Invertebrado

Un invertebrado é un animal desprovisto de columna vertebral. Pode ser unicelular ou pluricelular. Este termo non ten valor taxonómico, sendo definido por oposición ó vertebrados, que si o ten. Os artrópodos constitúen o meirande grupo de invertebrados por número de especies.

Galería de imaxes

Brachypelma edit

Arthropoda

Sea nettles

Cnidaria

Regenwurm1

Annelida

Echinometra mathaei MHNT Philippines

Echinodermata

Grapevinesnail 01

Mollusca

Haeckel Platodes

Platyhelminthes

Haeckel Bryozoa

Bryozoa

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Acantocéfalos

Os acantocéfalos (Acanthocephala, do grego ἄκανθος, ákanthos, "espiña" e κεφαλή, kephalé, "cabeza") son unha clase de vermes parasitos que se caracterizan pola presenza dunha probóscide (trompa) reversible, armada con espiñas que usa para apreixarse no intestino do animal que parasitan.

Estes animais teñen ciclos biolóxicos moi complexos, que implican a varios hospedeiros intermedios, como invertebrados, peixes, anfibios, aves e mamíferos.

Coñécense unhas 1 100 especies descritas, cuxo tamaño oscila desde uns pocos milímetros até 65 cm en Gigantorhynchus gigas.

Os acantocéfalos parecen ser un filo discreto. Recentes análise de xenoma demostraron que son descendentes dos rotíferos, e que deben ser consideradas como descendentes moi modificados deles.

Cefalópodos

A dos cefalópodos (Cephalopoda) é unha clase de invertebrados bilaterais, mariños, do filo dos moluscos.A súa característica máis rechamante é qjue o seu corpo está constituído por unha cabeza prominente e un conxunto de brazos ou tentáculos, que son modificacións do pé de moluscos primitivos.

Actualmente existen entre 700 e 800 especies de cefalópodos, todas elas pertencentes á subclase dos coleoideos, a excepción dos náutilos, que pertencen á subclase dos nautiloideos, e que reciben os nomes comúns de polbos, luras, potas, xibas (chamadas tamén chocos nalgunhas zonas de Galicia) e náutilos, aínda que o seu número se incrementa cada ano, quedando seguramentea algunhas especies vivas por descubrir. Estímase que o número de especies extintas rolda as 11 000.O estudo dos cefalópodos é unha rama da malacoloxía coñecida como teutoloxía.

Cogombro (homónimos)

O termo cogombro pode designar:

o cogombro (Cucumis sativus), unha hortaliza parente do melón

o cogombro de mar, un invertebrado do filo Ctenophora.

o cogombro do demo, unha planta brava (Ecballium elaterium).

Gabián (ave)

Véxase tamén a acepción botánica como un órgano do sustentación das plantas rubideiras.

O gabián (Accipiter nisus) é unha ave de presa da familia dos Accipitridae que amosa unha gran diferenza entre o tamaño dos machos e as femias. Estas son case dúas veces meirandes cós machos. Son aves forestais que crían as veces nos parques dalgunhas cidades. Aliméntanse case exclusivamente de paxaros. Despois dunha forte redución das súas poboacións europeas por causa do DDT estas recuperáronse despois do ano 1950.

Herbívoro

En zooloxía e en ecoloxía, un herbívoro é un animal (mamífero, peixe ou invertebrado) cuxa dieta alimenticia se basea principalmente na inxestión de plantas; aínda que, sendo as plantas herbáceas un subconxunto do reino vexetal, é máis correcto, desde o punto de vista semántico, o uso do termo fitófago.Na práctica, porén, moitos herbívoros tamén se alimentan de proteínas animais como, por exemplo, ovos.

Os humanos que non comen carne non son considerados herbívoros senón vexetarianos.

Na cadea trófica, os herbívoros son os consumidores primarios, mentres que os que se alimentan de carne son consumidores secundarios.

Hóspede

En bioloxía chámase hóspede, hospedeiro ou hospedador aquel organismo que alberga outro no seu interior ou que o porta sobre si, ben sexa nunha simbiose, ou como parasito, comensal ou mutualista.

