Isabel II do Reino Unido

Isabel II[1] ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Isabel II de Inglaterra
Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte
Queen Elizabeth II of New Zealand
Isabel II do Reino Unido

Reinado6 de febreiro de 1952 - hoxe en día esta no cargo (67 anos)
Coroación2 de xuño de 1953
Nome completoElizabeth Alexandra Mary of Windsor
Nacemento21 de abril de 1926 (93 anos)
Mayfair, Londres, Reino Unido Reino Unido
PredecesorXurxo VI
SucesorCarlos de Inglaterra
Cónxuxe/sFilipe de Edimburgo
Casa realCasa de Windsor
Himno real«God Save the Queen»
ProxenitoresXurxo VI
Isabel Bowes-Lyon

Escudo de Isabel II do Reino Unido

Escudo de Isabel II do Reino Unido

Familia

Xunto ao seu esposo, o duque de Edimburgo, a raíña tivo catro fillos. Ademais, o matrimonio ten oito netos e oito bisnetos.

Notas

  1. Tanto a Enciclopedia Galega Universal como a Diciopedia do século 21 utilizan esta forma

Véxase tamén

Outros artigos

21 de abril

O 21 de abril é o 111º día do ano do calendario gregoriano (112º nos anos bisestos). Quedan 254 días para finalizar o ano.

2 de xuño

O 2 de xuño é o 153º día do ano do calendario gregoriano e o 154º nos anos bisestos. Quedan 212 días para finalizar o ano.

Ana do Reino Unido

Ana do Reino Unido, a Princesa Real , (Anne Elizabeth Alice Louise; 15 de agosto de 1950), é a única filla da raíña Isabel II do Reino Unido e do seu consorte, o príncipe Filipe de Edimburgo. Ela é a sétima en portar o título de princesa real e a décimo terceira na liña de sucesión ao trono.

André, duque de York

O príncipe André, duque de York (Andrew Albert Christian Edward; Londres, 19 de febreiro de 1960), é o terceiro fillo e segundo varón da raíña Isabel II do Reino Unido e do príncipe Filipe de Edimburgo. Na actualidade é sétimo na liña de sucesión ao trono británico.

Beatriz de York

A princesa Beatriz de York (Beatrice Elizabeth Mary, nada en Londres, Reino Unido, o 8 de agosto de 1988) é un membro da Familia Real Británica. É filla do príncipe André, duque de York e a súa exesposa, Sarah Ferguson. É neta da raíña Isabel II do Reino Unido e do príncipe Filipe de Edimburgo. A princesa Beatriz é a segunda muller na liña de sucesión ao trono, despois da princesa Carlota de Cambridge. Foi a primeira princesa nada na familia real deade o nacemento de Ana, Princesa Real, no ano 1950.

Brighton

Brighton é unha localidade costeira que xunto con Hove constitúe unha das cidades costeiras máis grandes do Reino Unido. Brighton é un sitio moi visitado, recibe 8 millóns de turistas cada ano. Ten multitude de hoteis, restaurantes, comercios e lugares de ocio ademais dun amplo sector turístico de congresos.

Carlota de Cambridge

Carlota de Cambridge (en inglés: Charlotte of Cambridge), de nome completo Charlotte Elizabeth Diana Windsor, nada en Londres o 2 de maio de 2015, é unha princesa británica.

É a segunda filla dos duques de Cambridge Guillerme e Catarina e quinta bisneta da raíña Isabel II do Reino Unido e o príncipe Filipe, duque de Edimburgo e neta da falecida Diana, princesa de Gales. É á súa vez, a 4ª na liña de sucesión ao Trono Británico, tras o seu avó o príncipe Carlos, princípe de Gales, o seu pai o duque de Cambridge e o seu irmán maior o príncipe Xurxo de Cambridge. É a primeira princesa británica en non seren superada por un irmán pequeno, Lois de Cambridge, na liña de sucesión.

Filipe de Edimburgo

O príncipe Filipe, duque de Edimburgo, nado en Mon Repos (Corfú, Grecia) o 10 de xuño de 1921 co nome de Filipe de Grecia e Dinamarca, é un nobre británico de orixe grega, esposo da raíña Isabel II do Reino Unido. Ostenta ademais os títulos de conde de Merioneth, barón Greenwich, cabaleiro da Orde da Jarretera, cabaleiro da Orde do Cardo, chanceler da Orde do Imperio Británico e membro da Gran Loxa Unida de Inglaterra.

