Iode

Iode, Yod, yud ou mesmo yodh (י, pronunciada /j/) é a décima letra do alfabeto hebreo. Procede dunha letra do alfabeto fenicio.

En fenicio como en hebreo, esta letra representa unha consoante (API [j]) pero no iota (Ι, ι) do alfabeto grego (saído do fecinio), representa sempre a vogal /i/ (pois o fonema /j/ desaparecera da lingua, pero non o son [j]). É digno de mención que o derivado latino, a letra I, servise aos romanos para notar á vez /i/ e /j/.

O seu valor numérico é 10.

Fenicio Hebreo
Yodh י י

Véxase tamén

Outros artigos

Appendix Probi

O Appendix Probi é un texto atribuído a un tal Probus que data do século III da nosa era e que recompila os erros frecuentes na fala opóndoos ás formas correctas do latín clásico (se ben, ás veces, o autor confúndese e considera incorrecta a forma clásica, ou mesmo recomenda grafías anómalas, como en amfora non ampora, en que dá por válido o -f- en lugar do clásico -ph-).

Para comprender que exista un texto como o Appendix Probi é preciso entender que os romanos vivían en situación de diglosia: a lingua de cada día non era o latín clásico, o latín dos textos literarios ou sermo urbanus (o 'discurso urbano', é dicir, refinado) atopábase estancado pola gramática (como xa o estaba o sánscrito na mesma época na India), senón unha forma distinta aínda que próxima, nun proceso de desenvolvemento máis libre, o sermo plebeius ('discurso plebeo'). Parece que o latín clásico era falado polas clases sociais elevadas, mentres que o sermo plebeius era a lingua do pobo, os comerciantes e os soldados. Sen posibilidade de acceder ao status de lingua literaria, o latín vulgar é por nós coñecido sobre todo grazas ós estudos de fonética histórica, ás citas e críticas pronunciadas polos falantes dun latín literario, así como por mor das numerosas inscricións, rexistros, contas e outros textos correntes. Doutra banda, o Satyricon de Petronio, unha especie de «novela» escrita probablemente no primeiro século da nosa era, é un testemuño importante desta diglosia: segundo a súa categoría social, os personaxes exprésanse nunha lingua máis ou menos próxima á arquetipo clásico.

Velaquí algúns exemplos de «faltas» citadas por Probus (segundo o modelo A non B, '[diga] A, non B'), clasificadas aquí segundo o tipo de evolución fonética e acompañadas de comentarios que permiten sinalar as principais diferenzas entre o latín clásico e o latín vulgar. Non é posible ser exhaustivo na materia e incluír referencias a todas as diferenzas entre o latín clásico e o vulgar, pero o Appéndix Probi pode constituír unha introdución pertinente sobre o asunto:

1. cálida non calda, másculus non masclus, tábula non tabla, óculus non oclus etc.

Estes exemplos mostran que as vogais postónicas ou as pretónicas desaparecían. Nas palabras latinas cálida, másculus, tábula e óculus a vogal seguinte á tónica era breve. Este enmudecemento proba tamén que o acento tonal do latín clásico se volveu acento de intensidade en latín vulgar (pois un acento tonal non tería influencia ningunha sobre as vogais átonas da contorna). Recoñécense nesta lista o devir de caldo, macho, táboa e ollo, notándose a evolución xa descrita.2. vínea non vinia, sólea non solia, láncea non lancia etc.

Vese nesta pasaxe que en latín vulgar /e/ breve ante vogal vólvese semiconsoante /j/; o fenómeno é denominado consonantización e consiste, tras consoante, na palatalización; estas consoantes palatalizadas (que poden provir doutras fontes), son importantes na evolución das linguas románicas a causa do déficit que o latín tiña en canto a sons palatais, desequilibrio que ao cabo orixinou a transformación de gran parte das consoantes primitivas do latín, por obra deste elemento palatal denominado xenericamente iode. Esta transformación explica por que se obtén, por exemplo, viña (con /nj/ ante /a/, sinalada nas linguas románicas por distintas grafías: o dígrafo gn en francés e en italiano, ny en catalán, ñ en castelán e en galego, nh en portugués e occitano etc.).3. auris non oricla.

Obsérvase, en primeiro lugar, a monotongación ou redución de antigos ditongos: /au/ monotonga en /ou/, e en latín vulgar /ae/ faino en /e/ aberto, do mesmo xeito que /oe/ pasa a /e/ pechado. Despois, o uso dun sufixo diminutivo -culus agregado á raíz auris ('orella'), dá lugar a auricula, 'pequena orella'. O emprego de diminutivos en latín vulgar é frecuente. Por outra banda, bótase de ver a caída do /ou/ breve tras vogal acentuada, e o encontro entre /k/ e /l/ dá lugar ao grupo /k'l/ e á aparición dun novo fonema consonántico.4. auctor non autor.

Destácase aquí unha simplificación ou redución de grupos consonánticos; así, /kt/ pasa a /t/, dando autor en castelán e catalán, e auteur en francés; polo mesmo, /pt/ pasa a /t/ (septem, scriptum, ruptum), que evolucionaron en sete, escrito e roto.5. rivus non rius, sibilus non sifilus.

