Isidoro Millán González-Pardo

Isidoro Millán González-Pardo, II conde de Quirós, nado en Pontevedra o 11 de xuño de 1922 e finado en Santiago de Compostela o 17 de decembro de 2002, foi un erudito galego, catedrático de lingua grega e autor de estudos especializados sobre epigrafía, toponimia e paleolingüística galaica e hispana. Foi membro numerario da Real Academia Galega.

Isidoro Millán González-Pardo
Nome completoIsidoro Millán González-Pardo
Nacemento11 de xuño de 1922
 Pontevedra
Falecemento17 de decembro de 2002
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
PaiIsidoro Millán Mariño
Isidoro Millán González-Pardo firma

Traxectoria

Fillo de Isidoro Millán Mariño, logo de acabar os seus estudos secundarios, realizou estudos universitarios en Salamanca, Oña[Verificar credibilidade], e na Universidade Central de Madrid, onde se licenciou en Filosofía e Letras no ano 1954, da que sería profesor axudante de latín e lingüística indoeuropea.

En 1959, ao aprobar as oposicións á cátedras de grego, foi destinado ao instituto de bacharelato de Pontevedra onde exerceu o profesorado desa materia até 1968, ano no que por concurso se trasladou para Santiago de Compostela para impartir a mesma materia no instituto de bacharelato feminino "Rosalía de Castro", onde permanecería até a súa xubilación. En Santiago foi contratado pola universidade para dar aulas de diversas materias lingüísticas desde Historia da Lingua Grega a Lingüística Indoeuropea.

En 1975 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 17 de abril dese ano[1]; desde 1979 sería así mesmo membro da Comisión de Lingüística e de Toponimia do Consello da Cultura Galega. Foi tamén membro da Real Academia da Historia, do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, dependente do CSIC, e máis do Centro de Estudios Xacobeos. Foi fundador do Instituto Cultural Galaico-Minhoto.

En diversas ocasións, Isidoro Millán defendeu a autenticidade da tumba do apóstolo Santiago na catedral de Santiago de Compostela.

Trala súa morte, foi inhumado en Vilagarcía de Arousa.

Publicacións (selección)

Lexicografía galega
  • Comentos filolóxicos a algunhas verbas empregadas na 'Antífona da Cantiga', in Ramón Cabanillas, Antífona da Cantiga. Vigo. Galaxia. 1951, páxs. 171-222 (importante contribución na época para o dicionario etimolóxico galego).
  • Lexicografía e etimología gallega: gallego 'inar' "jadear", in Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimento. Vigo. Galaxia. 1958, páxs. 255-268.
Epigrafía
  • Sobre las aras del santuario de Donón, Hío, Pontevedra, supuestamente dedicadas a Liber. Vigo. Ayuntamiento de Vigo. 1978, 38 páxs.
  • Ara a Cosus de Romay Vello, in El Museo de Pontevedra, nº 34, 1980, páxs. 95-108.
  • Nueva ara (¿a Cosus?) en Santa María del Curro, Barro, Pontevedra, in El Museo de Pontevedra, nº 34, 1980, páxs. 109-144.
  • Dedicación métrica a la mar en un nuevo epígrafe galaico-romano: ara de Santo Tomé de Nogueira, Meis, Cambados, in Iª Reunión gallega de Estudios Clásicos, Santiago-Pontevedra, 2-4 de julio de 1975: Ponencias y comunicaciones. 1981, páxs. 159-176 ISBN 84-7191-240-6
  • Inscripciones medievales de San Estevo de Vivente y de San Marcos de Muros, in Anuario Brigantino, nº 5, 1982, páxs. 32 e ss.
Toponimia
  • Topónimo gallego 'Cobo', in El Museo de Pontevedra, nº 16, 1962, páxs. 49-54.
  • Andeiro, topónimo celta y los nombres de Tabeayo y sus lugares, in Anuario Brigantino, nº 9, 1986, páxs. 31-36.
  • Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz. A Coruña. Deputación Provincial. 1987, 221 páxs ISBN 84-86040-27-2
  • Toponimia de Ponteceso y de su municipio, in Cuadernos de Estudios Gallegos, t. 41, nº 106, 1993-1994, páxs. 441-489.
Paleolingüística
  • Galeco ru(g)o "hozador" > "jabalí" y otras voces emparentadas, in rev. Emerita, vol. 41, nº 1, 1973, páxs. 129-156.
  • Raíces prelatinas da cultura galega: problemas e datas da lingua e creencias. Vigo. Caja de Ahorros Municipal de Vigo. 1981, 32 páxs.
  • La lengua luso-galega arcaica, in Les Celtes et la Péninsule Ibérique: actes du colloque international, Brest 6-7-8 de novembre de 1997. Brest. Centre Recherche Bretonne et Celtique. 1999, páxs. 269-280 ISBN 2-901737-40-4
Paleografía
  • En colaboración con Ángel Rodríguez González, Livro do Concello de Pontevedra, 1431-1463. Pontevedra. El Museo de Pontevedra. 1989 ISBN 13-978848684539
Estudos xacobeos
  • A la sombra del Apóstol: once siglos de vida compostelana. Santiago. Imprenta de El Eco Franciscano.[cando?]
  • En colaboración con Antonio Blanco Freijeiro, Hallazgo en el mausoleo del Apóstol Santiago del título sepulcral griego de su discípulo San Atanasio, in Boletín de la Real Academia de la Historia, t. 186, cuad. 2, 1989, páxs. 209-220.
  • Autentificación arqueológico-epigráfica de la tradición apostólica jacobea, in VV.AA, El Camino de Santiago, Camino de Europa. S.l. Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. 1993, páxs. 45-105.
Traducións ao galego
  • T. S. Eliot, Morte na catedral. Vigo. Galaxia. 1973, 81 páxs ISBN 84-7154-169-6
Obras colectivas

