Isabel de Aragón

Isabel de Aragón (Yzabel na grafía medieval portuguesa), nada en Zaragoza cara a 1270 e finada en Estremoz o 4 de xullo de 1336, foi unha infanta aragonesa e, de 1282 ata 1325, raíña consorte de Portugal, polo seu casamento con rei Dinís I de Portugal.

Pasou á historia coa fama de santa, tendo sido beatificada e posteriormente canonizada. Foi popularmente coñecida como Raíña Santa Isabel ou simplemente A Raíña Santa.

Isabel de Aragón
6- Rainha D. Isabel - A Santa
Nome completoElisabet de Portugal
Nacemento4 de xaneiro de 1271
 Zaragoza
Falecemento4 de xullo de 1336
 Estremoz
NacionalidadePortugal e España
Relixióncristianismo
Ocupaciónpolítica
PaiPedro III de Aragón
NaiConstanza II de Sicilia
CónxuxeDinis de Portugal
FillosConstança de Portugal e Afonso IV de Portugal
IrmánsViolante de Aragão e Sicília, Xaime II de Aragón, Afonso III de Aragón, Federico II de Sicilia, Pietro d'Aragona e Jaume Pere d'Aragó i Nicolau

Orixes

Isabel era a filla máis vella do rei Pedro III de Aragón con Constanza de Sicilia. Por vía materna, era descendente de Federico II, Sacro Emperador Romano-Xermánico, pois o seu avó materno era Manfredo de Hohhenstauffen, rei de Sicilia, fillo de Federico II.

Tivo cinco irmáns, entre os cales os reis aragoneses Afonso III e Xaime II, ademais doutro monarca reinante, Federico II de Sicilia. Unha tía materna súa foi Santa Isabel da Hungría, tamén considerada santa pola Igrexa Católica.

Casamento

Isabel Dinis de Portugal
A raíña Santa Isabel ao lado de D. Dinís.

Dinís I de Portugal tiña 18 anos cando subiu ao trono e pensando en casamento convíñalle Isabel de Aragón. D. Dinís enviou por iso unha embaixada a Pedro de Aragón en 1280. Formábana João Velho, João Martins e Vasco Pires. Cando chegaron, estaban aínda á espera de resposta enviados dos reis de Francia e de Inglaterra, cada un desexoso de casar con Isabel un dos seus fillos. Aragón preferiu entre os pretendentes aquel que xa era rei.

A 11 de febreiro de 1282 con 12 anos , Isabel casou, entón, por poderes co soberano portugués D. Dinis en Barcelona, tendo celebrado a voda ao pasar a fronteira da Beira, en Trancoso, o 26 de xuño do mesmo ano. Por ese motivo, o rei acrecentou esa vila ao dote que habitualmente era entregue ás raíñas (a chamada Casa das Raíñas, conxunto de señoríos a partir dos cales as consortes dos reis portugueses collían as prendas destinadas á manutención da súa persoa.

En 1281 D. Isabel de Aragón recibiu como dote as vilas de Abrantes, Óbidos, Alenquer e Porto de Mós. Posteriormente recibiu tamén os castelos de Vila Viçosa, Monforte, Sintra, Ourém, Feira, Gaia, Lamoso, Nóbrega, Santo Estêvão de Chaves, Monforte de Rio Livre, Portel e Montalegre, ademais das rendas e das vilas de Leiria e Arruda (1300), Torres Novas (1304) e Atouguia da Baleia (1307). Eran aínda seus os reguengos de Gondomar, Rebordões, Codões, ademais dunha quinta en Torres Vedras e da leziria da Atalaia.

Do seu casamento co rei D. Dinis tivo dous fillos:

Raíña da paz

Na década de 1320, o infante D. Afonso, herdeiro do trono, sentiu a súa posición ameazada polo favor que o rei D. Dinís demostraba para co seu fillo bastardo, Afonso Sanches. O futuro Afonso IV declarou abertamente a intención de batallar contra o seu pai, o que case se concretaría na chamada batalla de Alvalade. Porén, a intervención da raíña conseguiu serenar os ánimos e pola paz asinada en 1325 nesa mesma poboación dos arredores de Lisboa, foi evitado un conflito armado que tería desestabilizado o reino.

