Isabel de Farnesio

Isabel de Farnesio ou en italiano Elisabetta Farnese, nada en Parma o 25 de outubro de 1692 e finada en Aranjuez o 10 de xullo de 1766, foi raíña consorte de España (1714-1724 e 1724 - 1746) [1] a través do seu matrimonio co rei Filipe V, do que foi a segunda esposa. Influíu de maneira importante na política do reino.

Isabel de Farnesio
Raíña consorte de España e duquesa de Parma
Isabel de Farnesio
Retrato de Isabel de Farnesio, por Louis-Michel van Loo (ca. 1739). Óleo sobre lenzo, Museo do Prado (Madrid).
Raíña consorte de España
(Primeiro mandato)
24 de decembro de 1714 - 14 de xaneiro de 1724
PredecesorMaría Luísa de Savoia
SucesorLuísa Isabel de Orleáns
Raíña consorte de España
(Segundo mandato)
6 de setembro de 1724 - 9 de xullo de 1746
PredecesorLuísa Isabel de Orleáns
SucesorBárbara de Braganza

Nacemento25 de outubro de 1692
Parma, Italia
Falecemento10 de xullo de 1766
(73 anos)
Aranjuez
SepulturaPalacio Real de San Ildefonso, Segovia
ConsorteFilipe V
Descendenciavéxase descendencia
Casa realCasa de Farnesio
ProxenitoresEduardo Farnesio
Sofia Dorotea de Baviera-Neoburgo

Orixes familiares

Nacida o 25 de outubro de 1692 na cidade italiana de Parma, como a segunda filla do Príncipe herdeiro de Parma, Eduardo II Farnesio, e de Sofia Dorotea de Neoburgo, cuñada do Emperador Leopoldo I de Austria.

Era neta por liña paterna do duque Ranuccio II de Parma e da princesa Isabel d'Este, e por liña materna do elector palatino Filipe Guillereme de Neoburgo e da princesa Isabel Amalia de Hessen-Darmstadt.

Non era unha muller fermosa, porque tiña a cara marcada por unha varíola da infancia, pero posuía un corpo esvelto e atractivo, e estaba dotada dun carácter firme, decidido e ambicioso e dunha personalidade autoritaria. Autores da época eloxiaron a súa perspicacia e a súa intelixencia. Recibiu unha educación ríxida que lle impuxo a súa nai.

As mortes sucesivas de seu irmán maior Alexandre Ignacio (5 de agosto de 1693), e de seu pai (6 de setembro de 1693), déixana como a terceira na liña sucesoria do ducado de Parma, precedida unicamente polos seus dous tíos, Francisco (que se convertería no seu padrasto en 1696) e Antonio Farnesio, que reinarían no ducado de Parma un tras o outro, morrendo ambos sen descendencia.

Isto converteu a Isabel na única e lexítima herdeira dos estados tanto dos Farnesio como dos Medici (vía a súa bisavoa paterna, Margarita de Medici), unha vez que esta familia se extinguiu en 1743.

A imaxe dalgúns dos seus devanceiros, entrou xogo diplomático da familia Farnesio. Grazas ao espírito de persuasión do abade Giulio Alberoni, embaixador do duque de Parma en Madrid, e ás intrigas da Camareira Maior do rei de España, María Ana de la Trémoille, princesa dos Ursinos, en 1714 Isabel casa con Filipe V de España, recentemente viúvo de María Luísa de Savoia, filla de Vítor Amadeo II de Savoia.

Matrimonio: Raíña de España

Casaron o 24 de decembro de 1714 en Guadalaxara. Como xesto de simpatía cara á España, o papa lle concede a Isabel a Rosa de ouro.

A raíña viaxou a España acompañada por Alberoni. Durante a viaxe, quizais inspirada polo futuro cardeal, madura a decisión de afastar a María Ana de la Trémoille co fin de ser a única que teña ascendente no rei. Con esta manobra, España afástase da influencia francesa.

Cardinale Giulio Alberoni
O cardeal Alberoni

No curso dos primeiros anos de reinado foi moi ben aconsellada por Alberoni e polo seu tío Francisco Farnesio, duque de Parma. Grazas aos seus consellos, acertou a dominar o carácter indeciso do seu marido, que non contestou xamais ningunha das súas decisións, o que lle deu un peso importante na política da España do século XVIII. Foi neste período no que Alberoni foi nomeado bispo de Málaga e cardeal e, en 1716, primeiro ministro.

