Irixoa

Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.421 habitantes. O seu xentilicio (non oficial) é irixoés.

Coordenadas: 43°14′2.38″N 8°0′57.66″O / 43.2339944, -8.0160167

Irixoa
Bandeira de Irixoa
---
Escudo de Irixoa
Casa do concello de Irixoa
Casa do concello.
Situacion Irixoa
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación1.333 hab. (2018)
Área68,6 km²
Densidade19,43 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloIrixoa
Política (2019[2])
AlcaldeAntonio Deibe Sanmartín (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Irixoa
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes84,84%
Na rede
www.irixoa.es
correo@irixoa.dicoruna.es

Xeografía

Paisaxe Irixoa
Paisaxe en Irixoa.

Situación

O concello, de 68,6 km², limita ao norte cos municipios de Miño, Vilarmaior e Monfero, ao sur con Aranga e Coirós, ao leste con Monfero e Aranga, e ao oeste con Paderne.

Orografía e hidrografía

Está nunha zona de transición entre a chaira da Terra Chá e as comarcas costeiras das Mariñas e Ferrolterra. Cara ao leste na prolongación da Serra da Loba están o Pico de Vales (702 m) e Monte Vila (684 m), entre os cales nace o río Zarzo, afluente do Mandeo. Cara ao oeste hai un perfil máis suave, polo que discorre o río Lambre, que desemboca na Ponte do Porco.

Demografía

Censo total 2014 1.421 habitantes
Menores de 15 anos 82 (5.77 %)
Entre 15 e 64 anos 809 (56.93 %)
Maiores de 65 anos 530 (37.3 %)
Evolución da poboación de Irixoa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.561 3.819 3.548 2.138 1.619 1.526 1.502 1.492 1.442 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Durante a Idade Media a zona pertenceu ao arciprestado de Pruzos, incluíndo tamén as parroquias de Paderne e Adragonte (concello de Paderne), dependente da arquidiocese de Santiago de Compostela, e pertencente ao condado de Lemos. O Conde nomeaba un xuíz, que exercía no Pazo de Irixoa.

Durante o Antigo Réxime e até o final do Reino de Galiza a zona pertenceu á provincia de Betanzos. Trala División territorial de España en 1833 pasou a formar parte da provincia da Coruña.

Cultura

Símbolos

O escudo do concello ten a seguinte descrición: de ouro e sobre ondas de azur e prata, un monte de sinople cargado de sete estrelas de prata e acompañado de dúas cruces ensanchadas de goles. Ao timbre, coroa real pechada. O cumio a que se refire é o monte de San Antón. As sete estrelas, aluden ás actuais sete parroquias, e as cruces ensanchadas refírense ás igrexas parroquiais de San Antón e Churío.

Economía

Infraestruturas de transporte

O municipio está atravesado de oeste a leste pola estrada comarcal AC-640 (Betanzos - Viveiro) e a autonómica AC-151 (Montesalgueiro - Pontedeume).

Medios de comunicación

Neste concello realizouse a gravación do programa de tele-realidade A Casa de 1906, o primeiro programa de tele-realidade feito en Galicia.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Irixoa.
San-cosme-mantaras-irixoa-vista

Ermida de San Cosme de Mántaras.

Cine La Viña

Antigo Cine La Viña na parroquia da Viña.

Bandeira de Irixoa A Coruña, Galiza

Bandeira de Irixoa, A Coruña.[4]

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Decreto 81/1996, do 29 de febreiro DOG núm. 50 (11 de marzo de 1996)

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Cabana, Verís, Irixoa

A Cabana é un lugar da parroquia de Verís no concello coruñés de Irixoa, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 21 habitantes (11 homes e 10 mulleres).

A Carreira, Verís, Irixoa

A Carreira é un lugar da parroquia de Verís no concello coruñés de Irixoa, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 15 habitantes (8 homes e 7 mulleres).

A Garrida, Verís, Irixoa

A Garrida é un lugar da parroquia de Verís no concello coruñés de Irixoa, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 contaba cun habitante (1 home).

A Pena do Carro, Verís, Irixoa

A Pena do Carro é un lugar da parroquia de Verís no concello coruñés de Irixoa, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 3 habitantes (2 homes e 1 muller).

A Viña, Irixoa

Santaia da Viña é unha parroquia que se localiza no concello de Irixoa. Segundo o IGE en 2017 tiña 208 habitantes (111 homes e 97 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 282 habitantes.

Ambroa, Irixoa

San Tirso de Ambroa é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Irixoa. Segundo o IGE en 2017 tiña 325 habitantes (171 mulleres e 154 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 403 habitantes.

Caselas, Verís, Irixoa

Caselas é un lugar da parroquia de Verís no concello coruñés de Irixoa, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 13 habitantes (10 homes e 3 mulleres).

Churío, Irixoa

San Martiño de Churío é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Irixoa. Segundo o IGE en 2017 tiña 120 habitantes (61 mulleres e 59 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 113 habitantes.

Comarca de Betanzos

A comarca de Betanzos é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Betanzos. Pertencen a ela os concellos de Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. Ten unha superficie de 669,3 km² e no 2014 tiña 38.768 habitantes.

Coruxou, Irixoa

San Salvador de Curuxou é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Irixoa. Segundo o IGE en 2017 tiña 110 habitantes (56 homes e 54 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.

Ensalde, Verís, Irixoa

Ensalde é un lugar da parroquia de Verís no concello coruñés de Irixoa, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 estaba despoboado.

Irixoa, Irixoa

San Lourenzo de Irixoa é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Irixoa na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2017 tiña 180 habitantes (97 mulleres e 83 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 206 habitantes.

Mántaras, Irixoa

Santa María de Mántaras é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Irixoa. Segundo o IGE en 2017 tiña 186 habitantes (98 mulleres e 88 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 261 habitantes.

O Campelo, Verís, Irixoa

O Campelo é un lugar da parroquia de Verís no concello coruñés de Irixoa, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 10 habitantes (5 homes e 5 mulleres).

O Vao, Verís, Irixoa

O Vao é un lugar da parroquia de Verís no concello coruñés de Irixoa, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).

Pero García de Ambroa

Pero García de Ambroa foi un trobador galego do século XIII.

Natural de Ambroa (Irixoa) e membro da pequena nobreza, participou baixo o mando de Rodrigo Gómez de Tratámara na toma de Córdoba e Sevilla por parte do reino de Castela. Estivo en Montpellier e Rochamadour, ao parecer facendo tempo mentres facía unha suposta peregrinación a Terra Santa.

Estivo activo como xograr na corte de Fernando III , e relacionouse con trobadores do seu tempo na corte de Afonso X o Sabio, onde parece que residiu. Consérvanse del 15 textos: 1 cantiga de amor, 1 cantiga de amigo, 11 cantigas de escarnio e 2 tenzóns con Johan Baveca e Lourenço. Adicoulle unha cantiga de mestría a María Balteira.

Rebón, Verís, Irixoa

Rebón é un lugar da parroquia de Verís no concello coruñés de Irixoa, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 6 habitantes (6 homes).

Verís, Irixoa

Santa María de Verís é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Irixoa. Segundo o IGE en 2017 tiña 232 habitantes (125 homes e 107 mulleres) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 351 habitantes.

Vilasusá, Verís, Irixoa

Vilasusá é un lugar da parroquia de Verís no concello coruñés de Irixoa, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 6 habitantes (4 homes e 2 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.