Vida persoal

Tivo por sobriños a Alejandro e Francisco Millán Mon.

Notas

  1. Páxina da RAG onde consta como membro de número

Véxase tamén

Bibliografía

11 de xuño

O 11 de xuño é o 162º día do ano do calendario gregoriano e o 163º nos anos bisestos. Quedan 203 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Condado de Quirós

O condado de Quirós é un título nobiliario español. Na actualidade o conde de Quirós é Alejandro Millán Mon.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Isidoro Millán

Isidoro Millán pode referirse a:

Isidoro Millán Mariño (1890-1983), avogado, político e xornalista.

Isidoro Millán González-Pardo (1922-2002), erudito lingüista, fillo do anterior .

Isidoro Millán Mariño

Isidoro Millán Mariño, nado en Pontevedra en 1890 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1983, foi un avogado, político e xornalista galego, pai de Isidoro Millán González-Pardo.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Luís Cochón

José Luis Cochón Touriño é un escritor e profesor de lingua e literatura castelá.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Millán

O topónimo galego Millán pode referirse a:

Millán, parroquia do concello de Sober;

Millán, lugar da parroquia de Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños;

Millán, lugar da parroquia de Couto, no concello de Taboada;

Millán, lugar da parroquia de San Miguel de Vilar, no concello de Touro;

O Coto de Millán, lugar da parroquia de San Miguel de Vilar, no concello de Touro;

O Outeiro de Millán, lugar da parroquia de San Miguel de Vilar, no concello de Touro;

A Viña de Millán, lugar da parroquia do Grove, no concello do Grove.Amais, como apelido pode referirse a:

Isidoro Millán González-Pardo, erudito galego (1922-2002);

Xoán González Millán, estudoso e crítico literario galego (1951-2002);

Manuel Millán Vázquez, actor galego (n. 1961);

Xosé Manuel Millán Otero, escritor e político galego (n. 1964);

Santi Millán, actor catalán (n. 1968);

César Millán, adestrador de cans e presentador de televisión (n. 1969);

Manuel Millán Millán, médico galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Polígrafo (autor)

Un autor polígrafo (do grego antigo πολυγράφος: poly: moitas e graphos: escrituras) é unha persoa que escribe sobre materias diversas.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Toponimia

Para a política de toponimia de Wikipedia, véxase Wikipedia:Toponimia.Toponimia é a división da onomástica que estuda os topónimos, nomes propios de lugares, a súa orixe e evolución; é considerada unha parte da lingüística, con fortes ligazóns coa historia, a arqueoloxía e a xeografía. Tamén se usa o vocábulo toponimia para referírmonos ao conxunto dos nomes dos lugares dun territorio concreto. A toponimia está constituída polos nomes de carácter xeográfico ou topográfico.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.