Irán

Coordenadas: 32°N 53°L / 32, -53

República Islámica de Irán
جمهوری اسلامی ایران
Yomhūrī-ye Eslāmī-ye Īrān
Bandeira de Irán
Emblema de Irán
BandeiraEmblema
Iran (orthographic projection)
Lema: Esteqlāl, āzādī, jomhūrī-ye eslāmī
(persa: «Independencia, Liberdade, República Islámica»)
Capital
 • Poboación
Teherán
11 931 656 (2004)
Cidade máis poboadaTeherán
Linguas oficiaisPersa
Forma de gobernoRepública islámica
Líder Supremo
Presidente
Ali Khamenei
Hassan Rouhani
Instauración da República Islámica1 de abril de 1979
SuperficiePosto 17º
 • Total1 648 195 km²
 • % auga7,07
Fronteiras5 440 km
Costas2 440 km
PoboaciónPosto 18º
 • Total (2017 (estimado))81 000 000[1] hab.
 • Densidade48 hab./km²
PIB (nominal)Posto 32º
 • Total (2006)212 492 mill. US$
 • per cápita3 046 US$
PIB (PPA)Posto 21º
 • Total (2006)601 675 mill. US$
 • per cápita8 624 US$
MoedaRial iraniano ((ريال), IRR)
IDHn/d
XentilicioIraniano, iraniana[2]
Fuso horario(UTC +3.30)
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ir
Prefixo telefónico+98
Prefixo radiofónico9BA-9DZ, EPA-EQZ
Código ISO364 / IRN / IR
Membro de: OPEP, ONU

Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia,[3] e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental.[4][5][6] Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km2, sendo a segunda nación máis grande de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 77 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo.[4][7] É o único país que ten costa no Mar Caspio e no Océano Índico.

A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo).

Irán é a nación dunha das máis antigas civilizacións do mundo,[8][9] que ten a súa orixe na formación do reino protoelamita e elamita entre os anos -3200 e -2800. Os medos unificaron o territorio no primeiro de moitos imperios no -625, despois do cal, convertéronse no poder político e cultural dominante da rexión.[10] Irán acadou o cumio do seu poder durante o Imperio Aqueménida fundado por Ciro o Grande en -550, que na súa máxima extensión abranguía unha parte importante do mundo antigo, que limitaba co Val do Indo polo leste, e con Tracia e Macedonia polo noroeste, facendo del o maior imperio do mundo ata ese momento.[11] O imperio colapsou no -330 trala conquista de Alexandre o Grande. A área gañou influencia posteriormente co Imperio Parto e co establecemento da Dinastía Sasánida en -224, baixo a cal Irán converteuse nunha das principais potencias de Asia Occidental e Central durante os seguintes catro séculos.[12][13]

Historia

Artigo principal: Historia de Irán.

Política

Artigo principal: Política de Irán.

Subdivisións

Artigo principal: Provincias de Irán.
IranProvinces

Irán está dividido en 30 provincias (ostan-haa, singular - ostan). Estas provincias son gobernadas desde a maior cidade de cada unha. A autoridade provincial está nas mans dun gobernador(استاندار: ostāndār, en farsi ou persa), escollido polo Ministerio do Interior de Irán, e suxeito a aprobación do goberno.

Irán ten unha das taxas máis altas de crecemento urbano no mundo. De 1950 a 2002, a proporción de poboación urbana medrou do 27% ó 60%.[14] As Nacións Unidas predin que, en 2030, o 80% da poboación será urbana.[15]

A maioría dos inmigrantes internos asentáronse preto das cidades de Teherán, Isfahán, Ahvaz e Qom. As poboacións enumerades son de 2006/07 (1385 AP) do censo.[16] Teherán, cunha poboación de 7 705 036, é a meirande cidade de Irán, e a capital. Teherán é o fogar de case o 11% da poboación do país. Teherán, igual que moitas grandes cidades, padece dunha grave contaminación atmosférica e é o centro de todas as comunicacións e transportes do país.