Medusa

A medusa ou augamar é un animal invertebrado que pertence ó grupo dos cnidarios. Atópanse en todos os océanos do planeta, dende a superficie até as profundidades. Algunhas medusas habitan en auga doce. As medusas vagaron polos mares dende hai 500 millóns de anos, ou se cadra, dende hai 700 millóns ou máis. As especies actuais presentan unha morfoloxía moi semellante ás especies fósiles.Viven afastadas da costa, pero poden achegarse en cantidades variables por mor das correntes de auga. A chegada de medusas á costa é un fenómeno natural que se produce durante a primavera e o verán.

Melanopsina

A melanopsina é un fotopigmento que se encontra nalgunhas células ganglionares da retina dos ollos humanos e doutros vertebrados, que se denominan células ganglionares da retina fotosensibles intrinsecamente. Estas células poden percibir a luz pero reaccionan de forma moito máis lenta aos cambios visuais ca as células bastón e cono da retina. Estas células afectan aos ritmos circadianos, ao reflexo pupilar (grao de abertura da pupila), e a outras funcións relacionadas coa luz ambiental, pero non interveñen na visión de imaxes.

En estrutura, a melanopsina é unha opsina, unha variedade de receptor acoplado á proteína G de proteína retinilideno. A melanopsina é máis sensible á luz azul. Un receptor baseado na melanopsina foi ligado á asociación que hai entre a sensibilidade á luz e as dores de cabeza fortes.A melanopsina difire doutros fotopigmentos opsinas dos vertebrados. De feito, lembra en moitos aspectos as opsinas de invertebrado, como na súa secuencia de aminoácidos e fervenza de reaccións de sinalización de "augas abaixo". Como as opsinas de vertebrados, a melanopsina parece ser un fotopigmento biestable, cunha actividade fotoisomerase intrínseca, e produce unha sinalización celular a través dunha proteína G da familia Gq.

Moluscos

O dos moluscos (Mollusca) constitúe un dos grandes filos do reino animal.Son invertebrados protóstomos, celomados, triblásticos, con simetría bilateral (aínda que algúns poden presentar unha asimetría secundaria) e non segmentados, de corpo brando, espido ou protexido por unha cuncha.

Os moluscos son os invertebrados máis numerosos despois dos artrópodos, e inclúen formas tan coñecidas como as ameixas, ostras, luras, polbos, lesmas e unha gran diversidade de caracois, tanto mariños como terrestres. Calcúlase que poden existir cerca de 100 000 especies viventes, e 35.000 especies extintas, xa que os moluscos teñen unha longa historia xeolóxica, que abarca desde o cámbrico inferior até a actualidade.Os moluscos colonizaronn practicamente todos os ambientes, desde as grandes alturas de até máis de 3 000 m sobre o nivel do mar até profundidades oceánicas de máis de 5 000 m de profundidade, nas augas polares ou tropicais, e adoitan seren elementos comúns dos litorais de todo o mundo. E o filo mariño máis numeroso, e contén un 23 % de todas os organismos mariños descritos.

O filo usualmente divídese en nove ou dez clases, das que dúas están totalmente extintas. Os gasterópodos (caracois e lesmas) son, con diferenza, os moluscos máis numerosos polo que concirne a especies clasificadas, e suman o 80 % do número total de especies de moluscos coñecidas. Os moluscos cefalópodos, como as luras, sepias e polbos, encóntranse entre os invertebrados cun sistema neurolóxico máis avanzado. As luras xigantes (xénero Architeuthis) e as luras colosais (xénero Mesonychoteuthis) disputan o título de invertebrado máis grande coñecido.