HMS Queen Elizabeth (R08)

O HMS Queen Elizabeth (R08) así nomeado en honor á raíña Isabel II do Reino Unido, será un portaavións de grandes dimensións construído para a Royal Navy, foi botado o 4 de xullo de 2014 e está previsto que se encargará oficialmente en maio de 2017, con capacidade operativa inicial a partir do ano 2020. O seu primeiro oficial ao mando é Sir Commodore Jerry Kyd, o ex capitán do HMS Ark Royal e o HMS Illustrious.

O Queen Elizabeth terá un tamaño parecido ao estadounidense USS Nimitz (CVN-68) e desprazará ao redor de 65 000 toneladas, o triplo que os clase Invincible. Unha das novidades aeronáuticas desta clase será que non portará Harriers, se non os F35B.O fogar destes buques aínda é incerto: pode ser HMNB Portsmouth ou HMNB Devon. A serie componse de dúas unides, o HMS Prince of Wales (R09) estase a construír.

Irlanda do Norte

Irlanda do Norte (oficialmente en inglés: Northern Ireland, en irlandés: Tuaisceart Éireann) é o nome oficial dun dos países constituíntes do Reino Unido, que se atopa ao nordeste da illa de Irlanda conformado por 6 condados. A súa capital é Belfast. Limita ao norte co océano Atlántico, ao leste coa canle do Norte, ao sueste co mar de Irlanda, e ao sur, suroeste e oeste (360 km de fronteira) coa República de Irlanda.

Actualmente a xefa do Estado é a raíña Isabel II do Reino Unido, mentres que o seu xefe de Goberno é Peter Robinson, un membro do Partido Unionista Democrático. Robinson e o seu partido comparten goberno, desde o 8 de maio de 2007, co número dous do Sinn Féin, Martin McGuinness.

A maioría dos católicos son nacionalistas partidarios de pertencer á República de Irlanda, de igual xeito que a maioría dos protestantes están a favor de permanecer no Reino Unido. Segundo o punto de vista ideolóxico, a preferencia polo nome, tipo de entidade e a bandeira de Irlanda do Norte, é diferente. Os nacionalistas chámana "The North of Ireland" (O Norte de Irlanda ou "os seis condados", e ondean a bandeira de Irlanda verde, branca e laranxa porque non recoñecen Irlanda do Norte como o seu propio país e para eles é parte de Irlanda. Os unionistas chámana o "Ulster", Northern Ireland (Irlanda do Norte) ou "a provincia", e utilizan unha bandeira parecida á do Ulster, coas cores da bandeira inglesa, chamada "Ulster Banner".

Martin Ryle

Martin Ryle, nado en Brighton en 1918 e finado en Cambridge en 1984, foi un astrónomo británico galardoado co Premio Nobel de Física en 1974 xunto con Antony Hewish, converténdose nos primeiros astrónomos en conseguilo, polos seus traballos sobre radioastronomía e os púlsares.

Monarquía

Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo

por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)

recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.

Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (raíña: Isabel II do Reino Unido e primeiro ministro: David Cameron), Suecia, Países Baixos etc.

Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, a raíña Isabel II do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros de Canadá, Bahamas o Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

Peter Phillips

Peter Mark Andrew Phillips (nado o 15 de novembro de 1977), é o primeiro fillo e único varón de Ana, Princesa Real e do seu primeiro esposo, Mark Phillips. É décimo cuarto na liña de sucesión ao trono.

Reino de Nova Zelandia

O Reino de Nova Zelandia (en inglés: Realm of New Zealand) é o territorio sobre o que a raíña de Nova Zelandia, Isabel II do Reino Unido, estende os seus dominios. O reino comprende Nova Zelandia, as Illas Cook, Niue, Tokelau e a Dependencia Ross na Antártida. O termo de « Realm of New Zealand » é empregado nos documentos do Gobernador Xeral de Nova Zelandia que datan do ano 1983.

República de Rodesia

A Rodesia (en inglés: Rhodesia) coñecida oficialmente entre 1970 e 1979 como República de Rodesia foi un estado non recoñecido que existiu no sur de África entre 1965 e 1979, na actual República de Cimbabue. Coa súa capital en Salisbury (actual Harare), Rodesia considerábase estado sucesor de facto da ex-colonia británica de Rodesia do Sur.