Mashhad, cunha poboación de 2 410 800 persoas, é a segunda cidade máis grande de Irán e o centre da provincia de Razavi Khorasan. Mashhad é unha das cidades máis sagradas do mundo para os xiítas, co Santuario do Imán Reza. É o centro do turismo en Irán e entre 15 e 20 millóns de peregrinos van ó santuario cada ano.[17][18]

Outra cidade iraniana importante é Isfahán (cunha poboación de 1 583 609 de habitantes), que é a capital da Provincia de Isfahán. A Praza de Naghsh-i Jahan de Isfahán foi declarada pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. A cidade contén unha ampla variedade de elementos arquitectónicos islámicos, que van dende o século XI até o XIX. O crecemento da zona dos arredores da cidade converteu Isfahán na segunda área metropolitana máis poboada (3 430 353).[19]

A cuarta cidade máis grande de Irán é Tabriz (poboación de 1 378 935 hab.), a capital de Acerbaixán Oriental, que é tamén a segunda cidade industrial de Irán despois de Teherán. Tabriz foi a segunda cidade do país até finais de 1960 e foi tamén unha das súas capitais e a antiga residencia do príncipe da coroa no marco da dinastía qajar. A cidade demostrou ser extremadamente influínte na historia recente do país.

A quinta cidade máis grande é Karaj (poboación de 1 377 450 hab.), que se atopa na provincia de Teherán a 20 km ó oeste da capital, ó pé das Montañas Alborz, mais a cidade está a converterse na extensión da metrópole de Teherán.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Irán.
Tehran 51.41504E 35.69272N
Vista dende satélite de Teherán.

A paisaxe iraniana está dominada por cordilleiras que separan varias concas e mesetas unhas doutras. A poboada parte occidental é a máis montañosa, con cordilleiras coma os Montes Zagros e as Montañas Elburz, formando esta o punto máis alto do país no Damavand a 5.610 m. A metade oriental do país consiste basicamente nun deserto deshabitado formado por concas con ocasionais lagos de sal.

As únicas chairas atópanse ao longo da costa do mar Caspio e no golfo Pérsico xunto á fronteira con Iraq en Arvandrud (Shatt a o-Arab). Tamén outras chairas menos extensas atópanse ao longo da costa do Golfo, no Estreito de Ormuz e no Mar de Omán.

O clima é árido ou semiárido, excepto na costa do mar Caspio onde domina un clima subtropical.

As principais cidades de Irán son Teherán, Isfahán, Mashhad, Tabriz, Shiraz e Urmia.

Economía

Artigo principal: Economía de Irán.

A economía iraniana é unha mestura de economía planificada, sendo o estado propietario dos abundantes recursos petrolíferos do país (o golfo Pérsico contén os dous terzos das reservas mundiais de petróleo livián); mentres a maior parte da poboación vive dun sector primario autosuficiente. O sector servizos e comercial está representado por empresas privadas de pequeno tamaño. O actual goberno continuou coa política do anterior en canto a reformas para impulsar unha maior diversificación da economía nacional e así non depender tanto dos vaivéns do prezo do petróleo no mercado internacional.

Demografía

Artigo principal: Demografía de Irán.
Iran Population (1880-2016)
Crecemento da poboación de Irán (1880–2016).
Provinces of Iran by population
Provincias de Irán por poboación (2014).

Irán é un país diverso, composto por numerosos grupos étnicos e lingüístivos unificados por unha identidade nacional iraniana común.[20]

A poboación de Irán medrou axiña durante a segunda metade do século XX, pasando de 19 millóns en 1956 até 75 millóns en 2009.[21][22] Porén, a taxa de natalidade de país caeu significativamente nos últimos anos, cunha taxa de crecemento en xullo de 2012 do 1,29%.[23] Os estudos sinalan que o crecemento continuará a esmorecer até estabilizarse nos 105 millóns de persoas no ano 2050.[24][25]

Irán ten unha das meirandes poboacións de refuxiados do mundo, con máis dun millón de persoas, a maioría delas procedentes de Afganistán e Iraq.[26] Dende 2006, oficiais iranianos traballan xunto co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados e oficiais afganos para a súa repatriación.[27] Segundo as estimacións, arredor de cinco millóns de cidadáns iranianos emigraron cara a outros países, a maioría dende a revolución de 1979.[28][29]

Segundo a Constitución iraniana, o goberno é responsable de achegar a cada cidadán do país acceso a servizos de seguridade social, xubilación, desemprego, terceira idade, discapacidade, accidentes, desastres, saúde e tratamento médico.[30] Estes servizos son cubertos pola recadación de impostos derivadas de contribucións públicas.[31]

Linguas

Artigo principal: Linguas de Irán.