O estudo científico dos moluscos denomínase malacoloxía. O termo malacoloxía vén do grego μαλακός malakos, 'brando' e -λογία, de λόγος logos 'estudo', e empezou a usarse en francés en 1814, e do francés pasou ás demais linguas europeas.Falando desta disciplina cómpre dicir que o interese do home polos moluscos é moi grande, e moi antigo, e que durante os séculos XVIII e XIX se formaron importantes coleccións malacolóxicas e conquiliolóxicas (de cunchas) tanto de prestixiosas institucións como museos e academias de ciencias como de coleccionistas privados, e aínda hoxe en día coleccionar cunchas de moluscos é un dos principais pasatempos de moitas persoas en todo o mundo. Debido a esta afección os moluscos son un dos grupos zoolóxicos mellor estudados despois dos vertebrados.

Os moluscos son unha importante fonte de alimentación para a especie humana. Ademais, numerosas enfermidades parasitarias tanto humanas como veterinarias son transmitidas polos moluscos, que actúan como hospedadores intermediarios, sobre todo de platihelmintos trematodos.

Monte Faro

O monte Faro é, con 1187 metros, o pico máis alto da serra do Faro e un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC). O monte marca o límite de separación natural entre os concellos de Chantada e Rodeiro e dende el poden divisarse as catro provincias galegas.

Ortiga (homónimos)

O termo ortiga pódese referir a:

Varias plantas da familia das Urticaceae:

A ortiga maior (Urtica dioica), a máis común.

A ortiga menor (Urtica urens)

A ortiga membranosa (Urtica membranacea).

A ortiga morta ou chuchamel (Lamium maculatum), especie hérbacea.

A estruga branca (Lamium album), especie herbácea tamén chamada zugarella ou beldastro.

A estruga de mar (Actinia equina), invertebrado con células urticantes na boca tamén chamado ortiga de mar ou apegón.

A orde dos Torpediniformes, peixes tamén denominados estrugas.

Pago Pago

Pago Pago é a capital da Samoa Americana. En 2010, a súa poboación era de 3.656 habitantes. A cidade está servida polo Aeroporto Internacional de Pago Pago. O turismo, entretemento, gastronomía, e o atún enlatado son as súas principais industrias.

Pólipo (zooloxía)

En zooloxía, un pólipo (do grego πολύ polý, 'moito', 'numeroso', e πούς poús, 'pé'; literalmente, "de moitos pés") é un animal invertebrado do filo dos cnidarios.

Ten forma de saco; nun extremo leva unha ventosa poa que se fixa ao substrato, mentres que no lado oposto posúen un só orificio rodeado xeralmente de tentáculos (aínda que algúns pólipos carecen deles) que fai de boca e de ano.

No ciclo biolóxico dos cnidarios a fase polipoide é na que a larva plánula se adhire ao substrato e adopta forma de copa. O pólipo queda fixo até que as condicións climáticas son adecuadas e o alimento suficiente. Entón solta as éfiras e estas convértense en medusas.

Rickettsia prowazekii

Rickettsia prowazekii é unha especie de bacterias gramnegativas parasita intracelular obrigada, aerobia, que é o axente causante do tifo exantemático epidémico, transmitido polas feces dos piollos. A célula de R. prowazekii está con frecuencia rodeada por unha capa microcapsular mucosa, e non é flaxelada. Os reservorios principais son certos mamíferos, como o esquío voador en Norteamérica. O ciclo de vida natural da bacteria comprende xeralmente un hóspede vertebrado e outro invertebrado, normalmente un artrópodo, tipicamente o piollo humano. Unha forma de R. prowazekii que existe nas feces dos artrópodos permanece infectiva durante meses. Os piollos que foron infectados ao picar a un enfermo de tifo pasan a un novo hóspede, e nel o piollo elimina o microorganismo nas súas feces, que penetra na pel ao rañarse e despois chega ao sangue e penetra nas células endoteliais nas que se divide e causa vasculite, trombose, febre e exantemas na pel.

A súa secuencia xenómica indica que R. prowazekii parece estar moi relacionada co suposto antepasado de vida libre que orixinou as mitocondrias por endosimbiose.

Salmón atlántico

O salmón atlántico[Cómpre referencia] (Salmo salar) ou dentón[Cómpre referencia] é un peixe da familia dos salmóns, Salmonidae, que vive no norte do océano Atlántico e nalgúns dos ríos que desembocan nel.