Italy 1796 AD-it
Italia en 1796

No seu cada vez máis continuado illamento persoal, Filipe V reducía o seu círculo persoal, o que converteu á raíña Isabel nunha peza fundamental na política do momento. Mentres o monarca caía en depresións que o sumían nunha melancolía e desconsolo cada vez máis intensos, cun abandono cada vez máis prolongado da súa hixiene persoal nestes períodos, Isabel utilizaba todas as súas influencias en pos das súas ambicións persoais para colocar aos seus fillos nos tronos de Europa.

A influencia da raíña sobre o rei leva a política española a virar de novo cara ás antigas posesións en Italia, perdidas despois da Guerra de Sucesión e que culmina coa invasión de Sardeña e de Sicilia. Pero a Cuádrupla Alianza entre Francia, Austria, Inglaterra e os Países Baixos, pon fin á súa ambición. O exército español foi batido polo francés e a frota inglesa no Cabo Passero, en Sicilia. O prezo da paz (Paz da Haia, 1720) foi a destitución e o exilio do cardeal Alberoni, a evacuación de Sicilia e a renuncia ás pretensións sobre as antigas posesións. O mesmo tratado establece, por outro lado, que o ducado de Parma e Plasencia, en caso de ausencia de herdeiro (a dinastía estaba en trace de extinguirse), pasaría ás mans do seu fillo maior Carlos. Ademais, pola súa ascendencia, Isabel era tamén a herdeira lexítima dos Medici, tamén en vías de extinción como os Farnesio de Parma; así, os seus fillos poderían reivindicar os seus dereitos sobre a Toscana.

En 1724, Filipe V, enfermo, abdicou no seu fillo Luís, nacido do seu primeiro matrimonio, retirándose coa súa muller ao palacio de La Granja de San Ildefonso. Pero a sorte favoreceu a Isabel unha vez máis, porque sete meses máis tarde Luís morreu, e convenceu a Filipe de que volvera ao poder, permitíndolle así dirixir de novo a política española, especialmente cando o rei perdeu unha gran parte das súas facultades mentais.

Raíña viúva

Á morte de Filipe V, en 1746, Isabel retírase ao palacio de La Granja de San Ildefonso, desterrada polo novo rei Fernando VI, seu fillastro. Pero, sen cesar de intrigar en favor dos seus fillos, debeu esperar a morte, en 1759, de Fernando VI, antes de ver ao seu fillo maior Carlos acceder ao trono de España co nome de Carlos III.

Antes, durante a guerra de Sucesión de Polonia, Carlos tomara posesión do ducado de Parma e Plasencia (1732), e despois do reino de Nápoles e de Sicilia. Foi a partir da toma de Nápoles en 1734, no curso da batalla de Velletri, cando se transfire Nápoles aos Farnesio. Despois de 1734, os dereitos que foran atribuídos a Carlos polos tratados precedentes volveron a recoñecerse a Isabel, que foi nomeada "Lexítima Raíña e Duquesa de Parma e Plasencia".

Ao final da guerra de Sucesión de Austria (1740 - 1748), no tratado de Aquisgrán, en 1748, no que se produciu un intercambio de territorios entre certas potencias, outro dos seus fillos, Filipe, recibiu a coroa ducal de Parma cedida polo seu irmán Carlos. Filipe casou con Isabel de Francia, filla de Luís XV, rei de Francia.

En 1759, á morte do seu fillastro Fernando, Isabel asume a rexencia esperando o retorno do seu fillo Carlos (que, polos tratados de paz, non podía acumular as coroas de España e de Nápoles e Sicilia).

Isabel pasou os últimos anos da súa vida en Aranjuez, onde dedicou o seu tempo en obras de caridade, e facéndose protectora dos xesuítas. Morreu o 11 de xullo de 1766, case cega.

Federico II de Prusia, que a coñecía ben, dixo dela: "O corazón enérxico dun romano, a fereza dun espartano, a tenacidade dun inglés, a astucia dun italiano, a vivacidade dun francés concorren para crear esta muller particular; avanza audazmente para a realización dos seus proxectos, non hai ninguén que a poida sorprender, ninguén que a poida deter"

Vida pública

Alcumada desprezativamente "a parmesana". Alberoni describiuna así á súa chegada a Madrid: "Trátase dunha boa moza de vinte e dous anos, feúcha, insignificante, que se ataca de manteiga e de queixo parmesano, e que xamais escoitou falar de nada que non sexa coser ou bordar".