A maioría da poboación fala o persa, que é tamén a lingua oficial do país. Tamén existe un número significativo de falantes doutras linguas iranianas, dentro da familia de linguas indoeuropeas, que pertencen a outros grupo étnicos de Irán.

No norte do país, principalmente nas provincias de Gilan e Mazenderan, fálase o gilaki e o mazenderani, tendo ámbalas dúas linguas moitas afinidades coas veciñas linguas do Cáucaso. En partes de Gilan, tamén se fala a lingua talysh que chega até a República de Acerbaixán. Na provincia do Kurdistán e nas áreas veciñas fálanse variedades de kurdo. En Khuzestan fálanse diferentes variedades da lingua persa. O luri e o lari fálanse no sur do país.

O azarí, que é a lingua máis falada do país despois do persa,[32] é falado en varias rexións de Irán xunto con outras linguas turcas, especialmente na rexión do Acerbaixán iraniano. Outras linguas minoritarias salientables en Irán son o armenio, o xeorxiano, neoarameo e o árabe. O árabe khuzi é falado polos árabes de Khuzestan, así como por un bo número de árabes iranianos. O circasiano foi outrora unha lingua amplamente falada pola minoría circasiana, pero por mor da asimilación cultura, xa non existen falantes desa lingua no país.[33][34][35][36]

As porcentaxes de falantes das linguas son obxecto de debate xa que están motivadas pola política interna do país que ten en consideración ó meirande e o segundo grupo étnico de Irán, os persas e os azarís. As porcentaxes ofrecidas polo World Factbook da CIA sinalan un 53% de falantes de persas, un 16% de azarí, un 10% de kurdo, un 7% de mazanderani e gilaki, un 7% de luri, un 2% de turcomán, un 2% de balochi, un 2% de árabe, e un 2% de armenio, xeorxiano, neoarameo e circasiano.[37]

Grupos étnicos

Ethnicities and religions in Iran
Grupos étnicos e relixiosos de Irán.

Ó igual que as diversidade lingüística do país, a composición étnica tamén é obxecto de debate, atendendo ós dous principais grupos étnicos, persas e azarís, xa que a República de Irán non conta cun censo baseado na identidade étnica. O World Factbook da CIA estimou que arredor do 79% da poboación de Irán é un grupo etnolingüístico indoeuropeo moi diverso que abrangue os falantes das linguas iranianas,[38] formando os persas (incluíndo mazanderanis e gilakis) o 61% da poboación, os kurdos o 10%, os luris o 6% e os balochis o 2%. Os pobos doutros grupos etnolingüísticos forman o 21%, sendo os azarís o 16%, os árabes o 2%, os turcománs e outras tribos turcas o 2%, e outros (como os armenios, os talysh, os xeorxianos, os circasianos e os asirios) o 1%.[39]

Cultura

Artigo principal: Cultura de Irán.

Galería de imaxes

Iran 2001 CIA map

Mapa

Iran-and-neighbors-blank-map 1-770x770

Mapa branco

Persian Empire, 490 BC

Imperio persa 490 a.C.