D. Dinís morreu en 1325 e pouco despois da súa morte Isabel recolleuse no entón Convento de Santa Clara-a-Velha en Coimbra, vestindo o hábito da Orde das Clarisas mais non facendo votos, o que lle permitía manter a súa fortuna usada para a caridade. Só volvería saír del unha vez, pouco antes da morte, en 1336.

Nesa altura, Afonso declarou guerra ao seu sobriño, o rei D. Afonso XI de Castela, fillo da infanta Constanza de Portugal e por tanto neto materno de Isabel, polos malos tratos que este inflixía á súa esposa D.ª Maria, filla do rei portugués. Non obstante a súa idade avanzada e a súa doenza, a raíña Santa Isabel dirixiuse a Estremoz, cabalgando na súa mula por días e días, onde unha vez mais se colocou entre dous exércitos desavindos e evitou a guerra. Porén, a paz chegaría só catro anos mais tarde coa intervención da propia María de Portugal, por un tratado asinado en Sevilla en 1339.

Falecemento e legado

Isabel faleceu, tocada pola peste, en Estremoz, a 4 de xullo de 1336, tendo deixado expreso no seu testamento o desexo de ser sepultada no Mosteiro de Santa Clara-a-Velha, onde en 1995 foi iniciada unha escavación arqueolóxica, após ter estado por 400 anos parcialmente somerxido polo río Mondego.

Segundo unha historia haxiográfica, sendo a viaxe demorada, había o receo de o cadáver entrara en descomposición acelerada polo calor que facía, e cóntase que a medio da viaxe debaixo dun calor abrasador o ataúde comezou a abrir fendas, polas cales escorría un líquido que todos supuxeran provir da descomposición cadavérica. Cal non foi, porén, a sorpresa cando notaron que en vez do mal cheiro esperado, saía un aroma suavísimo do ataúde. O seu esposo D. Dinís repousa no Mosteiro de São Dinis en Odivelas.

ElisPortCoimClaraV
Túmulo da Raíña Santa Isabel por Mestre Pêro no Convento de Santa Clara-a-Nova

Isabel terá sido unha raíña moi piadosa, pasando grande parte do seu tempo en oración e axuda aos pobres. Por iso mesmo, aínda en vida comezou a gozar da reputación de santa, tendo esta fama aumentado tras a súa morte. Foi beatificada polo papa León X en 1516, vindo a ser canonizada, por especial pedido da dinastía filipina, que mostrou grande empeño na súa santificación, polo papa Urbano VIII en 1625. É reverenciada o 4 de xullo, data do seu falecemento.

Coa invasión progresiva do convento de Santa Clara-a-Velha de Coimbra polas augas do rícoo Mondego, houbo necesidade de construír o novo convento de Santa-Clara-a-Nova no século XVII, para onde se procedeu á translación do corpo da Raíña Santa. O seu corpo encóntrase incorrupto no túmulo de prata e cristal, mandado facer despois da translación para Santa Clara-a-Nova.

No século XVII, a raíña D. Luísa de Gusmão, rexente en nome de seu fillo D. Afonso VI, transformou en capela o cuarto en que a raíña Santa Isabel falecera no castelo de Estremoz.

Actualmente, innumerables escolas e igrexas ostentan o seu nome na súa homenaxe. É aínda padroeira da cidade de Coimbra, cuxo festivo municipal coincide co día da súa memoria (4 de xullo). Alfredo Marceneiro dedicoulle o fado Rainha Santa, con letra de Henrique Rego.

O seu túmulo así como o Mosteiro Novo de Santa Clara (Santa Clara-a-Nova) está confiado á garda da Confraría da Raíña Santa Isabel.

A lenda do milagre das rosas

Mafra St.Elisabeth
Estatua da Raíña Santa Isabel na igrexa do Palacio Nacional de Mafra.

