Irlanda do Norte

Irlanda do Norte (oficialmente en inglés: Northern Ireland, en irlandés: Tuaisceart Éireann) é o nome oficial dun dos países constituíntes do Reino Unido, que se atopa ao nordeste da illa de Irlanda conformado por 6 condados. A súa capital é Belfast. Limita ao norte co océano Atlántico, ao leste coa canle do Norte, ao sueste co mar de Irlanda, e ao sur, suroeste e oeste (360 km de fronteira) coa República de Irlanda.

Actualmente a xefa do Estado é a raíña Isabel II do Reino Unido, mentres que o seu xefe de Goberno é Peter Robinson, un membro do Partido Unionista Democrático. Robinson e o seu partido comparten goberno, desde o 8 de maio de 2007, co número dous do Sinn Féin, Martin McGuinness.

A maioría dos católicos son nacionalistas partidarios de pertencer á República de Irlanda, de igual xeito que a maioría dos protestantes están a favor de permanecer no Reino Unido. Segundo o punto de vista ideolóxico, a preferencia polo nome, tipo de entidade e a bandeira de Irlanda do Norte, é diferente. Os nacionalistas chámana "The North of Ireland" (O Norte de Irlanda [1] ou "os seis condados",[2] e ondean a bandeira de Irlanda verde, branca e laranxa porque non recoñecen Irlanda do Norte como o seu propio país e para eles é parte de Irlanda. Os unionistas chámana o "Ulster", Northern Ireland (Irlanda do Norte)[n. 1] ou "a provincia",[3] e utilizan unha bandeira parecida á do Ulster, coas cores da bandeira inglesa, chamada "Ulster Banner".

Irlanda do Norte
Northern Ireland
Tuaisceart Éireann
Norlin Airlann
Bandeira de Irlanda do Norte
Escudo de Irlanda do Norte
BandeiraEscudo
Northern Ireland in the UK and Europe
EstadoFlag of the United Kingdom.svg Reino Unido
CapitalBelfast
 • Poboación276.459 (2001)
Cidade máis poboadaBelfast
Lingua oficialNingunha1
Forma de gobernoNación con autonomía
Primeiro Ministro
Vice-Primeiro Ministro
Peter Robinson (DUP)
Martin McGuiness (SF)
Fundación
Acta do Goberno de Irlanda3 de maio de 1921
 • Total13.843 km²
Fronteiras360 2 km
PoboaciónPosto 4º
 • Total1,741,600 (2006) hab.
 • Densidade122 hab./km²
Xentilicionorteirlandés/-esa
Fuso horarioUTC
 • Horario de veránUTC+1
Dominio de Internet.uk
Prefixo telefónico44-28
Código ISOn/d
1 Legalmente, o Reino Unido non ten lingua oficial, aínda que o inglés ten de facto ese papel. Por outra parte, ao asinar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, o irlandés e o escocés do Ulster situáronse ao mesmo nivel legal que o inglés, pasando a ser promocionados e ensinados.
2 Fronteira terrestre coa República de Irlanda.

Organización administrativa

Ulster counties
División en condados da rexión histórica do Ulster, 6 deles (en vermello) forman parte de Irlanda do Norte e 3 (en verde) da República de Irlanda.

Existen nove condados na provincia histórica do Ulster, pero seis dos seus condados, cunha poboación (2001) de 1.685.267 habitantes, forman Irlanda do Norte, baixo control administrativo do Reino Unido. Estes 6 condados a súa vez divídense en 26 distritos e cinco cidades.

Os tres restantes forman parte da República de Irlanda e son Cavan, Donegal e Monaghan, con 246.571 habitantes (2002).

Notas

  1. Exemplos de uso inclúen a Radio Ulster, Orquestra de Ulster e a Real Policía do Ulster; partidos como Ulster Unionist Party; organizacións paramilitares como Asociación en Defensa do Ulster e Forza Voluntaria do Ulster, así como campañas políticas como "Ulster Says No" e Save Ulster from Sodomy.
  2. Historicamente, tanto a cidade como o condado designáronse por nomes distintos. Os nacionalistas utilizan Derry, do gaélico Doire, mentres que os unionistas, baseándose nas unións históricas con Londres, chámana Londonderry.
  1. "Example of "The North of Ireland"". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2006. Consultado o 08 de xuño de 2015.
  2. "Six Counties" usado por Sinn Féin
  3. Comunicado de prensa DUP "Paisley reacts to Prime Minister's statement". Extracto "The DUP will be to the fore in representing the vast majority of unionists in the Province."Ian Paisley. Información recollida o 11 de outubro 2006.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bandeira de Irlanda do Norte

Irlanda do Norte non ten bandeira propia desde que o Parlamento de Irlanda do Norte foi disolto en 1973. Durante acontecementos oficiais, o goberno británico utiliza a Union Flag, a cal é a bandeira oficial do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, e é a única bandeira utilizada polo goberno en Irlanda do Norte.A Saint Patrick's Saltire ás veces é utilizada polo goberno para representar a Irlanda do Norte ó lado dos outros países do Reino Unido, e é o emblema central do Servizo Policial de Irlanda do Norte.