Notas

  1. "داده‌ها و اطلاعات آماری". www.amar.org.ir.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iraniano.
  3. D. N. Mackenzie (15 de decembro de 1998). "Ērān, Ērānšahr". Encyclopaedia Iranica. iranicaonline.org. Consultado o 25 de agosto de 2010.
  4. 4,0 4,1 BBC NEWS (ed.). "Iran Country Profile". Consultado o 8 de agosto de 2012.
  5. Cesww.fas.harvard.edu (ed.). ""CESWW" – Definition of Central Eurasia". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2010. Consultado o 1 de agosto de 2010.
  6. National Geographic, ed. (14 de xuño de 2013). "Iran Guide". Consultado o 21 de xuño de 2013.
  7. Encyclopædia Britannica, ed. (2012). "Iran". Encyclopædia Britannica. Consultado o 8 de agosto de 2012.
  8. Christopher A Whatley (2001). Bought and Sold for English Gold: The Union of 1707 (Tuckwell Press, 2001)
  9. Lowell Barrington (xaneiro de 2012). Cengage Learning, ed. Comparative Politics: Structures and Choices, 2nd ed.tr: Structures and Choices. p. 121. ISBN 978-1-111-34193-0. Consultado o 21 de xuño de 2013. Ó igual que a China, Irán é o fogar dunha das civilizacións máis antigas do mundo
  10. Encyclopædia Britannica. Britannica.com, ed. "Encyclopædia Britannica Encyclopedia Article: Media ancient region, Iran". Consultado o 25 de agosto de 2010.
  11. David Sacks, Oswyn Murray, Lisa R. Brody; Oswyn Murray, Lisa R. Brody (2005). Infobase Publishing, ed. Encyclopedia of the ancient Greek world. p. 256. ISBN 978-0-8160-5722-1.
  12. Stillman, Norman A. (1979). The Jews of Arab Lands. Jewish Publication Society. p. 22. ISBN 0827611552.
  13. Jeffreys, Elizabeth; Haarer, Fiona K. (30 de setembro de 2006). Proceedings of the 21st International Congress of Byzantine Studies: London, 21–26 August, 2006, Volume 1. Ashgate Publishing. p. 29. ISBN 075465740X.
  14. Payvand. "Iran: Focus on reverse migration" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2006.
  15. "Islamic Azad University" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
  16. "Portal Nacional Iraniano de Estatísticas". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2007. Consultado o 27 de febreiro 2008.
  17. "Religious Tourism Potentials Rich" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2005. Consultado o 28 de febreiro de 2008.
  18. "Mashhad, Iran" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2010. Consultado o 28 de febreiro de 2008.
  19. "Iran - Centre d'Estadística" (xls) (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2008.[Ligazón morta]
  20. "Encyclopaedia Iranica. R. N. Frye. Peoples of Iran". Iranicaonline.org. Consultado o 14 de setembro de 2011.
  21. Asia-Pacific Population Journal, United Nations. "A New Direction in Population Policy and Family Planning in the Islamic Republic of Iran". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2009. Consultado o 14 de abril de 2006.
  22. Countrystudies.us (ed.). "Iran – population". Consultado o 18 de xuño de 2011.
  23. "کاهش غیرمنتظره نرخ رشد جمعیت در ایران". DW Persian. Consultado o 19 de xullo de 2012.
  24. U.S. Bureau of the Census, 2005. Unpublished work tables for estimating Iran’s mortality. Washington, D.C.: Population Division, International Programs Center
  25. Iran News, Payvand.com. "Iran's population growth rate falls to 1.5 percent: UNFP". Consultado o 18 de outubro de 2006.
  26. Irinnews.org, ed. (4 de marzo de 2008). "Afghanistan-Iran: Iran says it will deport over one million Afghans". Consultado o 21 de xuño de 2013.
  27. United Nations, UNHCR. "Tripartite meeting on returns to Afghanistan". Consultado o 14 de abril de 2006.
  28. Manouchehr Ganji (2002). Defying the Iranian Revolution: From a Minister to the Shah to a Leader of Resistance. Greenwood Publishing Group. p. 210. ISBN 978-0-275-97187-8.
  29. "Migration Information Institute: Characteristics of the Iranian Diaspora". Migrationinformation.org. Consultado o 18 de xuño de 2011.
  30. World Bank, ed. (2003). "Iran Social Security System" (PDF). Consultado o 30 de novembro de 2015.
  31. Aurelio Mejía (2013). "Is tax funding of health care more likely to be regressive than systems based on social insurance in low and middle-income countries?". Universidad de Antioquia. Consultado o 30 de novembro de 2015.
  32. Annika Rabo, Bo Utas. The Role of the State in West Asia Swedish Research Institute in Istanbul, 2005 ISBN 9186884131
  33. Encyclopedia of the Peoples of Africa and the Middle East Facts On File, Incorporated ISBN 143812676X p 141
  34. Oberling, Pierre (7 de febreiro de 2012). "Georgia viii: Georgian communities in Persia". Encyclopaedia Iranica. Consultado o 9 de xuño de 2014.
  35. Official Circassian Association (ed.). "Circassian". Consultado o 9 de xuño de 2014.
  36. Chardin, Sir John (xuño de 1997). "Persians: Kind, hospitable, tolerant flattering cheats?". The Iranian. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 1997. Consultado o 9 de xuño de 2014. Excerpted from:
  37. CIA World Factbook. "Iran". Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2012.
  38. J. Harmatta in "History of Civilizations of Central Asia", Chapter 14, The Emergence of Indo-Iranians: The Indo-Iranian Languages, ed. by A. H. Dani & V.N. Masson, 1999, p. 357
  39. CIA, ed. (2012). "The World Factbook: Iran". Archived from the original on 19 de novembro de 2012.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Axworthy, Michael (2008). A History of Iran: Empire of the Mind. Basic Books. ISBN 9-780465-098767.
  • Foltz, Richard (2016). Iran in World History. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-933550-3.
  • Iran: A Country Study. 2008, Washington, D.C.: Library of Congress, 354 pp.
  • Mikaberidze, Alexander (2011). Conflict and Conquest in the Islamic World: A Historical Encyclopedia 1. ABC-CLIO. ISBN 1598843362.
  • Fisher, William Bayne; Avery, P.; Hambly, G. R. G; Melville, C. (1991). The Cambridge History of Iran 7. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0521200954.
  • Roisman, Joseph; Worthington, Ian (2011). A Companion to Ancient Macedonia. John Wiley and Sons. ISBN 978-1-44-435163-7.