A historia mais popular da Raíña Santa Isabel é sen dúbida a do milagre das rosas. Porén, este milagre foi orixinalmente atribuído á súa tía avoa Santa Isabel da Hungria. Probabelmente por corrupción da lenda orixinal e polo feito de as dúas raíñas posuíren o mesmo nome e fama de santas, a historia pasou tamén a ser atribuída a Isabel de Aragón.

Segundo a lenda portuguesa, a raíña saíu do Castelo do Sabugal nunha mañá de inverno para distribuír pans aos máis desfavorecidos. Sorprendida polo soberano, que lle inquiriu a onde ía e o que levaba no regazo, a raíña tería exclamado: São rosas, Senhor!. Desconfiado, D. Dinis inquiriu: Rosas, no inverno?. D. Isabel expuxo entón o contido do regazo do seu vestido e nel había rosas, en vez dos pans que ocultara.

A época exacta do aparecimento desta lenda na tradición portuguesa non está determinada. Non consta dunha biografía anónima sobre a raíña escrita no século XIV, mais circularía oralmente polo país nas últimas décadas dese século. O mais antigo rexisto coñecido é un retablo catrocentista conservado no Museo Nacional de Arte de Cataluña.

O primeiro rexisto escrito do milagre das rosas encóntrase na Crónica dos Frades Menores. Porén, a tradición popular xerou numerosas variantes: moedas de ouro que se transforman en rosas ou rosas que se transforman en ouro; e a actualmente mais coñecida, do pan en flores.

En mediados do século XVI a lenda xa fora amplamente difundida e foi ilustrada por unha pintura anónima, coñecida por Raíña Santa Isabel, no Museu Machado de Castro de Coimbra, e por unha miniatura da Xenealogia dos Reis de Portugal de Simão Bening sobre deseño de António de Holanda. No século XVII xorden dous traballos anónimos retratando a raíña, a pintura ó óleo no atrio do Instituto de Odivelas e o retablo do Mosteiro do Lorvão.

Bibliografía

A primeira biografía de Isabel de Aragón foi escrita por alguén próximo á raíña, talvez o seu confesor Frei Salvado Martins, bispo de Lamego, ou unha das aias de Santa Clara. É xeralmente coñecida por Lenda ou Relación, mais a pesar de se ter perdido o orixinal, o Museu Machado de Castro conserva unha copia manuscrita e iluminada, co título: Livro que fala da boa vida que fez a Raiña de Portugal, Dona Isabel, e seus bons feitos e milagres en súua vida, e despois da morte.

Esta obra, de natureza haxiográfica, serviu de base ás biografías e crónicas posteriores, incluíndo a Crónica de 1419 e as Crónicas de D. Dinis e de D. Afonso IV, de Rui de Pina. Foi publicada no século XVII por Frei Francisco Brandão, na parte VI da Monarquia Lusitana.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
 
PortugueseFlag1248
Raíña de Portugal

12821325
Sucesor:
 
4 de xullo

O 4 de xullo é o 185º día do ano do calendario gregoriano e o 186º nos anos bisestos. Quedan 180 días para finalizar o ano.

Afonso IV de Portugal

Afonso IV de Portugal, nado en Santarém o 8 de febreiro de 1291 e finado en Lisboa o 28 de maio de 1357, alcumado O Bravo, foi o sétimo rei de Portugal. Era fillo do rei Dinís de Portugal e da súa muller, Raíña Santa Isabel, princesa de Aragón. Afonso IV sucede a seu pai o 7 de febreiro de 1325.

Carlos de Valois

Carlos de Valois, nado en Vincennes o 12 de marzo de 1270 e finado en Nogent-le-Roi o 16 de decembro de 1325, foi o terceiro fillo de Filipe III de Francia e de Isabel de Aragón. Fundou a Casa de Valois rama segundoxénita da Dinastía dos Capetos, a que ocuparía o trono de San Luís coa morte do seu sobriño Carlos IV e o ascenso do seu fillo maior, como Filipe VI de Francia.

Catarina de Courtenay

Catarina de Courtenay, nada en 1274 e finada o 13 de outubro de 1307, foi a emperatriz titular de Constantinopla desde 1283 até a súa morte.

