Irmandade Nazonalista Galega

A Irmandade Nazonalista Galega foi unha organización galeguista dirixida por Vicente Risco como Conselleiro Supremo. Antón Losada Diéguez foi o seu primeiro Conselleiro de Espallamento ata que en 1923 foi substituído por Xaime Quintanilla. Partidaria dun purismo ideolóxico nacionalista centrado no espallamento das teses galeguistas mais contraria á participación electoral e con vontade de controlar o movemento agrarista [1] . Houbo intentos de crear un voceiro oficial que non callaron máis alá duns poucos números, como o mensual Rexurdimento e foi o xornal Galicia, dirixido por Valentín Paz Andrade, o que se converteu na súa voz oficiosa[2] .

Nota da Irmandade Nazonalista Galega
Nota da Irmandade Nazonalista onde se critica fortemente o centralismo e o caciquismo.

Historia

Escisión das Irmandades da Fala logo da IV Asemblea Nacionalista de 1922, organizativamente actuaba como un partido político, con rexa disciplina e de perfil autoritario[3] e elitista, centrado na figura de Vicente Risco, denominado "O xefe". En 1923 tiña 16 delegacións, pero no principal foco do galeguismo, A Coruña, a ING non conseguiu crear un núcleo numeroso, a sección local dirixida por Antón Villar Ponte non superou os 10 afiliados. Celebrou a V Asemblea Nacionalista na Coruña en 1923.

A ING colaborou nun primeiro momento coa Ditadura de Primo de Rivera, aceptando algúns postos en concellos e deputacións, esperando a creación dunha mancomunidade galega e un programa rexeneracionista, cesando o colaboracionismo en 1925. Así e todo, a ING cesou as súas actividades[4] contra o inicio de 1926. Ao final da ditadura só se mantiña a Irmandade de Ourense e en 1929 volveu de novo ás Irmandades da Fala.

Notas

  1. Justo G. Beramendi e Xosé Manoel Núñez Seixas (1996) O nacionalismo galego A Nosa Terra:Vigo, p. 132-133
  2. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Xerais:Vigo, p. 272
  3. Beramendi, J. G. (1981): Vicente Risco no nacionalismo galego. Tomo 2. Escisión-unidade-escisión, Santiago: Eds. do Cerne, p. 28
  4. X. M. Maceira Fernández (2007): O nacionalismo cívico. Interpretación do contributo da Irmandade da Fala da Coruña, Ames: Laiovento, p. 42

Véxase tamén

Outros artigos

A Fouce (Buenos Aires)

A Fouce foi unha publicación de marcado carácter independentista. Era o voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires e logo da Sociedade Nazonalista Pondal, que se publicou dende xaneiro de 1926 até xullo de 1936.

Antón Losada Diéguez

Antón Losada Diéguez, nado en Moldes (Boborás) o 22 de decembro de 1884 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1929, foi un filósofo, escritor e político galego. A súa familia procedía da fidalguía e da nobreza galega do Antigo Réxime, o carlismo e o tradicionalismo, tendencias que influíron na súa traxectoria no nacionalismo galego. Integrante da Irmandade da Fala de Ourense, impulsor da revista Nós e ideólogo do artellamento do grupo Nós e correspondente da Real Academia Galega, atraeu a numerosos intelectuais á causa galeguista, exercendo sobre eles un labor socrático, cunha extraordinaria capacidade de espertar conciencias e estimular talentos. De obra relativamente escasa e en gran parte inédita ata 1985, foi autor, entre outras, de media ducia de poesías, sete contos, dous escritos políticos, a obra teatral incompleta A domeadora e os discursos "Os problemas do idioma e a cultura no rexionalismo galego" (1918) e "Encol da prosa galega" (1924), co que ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Morreu prematuramente aos 44 anos de idade. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1985.

Clemente López Pasarón

Clemente López Pasarón, nado en Ribadeo en 1899, foi un pintor e xornalista galego.