Outros artigos

Ligazóns externas

.ir

.ir é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Irán.

Acerbaixán

Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan), oficialmente República de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan Respublikası), é un estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio, que limita con Rusia polo norte, Xeorxia e Armenia polo oeste e Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Acerbaixán) limita con Armenia ao norte e ao leste, Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste.

Cultural, histórica e politicamente, Acerbaixán considérase oficiosamente como parte de Europa. Non obstante, a súa localización no Cáucaso meridional sitúaa nunha suposta fronteira imaxinaria entre Europa e Asia, tratándose realmente dunha nación transcontinental, a medio camiño entre os dous ámbitos xeográficos. Estas clasificacións son arbitrarias, pois non hai diferenza xeográfica facilmente definible entre Asia e Europa.

Acerbaixán é membro de máis de 40 organizacións internacionais, incluíndo as Nacións Unidas, o Consello de Europa, o Movemento de Países Non Aliñados, o Banco Asiático de Desenvolvemento, a Comunidade de Estados Independentes, a Organización da Conferencia Islámica e a Organización de Cooperación Económica do Mar Negro. É un dos integrantes da Asociación para a Paz da Organización do Tratado do Atlántico Norte, así como da alianza militar Organización do Tratado de Seguridade Colectiva (OTSC). É tamén membro observador da Organización Mundial do Comercio.

Biblioteca Nacional da República Checa

A Biblioteca Nacional da República Checa (checo: Národní knihovna České republiky) é a biblioteca central da República Checa, dirixida polo Ministerio de Cultura dese país. O seu edificio principal localízase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař. É a maior biblioteca do país, cun catálogo duns 6 millóns de documentos e uns 60 000 lectores rexistrados. A biblioteca posúe tanto textos checos como material máis antigo procedente de Turquía, Irán e India. Tamén acolle libros para a Universidade Charles en Praga.No 2005 recibiu o Premio Jikji outorgado pola UNESCO a través do programa Memory of the World Programme, polo traballo realizado na dixitalización de textos antigos. A biblioteca comezou este traballo no ano 1992, chegando a dixitalizar uns 1700 documentos nos seus primeiros 13 anos de execución.

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Golfo Pérsico

O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.

Imperio Persa

O Imperio Persa é o nome usado para referirse a un número de dinastías históricas que controlaron a Persia, rexión do actual Irán.

Lingua armenia

O armenio (clásico: հայերէն; reformado: հայերեն, hayeren) é unha lingua indoeuropea falada polo pobo armenio. Ó igual que o grego, é o único representante do grupo homónimo das linguas indoeuropeas. É a lingua oficial de Armenia e da República de Artsakh. Historicamente, foi falada no Planalto Armenio pero no presente tamén é falada pola diáspora armenia. Existe documentación nesta lingua desde o século V d.C., escrita nun alfabeto propio, creado no ano 405 por Mesrop Mashtots.