Trala disolución da Federación de Rodesia e Nyasalandia, en 1963, o goberno da minoría branca (que representaba un 5% da poboación da colonia para ese entón), liderado por Ian Smith, nun esforzo por atrasar unha transición inmediata a un goberno da maioría negra, declarou unilateralmente a súa independencia o 11 de novembro de 1965. A administración de Rodesia solicitou inicialmente o recoñecemento como Reino dentro da Mancomunidade Británica de Nacións con Isabel II do Reino Unido como xefe de estado baixo o título Raíña de Rodesia. Con todo, en 1970, nun errado intento de gañar recoñecemento internacional, declarouse a República de Rodesia, cun Presidente como xefe de estado e un Primeiro Ministro como xefe de goberno.

Logo dunha brutal guerra de guerrillas entre o goberno de Rodesia e as organizacións nacionalistas comunistas africanas, como a ZANU de Robert Mugabe e ZAPU de Joshua Nkomo, Ian Smith aceptou unha democracia birracial en 1978. Con todo, o goberno provisional, aínda encabezado por Smith e o seu compañeiro moderado Abel Muzorewa fallou en tranquilizar as críticas internacionais e en deter o derramamento de sangue. O 12 de decembro de 1979, o goberno rodesiano devolveu a administración ao Reino Unido no que se celebraban eleccións democráticas baixo sufraxio universal. Trala vitoria do ZANU, o goberno británico recoñeceu a independencia da colonia baixo o nome de República de Cimbabue.

Ridley Scott

Ridley Scott, nado en South Shields, Tyne and Wear, o 30 de novembro de 1937 é un director de cinema británico. É irmán do tamén director Tony Scott.

Saint Kitts e Nevis

Saint Kitts e Nevis (/-ˈkɪts...ˈniːvɪs/) (en inglés: Saint Kitts and Nevis) é un país do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher, e Nevis. Os territorios veciños máis próximos son as Antillas Holandesas no noroeste, Antiga e Barbuda polo leste e sueste, e Saint-Barthélemy, unha dependencia de Guadalupe, no norte. É o estado soberano máis pequeno no hemisferio occidental, tanto en superficie como en poboación. O país é un reino da Commonwealth, con Isabel II do Reino Unido como raíña e xefe do Estado.A súa capital é Basseterre na illa máis grande de Saint Kitts. A pequena illa de Nevis está aproximadamente a 3 km. ao sueste a través dunha canle pouco profunda chamada The Narrows.A dependencia británica de Anguila tamén foi parte desta unión, que entón era coñecida colectivamente como Saint Christopher-Nevis-Anguila, así a todo optou por apartarse da unión e segue sendo un Territorio Británico de Ultramar. Ao norte-noroeste atópanse as illas de San Eustaquio, Saba, Saint-Barthélemy, Saint-Martin / Sint Maarten e Anguila. Ao leste e ao nordés atópanse Antiga e Barbuda, e ao sueste a pequena illa deshabitada de Redonda (parte de Antigua e Barbuda) e a illa de Montserrat.

Saint Kitts e Nevis foron as primeiras illas do Caribe en colonizarse polos europeos. Saint Kitts foi o fogar das primeiras colonias británicas e francesas do Caribe, e así foi tamén chamada "A Colonia Nai das Indias Occidentais". [Cómpre referencia]

Uxía do Reino Unido

A princesa Uxía do Reino Unido (Eugenie Victoria Helena, nada en Londres, Reino Unido, o 23 de marzo de 1990 é un membro da Familia Real Británica é a cuarta neta da raíña Isabel II do Reino Unido. Ata o seu matrimonio o 12 de outubro de 2018 o seu tratamento era: princesa Uxía de York aínda que tivo que renunciar ao seu título territorial. A princesa Uxía é a novena na liña de sucesión ao trono británico.

Xurxo de Cambridge

Xurxo de Cambridge (en inglés: George of Cambridge), de nome completo George Alexander Louis Windsor Príncipe de Cambridge, ou simplemente Príncipe George (oficialmente, A Súa Alteza Real, o Príncipe George de Cambridge) é un príncipe do Reino Unido, naceu en Londres, o 22 de xullo de 2013, sendo o primoxénito do príncipe Guillerme de Cambridge e da súa dona, Catarina, duquesa de Cambridge.

É neto do príncipe Carlos de Gales e mais da princesa Diana de Gales (falecida en 1997); e bisneto da raíña Isabel II do Reino Unido e do príncipe Filipe, duque de Edimburgo. Polo tanto, é o terceiro na liña de sucesión ao trono británico, despois do seu avó e seu pai, aos tronos de 16 estados independentes, aínda que residirá principalmente e estará directamente ligado ao Reino Unido, o máis antigo destes dominios.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.