Isabel de Castro e Andrade

Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira, nada en Pontedeume probablemente en 1528 e falecida na mesma vila en 1582, foi unha nobre e escritora galega, considerada como a primeira poeta renacentista en galego.

Isabel de Castro e Andrade
Nome completoIsabel de Castro y Andrade
Nacemento1528
 Pontedeume
Falecemento1582
 Pontedeume
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
CónxuxeRodrigo de Moscoso Osorio Álvarez de Toledo

Traxectoria

Pouco se coñece da súa vida. Era a filla máis nova de Fernando Ruiz de Castro Osorio, cuarto conde de Lemos, e de Teresa de Andrade, filla do conde Fernando de Andrade. Isabel casou en 1555 co, tamén poeta, Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo, quen herdara o condado de Altamira, de quen ela recibiu o título.

Coñéceselle algunha obra poética en castelán ("A la rosa") e mais un único soneto en galego, "Soneto de la Señora Dona Isabel de Castro y Andrade a Don Alonso de Ercilla", que é unha das poucas pezas literarias cultas que se conservan dos Séculos Escuros. O soneto, datado en 1578, está dedicado ao escritor castelán Alonso de Ercilla, co gallo da publicación da segunda parte da súa obra épica La Araucana.

A súa vila natal honrouna cun monólito en 1975.[2]

Notas

  1. Carré Aldao, Eugenio (1916). "Una poetisa gallega del siglo XVI". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (110): 39–42.
  2. "Castro y Andrade, Isabel de". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Casa de Altamira

A casa de Altamira foi unha casa nobiliaria galega, vencellada á familia dos Moscoso. Tiñan a casa matriz nas Torres de Altamira, no actual concello de Brión.

Os Moscosos eran unha familia de fidalgos composteláns do século XIV, que con Roi Sánchez de Moscoso se converten en señores de Altamira, e despois con Lope Sánchez de Moscoso (1468-1504) en condes de Altamira.

Foi á Grandeza de España o 31 de outubro de 1613 polo rei Filipe III a favor de Lope de Moscoso Osorio, V conde de Altamira.

Condado de Lemos

Conde de Lemos é un título nobiliario galego, ligado á cidade galega de Monforte de Lemos. Nun principio, o condado de Lemos ía ligado ao de Trastámara e Sarria, e tiña carácter non hereditario. O Condado de Lemos como título autónomo, hereditario e perpetuo comezou con Pedro Álvarez Osorio.

Tradicionalmente estivo ligado á Familia Castro, segundo Manuel Murguía, unha estirpe "case real" e segundo Hermida Balado, a única liñaxe galega que puido dar lugar a unha saga real. Unha das teorías que sitúan a orixe da saga dos Castro, remite aos Castro de Castroxeriz como descendentes do Rei de Galicia, García de Galicia, morto prisioneiro no castelo de Luna en 1090; García de Galicia tivo por fillo a Fernán Ruiz de Castro que casou con María Álvarez e tiveron por fillo a Rodrigo Fernández de Castro, "O Calvo". O escudo da rama galega dos Castro eran seis roeis de azur en campo de prata, os cales ao longo da evolución do familia fóronse complementando con outros, como os lobos esfolados da familia Osorio.

"O título de Lemos tivo un lustre e unha consideración que ningunha outra Casa da grandeza excedeu e que só as maiores igualaron". (F. Fdz. De Bethencourt).

"eu non son dos que, o Rei, Señor, trata como Grandes, senón que son Grande e tan antigo como non hai en Castela" (I Conde De Lemos)

" A vosa maxestade é dono de mandar cubrir na súa real presenza a quen lle parecer, pero a grandeza dos Condes de Lemos fixérona Deus e o tempo" (XI Conde de Lemos a Felipe V)

Os persoeiros máis relevante da saga son Pedro Fernández de Castro y Andrade, VII Conde de Lemos, e Fernán Ruiz de Castro, alcumado "Toda a lealdade de España".

Literatura galega dos Séculos Escuros

A creación literaria en lingua galega foi practicamente nula durante os séculos XVI, XVII e XVIII, razón pola que estes se denominan Séculos Escuros.

Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo

Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo, nado en 1530 en Santiago de Compostela, foi un nobre galego, V conde de Altamira.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.