A Ulster Banner aínda é usada por unionistas, algunhas organizacións deportivas en Irlanda do Norte e algunhas autoridades de goberno locais baixo control unionista.Nin a Saint Patrick's Saltire nin a Ulster Banner poden ser izadas en edificios do goberno de Irlanda do Norte.

Bandeira do Reino Unido

A bandeira do Reino Unido (en inglés: Union Flag ou Union Jack) é unha combinación das cruces dos santos patróns de Inglaterra, de Escocia e de Irlanda do Norte, tres das catro rexións que, con Gales, forman o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte. A cruz vermella sobre fondo branco do centro é a de San Xurxo, de Inglaterra. A aspa branca sobre fondo azul é a cruz de Santo André, de Escocia. E a aspa vermella sobre fondo branco é a cruz de San Patricio, de Irlanda.

Belfast

Belfast (en irlandés: Béal Feirste) é unha cidade irlandesa, capital de Irlanda do Norte e da provincia do Ulster, a súa maior cidade e a segunda da illa de Irlanda. A súa poboación en 2001 era de 276.459 habitantes e de 579.554 na área metropolitana. A cidade está situada na foz do río Lagan entre montañas.

Belfast sufriu o peor do Conflito de Irlanda do Norte porén desde o Acordo do Venres Santo de 1998 produciuse unha maior modernización da cidade. Ten dous aeroportos, o Aeroporto George Best e o Aeroporto Internacional de Belfast. A Universidade Queens de Belfast fundada en 1845 é a maior da cidade e na Universidade do Ulster, fundada en 1984, pódense cursar belas artes, deseño e arquitectura.

Ernest Walton

Ernest Thomas Sinton Walton, nado en Dungarvan, Irlanda, en 1903 e finado en Belfast, Irlanda do Norte, en 1995, foi un físico e profesor universitario irlandés galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1951.

Illa de Irlanda

Irlanda (en irlandés: Éire, e en inglés: Ireland) é a terceira illa máis grande de Europa. Está situada entre o océano Atlántico e o mar de Irlanda. Politicamente está dividida na República de Irlanda (oficialmente chamada Irlanda), un estado que cobre os cinco sextos da illa (sur, leste, oeste e noroeste), e Irlanda do Norte, parte do Reino Unido, no nor-leste da illa. O nome deriva do anglosaxón, e significa 'Terra de Ériu'.

A poboación da illa é aproximadamente de 5,8 millóns de persoas (2001); 4 millóns na República de Irlanda e 1,7 millóns en Irlanda do Norte.

Irlanda

Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Éire, [ˈeː.ɾʲə] (AFI), escoitar; en inglés: Ireland, [ˈaɪərlənd] ou [ˈɑrlənd] (AFI), escoitar), oficialmente República de Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Poblacht na hÉireann; en inglés: Republic of Ireland) é un país do noroeste de Europa que forma parte da Unión Europea (UE). A súa capital é Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath e en inglés: Dublin). No ano 1949 declarouse o estado irlandés como a República de Irlanda (en inglés Republic of Ireland, en irlandés: Poblacht na hÉireann). Ás veces chámaselle coloquialmente a Illa esmeralda, facendo referencia á intensa cor verde dos campos irlandeses. Está no centro e sur da illa de Irlanda e ocupa a maior parte.

A Illa de Irlanda é polo seu tamaño a terceira illa de Europa e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da Europa Continental, no lado occidental do Mar de Irlanda, ao oeste da illa de Gran Bretaña, e atópase rodeada por centenares de illas menores e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a República de Irlanda, un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e Irlanda do Norte, unha rexión administrativa do Reino Unido, que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.

A illa de Irlanda está tradicionalmente dividida en catro rexións ou provincias: Leinster (irlandés: Laighin), Ulster (irlandés: Cúige Uladh), Connacht (irlandés: Connachta) e Munster (irlandés: An Mhumhain).

