Ir Indo

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.[2]

Ir Indo Edicións
Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo
A EGU é un dos principais produtos de Ir Indo.
TipoSociedade Limitada
Fundación14 de novembro de 1985
(33 anos)
LocalizaciónAvda. da Florida 30, Vigo
Persoas claveBieito Ledo Cabido
IndustriaEditorial
ProdutosEGU, dicionarios, infantil e xuvenil.
Páxina webirindo.com
Notas
Prefixo ISBN: 978-84-7680 [1]

Descrición

O nome débese á idea que lle deu a Ledo o carpinteiro da súa aldea de Padroso, cando lle dixo: O caso é ir indo.[3]

Ten máis de cincocentos títulos,[1] dentro das coleccións Dicionarios, Galegos na Historia, Narrativa, O Parrulo, Elefante Contacontos, Recursos, Festas na escola, A fraga, Raigame, Letras Hispanas, Clásicos, Cidades-vilas, Guías, Arquivo da Imaxe, Manuais, Nabarquela e Memorias.

Entre os autores editados por Ir Indo están Álvaro Cunqueiro, Francisco Fernández del Riego, Alfredo Conde, Xosé Mª. Álvarez Blázquez, Darío Xohán Cabana, Xosé A. Perozo, Marilar Aleixandre, Tucho Calvo, Moncho Borrajo, Roald Dahl, Robert Musil, Joseph Conrad, Edgar Allan Poe, Lovecraft, Tolstoi, Castelao, Antón Fraguas, Rafael Dieste, Eugenio Granell, Camilo José Cela, Méndez Ferrín, Filgueira Valverde, Torrente Ballester, Rudyard Kipling, F. Scott Fitzgerald e Xulio Verne.

Diccionario Enciclopédico Galego Universal, DEGU, ed. Ir Indo para La Voz de Galicia, 2003
DEGU, feito por Ir Indo para La Voz de Galicia.

Obras de consulta

Editou entre 1999 e 2006 a Enciclopedia Galega Universal Ir Indo, de dezaseis volumes,[4] que tivo versión en liña na Internet.[5] No ano 2003, por encarga de La Voz de Galicia, editou o Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU) de sesenta tomos.

Outras obras de consulta destacadas da editorial son o Dicionario biográfico de Galicia (2010-2011, tres tomos), o Dicionario de Galego Ir Indo[6] ou o Diccionario dos nomes galegos de Xesús Ferro Ruibal et alii.

Notas

  1. 1,0 1,1 Base de datos de libros editados en España Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
  2. "Historia de Ir Indo". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 06 de xuño de 2014.
  3. "Ir Indo celebra su quince aniversario con la publicación de «Galicia 2020»". La Voz de Galicia (en castelán). 21/12/2000.
  4. "Preséntanse en Compostela os dous últimos tomos da Enciclopedia Galega Universal" 6/4/2006, Consello da Cultura Galega.
  5. "Ir Indo pon na rede a Enciclopedia Galega Universal" 10/7/2008, Consello da Cultura Galega.
  6. Características Arquivado 06 de xuño de 2014 en Wayback Machine. do Dicionario de Galego Ir Indo.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Alfonso Álvarez Cáccamo

Alfonso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 23 de outubro de 1952, é un escritor e profesor galego.

Antas de Ulla

Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2 152 habitantes (2 219 no 2012, 2 275 no 2011, 2 346 no 2010, 2 407 no 2009, 2 499 no 2008, 2 549 no 2007, 2 573 no 2006, 2 602 no 2005, 2 640 no 2004, 2 676 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é seoanés, ullán ou ullao.

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Bieito Ledo

Bieito Ledo Cabido, nado no lugar de Padroso (Xunqueira de Ambía) o 23 de febreiro de 1944, é un escritor e editor galego. Na actualidade é director de Ir Indo Edicións.

Contos do Castromil

Contos do Castromil é o nome dunha colección de trinta relatos curtos, doutros tantos autores, iniciativa da empresa de autocares Castromil, que os puña, de balde, a disposición dos seus clientes.

Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952, é un escritor galego.

Diccionario enciclopédico galego universal

O Diccionario enciclopédico galego universal (DEGU) é unha obra enciclopédica alfabética, editada en galego, no ano 2003.

Dicionario biográfico de Galicia

O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

Enrique Santos Gayoso

Enrique Santos Gayoso, nado na Coruña o 14 de setembro de 1947, é un historiador galego, especializado no estudo da prensa galega e dos medios de comunicación do Estado.

Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos, foi un intelectual galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.

Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós.

Modesto Hermida

Modesto Hermida García, nado en Vales (San Cristovo de Cea) o 21 de abril de 1946, é un profesor e escritor galego.

Península

Unha península é un anaco de terra emerxida rodeada de auga rodeada por todas partes menos por unha que é o istmo, que se une por unha lingua de terra a unha extensión maior.

O seu tamaño pode variar, desde unha extensión sumamente grande (como a Península Ibérica, unida ao continente europeo polos Pireneos), relativamente pequena (a península do Barbanza ou a península do Morrazo) ou pequena (península de Monterreal en Baiona).

Sotelo Blanco Edicións

Sotelo Blanco Edicións é unha empresa editorial galega, con sede en Santiago de Compostela. Foi creada por Olegario Sotelo Blanco no mes de marzo de 1980 e está especializada en publicacións narrativas, poéticas, infantís e ensaísticas. Ademais encárgase da publicación da revista trimestral A Trabe de Ouro, que acadou os cen números, dirixida por Xosé Luís Méndez Ferrín que inclúe artigos sociopolíticos e textos inéditos desde o ano 1990.

Tucho Calvo

Xosé Benito Calvo Rego, nado en La Guaira (Venezuela) o 17 de novembro de 1954, é un xornalista e escritor galego, coñecido como Tucho Calvo.

Uxío Carré Aldao

Uxío Carré Aldao, coñecido no seu tempo como Eugenio Carré Aldao, nado na Coruña o 5 de novembro de 1859 e finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1932, foi un escritor en linguas castelá e galega, editor e libreiro galego, membro fundador da Real Academia Galega da que foi secretario de 1905 a 1906 e de novo, durante dez anos, de 1909 a 1919. Sucedeu a Andrés Martínez Salazar como Cronista oficial da Coruña.

Vicente Peña Saavedra

Vicente Peña Saavedra, nado en Tras do Río (San Claudio, Ortigueira) o 21 de febreiro de 1958, é un pedagogo galego.

Xosé Antonio Perozo

Xosé Antonio Perozo Ruiz, nado en Llerena, Estremadura, o 28 de outubro de 1951, é un xornalista, editor e escritor en lingua galega e lingua castelá. Reside en Galicia dende os anos setenta. Traballou en diversos medios de comunicación e foi director da Área de Cultura da Televisión de Galicia, onde dirixiu e presentou o programa Visións (1987), A noite das badaladas (1988) e Ás de ouros (1989). Director da editorial Ir Indo e director da Enciclopedia Galega Universal, ten publicados máis dunha trintena de títulos que abranguen desde obras de teatro, contos infantís e libros de divulgación. É director literario de Auga Editora.

Xosé Lois Ripalda

Xosé Lois Ripalda González, nado en Erbedeiro (Carballedo) o 31 de xaneiro de 1940, é un mestre e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.