De todos os xeitos, no seu reinado como esposa de Filipe V, formou unha importante colección de arte; cada cónxuxe marcaba os seus cadros cun símbolo dinástico diferenciado (a flor de lis e unha aspa). Tamén foi esta parella a responsábel da compra da colección escultórica de Cristina de Suecia, que inclúe o "Grupo de San Ildefonso" e as oito "Musas" (Museo do Prado).

La familia de Felipe V
Retrato da familia de Filipe V, por Jean Ranc (ca. 1723). Óleo sobre lenzo, Museo do Prado (Madrid).

Nunca mostrou afecto, senón desdén, polos seus fillastros. Para ela, os descendentes do primeiro matrimonio do rei con María Luísa de Savoia constituían un obstáculo para lograr o seu principal obxectivo: dotar aos seus fillos Carlos (futuro Carlos III) e Filipe dun reino onde gobernar. Mentres Filipe V viviu, a relación entre Isabel e os seus fillastros (sobre todo co infante Fernando) caracterizouse por unha continua ignorancia mutua, enmascarada por unha aparente cordialidade.

Pero Isabel tampouco se revelou como unha nai amorosa cos seus fillos, xa que consumiu todo o seu tempo e as súas enerxías dedicada ás intrigas políticas para, precisamente, forxar ese brillante porvir que tanto ansiaba para eles.

A súa política estivo orientada cara a recuperar para a monarquía española os territorios italianos perdidos polo tratado de Utrecht. Así conseguiu, para o seu fillo Carlos (futuro Carlos III), o reino de Nápoles e Sicilia, e para o seu outro fillo, Filipe, o ducado de Parma.

Cando quedou viúva, o seu fillastro, Fernando VI de España, desterrouna ao Real Sitio de San Ildefonso, Segovia, aínda que ela construíu outra residencia preto, o Palacio de Riofrío.

Nos anos de desterro, Isabel de Farnesio viviu dedicada á súa vida persoal, pero sempre atenta á evolución do reinado do seu fillastro, sobre todo pendente da saúde e a vida privada de Fernando VI, especialmente tras a morte da súa esposa, Bárbara de Braganza.

Ao morrer aquel sen descendencia en 1759 (despois de caer nun período de depresións próximas á demencia), propiciou a subida ao trono do seu fillo Carlos, e ela volveu á corte. Pero as continuas pelexas e discusións coa súa nora, María Amalia de Saxonia, fixérona volver ao seu exilio até a súa morte na localidade madrileña de Aranjuez.

Falecemento

En 1766 morre Isabel en Aranjuez, sendo enterrada xunto aos restos do seu defunto marido Filipe V no Palacio Real de San Ildefonso, Segovia, concretamente nun mausoleo emprazado na Real Colexiata da Santísima Trindade, na chamada Sala das Reliquias, templo inserido no propio palacio, situado na localidade de San Ildefonso, a escasos quilómetros de Segovia.

Predecesor:
María Luísa de Savoia
Raíña consorte de España
1714 - 1724 (14 de xaneiro)
Sucesor:
Luísa Isabel de Orleáns
Predecesor:
Luísa Isabel de Orleáns
Raíña consorte de España
1724 (6 de setembro) - 1746
Sucesor:
Bárbara de Braganza

Descendencia

Do seu matrimonio co rei Filipe V tivo sete fillos:

Nome Retrato Nacemento Falecemento Notas
Carlos
Duque de Parma
Rei de Nápoles e Sicilia
Rei de España
Charles III of Spain 20 de xaneiro de 1716
14 de decembro de 1788
Foi sucesivamente duque de Parma, Rei de Nápoles e Sicilia e, desde 1759, rei de España e das Indias, até a súa morte en 1788. En 1738 casou coa princesa María Amalia de Saxonia, coa que tivo 13 fillos.
Infante Francisco
Escudo de Carlos III de España Toisón y su Orden variante leones de gules 21 de marzo de 1717
21 de abril de 1717
Morreu un mes despois de nacer.
Infanta Mariana Vitoria
Raíña de Portugal
Mariana Vitória de Portugal 31 de marzo de 1718
15 de xaneiro de 1781
Foi raíña consorte de Portugal e os Algarves polo seu casamento con Xosé I. Á morte deste foi Raíña Rexente de Portugal.
Infante Filipe
Duque de Parma
Felipe de Parma 20 de marzo de 1720
18 de xullo de 1765
Duque de Parma, Plasencia e Guastalla (15 de marzo de 1720 – 18 xullo de 1765), e duque de Parma de 1748 a 1765. Fundou a casa de Borbón-Parma. Casou coa princesa Luísa Isabel de Francia.
Infanta Maria Teresa Antonia Rafaela
Delfinesa de Francia
María Teresa Rafaela of Spain 11 de xuño de 1726
22 de xullo de 1746
Foi Delfinesa de Francia porque casou con Luís, Delfín de Francia (fillo de Luís XV). En Francia, coñecíana simplemente como Madame la Dauphine.
Infante Luís Antonio Jaime
XIII Conde de Chinchón
Don Luis de Borbón, Infante of Spain (1727-1785) by Anton Raphael Mengs 25 de xullo de 1727
7 de agosto de 1785
Coñecido como o Cardeal-Infante. Foi arcebispo de Toledo, primado de España e Cardeal desde 1735. En 1754 renunciou aos títulos eclesiásticos e tomou o título de Conde de Chinchón (sucedendo no condado ao seu irmán Filipe cando este foi nomeado duque de Parma). En 1776 casou morganaticamente con Dona María Teresa de Vallabriga y Rozas, da que tivo descendencia (condes de Chinchón).
Infanta María Antonia Fernanda
Raíña de Sardeña
Circa 1750 portrait painting of the Infanta Maria Antonia of Spain (1729-1785) by Jacopo Amigoni (Prado) 17 de novembro de 1729
19 de setembro de 1785
Foi Raíña de Sardeña como esposa do rei Vítor Amedeo III de Sardeña. Foi nai de 3 soberanos de Sardeña.

Ascendencia

Coat of Arms of Elisabeth Farnese, Queen Consort of Spain
Armas da raíña Isabel de Farnesio
Árbore xenealóxica de tres xeracións de Isabel de Farnesio
Isabel de Farnesio Pai:
Eduardo II Farnesio
Avó paterno:
Ranuccio II Farnesio
Bisavó paterno:
Eduardo I Farnesio
Bisavoa paterna:
Margarita de Medici
Avoa paterna:
Isabel d'Este
Bisavó paterno:
Francisco I d'Este
Bisavoa paterna:
María Farnesio
Nai:
Dorotea Sofía de Neoburgo
Avó materno:
Filipe Guillerme do Palatinado
Bisavó materno:
Wolfgang Guillerme do Palatinado-Neoburgo
Bisavoa materna:
Madalena de Baviera
Avoa materna:
Isabel Amalia de Assia-Darmstadt
Bisavó materno:
Xurxo II de Assia-Darmstadt
Bisavoa materna:
Sofía Leonor de Saxonia

Notas

  1. O paréntese débese á abdicación de Filipe V no seu fillo Luís (Luís I), e á recuperación da coroa por Filipe tras a prematura morte deste.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rubio, María José (2009): Reinas de España. Siglos XVIII al XXI. De María Luisa Gabriela de Saboya a Letizia Ortiz. Madrid: Editorial La Esfera de los Libros.

Outros artigos

  • Grande Ducado de Toscana
  • Ducado de Parma
  • Farnesio

Ligazóns externas

10 de xullo

O 10 de xullo é o 191º día do ano do calendario gregoriano e o 192º nos anos bisestos. Quedan 174 días para finalizar o ano.

A cazaría do tabladillo

Cazaría do tabladillo en Aranjuez (en castelán: Cacería del tabladillo en Aranjuez) é un óleo de Juan Bautista Martínez del Mazo, pintado cara a 1640. A obra mostra á corte de Filipe IV, cazando uns veados nos arredores do palacio de Aranjuez. Consérvase no Museo do Prado que o comprou ao coleccionista alemán A. S. Drey, de Múnic, en 1934. Para a súa compra utilizáronse fondos do legado Conde de Cartagena.

Bibliofilia

A bibliofilia é o amor polos libros; un bibliófilo é un amante ou afeccionado ás edicións orixinais e máis correctas dos libros, así como un estudoso e entendido sobre os seus libros ou o tema sobre o que se basea a súa colección.

Carlos III de España

Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón.

Era o terceiro fillo home de Felipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.

Carlos IV de España

Carlos IV de Borbón, nado no Palacio Real de Portici (Reino de Nápoles) o 11 de novembro de 1748 e finado en Roma (Estados Pontificios) o 20 de xaneiro de 1819, foi rei de España desde o 14 de decembro de 1788 até o 19 de marzo de 1808 cando, como consecuencia do golpe de Estado que pasou á historia como o motín de Aranjuez, abdicou en favor do seu fillo Fernando, príncipe de Asturias.