O armenio é unha póla independente das linguas indoeuropeas. É suxeito de moito interese para os lingüistas polo seu distintivo desenvolvemento fonolóxico dentro da familia. O armenio amosa máis satemización que centumización, malia que non está clasificado dentro de ningún dos dous grupos. Algúns estudosos concluíron de xeito provisional que o armenio, o grego (Frixio), o albanés e as linguas indoiranias estaban dialectamente relacionadas unhas coas outras; dentro desta hipótese de grupo dialectal, o protoarmenio atópase entre o protogrego (subgrupo centum) e o protoindoiranio (subgrupo satem).Armenia foi un país monolingüe entre o século II até o presente. A súa lingua ten unha longa e rica historia literaria, cunha tradución da Biblia datada do século V como o seu texto supervivente máis antigo. O seu vocabulario foi influído polas linguas iranias occidentais, particularmente o parto, e en menor grao polo grego, o persa e o árabe ó longo da súa historia. Existen dúas formas literarias estandarizadas da lingua, a oriental e a occidental, que son mutuamente intelixiles.

Lingua azarí

O azerí, azarí ou acerbaixano é a lingua oficial de Acerbaixán. Os falantes deste idioma denomínano azərbaycan. Presenta varios dialectos falados en varios países veciños coma Irán, Rusia (no Daguestán), Xeorxia, Iraq e Turquía. Estímase que entre 20 e 50 millóns de persoas falan azarí. É unha lingua altaica, da rama Oghuz, moi relacionada co turco e influenciada polo persa e o árabe.

Lingua persa

O persa ou parsi (فارسی, fārsī) é unha lingua indoirania da familia das linguas indoeuropeas, fálase principalmente en Irán, Afganistán (oficialmente coñecida como dari) e Taxiquistán (coñecida como taxico). Goza de status de lingua oficial en Irán, en Afganistán so o nome de dari segundo garante a nova Constitución de Afganistán, e no Taxiquistán como taxico.

A súa orixe está na fala das tribos asentadas no suroeste da planicie iraniana que deron orixe ao imperio aqueménida, coñecido como persa antigo converteuse na lingua das clases gobernantes do imperio pero non substituíu ao arameo como lingua franca, consérvanse só unhas poucas inscricións desta época, pero o feito de ser utilizado por outros pobos contribuíu á súa simplificación e a intrudución de léxico foráneo, a partir do século III a.C é o época do persa medio, falado no período sasánida ata o século IX , e do cal derivan as actuais linguas literarias modernas persa moderno, dari e o taxico. Na India o persa foi desde o século XVI a lingua da corte, da elite e da administración do Imperio mogol pese a estar rexido por unha dinastía de orixe turcófona.

É falada por máis de 60 millóns de persoas no Irán.

En canto ao persa falado en Irán é coñecido como iraniano ou fārsī (sempre persa, en galego), a variedade do persa medio falada en Afganistán é denominado dari. Actualmente, o persa e o dari son escritos nunha variante do alfabeto árabe. E a variedade do persa medio falada Taxiquistán, é o taxico, e é escrito en alfabeto cirílico.

A pesar de utilizar unha forma do alfabeto árabe, o persa é unha lingua completamente diferente do árabe, con gramática e fonoloxía completamente diversas. O persa é unha lingua do tipo "suxeito-obxecto-verbo". O persa é unha lingua indoeuropea e o árabe é unha lingua camito-semita.

Lingua xeorxiana

O xeorxiano (ქართული Kartuli) é a lingua oficial de Xeorxia, unha república do Cáucaso. O xeorxiano é a lingua materna duns catro millóns de xeorxianos, aproximadamente o 70% da poboación do país, e outros dous millóns de persoas no estranxeiro (principalmente Turquía e Rusia, con comunidades máis pequenas en Irán, Acerbaixán etc.). É a principal lingua escrita para todos os grupos étnicos xeorxianos, incluso para os falantes das outras linguas caucásicas do sur (svanuri, mingreliano e laz).

Lingua árabe

O árabe (العربية al-'arabiyyah, ou menos formalmente 'arabi), tamén chamado arábigo ou arábico, é a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas, e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe e é moi coñecida e estudada dentro do mundo islámico. O árabe leva sendo unha lingua literaria dende, polo menos, o sexto século, e é a lingua litúrxica do islam.

O termo "árabe" pode referirse tanto ó árabe literario, que non é falado como lingua materna por ningún árabe, como ó árabe moderno estándar, ou ás diferentes variedades do árabe, xeralmente chamadas "árabe coloquial". Os árabes consideran o árabe literario a lingua estándar, e adoitan ver o resto como simples dialectos.

