Insua

Unha insua, (do latín insula) é unha pequena illa no curso dun río[1].

Património Natural - Ilha dos Amores no Rio Minho
Insua no río Miño.

Características

A insua fórmase coa acumulación ou sedimentación de materiais froito da erosión río arriba ou coa división do canle do río ou regueiro en varios ramais, deixando un terreo no medio que na toponimia galega acostuma denominarse entrerríos ou antrerríos.

Os solos das insuas adoitan ser areentos e ricos. En principio estarían cubertos de fragas ou bosques de ribeira dominados por salgueiros, amieiros e carballos. Na antigüidade, na maior parte das veces, foron dedicados a uso agrícola por mor da calidade do solo e da abundancia de auga. Accedíase ás insuas grazas a un vao ou unha pontella. O principal cultivo foi o millo, aínda que tamén cultiváronse verzas, patacas, vimes ou como pasteiros. Hoxe o bosque de ribeira volveu colonizar a maior parte da superficie das insuas.

O Río Miño, por exemplo, conta con varias insuas, especialmente preto da desembocadura.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para insua.

Véxase tamén

Outros artigos

10 de agosto

O 10 de agosto é o 222º día do ano no calendario gregoriano e o 223º nos anos bisestos. Quedan 143 días para finalizar o ano.

A Insua, Fisteus, Curtis

A Insua é un lugar da parroquia de Fisteus no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 9 habitantes (5 homes e 4 mulleres).

A Insua, O Freixo, As Pontes de García Rodríguez

A Insua é un lugar da parroquia do Freixo no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 estaba despoboado.

A Insua do Baio, O Freixo, As Pontes de García Rodríguez

A Insua do Baio é un lugar da parroquia do Freixo no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 estaba despoboado.

As Neves, Ortigueira

Santa María das Neves é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2011 tiña 89 habitantes (45 mulleres e 44 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes.

Couzadoiro, Ortigueira

San Cristovo de Couzadoiro é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 152 habitantes (82 homes e 70 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 229 habitantes.

Francisco Leal Insua

Francisco Leal Insua, nado en Viveiro o 10 de maio de 1910 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1997, foi un escritor e xornalista galego.

Illa

Unha illa ou insua é unha extensión de terra rodeada de auga por todas partes, tanto sexa nun mar, nun lago ou mesmo nun río.

Illa de Insua Bela

A Insua Bela é un pequeno illote rochoso entre Aguiño e a illa de Sálvora. Alí aproan as lanchas para ir e vir entre eses lugares, librando as touzas e baixos da canle.

Illa do Penedo da Insua

A Illa Penedo da Insua (Illa da Insua, Illa do Penedo da Insua) é unha illa galega situada na provincia de Lugo, na costa de Ribadeo, non lonxe da coñecida Illa Pancha. Mide 1,9 hectáreas. É abrupta e inhóspita, de cima chaira e cuberta de herba, separada de terra firme por unha estreita canle de fortes correntes.

Insua, Ortigueira

San Xoán de Insua é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 173 habitantes (89 homes e 84 mulleres) distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 231 habitantes.

Insua, Vilalba

San Bartolomeu de Insua é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 274 habitantes (128 mulleres e 146 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 333 habitantes.

Ledesma, Boqueixón

San Salvador de Ledesma é unha parroquia do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 282 habitantes (132 homes e 150 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación.

É un lugar de especial encanto pola presenza dun río Ulla que, nesta parroquia, se divide en múltiplos brazos formando vizosos illotes de doado acceso. Visita recomendable para fuxir da aceleración urbana (a 25 minutos de Santiago).

A ponte medieval (máis que romana) que lle dá nome ó lugar de Ponteledesma (ou A Ponte) está pechada ao tráfico rodado (agás motos) dende comezos do 2001 mediante uns fitos de pedra.

O Corno de Insua, Insua, Ortigueira

O Corno de Insua é un lugar da parroquia de Insua no concello coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 8 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 4 homes e 4 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 9 habitantes.

O Ermo, Ortigueira

San Xulián do Ermo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 143 habitantes (76 homes e 67 mulleres) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

Obra, Vila de Cruces

San Tomé de Obra é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 93 habitantes (51 mulleres e 42 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes.

San Tomé de Insua, Vila de Cruces

San Tomé de Insua é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2012 tiña 131 habitantes (71 mulleres e 60 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 220 habitantes.

Senra, Ortigueira

San Xulián de Senra é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 337 habitantes (179 mulleres e 152 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 503 habitantes.

Vilapedre, Vilalba

San Mamede de Vilapedre é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 177 habitantes (92 homes e 85 mulleres) repartidos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 248 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.