Era fillo e sucesor de Carlos III e da súa esposa María Amalia de Saxonia.

Carlota Xoaquina de Borbón

Carlota Xoaquina Teresa Caetana de Borbón e Borbón-Parma (en portugués Carlota Joaquina Caetana de Bourbon e Bourbon), nada en Aranjuez o 25 de abril de 1775 e finada en Sintra o 7 de xaneiro de 1830, foi unha infanta española, raíña consorte de Portugal e emperatriz consorte de iure de Brasil.

Casa de Farnesio

Os Farnesio, en italiano Farnese, foron unha influente familia da aristocracia italiana que ostentou o ducado de Castro, entre 1537 e 1649, e o ducado de Parma entre 1545 e 1731.

Entre os seus máis importantes membros destacaron o papa Paulo III e os duques de Parma.

Fernando VI de España

Fernando VI de España, chamado «o Prudente» ou «o Xusto», nado en Madrid, España, o 23 de setembro de 1713 e finado en Villaviciosa de Odón, España, o 10 de agosto de 1759, foi rei de España desde 1746 ata 1759. Foi o cuarto fillo de Filipe V e da súa primeira esposa María Luísa Gabriela de Savoia. Casou na igrexa de San Juan Bautista de Badaxoz con Bárbara de Braganza en 1729, que foi raíña de España ata a súa morte en 1758. Autorizou a Gran Redada que procuraba o xenocidio dos xitanos.

Filipe I de Parma

Filipe I de Parma (Madrid, 15 de marzo de 1720 - Alessandria 18 de xullo de 1765), foi duque de Parma (1748-1765), o primeiro da dinastía Borbón.

Era fillo de Filipe V, rei de España e da súa segunda muller Isabel de Farnesio e como tal infante de España, foi tamén conde de Chincón, con grandeza de España entre 1738 e 1754. En 1739 casou en Alcalá de Henares con Luísa Isabel de Francia (1727-1759), princesa de Francia, filla do rei Luís XV e María Leszczyńska.

Filipe V de España

Filipe V de España, nado no Palacio de Versalles o 19 de decembro de 1683 e finado en Madrid o 9 de xullo de 1746, alcumado o Animoso, era duque de Anjou e neto do rei de Francia Luís XIV e da raíña consorte a infanta de España María Tareixa. Foi rei de España dende o 15 de novembro de 1700 ata a súa morte; sucedeu o seu tío-avó (último monarca da Casa de Habsburgo) Carlos II. Desta maneira vai ser o primeiro monarca da Casa de Borbón.

Francisco I de Austria

Francisco I de Austria, Francisco Xosé Carlos de Habsburgo-Lorena (en alemán: Franz Joseph Karl von Habsburg-Lothringen) nado o 12 de febreiro de 1768 en Florencia, Gran Ducado de Toscana, e finado o 2 de marzo de 1835 en Viena, foi o derradeiro portador do milenario título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1792-1806) baixo o nome de Francisco II, e o primeiro emperador de Austria (1804-1835), co nome de Francisco I.

Francisco de Asís de Borbón

Francisco de Asís María Fernando de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, nado en Aranjuez o 13 de maio de 1822 e finado en Épinay-sur-Seine (Francia) o 17 de abril de 1902), foi fillo do infante de España Francisco de Paula de Borbón e de Luisa Carlota de Borbón-Dúas Sicilias, foi rei consorte de España (1846-1868) e II duque de Cádiz.

Luís I de España

Luís I de España, chamado «o Ben Amado» ou «o Liberal», nado en Madrid o 25 de agosto de 1707 e finado na mesma vila o 31 de agosto de 1724, foi rei de España durante menos dun ano, sendo o seu reinado de 229 días, o máis breve da Historia de España (sen contar o goberno de Filipe o Fermoso). Era o fillo maior do Rei Filipe V e María Luísa de Savoia.

A proclamación de Luís I de España, o 15 de xaneiro de 1724, tivo unha grande acollida e entusiasmo entre a poboación, sobre todo a da capital, porque era o primeiro Borbón nado na vila. Por tal de suplir a inexperiencia do novo monarca constituíuse un consello asesor composto por varias personalidades. O novo rei ocupou o trono uns sete meses, durante os cales o monarca viviu bastante despreocupado dos asuntos de Estado. En realidade foron Filipe V e Isabel de Farnesio os que continuaron gobernando desde o seu retiro na Granxa de San Ildefonso.