Dinís de Portugal

Dinís de Portugal, nado o 9 de outubro de 1261 en Lisboa e finado o 7 de xaneiro de 1325 en Santarém, foi rei de Portugal, fillo de Afonso III e da súa segunda esposa, Beatriz de Castela, sendo, por tanto, neto de Afonso X O Sabio. Sucedeu o seu pai no trono de Portugal en 1279.

Intitulábase nos diplomas que outorgou durante o seu reinado como Dom Denis, pella graça de Deus, Rei de Purtugal e do Algarue, e así consta no foro (carta de poboamento) concedido a Rebordãos o 18 de maio de 1285, así como noutros documentos.

Foi o sexto rei de Portugal. Alcumado o Labrador ou o Rei-Agricultor, polo impulso que deu no reino a aquela actividade, e aínda, o Rei-Poeta ou o Rei-Trobador, dado que, grande amante das artes e das letras, foi un famoso trobador que cultivou as cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldicir, contribuíndo no desenvolvemento da poesía trobadoresca na Península Ibérica. Algúns pensan que foi o primeiro monarca portugués verdadeiramente alfabetizado, asinando sempre co nome completo. Impulsou a tradución de moitas obras para o portugués, entre elas os tratados do seu avó Afonso X, o Sabio.

En 1282 casou coa infanta Isabel de Aragón, que sería coñecida como a Raíña Santa. Ao longo dos 46 anos do seu reinado foi un dos principais responsábeis da creación da identidade nacional portuguesa, e o albor da conciencia de Portugal en canto estado nación. En 1297, despois da conclusión da Reconquista polo seu pai, definiu as fronteiras de Portugal no tratado de Alcañices con Castela. Realizou relevantes reformas xudiciais, instituíu a lingua portuguesa como lingua oficial da corte, creou a primeira Universidade portuguesa, liberou as Ordes militares no territorio nacional das influencias estranxeiras e proseguiu o sistemático crecemento do centralismo rexio. A súa política centralizadora foi articulada con importantes accións de fomento económico, como a creación de inumerábeis concellos e feiras. Dinis ordenou a explotación de minas de cobre, prata, estaño e ferro, e organizou a exportación da produción excedente para outros países europeos. En 1308 asinou o primeiro acordo comercial portugués con Inglaterra. En 1312 fundou a Mariña portuguesa, nomeando o primeiro almirante de Portugal, o xenovés Manuel Pessanha (Emanuele Passagno, en italiano), e ordenando a construción de dársenas e molles.

Entre 1320 e 1324 houbo unha guerra civil entre o rei e seu fillo, o futuro Afonso IV de Portugal. Este xulgaba que o pai pretendía legar o trono a Afonso Sanches, o seu irmán bastardo. Nesta guerra, o rei contou con pouco apoio popular, pois nos últimos anos do reinado deu grandes privilexios aos nobres. O infante contou co apoio dos concellos. A pesar dos motivos da revolta, esta guerra foi no fondo un conflito entre grandes e pequenos. Despois da súa morte, en 1325 foi sucedido polo seu fillo lexítimo, Afonso IV, a pesar da oposición do seu favorito, o fillo natural Afonso Sanches.

Filipe III de Francia

Filipe III de Francia, coñecido como Filipe o Atrevido, nado o 30 de abril de 1245 en Poissy, Illa de Francia, Reino de Francia, e finado o 5 de outubro de 1285 en Perpiñán, Rosellón, Reino de Mallorca, foi o Rei da Francia desde 1270 até a súa morte.

Era fillo do rei Luís IX (San Luís), que morreu durante a Oitava Cruzada na que Filipe o acompañaba.

Durante o seu reinado Filipe fixo varias adquisicións territoriais, principalmente o Condado de Tolosa, anexionado en 1271.

Despois das Vésperas Sicilianas iniciadas polo rei Pedro III de Aragón contra Carlos I de Sicilia, seu tío, liderou unha cruzada, sen éxito, para axudar Carlos.