John Watson

John Marshall "Wattie" Watson, MBE, nado en Belfast o 4 de maio de 1946 é un ex piloto de carreiras de Irlanda do Norte. Competiu en Fórmula Un, gañando cinco grandes premios e tamén o Campionato Mundial de Resistencia.

Lingua irlandesa

O irlandés ou gaélico irlandés (Gaeilge) é unha lingua céltica da rama goidélica falada na illa de Irlanda. Segundo datos de 2016, na República de Irlanda había 73 803 persoas que falan o irlandés a diario fóra do sistema educativo, mentres que outras 1 761 420 declararan ser quen de falalo como segunda lingua. Tamén a fala un número indeterminado de inmigrantes noutros países (Reino Unido, Canadá, Estados Unidos e Australia). É lingua oficial da Unión Europea por selo da República de Irlanda.

Monarquía

Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo

por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)

recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.

Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (raíña: Isabel II do Reino Unido e primeiro ministro: David Cameron), Suecia, Países Baixos etc.

Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, a raíña Isabel II do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros de Canadá, Bahamas o Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

Monarquía británica

Os monarcas británicos son aqueles que gobernaron a algún dos dous reinos máis importantes de Gran Bretaña, Escocia e Inglaterra ou á unión destas dúas coroas con Irlanda primeiro e Irlanda do Norte despois, formando o Reino Unido (de Gran Bretaña e Irlanda do Norte).

Prefixo radiofónico

Os prefixos radiofónicos son prefixos utilizados pola IARU (International Amateur Radio Union) para designar os distintos países e territorios, e aos radioafeccionados que transmiten desde eles. Seguen as asignacións establecidas pola ITU (International Telecomunications Union), a axencia das Nacións Unidas que coordina o espazo radioeléctrico mundial que usan todas as estacións emisoras.

Provincias de Irlanda

Durante o derradeiro período celta e os primeiros tempos históricos Irlanda foi dividida en provincias, substituindo ó sistema anterior, baseado nos tuatha.

As catro provincias son:

Connacht

Leinster

Munster

UlsterNun principio houbo cinco provincias, pero co paso do tempo a máis pequena, Meath, foi absorbida por Leinster. Durante a idade dourada de Irlanda, as provincias eran pouco máis ca reinos vagamente federados con fronteiras bastante flexibles. En tempos modernos, as provincias asócianse a condados específicos.

As provincias foron substituídas polo sistema actual dos condados trala ocupación normanda no século XII. En irlandés, o termo para "provincia" é cúige, que significa "quinto", reflectindo a división orixinal.

Reino Unido

O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda. Á parte desta fronteira, o Reino Unido está rodeado ao norte e ao oeste polo océano Atlántico, ao leste polo Mar do Norte, ao sur polo Canle da Mancha e ao oeste polo mar de Irlanda. A illa máis grande, Gran Bretaña, está unida a Francia polo Eurotúnel.

O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria comprendida por catro países constituíntes; Escocia, Inglaterra, Irlanda do Norte e Gales; que teñen como xefe de Estado á raíña Sabela II. As Dependencias da Coroa das Illas da Canle e a Illa de Man non forman parte do Reino Unido, pero si forman unha federación con el. O Reino Unido ten catorce Territorios de Ultramar, todos eles vestixios do que foi o Imperio Británico, que na súa cúspide territorial chegou a abranguer preto dun cuarto da superficie terrestre do planeta. É un país desenvolvido e polo volume neto do seu produto interno bruto é considerado como a quinta economía a nivel mundial.

O país foi a principal potencia mundial durante o século XIX e o comezo do século XX, pero o custo económico das dúas guerras mundiais e o declive do seu imperio na segunda parte do século XX diminuíron o seu rol de líder nas relacións internacionais. Con todo, o Reino Unido mantén unha significativa influencia económica, cultural, militar e política e é unha potencia nuclear. Ademais, é un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas con dereito a veto, e é membro do G8, a OTAN, a Unión Europea (agora en proceso de saída. Véxase: Brexit) e a Mancomunidade Británica de Nacións.

Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda

O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda foi un estado que existiu entre o 1 de xaneiro de 1801 e o 12 de abril de 1927 nas Illas Británicas formado pola fusión do Reino de Gran Bretaña e o Reino de Irlanda coa sinatura da Lei de Unión de 1800.

