Iria Flavia, Padrón

Santa María de Iria Flavia é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.996 habitantes (947 homes e 1.049 mulleres) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.356 habitantes.

Coordenadas: 42°44′36″N 08°39′48″O / 42.74333, -8.66333

Iria Flavia
Facade of Saint Mary Church in Iria Flavia, Padrón, Galicia, Spain
Igrexa de Santa María de Iria Flavia.
ConcelloPadrón
Poboación1.996 hab. (2013)
Entidades de poboación30

Historia

Iria Flavia foi dunha das dioceses galegas de maior poderío na Alta Idade Media, ata que a sé foi trasladada a Santiago de Compostela, cambio motivado pola importancia que estaba a adquirir a cidade compostelá con motivo do descubrimento dos restos do Apóstolo Santiago.

A igrexa, o adro e parte do contiguo cemiterio ocupan unha extensa necrópole datada a partir do século V. No templo está un dos órganos máis valiosos de Galicia. Amais de lápidas e sartegos contemporáneos (como o de Camilo José Cela e os seus antergos), á beira da igrexa de Santa María consérvase unha ampla colección de sartegos e laudas, en distinto estado de conservación. Son sartegos monolíticos, escavados con forma antropomorfa e tampa tamén monolítica lisa ou en dobre estola. Nalgunhas das laudas aprécianse signos gremiais como nas de Noia. Atopáronse tamén outros construídos con laxes, perpiaños ou ladrillos. Nalgúns casos consta que se trata de elementos construtivos de antigas obras romanas.

Iria Flavia na literatura e na cultura popular

Inscripción na lápida de Rosalía de Castro en Iria Flavia.
Lápida que mostra o lugar onde estivo soterrada Rosalía.

Iria Flavia coñécese popularmente co nome de Adina [1]. Rosalía de Castro refiriuse nos seus versos ó cemiterio anexo:

O cemiterio da Adina
n'hai duda que é encantador
cos seus olivos escuros
de vellas recordazóns.

Ou

Ceboleiras que is e vindes
de Adina polos camiños
á veira do camposanto
pasái leve e paseniño.

e foi enterrada no mesmo á súa morte en 1885, onde permaneceu ata que en 1891 os seus restos foron trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago.

Na literatura popular galega

  • Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio.
  • Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio [1].

Galería de imaxes

Padrón, Escravitude 04-10
Padrón, Escravitude 04-15
Tímpano da igrexa Santa María de Iria Flavia, Padrón

Tímpano da igrexa Santa María de Iria Flavia.

Casa en Iria Flavia, Padrón, Galiza

Casa en Iria Flavia.

Lugares e parroquias

Parroquias de Padrón

Notas

  1. 1,0 1,1 Gran Enciclopedia Galega, s. v. Adina.

Véxase tamén

Outros artigos

A Aduana, Iria Flavia, Padrón

A Aduana é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 30 habitantes (13 homes e 17 mulleres).

A Calzada, Iria Flavia, Padrón

A Calzada é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 25 habitantes (12 homes e 13 mulleres).

A Horta, Iria Flavia, Padrón

A Horta é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 40 habitantes (19 homes e 21 mulleres).

A Matanza, Iria Flavia, Padrón

A Matanza é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 137 habitantes (66 homes e 71 mulleres).

A Pousa, Iria Flavia, Padrón

A Pousa é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 26 habitantes (14 homes e 12 mulleres).

A Rúa, Iria Flavia, Padrón

A Rúa é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 76 habitantes (34 homes e 42 mulleres).

Anteportas, Iria Flavia, Padrón

Anteportas é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 50 habitantes (26 homes e 24 mulleres).

Cambelas, Iria Flavia, Padrón

Cambelas é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 26 habitantes (12 homes e 14 mulleres).

Lestido, Iria Flavia, Padrón

Lestido é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 75 habitantes (35 homes e 40 mulleres).

O Barco, Iria Flavia, Padrón

O Barco é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 14 habitantes (9 homes e 5 mulleres).

O Couto, Iria Flavia, Padrón

O Couto é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 51 habitantes (25 homes e 26 mulleres).

O Paraíso, Iria Flavia, Padrón

O Paraíso é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 26 habitantes (11 homes e 15 mulleres).

O Pombal de Arriba, Iria Flavia, Padrón

O Pombal de Arriba é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar.

O Rueiro, Iria Flavia, Padrón

O Rueiro é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 33 habitantes (12 homes e 21 mulleres).

Pazos de Iria, Iria Flavia, Padrón

Pazos de Iria é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar.

Pedreda, Iria Flavia, Padrón

Pedreda é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 118 habitantes (56 homes e 62 mulleres).

Quintáns, Iria Flavia, Padrón

Quintáns é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 111 habitantes (57 homes e 54 mulleres).

Romarís, Iria Flavia, Padrón

Romarís é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 61 habitantes (30 homes e 31 mulleres).

Vista Alegre, Iria Flavia, Padrón

Vista Alegre é un lugar da parroquia de Iria Flavia no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 62 habitantes (30 homes e 32 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.