Obrigado a retirarse, acabou morrendo en 1285, sendo sucedido polo seu fillo Filipe IV.

Foi enterrado inicialmente en Narbona, e despois na Basílica de Saint-Denis

Isabel I de Castela

Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496. É polo que se coñece á parella real co nome de Reis Católicos, título que usarían en diante practicamente todos os reis de España.

Casou en 1469 co príncipe Fernando de Aragón. Polo feito de ser primos segundos necesitaban unha bula papal de dispensa que só conseguiron de Sisto IV a través do seu enviado o cardeal Rodrigo Borgia en 1472. Ela e o seu esposo Fernando conquistaron o reino de Granada e participaron nunha rede de alianzas matrimoniais que fixeron que o seu neto, Carlos, herdase as coroas de Castela e de Aragón, outros territorios europeos e convertésese en emperador do Sacro Imperio Romano.Isabel e Fernando fixéronse co trono tras unha longa loita, primeiro contra o rei Henrique IV e de 1475 a 1479 na Guerra de Sucesión castelá contra os partidarios da outra pretendente ao trono, Xoana. Isabel reorganizou o sistema de goberno e a administración, centralizando competencias que antes ostentaban os nobres; reformou o sistema de seguridade cidadá e levou a cabo unha reforma económica para reducir a débeda que o reino herdara do seu medio irmán, e predecesor no trono, Henrique IV. Tras gañar a guerra de Granada os Reis Católicos expulsaron aos xudeus dos seus reinos e, anos máis tarde, tamén aos musulmáns.

Isabel concedeu apoio a Cristovo Colón na procura dunha nova ruta cara ás Indias, o que levou ao descubrimento de América. Devandito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio Español.

Isabel viviu 53 anos, dos cales gobernou 30 anos como raíña de Castela e 26 como raíña consorte de Aragón á beira de Fernando II.

Isabel de Aragón (1376-1424)

Isabel de Aragón, nada en Barcelona en 1376 e finada en Alcolea de Cinca, Aragón o 28 de xaneiro de 1424, foi unha Infanta de Aragón e condesa consorte de Urgell (1408-1413), filla de Pedro IV de Aragón e da súa cuarta esposa, Sibila de Fortià.

Contraeu matrimonio o 20 de xuño de 1407 en Valencia co conde Xaime II de Urgell quen, á morte de Martín o Humano sen sucesor, foi un dos pretendentes ao trono aragonés por ser bisneto do rei Afonso IV de Aragón, durante o Compromiso de Caspe de 1412.

Desta unión naceron:

Isabel de Urgell, duquesa de Coimbra (1409-1443), casada en 1428 co infante Pedro de Portugal, I duque de Coimbra.

Leonor de Urgell (1414-1438), casada o 1436 con Ramón del Balzo Orsini, príncipe de Salerno, duque de Amalfi e conde de Nola.

Xoana de Urgell (1415-1445), casada en 1435 con Xoán I de Foix e o 1445 con Joan Ramon Folc III de Cardona.

Beatriz de Urgell, morreu nova.

Filipe de Urgell (m. 1422)

Catalina de Urgell (m. 1424)

Leonor de Aragón e de Sicilia

Leonor de Aragón e de Sicilia, nada en Barcelona en 1358 e finada en Cuéllar o 13 de agosto de 1382, foi unha princesa de Aragón e raíña consorte de Castela entre 1379 e 1382, polo seu matrimonio con Xoán I de Castela. Faleceu ao dar a luz, e o bebé non chegou a sobrevivir.

Manuel I de Portugal

Manuel I de Portugal, nado en Alcochete o 31 de maio de 1469 e finado en Lisboa o 13 de decembro de 1521, foi Rei de Portugal. Alcumado de "O Venturoso", "O Benaventurado" ou "O Afortunado", polos acontecementos felices que o levaron ao trono e que ocorreron no seu reinado, concretamente o descubrimento do camiño marítimo para a India e Brasil. Foi o primeiro rei a asumir o título de pela Graça de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquém e d'Além-Mar em África, e Senhor da Guiné, e do Comércio, Conquista e Navegação da Arábia, Pérsia e Índia... (pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, d'aquém e d'Alén-Mar en África, Señor do Comercio, da conquista e da Navegación de Arabia, Persia e India).