Despois da independencia de Irlanda, o 6 de decembro de 1922, cando o Tratado Angloirlandés de 1921 entrou en vigor, o nome oficial continuou en uso ata que foi cambiado polo de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte mediante a Lei de Títulos Reais e Parlamentarios de 1927. A parte da illa de Irlanda que se separou do Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda en 1922 hoxe constitúe a República de Irlanda.

Río Foyle

O río Foyle (en gaélico irlandés: an Feabhal) é un río do noroeste de Irlanda, cuxo curso esténdese dende a confluencia dos ríos Finn e Mourne en Strabane, no Condado de Tyrone, Irlanda do Norte, ata a cidade de Derry, onde desemboca no Lago Foyle e, despois, no océano Atlántico.

Río Lagan

O río Lagan (Abhainn an Lagáin en irlandés e Lagan Wattèr en escocés do Ulster) é un dos principais ríos de Irlanda do Norte. Nace no monte Slieve Croob no condado de Down en dirección á cidade de Belfast, desembocando finalmente no Belfast Lough, no Mar de Irlanda.

Selección de fútbol de Irlanda do Norte

A Selección de fútbol de Irlanda do Norte, dependente da Irish Football Association, representa internacionalmente a Irlanda do Norte. Nunca conseguiu ningún título de relevancia, sendo o seu mellor resultado nunha Copa de Mundo o sétimo posto en 1954 e nunha Eurocopa o décimo sexto en 2016.

Selección de rugby de Irlanda

A selección de rugby de Irlanda representa á illa de Irlanda (Irlanda e Irlanda do Norte) en rugby unión, o cal é un deporte popular tanto na República de Irlanda como en Irlanda do Norte, aínda que só é o deporte dominante en limitadas zonas xeográficas. Irlanda compite anualmente no Torneo das Seis Nacións (o cal gañaron dez veces de pleno dereito é outras oito compartindo o trofeo) e no Campionato Copa do Mundo de Rugby cada catro anos, onde foron eliminados en cuartos de final en todos excepto en dous (1999 e 2007). Forman parte así mesmo dos British and Irish Lions (un combinado formado por xogadores de tódalas nacións das Illas Británicas que xoga partidos de exhibición cada certo tempo). Oito antigos xogadores Irlandeses forman parte do Salón da Fama Internacional do Rugby (IRHOF), ademais Jack Kyle acadou a súa presenza no IRB Hall of Fame.

Historicamente Irlanda tivo menos éxito que os seus veciños británicos, co menor número de títulos do Torneo das Seis Nacións (10) e Grand Slam (1). Porén, a Unión de Rubgy de Irlanda é amplamente recoñecida por ser unha transición cara o profesionalismo con máis éxito que outras selección de categoría media e Irlanda ten acadado bos resultados, especialmente para unha illa cunha poboación de arredor de seis millóns de habitantes cunha forte competición con outros deportes coma os xogos Gaélicos e o fútbol. Ademais cabe destacar que gañaron tres Triple Crowns (un trofeo non oficial dentro do torneo das Seis Nacións que gaña o mellor das catro selección das Illas Británicas) nos catro anos entre 2004 e 2007.

O segundo centro Brian O'Driscoll, é o actual capitán e maior o máximo récord de ensaios da selección en toda a historia, e é habitualmente nomeado como o mellor xogador de rugby do mundo. Outros grandes xogadores a nivel mundial son Gordon D'Arcy, Marcus Horan, Paul O'Connell, o xogador que acadou máis puntos da historia de Irlanda Ronan O'Gara, David Wallace ou Shane Horgan . No pasado recente, Keith Wood, o predecesor do actual capital de Irlanda antes da súa retirada en 2003, foi o primeiro xogador nomeado Xogador do Ano da IRB en 2001.

O mellor resultado de Irlanda no Ranking Mundial da IRB e o terceiro posto acadado en 2006. Actualmente ocupan a cuarta posición despois de ter que abandonar o moi cedo o mundial de 2007 e un mal inicio de 2008 quedando cuartos no Seis Nacións, mais recuperándose no 2009, pouco de que o adestrador Eddie O'Sullivan renunciase ao seu posto.. En 2009 os irlandeses volveron a gañar o Torneo das Seis Nacións, acadando ademais o seu segundo Grand Slam despois de 61 anos.

Ulster

O Ulster (en irlandés: Cúige Uladh) é unha das catro provincias tradicionais de Irlanda, e recolle os seis condados que están en posesión do Reino Unido (Irlanda do Norte) e tres dos que están en posesión do Estado Libre de Irlanda. A cidade máis importante é Belfast.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.