O árabe literario refírese tanto á lingua utilizada polos medios de comunicación do Magreb e os do Oriente Medio, como á lingua, máis arcarca, do Corán. O árabe coloquial, pola súa banda, refírese ós diferentes dialectos falados polos habitantes das zonas arriba referidas de forma habitual. En moitas ocasións, son diferentes entre os distintos lugares de tal forma que o falante dun concreto dialecto do árabe pode non comprender outro dialecto. Xeralmente, estes dialectos non son linguas literarias, pero nalgúns hai algunhas pequenas mostras de literatura.

A situación sociolingüística actual do árabe é un claro exemplo de diglosia (o uso normal de dúas diferentes variedades da mesma lingua, dependendo da situación na que a persoa se atope). Todo árabe culto adoita falar tanto o seu dialecto local como o árabe estándar, que aprendeu na escola. Este último adoita ser utilizado en situacións de comunicación con falantes doutros dialectos arábigos (por exemplo, un marroquí a falar cun sirio).

Xa que o árabe escrito de hoxe en día é substancialmente diferente do árabe dos tempos do Corán, é normal (nos países occidentais) referirse a esta última coma árabe clásico e á lingua actual dos medios de comunicación como árabe moderno estándar. Os árabes, pola contra, utilizan o termo Fuṣḥa para referirse a ámbalas dúas, poñendo énfase no seu grande parecido.

Ás veces, é difícil traducir conceptos islámicos, e outros relacionados coa cultura árabe, sen utilizar a terminoloxía árabe. o Corán está expresado en árabe e, tradicionalmente, os musulmáns sosteñen que é imposible traducilo a ninguna lingua dunha forma que todo o seu significado se manteña. De feito, ata hai pouco tempo, moitas escolas de pensamento afirmaron que non se debería traducir de ningunha forma.

O galego posúe gran cantidade de palabras derivadas do árabe: azucre, laranxa, limón, álxebra, alcol, cénit etc.

Oriente Medio

Coñécese como Oriente Medio (en árabe: الشرق الأوسط) unha rexión do suroeste de Asia que vai dende Siria ata a fronteira irano-afgá, pasando pola península de Arabia.

Historicamente foi o nome con que os primeiros xeográfos europeos modernos designaron os territorios situados na beira leste do mar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do Imperio Otomán, e por este motivo as veces incluía a península dos Balcáns. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de Turquía, Siria, o Líbano, Israel, Palestina e Exipto. Pero a evolució política posterior á segunda guerra mundial fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría musulmá, desde o Magreb até Iraq e Sudán, así como Irán e mesmo Afganistán e Paquistán. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado, etc.O nome de Oriente Medio utilízase por medio da expresión inglesa Middle East, que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión Oriente Medio recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, Mashreq, que se utilita especialmente en contextos de lingua árabe.

Por diversos motivos esta é unha das zonas con máis conflitos xeopolíticos do mundo. Moitos autores destacan que o factor causante da conflictividade foi a repartición das posesións otomás despois da primeira guerra mundial, cando se predeterminou o trazado das fronteiras e o nacemento do estado de Israel. Outro factor é a cantidade de recursos naturais, como o petróleo. Durante o século XX Oriente Medio viviu varios conflitos de relevancia: catro guerras árabe-israelís, a guerra entre Iraq e Irán, a guerra do Golfo nas súas diferentes etapas, a guerra civil do Líbano, e a revolución islámica de Khomeini en Irán, con importantes repercusións para todo o mundo musulmán. A relixión islámica é na actualidade maioritaria na rexión.

Península de Arabia

Arabia é unha vasta península localizada en Oriente medio, na unión de África e Asia, ao leste de Etiopía e ao norte de Somalia, ao sur de Palestina, Xordania e Mesopotamia, e ao suroeste do Irán. É unha rexión maioritariamente de clima desértico que forma o deserto de Arabia e é tamén coñecida como Península Árabe ou Arábica.

Persia

Persia é o nome dado ao territorio ocupado polo Imperio Persa que se desenvolveu no Medio Oriente (na rexión dos Montes Zagros), entre os séculos VII e IV a.C.. Tamén é o nome dado á rexión actual do Irán; a cultura e o pobo iraniano tamén son descritos co adxectivo persa.

O nome, usado no Occidente, foi unha herdanza do nome grego para o Irán, Persis, centro do imperio, aínda que o mesmo teña se estendido a lugares actuais como Turquía, noroeste da India e Exipto.