María de Aragón (1482-1517)

María de Aragón, nada en Córdoba o 29 de xuño de 1482 e finada en Lisboa o 7 de marzo de 1517, foi raíña de Portugal.

Cuarta filla dos Reis Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, foi raíña de Portugal como segunda esposa de Manuel I, falecido en 1521.

Miguel da Paz

Miguel da Paz de Portugal (en portugués: Miguel dá Paz de Avis e Trastâmara), nado en Zaragoza o 24 de agosto de 1498 e finado en Granada o 19 de xullo de 1500, foi príncipe de Asturias de 1499 a 1500 e príncipe herdeiro de Portugal de 1498 a 1500.

Mona Lisa

A Mona Lisa (tamén coñecida como a Monna Lisa; Italiano La Gioconda; francés La Joconde), é unha pintura feita polo artista italiano Leonardo da Vinci mostrando unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte. Poucos outros traballos de arte son así conmemorados ou reproducidos.

O cadro foi pintado entre 1503 e 1519 . A pintura ao óleo en madeira exposta agora no Museo do Louvre en París é a maior atracción do museo.

Mondariz-Balneario

Mondariz-Balneario é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 682 habitantes (346 homes e 336 mulleres). Cunha superficie de 2,3 km² é o concello máis pequeno de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mondaricense».

Pedro IV de Aragón

Pedro IV de Aragón, nado en Balaguer o 5 de setembro de 1319 e finado en Barcelona o 5 de xaneiro de 1387, alcumado o Cerimonioso (en catalán: el Cerimoniós) ou El del Punyalet ("un dos poucos con puñal"), foi rei de Aragón, rei de Sardeña e Córsega (como Pedro I), rei de Valencia (como Pedro II), e Conde de Barcelona (e no resto do Principado de Cataluña como Pedro III), de 1336 até á súa morte. Foi deposto por Xaime III de Mallorca e fíxose rei de Mallorca en 1344. O seu reinado foi estivo marcado polas tentativas de reforzar a unión da coroa de Aragón, con constantes revoltas e guerras co estranxeiro, en Sardeña, Sicilia, no Mezzogiorno, en Grecia, e nas Baleares. A súa guerra en Grecia fíxoo "Duque de Atenas e de Neopatria", en 1381.

Príncipe de Asturias

Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Leonor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:

Príncipe de Asturias, como herdeiro do Reino de Castela e León con orixe en 1388;

Príncipe de Xirona, como herdeiro do Reino de Aragón con orixe en 1351;

Príncipe de Viana, como herdeiro do Reino de Navarra con orixe en 1423;

Duque de Montblanc, como herdeiro do Principado de Cataluña con orixe en 1387;

Conde de Cervera, como herdeiro do Reino de Valencia con orixe en 1351;

Señor de Balaguer, como herdeiro do Reino de Mallorca con orixe en 1413.Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.

Reis Católicos

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada por enlácelos matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

Santa Isabel

Santa Isabel pode referirse a:

Santa Isabel, nai de Xoán o Bautista;

Isabel de Hungría, santa da Igrexa Católica (1207-1231);

Isabel de Francia, princesa francesa e beata da Igrexa Católica (1225-1270);

Isabel de Aragón ou de Portugal, santa da Igrexa Católica, raíña consorte de Portugal e infanta de Aragón;

Isabel Fiodorovna, santa da Igrexa Ortodoxa Rusa;Como topónimo Santa Isabel pode referirse a:

Santa Isabel, lugar da parroquia de Cadoalla no concello de Becerreá;

Santa Isabel, lugar da parroquia de Outeiro de Rei no concello de Outeiro de Rei.

Xoana I de Castela

Xoana I de Castela ou Xoana I de Aragón e Castela, coñecida tamén como Xoana a Tola, nada en Toledo en 1479 e finada en Tordesillas, Valladolid, en 1555, foi entre outras cousas raíña de Aragón e Castela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.