Inverno

O inverno é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Comeza ó remate do outono, no hemisferio norte o día 21 de decembro e remata o 20 de marzo, para dar paso á primavera. A característica astronómica é que nese período o ángulo formado pola liña Terra-Sol e centro da Terra-Polo Norte pasa do mínimo (23º 26', solsticio de inverno) a 90º (equinoccio de primavera). En Galicia caracterízase principalmente pola importante baixada das temperaturas, o que unido ás altas precipitacións dan lugar a habituais neves en zonas de certa altitude.

Na astronomía chinesa (e doutros países asiáticos), considérase que o inverno comeza arredor do 7 de novembro, co Jiéqì, coñecido como 立冬 lì dōng, "establecemento do inverno".[Cómpre referencia]

Alegoría do inverno no pazo de Lóngora
Alegoría do inverno no pazo de Lóngora.

Galería de imaxes

Alexej Kondratjewitsch Sawrassow 002

Inverno, óleo de Alexej Kondratjewitsch Sawrassow.

Inverno na parroquia de Rianxo, Rianxo

Inverno na parroquia de Rianxo.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Calendario chinés

O calendario chinés (chinés tradicional:農曆; chinés simplificado: 农历; pinyin: nónglì) é un calendario lunisolar, a diferenza do calendario gregoriano occidental que emprega calendario solar.

O calendario chinés divídese en seis meses de 29 días e seis meses de 30 días, o que resulta en anos de 354 días. De aí que o calendario chinés non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 días. Cada mes lunar iníciase na lúa nova e o Aninovo Chinés está determinado pola segunda lúa nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.

Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.

Clima mediterráneo

As rexións de clima mediterráneo combinan veráns quentes e secos con invernos fríos e pouco chuvosos. Como o propio nome indica, este tipo de clima é o típico da zona do mar Mediterráneo.

O clima mediterráneo é quente e seco no verán e é moderado e húmido no inverno. As precipitacións ocorren sobre todo durante 2 a 4 meses, no inverno, sendo raras no resto do ano.

Nas rexións situadas a rentes do mar Mediterráneo os veráns son menos secos que os das outras rexións deste clima.

Decembro

Decembro (tamén chamado Nadal) é o duodécimo e derradeiro mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome é derivado do latín, por ser o décimo mes do calendario romano.

Fimbulvetr

Na mitoloxía nórdica, Fimbulvetr (ou fimbulvinter), tamén coñecido pola forma inglesa Fimbulwinter, é o preludio dos eventos do Ragnarok.

Finlandia

Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomi, en sueco: Finland ( pronunciación )), oficialmente República de Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomen tasavalta, en sueco: Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo mar Báltico, que separa de Suecia e Estonia, atravesando o golfo de Finlandia. A capital e maior cidade do país é Helsinqui.

No ano 2009, Finlandia tiña unha poboación de 5,3 millóns de habitantes nunha área de 338.145 quilómetros cadrados. A meirande parte da poboación do país atópase no extremo sur, na costa do golfo de Finlandia e proximidades. Finlandia é o sexto país máis grande de Europa en termos de área, e conta cunha baixa densidade de poboación de 15,5 habitantes por quilómetro cadrado, o que o converte no país menos densamente poboado dentro da Unión Europea. A maioría dos finlandeses falan o finés como a súa lingua materna, a cal é unha das poucas linguas oficiais da Unión Europea que non descenden da familia indoeuropea. A segunda lingua oficial de Finlandia é o sueco, o cal é lingua materna dun 5,5% da poboación nacional.

Previamente Finlandia foi parte de Suecia e dende 1809 a 1917, cando obtivo a súa independencia, o país foi o autónomo Gran Ducado de Finlandia como parte da Rusia Imperial. Hoxe en día, Finlandia é unha república, parlamentaria e democrática. O país é membro das Nacións Unidas e da Unión Europea dende 1995. A economía de Finlandia é unha das máis prosperas do continente, baseándose nos importantes sectores de servizos así como de manufactura. No país existe un estado de benestar así como unha política altamente democrática e con niveis sumamente baixos de corrupción. O país conta co euro como moeda oficial dende o 28 de febreiro de 2002, substituído ao marco finlandés.