O son /w/ do latín ou wau evolucionou de xeitos diversos, sexa enxordecéndose ata a desaparición entre vogais (ri(v)us, que dá río, pa(v)or que dá peur en francés ou paura en italiano), ou en espirante bilabial sonora despois reforzada en /v/ (na maioría das linguas románicas); /p/ e /b/ en posición intervocálica coñeceron a mesma sorte.6. pridem non pride.

Este último exemplo mostra que o /m/ final de palabra non se pronuncia xa. Este enmudecemento é a orixe da desaparición do mecanismo das flexións; as linguas románicas non utilizan, en efecto, xa as declinacións latinas e optan por utilizaren preposicións que naceron como un sistema auxiliar e aos poucos foron substituíndo á flexión.

Asturiano occidental

O asturiano occidental é unha das tres zonas lingüísticas nas que adoita dividirse o asturiano, e estende o seu dominio lingüístico entre os ríos Navia e Nalón.[Cómpre referencia]

Crónica de Santa María de Iria

A Crónica de Santa María de Iria ou Coronica de Santa Maria de Iria é un texto da prosa galega medieval, do ámbito da historiografía. Foi escrita a mediados do século XV, e trátase dun relato da historia da Diocese de Iria, que pretendía abarcar desde o comezo dos tempos até o momento da súa composición, deténdose na época do Arcebispo Xelmírez. O seu obxectivo era reivindicar o dereito a percibir o décimo da Quinta, un imposto sobre unha serie de parroquias (situadas no que agora son os concellos de Padrón e Santiago) que o arcebispado de Santiago lle fora usurpando. Para iso, fixeron valer o seu título de diocese arcebispal, anterior a Santiago, cunha dupla estratexia: a documental, mediante a confección do Tombo de Iria, e a historiográfica, mediante a redacción da Crónica de Iria.

Daniel (profeta)

Daniel (en hebreo: דָּנִיּאֵל; en árabe: دانيال) é o profeta, autor e protagonista principal do Libro de Daniel, que se acha incluído tanto no Tanak como na Biblia.No libro de Ezequiel noméase certo Daniel como unha persoa de excepcional sabedoría e rectitud (Ez. 14: 14, 20 e 28: 3). Tamén aparecen mencionados outras dúas personaxes co mesmo nome, a saber: Daniel, fillo de David (1 Cr 3:1 e 2 Sam 3:3) e Daniel fillo de Itamar, de familia sacerdotal, un dos exiliados que retornaron con Esdras en 458 a.C. (Esd 8:2).

España

España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.

Gramática histórica do galego

O galego, na súa evolución dende o latín, cumpriu unha serie de regras fonéticas, morfolóxicas, sintácticas e semánticas, algunhas iguais para tódalas linguas, outras comúns coas linguas románicas e outras singulares para o caso galego. O estudo destes procesos é a Gramática histórica ou Historia da lingua galega. A ciencia etimolóxica utilízaa como instrumento para identificar os étimos e evolucionou grazas á incorporación de tres conceptos:

que a evolución parte da lingua oral e non da escrita, é dicir, baséase na fonética e non na grafía ou ortografía

que a evolución fonética é dependente do contexto fónico

que os procesos de evolución teñen unha secuencia temporal e dependen do momento de introdución do étimo na lingua (por exemplo, a máis evolucionada autor e a máis tardía en incorporarse actor teñen o mesmo étimo)

Lingua acadia

A lingua acadia (akkadû, 𒅎𒀝𒂵𒌈 ak.kADû) é unha lingua semítica que foi falada do cuarto ao primeiro milenio antes da nosa era. Dívídese en dous dialectos : o babilonio, ao sur da Mesopotamia (ver Babilonia) e o asirio, ao norte (ver Asiria).

Acadio designa igualmente o habitante do país de Akkad.

Lingua aragonesa

O aragonés é unha lingua románica falada nas zonas máis setentrionais da Comunidade autónoma de Aragón, ao nordeste de España, onde ten o rango de lingua propia.

Actualmente fálase nas comarcas da Jacetania, Alto Gállego, Sobrarbe e na parte occidental da Ribagorza, aínda que se fala tamén, algo castelanizado, noutras comarcas do norte de Aragón.

Lingua grega

A lingua grega (en grego moderno: ελληνικά, elliniká, ou ελληνική γλώσσα, ellinikí glóssa, "lingua grega") é a lingua materna de 12 millóns de falantes, dos cales 11 millóns viven en Grecia onde é lingua oficial, como en Chipre. Tamén se fala en comunidades illadas de Albania, Turquía e Italia. É lingua oficial na Unión Europea. É a lingua viva con historia documentada máis longa, con 34 séculos de fontes escritas. O seu sistema de escrita foi o alfabeto grego durante a meirande parte da súa historia; outros sistemas como o Lineal B e o silabario chipriota, foron usados anteriormente. O alfabeto xurdiu a partir do alfabeto fenicio e foi a base do latino, do cirílico, do armenio, do copto, do gótico e moitos outros sistemas de escrita.

Sanxenxo

Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.