Persa é tamén unha etnia; os persas descenden dos arianos, un pobo indoeuropeo que migrou para a rexión da Persia a partir da Asia Central, no inicio do primeiro milenio a.C. A súa lingua chámase persa, ou farsi. De acordo con fontes do goberno estadounidense, 51% da poboación actual do Irán é da etnia persa. Outras estimativas chegan a colocar esa parcela en 70%. Existen minorías persas tamén no Afganistán, Taxiquistán e Uzbekistán. Moitas outras etnias existen no Irán, incluíndo grupos arianos non-persas, como os g; as etnias de ascendencia turca, como os acerbaixanos, curdos, e turcománs; árabes e algunhas outras minorías. Vexa Demografía do Irán para máis detalles.

Para informacións sobre a moderna historia do Irán, vexa Historia do Irán.

O antigo país de Persia foi ocupado sucesivamente por unha serie de pobos e imperios:

Gutis.

Imperio Elamita

Media.

Imperio Persa.

Reino Parto.

Imperio Sasánida.

Califato Omeia.

Califato Abasida.

Il-Khanes.

Imperio Safavida.

Irán.

Pobo armenio

Os armenios (en armenio: Հայեր; hayer) son un grupo étnico que habita no Planalto Armenio. Os armenios constitúen a principal poboación de Armenia e da república independente de facto de Artsakh. Existe unha diáspora de arredor de 5 millóns de persoas con devanceiros armenios vivindo fóra da moderna Armenia. As principais poboacións da diáspora viven en Rusia, os Estados Unidos, Francia, Xeorxia, Irán, Alemaña, Ucraína, o Líbano, o Brasil e Siria. Agás as poboacións de Irán e dos antigos estados soviéticos, a diáspora armenia actual produciuse como resultado do xenocidio armenio.A maioría dos armenios pertence á Igrexa apostólica armenia, que é tamén a máis antiga igrexa nacional do mundo. O cristianismo comezou a espallarse en Armenia pouco despois da morte de Xesús, grazas ós esforzos de dous dos seus apóstolos, Xudas Tadeo e Bertomeu. A comezos do século IV, o Reino de Armenia converteuse no primeiro estado en adoptar o cristianismo como relixión de estado.A lingua armenia é unha lingua indoeuropea. Ten dúas formas escritas mutuamente intelixibles: a oriental, falada en Armenia, Nagorno-Karabakh e Irán, e o occidental falado na histórica Armenia Occidental e, despois do xenocidio armenio, nas principais comunidades da diáspora. O alfabeto armenio foi inventado no ano 405 por Mesrop Mashtots.

Revolución Iraniana

A Revolución Iraniana de 1979 foi o proceso de mobilizacións que desembocou no derrocamento do xa Mohammad Reza Pahlavi e a conseguinte instauración da república islámica actualmente vixente en Irán. Malia que a revolución decote é cualificada de islámica, nun primeiro momento en realidade foi un movemento amplo e heteroxéneo que progresivamente foi sendo hexemoneizado polo clero xiíta baixo o liderado do aiatolá Ruhollah Khomeini.

Ruhollah Khomeini

Ruhollah Mostafavi Moosavi Khomeini, máis coñecido como Ruhollah Khomeini (persa: روح‌الله خمینی), nado o 24 de setembro de 1902 en Khomein, e finado o 3 de xuño de 1989 en Teherán, foi un relixioso e político iraniano líder da Revolución iraniana de 1979, que viu o derrocamento de Mohammad Reza Pahlavi, o Xa de Irán. Trala revolución, Khomeini pasou a ser o Líder Supremo do país, un cargo creado na constitución de 1979 que o ascendeu como a maior autoridade política e relixiosa da nación. Ocupou o cargo até a súa morte en 1989. Khomeini foi tamén alfaquí da Xaria (experto na Lei islámica) e autor de máis de 40 libros. Porén, é principalmente coñecido pola súa actividade política.

Teherán

Teherán (en persa: تهران) é a capital de Irán. Localízase na aba do macizo de Alborz. Ten unha poboación de 9.000.000 (14.000.000 coa área metropolitana). Teherán é o centro industrial de Irán, concentra máis da metade das industrias do país. En 2001 o metro comezou a operar na cidade.

Países
Países con parte asiática

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.