Hemisferio norte

O hemisferio norte (ou boreal ou setentrional) é a metade da Terra ao norte do ecuador. Este hemisferio contén ó redor do 89-90% da poboación humana.

Nas rexións temperadas do hemisferio o inverno vai dende decembro ata febreiro e o verán vai dende xuño ata agosto.

Debido aos movementos da Terra, teoricamente os invernos do hemisferio norte deberían ser máis curtos e menos severos que os do hemisferio sur a latitudes equivalentes. Na práctica, os efectos moderadores dos océanos do hemisferio sur fan que sexan moi similares.

As rexións ao norte do Círculo Polar Ártico experimentan fases no verán nas que o sol nunca se pon, e fases no inverno nas que o sol nunca sae. A duración destas fases poden variar dende varios días nas zonas próximas ao círculo polar ata varios meses no Polo Norte.

Horario de verán

O horario de verán é a convención pola que se adiantan os reloxos para que as tardes teñan máis luz diúrna e as mañás menos. Normalmente os reloxos adiántanse unha hora a principios da primavera e atrásanse en outono (na UE faise o último domingo de marzo e o último domingo de outubro). Moitas culturas antigas, en cambio, alongaban as horas diúrnas no verán. O horario de verán moderno estableceuse por primeira vez en 1916 durante a Primeira Guerra Mundial para aforrar carbón. A pesar das controversias, moitos países empregárono desde entón. En Galicia, pola súa situación xeográfica dentro da UE, a diferenza respecto da hora solar é de dúas horas no inverno e tres no verán.

Engadir tempo de luz diúrna ás tardes beneficia o comercio, a práctica deportiva e outras actividades que se benefician da presenza de luz tras a xornada laboral pero pode ocasionar problemas á agricultura e a outras ocupacións que dependan do tempo solar. O incremento de luz vespertino ao parecer diminúe os accidentes de tráfico, pero os seus efectos sobre a saúde e o crime están menos claros. Dise que mediante o horario de verán afórrase enerxía eléctrica ao reducirse a necesidade de iluminación artificial, pero as evidencias que o apoian son febles.

Innsbruck

Innsbruck é unha cidade de 117.342 habitantes (2006) do oeste de Austria, capital do estado federado de Tirol, localízase no val do Inn a 574 metros entre altas montañas tales como o Hafelekar (2.334 m) ao norte, Patscherkofel (2.246 m) e Serles (2,718 m) ao sur, é un centro de deportes de inverno de fama mundial.

O Chan da Ferradura

O Chan da Ferradura é un conxunto de gravados rupestres, situados na parroquia de San Pedro de Trasalba, pertencente ao concello de Amoeiro e parte no concello de Punxín, a poucos quilómetros da capital provincial Ourense.

As rochas foron descubertas ao longo dos traballos de seguimento arqueolóxico da construción do gasoduto Pontevedra - Ourense, realizados na segunda metade da década de 1990 polo Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. Durante estes traballos localizáronse unhas 30 rochas con gravados distribuídas en vinte grupos nunha área de 500 m².

Outono

O outono é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de outono (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio sur e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio norte), e remata co solsticio de inverno (arredor do 21 de xuño no hemisferio sur e o 21 de decembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio sur e setembro, outubro e novembro no hemisferio norte.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Turín

Turín (en italiano: Torino, en piemontés: Turin) é unha cidade do norte de Italia, capital da rexión do Piemonte, situada na beira do río Po e rodeada polos Alpes. Como residencia oficial da Casa de Savoia, foi a antiga capital do Ducado de Savoia entre 1562 e 1718, posteriormente capital de facto do Reino de Sardeña entre 1720 e 1861, finalmente foi a primeira capital de Italia entre 1861 e 1865. Cunha poboación de 909.205 habitantes (2009), na actualidade Turín é un importante centro cultural, industrial e comercial.