En materia económica apareceron novos nobres e funcionarios no goberno que eran contrarios a Isabel de Farnesio. Os novos ministros intentaron que o rei decretara unha redución de gastos e mellorase a xestión de certas institucións. Igual que na política interior, a política internacional de Luís I estivo moi condicionada pola acción do seu pai e, sobre todo, da súa madrastra. Presionado por Filipe V, Luís expediu cartas patentes para dar apoio á sucesión do seu medio irmán Carlos aos ducados de Toscana e de Parma e intentou enviar ao neno a Italia a tomar posesión do cargo.

Luís contraeu a varíola no mes de xullo de 1724. O monarca non se ocupou ben da súa enfermidade, que acabou complicándose cunha pulmonía. Morreu ao cabo de poucas semanas, a madrugada do 31 de agosto de 1724, no Palacio do Bo Retiro, poucos días despois de cumprir dezasete anos.

María Amalia de Saxonia

María Amalia de Saxonia, nada en Dresde o 24 de novembro de 1724 e finada en Madrid o 27 de setembro de 1760, foi raíña consorte de Nápoles e Sicilia (1737-1759) e de España (1759-1760), esposa de Carlos III.

María Luísa de Parma

María Luísa de Parma, nada en Parma o 9 de decembro de 1751 e finada en Roma o 2 de xaneiro de 1819, foi raíña consorte de España como esposa de Carlos IV, de quen era prima carnal polo lado paterno.

María Luísa de Savoia

María Luísa de Savoia, nada como María Luísa Gabriela de Savoia o 13 de setembro de 1688 en Turín e finada o 14 de febreiro de 1714 en Madrid, foi a primeira esposa de Filipe V de España e como tal, raíña consorte de España, Dúas Sicilias, Sardeña, duquesa consorte de Milán e soberana consorte dos Países Baixos entre 1701 e 1714. En ocasións tamén foi raíña rexente e tivo moita influencia sobre o seu marido.

O triunfo da Morte

O triunfo da Morte (en neerlandés: De triomf van de dood) é unha das obras máis coñecidas do pintor flamengo Pieter Brueghel o Vello. Un óleo sobre táboa de 117 cm de alto x 162 cm de ancho, pintado cara ó ano 1562. Escola flamenga do século XVI.

Pertenceu á colección de pinturas da casa real española dende 1746-1759, cando foi adquirida por Isabel de Farnesio para o Palacio da Granxa. Dende 1827 forma parte da colección do Museo do Prado (Madrid).

Raíñas e reis consortes de España

A continuación presentase a lista de mulleres que foron consortes dos monarcas españois e que son coñecidas como Raíñas consortes de España; dentro da lista figura un home, o rei consorte Francisco de Asís, esposo de Isabel II. A lista só contén as esposas dos reis da España unificada e non dos reinos anteriores á Reconquista. Tamén recóllese a dinastía Bonaparte, a pesar de que o rei Xosé I non foi recoñecido como tal polas Cortes Xerais e que a súa dona, Julia Clary, non chegou a estar nunca en España.

Dentro da lista figuran algunhas das consortes que se encargáron da rexencia do reino por distintos motivos, estas foron:

Isabel de Borbón; durante 1640 pois o seu esposo Filipe IV encontrábase na Guerra de Cataluña.

Mariana de Austria; rexente dez anos a partir de 1665 ata 1675 por la minoría de idade do seu fillo Carlos II.

María Luísa Gabriela de Savoia; en 1702 durante a Guerra de Sucesión Española.

María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias; desde 1833 e ata 1840 pola minoría de idade da súa filla Isabel II.

María Cristina de Habsburgo-Lorena; a partir de 1885 e ata 1902, pola minoría de idade do seu fillo Afonso XIII.

Reis de España

A lista dos reis de España comeza cos Reis Católicos porque se considera que España comezou a existir cando a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón uniron os seus reinos a través do matrimonio de Isabel I de Castela con Fernando II de Aragón, aínda que os reinos seguiron tendo leis separadas e a denominación da Monarquía incluía varios reinos (a máis común sería Rei de Castela, Aragón, León, Granada e Toledo, aínda que variaba moito). O termo España referíase á Península Ibérica en conxunto até o recoñecemento definitivo da independencia de Portugal en 1668 e o título rei de España só se comezou a utilizar polos monarcas en 1874 (anteriormente Isabel II utilizou o de Raíña das Españas).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.