Stonehaven

Stonehaven (Steenhive no dialecto dórico do escocés e Cala na Creige en gaélico), é unha pequena vila costeira do nordeste de Escocia, na área municipal de Aberdeenshire. Tiña 9.577 habitantes no censo de 2001. A cidade máis próxima é Aberdeen, a uns 25 km ao norte.

Tripanosomátidos

Este artigo trata sobre a orde Trypanosomatida, ver tamén o xénero Trypanosoma.Os tripanosomátidos (Trypanosomatida) son un grupo de protozoos cinetoplástidos con categoría de orde que se distinguen por ter un só flaxelo. O nome deriva do grego trypano (trade) e soma (corpo) porque as especies máis características se desprazan cun movemento de sacarrollas. Todos os membros do grupo son exclusivamente parásitos, fundamentalmente de insectos. Uns poucos xéneros teñen ciclos de vida que implican un hóspede secundario, o cal pode ser un vertebrado, invertebrado ou planta. Entre eles hai varias especies que causan importantes enfermidades nos humanos.A tres principais enfermidades humanas causadas por tripanosomátidos son: tripanosomíase africana (ou enfermidade do sono, causada por Trypanosoma brucei), tripanosomíase suramericana (ou enfermidade de Chagas, causada polo Trypanosoma cruzi), e leishmaníase (un conxunto de enfermidades tripanosómicas causadas por varias especies do xénero Leishmania).

Os membros antigos do grupo coñécese por fósiles como o do xénero extinguido Paleoleishmania preservado en ámbar de Birmania que data da idade ou piso Albiano (hai 100 millóns de anos no Cretáceo) e en ámbar dominicano do Burdigaliano (hai 20-15 millóns de anos no Neóxeno). Do xénero Trypanosoma hai tamén fósiles na República Dominicana da especie extinguida Trypanosoma antiquus.

Trypanosoma

O Trypanosoma (tripanosoma) é un xénero de protistas cinetoplástidos (clase Kinetoplastida), un grupo monofilético de protozoos unicelulares parasitos flaxelados. O nome deriva do grego trypano (broca) e soma (corpo) porque se moven cun movemento en espiral como un sacarrollas. Todos os tripanosomas requiren máis dun hóspede obrigatorio para completar o seu ciclo de vida e transmítense por medio dun animal vector. A maioría das especies son transmitidas por invertebrados hematófagos, pero utilizando diferentes mecanismos segundo as especies. No hóspede invertebrado atópanse xeralmente no intestino, e no hóspede vertebrado aparecen normalmente no sangue ou dentro das células.

Os tripanosomas infectan unha variedade de hóspedes e causan varias doenzas, entre as cales hai doenzas humanas importantes como a enfermidade do sono (ou tripanosomíase africana), causada polo Trypanosoma brucei, e a enfermidade de Chagas, causada polo Trypanosoma cruzi.

O xenoma mitocondrial do Trypanosoma, e a doutros cinetoplástidos, coñecido como cinetoplasto, está feito dunha serie complexa de círculos concatenados e minicírculos e require un conxunto de proteínas para a súa organización durante a división celular.

Verme

Verme é unha denominación popular de calquera animal invertebrado de corpo brando e alongado, sen esqueleto nin extremidades articuladas, que se despraza arrastrándose. Non corresponde a ningunha clasificación taxonómica.

Outras denominacións populares igualmente xenéricas son becha, becho, bechoco, bicha, bicho, bichoca, bichoco, coca, coco ou ronco.

Con nome de verme desígnanse habitualmente:

Algúns parasitos intestinais, tamén chamados lombrigas.

As larvas vermiformes de insectos.

As eirugas.

As miñocas.Nalgúns casos designa un insecto determinado, como é o caso do vagalume (verme da luz, verme canteiro ou verme carpinteiro) ou do verme da seda (larva dunha bolboreta da familia dos bombícidos (Bombyx mori).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.