Vancouver

Vancouver é unha cidade do Canadá, na provincia da Columbia Británica. Localízase na costa do Pacífico, no suroeste da provincia.

Con cerca de 550 mil habitantes distribuídos en 113 quilómetros cadrados (na cidade propiamente dita) e 2,14 millóns de habitantes na súa zona metropolitana, a densidade demográfica de Vancouver é a segunda máis alta da América do Norte, só por detrás de Nova York. É un importante polo de transportes canadense, posuíndo o porto con máis movementos do Canadá e o segundo aeroporto internacional con máis movementos do país.

Un clima lene no inverno e morno no verán, alén dunha bela paisaxe natural en torno da cidade e moitos parques, praias e outros lugares de recreación, fai de Vancouver un importante polo turístico do Canadá. Vancouver é considerada por moitos como unha das mellores cidades do mundo para vivir (en numerosas investigacións, aparece en terceiro lugar, só detrás de Xenebra e Zürich, ambas en Suíza).

A cidade foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno en 2010, a Copa Grey en 2005, o Campionato Mundial de Hóckey Xunior e o Fórum Urbano Mundial, os dous últimos en 2006.

Xogos Olímpicos

Para os Xogos Olímpicos na Antigüidade véxase este artigo.

Para os Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro 2016 véxase este artigo.Os Xogos Olímpicos (XX. OO.) (Jeux Olympiques en francés, e Olympic Games en inglés), ou Olimpíadas son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes. Existen dous tipos: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno, que se realizan cun intervalo de dous anos, segundo a Carta Olímpica: «Os Xogos da Olimpíada celébranse durante o primeiro ano dunha Olimpíada, e os Xogos Olímpicos de Inverno durante o seu terceiro ano».Os Xogos Olímpicos modernos inspiráronse nos do século VIII a. C. organizados polos antigos gregos na cidade de Olimpia, entre os anos 776 a. C. e o 393 d. C. No século XIX, xurdiu a idea de realizar uns eventos similares aos organizados na antigüidade, os que se concretarían principalmente grazas ás xestións do nobre francés Pierre Frèdy, barón de Coubertin. O barón de Coubertin fundou o Comité Olímpico Internacional (COI) en 1894. Desde entón, o COI converteuse no órgano coordinador do Movemento Olímpico, coa Carta Olímpica que define a súa estrutura e autoridade.

A primeira edición dos chamados Xogos Olímpicos da era moderna levaronse a cabo en Atenas, capital de Grecia, a partir do 6 de abril de 1896. Desde aquela oportunidade, foron realizados cada catro anos en diversas cidades do mundo, sendo as únicas excepcións as edicións de 1916, 1940 e 1944, debido ao estalido da primeira e segunda guerra mundial.

A evolución do movemento olímpico durante os séculos XX e XXI deu lugar a varias modificacións nos Xogos Olímpicos. Algúns destes axustes inclúen a creación dos xogos de inverno para deportes invernais, os Xogos Paralímpicos para atletas con algún tipo de discapacidade e os Xogos Olímpicos da Mocidade para atletas adolescentes. Os Xogos Olímpicos de inverno realizáronse por primeira vez en 1924, na localidade francesa de Chamonix. Orixinalmente realizados como parte do evento de verán, o COI considerounos como un evento separado retroactivamente, e desde esa data comezaron a realizarse no mesmo ano que os xogos orixinais. Posteriormente, co fin de potenciar o desenvolvemento dos eventos invernais, o COI decidiu desfasar a realización dos Xogos invernais a partir de Lillehammer 1994. Desde esa data, os Xogos Olímpicos de Inverno realízanse nos anos pares entre dous Xogos de Verán. Os primeiros Xogos Olímpicos da Mocidade de Verán celebráronse en Singapur en 2010, mentres que os Xogos Olímpicos da Mocidade de Inverno celebráronse en Innsbruck en 2012.