Eduardo Blanco Amor

Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga. Fundou Terra, voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires, dirixiu Céltiga e colaborou en Nós. De volta a España contactou coa Xeración do 27 e coñeceu a Federico García Lorca. Retornou á Arxentina. En 1972 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega e en 1993 foille adicado o Día das Letras Galegas.

El Emigrado

El Emigrado foi un periódico trimensual aparecido na Estrada entre 1920 e 1940.

Eladio Vázquez Ferro

Eladio Vázquez Ferro, nado no Carballiño, foi un xornalista galego.

Florentino López Cuevillas

Florentino López Alonso-Cuevillas, nado en Ourense o 14 de novembro de 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 1958, foi un historiador e escritor galego. En 1968 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Está considerado o pai da arqueoloxía científica galega. Pertenceu ás Irmandades da Fala, a Xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos, compaxinando a actividade desempeñada nestas institucións cunha discreta participación política en pro do galeguismo, na época en que se volveu nacionalista trala fase rexionalista.

Porén, o seu labor socio-político viuse profundamente trastornado trala guerra civil española e a chegada do franquismo, se ben continuou a divulgación da cultura galega a través da Real Academia Galega, da que foi membro numerario, e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Como fixeron o resto de compañeiros da súa xeración, contribuíu á maduración da prosa galega, pero realmente polo que destacou foi polo seu intenso labor dentro do ámbito científico. Catapultado pola obra do alemán Hugo Obermaier (Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia), Cuevillas acometeu a complexa tarefa de desenvolver o campo da arqueoloxía en Galicia co obxectivo de reconstruír e estudar unha parte do tempo que até aquel momento fora esquecida.

Galeusca

Galeusca (contracción dos topónimos Galicia, Euskadi e Cataluña) é o nome co que foron designados varios pactos entre partidos e políticos nacionalistas de Cataluña, o País Vasco e Galicia dende 1923 ata a actualidade. Segundo o tipo de acordo, de período, ou de interlocutor pódense atopar varias grafías: Galeusca, Galeuzca, Galeuzka, GalEusCa e tamén Galeuscat.

ING

ING pode referirse a:

Irmandade Nazonalista Galega (1922), foi unha organización galeguista dirixida por Vicente Risco.

Intersindical Nacional Galega, un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977.

Internationale Nederlanden Groep, institución financeira de orixe holandés.

IV Asemblea Nacionalista

A IV Asemblea Nacionalista celebrouse en Monforte de Lemos do 18 ao 20 de febreiro de 1922.

Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires

A Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires foi unha asociación galeguista de Bos Aires constituída en 1923.

Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala foi unha organización nacionalista galega activa entre 1916 e 1931. Coas Irmandades da Fala, o movemento galeguista asumiu por vez primeira o monolingüismo en galego.

José Calviño Domínguez

José Calviño Domínguez, nado en Lores (Meaño) e finado en Madrid o 23 de xaneiro de 1947, foi un avogado e político galego.

Manuel Oliveira Viqueira

Manuel Oliveira Viqueira, nado en Trobe (Vedra) en 1870 e finado en Buenos Aires en 1949, foi un xornalista e político galego.

Ramiro Isla Couto

Ramiro Isla Couto, nado en Arnois (A Estrada) o 8 de marzo de 1896 e falecido en Vigo o 5 de decembro de 1987, foi un empresario e dinamizador cultural da emigración galega.

Rexurdimento (revista)

Rexurdimento foi unha revista editada en Betanzos entre 1922 e 1923.

Sociedade Nazonalista Pondal

A Sociedade Nazonalista Pondal foi unha asociación independentista galega de Buenos Aires entre os anos 1927 e 1938.

V Asemblea Nacionalista

A V Asemblea Nacionalista celebrouse na Coruña o 18 e 19 de marzo de 1923.

Vicente Risco

Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun gran nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.