto das palabras como da súa fraseoloxía. A etimoloxía dunha palabra en concreto é dita orixe, chamada neste caso étimo.

Francisca (arma)

A francisca era unha machada utilizado polos xermanos occidentais e que difundiron na Galia. Entre o século V e o VIII utilizárona os francos, merovinxios e os carolinxios. Compúñase dun mango curto de madeira cun só gume oblicuo. A arma guindábase sobre o inimigo e só ocasionalmente utilizábase en combates corpo a corpo.

O nome francisca apareceu pola primeira volta no libro XX das Ethymologiarum sive originum de Santo Isidoro de Sevilla.

Martiño de Dumio

San Martiño de Dumio, nado en Panonia (actual Hungría) contra 510 ou 520 e finado en Braga no 579 ou 580, tamén chamado san Martiño Dumiense, san Martiño de Dume ou san Martiño de Braga, foi un relixioso cristián do século VI.

Está considerado como o apóstolo dos suevos, responsable maior da súa conversión do arianismo ao catolicismo. A súa obra eclesial e literaria, presentando un cristianismo adaptado aos diferentes grupos de poboación; a súa preocupación por transmitir valores procedentes da Antigüidade clásica; a predicación dun crisitianismo ortodoxo en tempos de herexía e as súa relacións cos reis suevos, anuncian o ideal episcopal de Leandro e Isidoro de Sevilla.Foi bispo de Dumio e de Braga.

Polígrafo (autor)

Un autor polígrafo (do grego antigo πολυγράφος: poly: moitas e graphos: escrituras) é unha persoa que escribe sobre materias diversas.

Polímata

Un polímata (grego πολυμαθής) que quere dicir «que coñece, comprende ou sabe moito», é un individuo que destaca en diversas ramas do saber. O termo refírese a persoas cuxos coñecementos non están restrinxidos a unha área concreta, senón que dominan diferentes disciplinas, xeralmente as artes e as ciencias. A maioría dos filósofos da antigüidade eran polímatas, tal como entendemos o termo hoxe en día.Tamén se utilizan os termos Home Renacentista ou Home do Renacemento e, con menos frecuencia, Homo Universalis (expresión latina que podería traducirse como «home de espírito universal»). Este concepto foi desenvolvido durante o Renacemento italiano por un dos seus máximos representantes, o arquitecto Leon Battista Alberti (1404-1472), que afirmou que "...o artista neste contexto social non debe ser un simple artesán, senón un intelectual preparado en todas as disciplinas e en todos os terreos". Esta idea recolle os principios básicos do humanismo do Renacemento. Caracterizábase por considerar ao home como un ser todopoderoso, con capacidades ilimitadas para o desenvolvemento, e exhortaba á xente a abarcar todos os campos do coñecemento e desenvolver as súas capacidades ao máximo. Por este motivo, moitos homes no Renacemento fixeron florecer notablemente a cultura, o deporte e a arte.

A maioría dos polímatas guiáronse por este ideal renacentista. Xa que logo, entre eles atopamos xenios que pertenceron a épocas moi afastadas no tempo: Aristóteles, Avicena, Alberte o Magno, Al-Farabí, Shen Kuo, Leonardo da Vinci, Nicolás Copérnico, René Descartes, Isidoro de Sevilla, Isaac Newton, Gottfried Leibniz, Benjamin Franklin, Immanuel Kant, Thomas Jefferson, Johann Wolfgang von Goethe, Alexander von Humboldt, Henri Poincaré, John von Neumann, Isaac Asimov etc.

Remismundo

Remismundo (finado no 469) foi un rei suevo de Gallaecia dende o 459 até a súa morte.

De acordo con Isidoro de Sevilla, Remismundo foi o fillo de Maldras. No 459, a pouco de chegar suceder ó seu pai, foi destronado por Frumario e tivo que batallar nunha guerra civil contra este e contra Requimundo, tornándose de novo rei no ano 463, trala morte dos seus contrincantes[Cómpre referencia]. Casou coa filla do rei visigodo Teodorico II. Converteuse ó arianismo no 465, e no 467, despois do asasinato de Teodorico polo seu irmán Eurico, mandou saquear Conímbriga. No ano 468, ocupou Lisboa. Coa súa morte en 469, iníciase un período escuro na historia dos Suevos, do que existen poucos datos.

Requila

Requila (? 448) foi o segundo monarca suevo do reino de Galiza, substituíndo o seu pai Hermerico. Hai poucas fontes primarias para a súa vida, mais Hidacio foi un cronista cristián (mais non ariano) contemporáneo a el.

Subiu ó trono en 438 por desexo do seu pai Hermerico que estaba enfermo desde anos atrás (finou en 441). Adoptou unha actitude moi agresiva contra os galaicos nativos e a igrexa católica. Enfrontouse ós bispos e favoreceu ó clero priscilianista. Firmou un novo foedus con Roma e alianzas coas tribos bagaudas (bandoleiros do norte peninsular que traballaban como mercenarios). Dirixiu unha política expansionista con campañas por Lusitania e a Bética tratando de encher o baleiro deixado polos retirados vándalos e alanos. Derrotou no 438 a Andevoto (dux romano segundo Isidoro de Sevilla ou un xefe local segundo outras fontes) no río Genil (Singilis). Conquistou as capitais provinciais de Mérida en 439 e Sevilla en 441.

Durante o seu curto reinado chegou a facerse dono de case toda a actual Andalucía e de parte do Levante. Tamén fixo incursións na Tarraconense e no 446 derrotou ó xeneral romano Veto e as súas tropas auxiliares visigodas.

A súa morte produciuse en Mérida en 448 e sucedeuno o seu fillo Requiario.

Suintila

Suintila (? - 634) foi rei dos visigodos entre os anos 621 a 631.

Combatía contra os territorios baixo poder bizantino na Península Ibérica desde o ano 620 á ordes de Sisebuto. Ao ano seguinte foi elixido rei, despois da morte de Recaredo II.

Xa rei, Suíntila proseguiu a loita contra os bizantinos que ocupaban partes da Bética desde o século VI. Conseguiu expulsalos e fortalecer o poder visigodo na Península Ibérica.

Outro proxecto do rei foi o de reforzar a autoridade da coroa fronte á nobreza e á Igrexa. Tentou trocar a sucesión electiva visigoda pola hereditaria, mais os poderes instalados reaccionaran fortemente contra tal disposición que crearía unha liña dinástica, convertendo esta tentativa no maior fracaso de Suíntila.

En 631 Sisenando, gobernador da Septimania, organizou unha conxura que puxo fin ao reinado de Suíntila. No IV Concílio de Toledo, en 633, presidido por Isidoro de Sevilla, arcebispo de Sevilla, Suíntila foi excomulgado e todos os seus bens foron confiscados. Nese mesmo concílio, Sisenando foi lexitimado como rei, restablecendo oficialmente o carácter electivo da monarquía visigoda. Suíntila morreu un ano despois.

Vulgata

Vulgata é a tradución en latín dende o hebreo do Antigo Testamento e revisión da versión latina do Novo Testamento feita por San Xerome no século IV e tomada como referencia para a interpretación bíblica por parte da Igrexa católica dende o Concilio de Trento. No século VII Isidoro de Sevilla edita unha versión da Vulgata e tamén Afonso X patrocina unha tradución ó castelán (Biblia alfonsina).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.