O COI tivo que adaptarse a unha variedade de avances económicos, políticos e tecnolóxicos. Como resultado, os Xogos Olímpicos afastáronse do amateurismo puro, segundo o previsto por Coubertin, para permitir a participación dos atletas profesionais. A crecente importancia dos medios de comunicación de masas iniciou o tema de patrocinio das empresas e a comercialización dos Xogos. Grandes boicots realizáronse durante a Guerra fría nos Xogos de 1980 e 1984.

O Movemento Olímpico consta de Federacións Internacionais de cada deporte, Comités Olímpicos Nacionais e Comités Organizadores de cada edición. O COI é responsable da elección da cidade sede. Segundo a Carta Olímpica, a cidade anfitrioa é responsable da organización e o financiamiento dos Xogos. O programa olímpico, composto polos deportes disputados nos Xogos, tamén está determinado polo COI. Existen diversos símbolos e cerimonias olímpicas, como a bandeira e a facho olímpico, así como as cerimonias de apertura e clausura. Preto de 13 000 atletas compiten nos Xogos Olímpicos de Verán e Inverno en 33 deportes diferentes e en aproximadamente 400 eventos. Os gañadores do primeiro, segundo e terceiro lugar en cada evento reciben medallas olímpicas: ouro, prata e bronce, respectivamente.

Os Xogos Olímpicos constitúen unha oportunidade para o país e a cidade sede de darse a coñecer ao mundo.[Cómpre referencia]Na actualidade case todos os países están representados nos Xogos Olímpicos. Isto provocou diversos problemas: dopaxe, subornos e actos de terrorismo. Cada dous anos, os Xogos Olímpicos e a súa exposición aos medios, proporcionan aos atletas descoñecidos a oportunidade de alcanzar a fama nacional e internacional, ao tempo que lles fai estar suxeitos a múltiples presións, o cal fai que algúns deles utilizen substancias dopantes para mellorar os seus logros, moitas veces poñendo en perigo a súa saúde. O Comité Olímpico Internacional estableceu dende 1968 os chamados controis anti-dopaxe que poden ser realizados en calquera momento a petición do COI e que poden desencadear a descualificación inmendiata do atleta que dea positivo nese control.

Xogos Olímpicos de Inverno

Os Xogos Olímpicos de Inverno son un gran evento deportivo organizado polo Comité Olímpico Internacional que, dende 1924, celébrase cada 4 anos. Os deportes que teñen acollida neste gran evento son aqueles que se disputan sobre neve ou sobre xeo, e que polo tanto son mais propios do inverno. Disciplinas como o esquí de fondo, o patinaxe de velocidade, o patinaxe artístico, o hóckey sobre xeo, o bobsleigh e os saltos de esquí, forman parte dos xogos olímpicos de inverno dende a súa primeira edición, que tivo lugar na localidade francesa de Chamonix.

Xogos Olímpicos de Inverno de 1972

Os XI Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse en Sapporo, Xapón entre o 3 e o 13 de febreiro de 1972. Foi a primeira vez que estes Xogos non se celebraron en Europa ou Norte América.

Xogos Olímpicos de Inverno de 1984

A XIV Edición dos Xogos Olímpicos de Inverno tivo lugar na cidade de Saraxevo en Iugoslavia do 8 ao 19 de febreiro de 1984, sendo a primeira vez que se celebran estes Xogos nun país socialista.

Xogos Olímpicos de Inverno de 1988

Os XV Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse en Calgary, na provincia de Alberta no Canadá. Foron un éxito económico, que levou á obtención de millóns de dólares de beneficios. Os Xogos deixaron unha forte pegada na cidade, transformando profundamente a súa economía. Foi a última edición na que os Xogos Paralímpicos e os Xogos Olímpicos de Inverno se realizaron en distintas sedes.

Xuño

Xuño ou san Xoán é o sexto mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O 21 de xuño ten lugar o solsticio de inverno no hemisferio sur e o solsticio de verán no hemisferio norte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.