Isabel de Portugal, raíña de Castela

Isabel de Portugal, nada en 1428 e finada en Arévalo o 15 de agosto de 1496 . Foi raíña consorte de Castela polo seu matrimonio co rei Xoán II, foi filla do infante Xoán de Portugal e de Isabel de Barcelos (da Dinastía de Braganza) e neta do rei Xoán I de Portugal. Nai de Isabel I de Castela.

Isabel de Portugal
Raíña consorte de Castela
IsabellaPortugal

Reinado17 de agosto de 1447 - 22 de xullo de 1454
Nacemento1428
Falecemento
15 de agosto de 1496
PredecesorMaría de Aragón
SucesorXoana de Portugal
ConsorteXoán II de Castela
DescendenciaIsabel a Católica
Afonso
Casa realDinastía de Avis

Escudo de Isabel de Portugal, raíña de Castela

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cañas Gálvez, Francisco de Paula: "Las Casas de Isabel y Juana de Portugal, reinas de Castilla. Organización, dinámica institucional y prosopografía (1447-1496)", en Las relaciones Discretas ente las Monarquías HIspana y Portuguesa: Las Casas de las Reinas (siglos XV-XIX), Madrid, Ediciones Polifemo, 2008, pp. 9–231.
  • Caro Dobón, Luis; Fernández Suárez, María Edén (2008). "Los enterramientos reales de la Cartuja de Miraflores". Ambio Ciencias: revista de divulgación (León: Universidad de León: Servicio de Publicaciones) (2): 23–37. ISSN 1988-3021. Consultado o 20 de agosto de 2011.
Predecesor:
María de Aragón
Coat of Arms of Isabella of Portugal, Queen Consort of Castile
Raíña consorte da Coroa de Castela

14471454
Sucesor:
Xoana de Portugal
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Filipe II de España

Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.

Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a Lenda Negra e a Lenda Branca ou Rosa foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.[Cómpre referencia]Aínda hoxe en día, a historiografía anglosaxoa e protestante presenta a Filipe II como un ser fanático, despótico, criminal, imperialista e xenocida. As súas vitorias foron minimizadas até o anecdótico (salvo uns poucos exemplos, como a Batalla de Lepanto) e as súas derrotas magnificadas en exceso, a pesar de que non supuxeron grandes cambios políticos ou militares, como a perda dunha parte da Grande y Felicísima Armada (a Armada Invencible) debido a un forte temporal que ademais os historiadores anglosaxóns "transformaron" nunha vitoria inglesa.[Cómpre referencia]Durante o seu goberno, o Imperio español dirixiu a exploración global e a extensión colonial a través do Atlántico e do Océano Pacífico, converténdose durante moito tempo no principal país e potencia europea e de todo o mundo. O seu imperio converteuse no primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abarcaba posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorrera no Imperio romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra as unhas coas outras.

Isabel de Portugal

O nome de Isabel de Portugal pode referirse a:

Santa Isabel de Portugal, santa da Igrexa católica, raíña de Portugal polo seu matrimonio co Rei Dinís (1271-1336);

Isabel de Portugal, señora de Viseu, filla natural de Fernando I de Portugal e muller de Alfonso Enríquez de Castela (1364-1435);

Isabel de Portugal, duquesa de Borgoña como terceira esposa do duque Filipe III de Borgoña (1397-1471);

Isabel de Portugal, raíña de Portugal polo seu matrimonio con Afonso V de Portugal, e duquesa de Coímbra (1432-1455);

Isabel de Portugal, raíña de Castela polo seu matrimonio co rei Xoán II de Castela (m. 1496);

Isabel de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico e raíña consorte de España polo seu matrimonio con Carlos I de España (1503-1539);

María Isabel de Braganza, raíña consorte de España polo seu matrimonio co rei Fernando VII de España (1797-1818).

Lista de personaxes da serie Isabel

Personaxes da serie televisiva Isabel.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.