Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento é unha institución cultural, constituída o 16 de febreiro de 1944 en Santiago de Compostela, especializada actualmente en estudos científicos sobre arqueoloxía e historia, nomeado en honor ó Padre Sarmiento.

Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos 2
Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, en Santiago de Compostela.

Historia

En 1923 un grupo de universitarios preocupados pola falta de estudos sobre Galiza fundaron o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Esta institución multidisciplinar e punteira realizou estudos e divulgacións sobre o patrimonio cultural galego, mais a Guerra Civil e o posterior réxime franquista acabou con todos os proxectos.

No ano 1944 créase un instituto chamado Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, adscrito ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), e que dalgún xeito era herdeiro daquel pioneiro SEG. Este novo instituto reuniu na xuntanza fundacional a maioría dos intelectuais que sobreviviron á guerra: Francisco Javier Sánchez Cantón, Fermín Bouza Brey, Paulino Pedret Casado, Jesús Carro García, Abelardo Moralejo Laso e Felipe Ramón Cordero Carrete (primeiro secretario da institución); pouco tempo despois tamén se integran Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino Cuevillas. Outros colaboradores nas primeiras etapas tamén foron Antón Fraguas, Xesús Ferro Couselo, Couceiro Freijomil, Xesús Taboada Chivite e Aquilino Iglesia Alvariño, entre outros.

O novo Instituto mantivo nos seus primeiros anos a estrutura en dez seccións: Arqueoloxía; Etnografía; Xeografía; Prehistoria; Historia; Filoloxía; Literatura; Arte; Estudos Composteláns e Peregrinacións; e Bibliografía e Publicacións. Ademais, a institución recolleu a parte dos fondos sobreviventes do SEG, feito que creou certa polémica nalgúns sectores do galeguismo ao consideraren que o IEG Padre Sarmiento era unha institución franquista e non era herdeira do antigo SEG. A ditadura non lle permitiu usar a lingua galega ao novo instituto até a década de 1960, e a partir desta data empregouno de maneira ocasional. O primeiro director do IEG Padre Sarmiento foi Francisco Javier Sánchez Cantón.

O IEG Padre Sarmiento mantivo unha actividade salientábel até aproximadamente 1975. Nesta primeira etapa realizáronse catálogos de castros, análises da romanización de Galiza, estudos de cancioneiros medievais galego-portugueses e tamén a elaboración dunha extensa bibliografía de Galiza. Nos anos oitenta houbo unha etapa de crise no IEG, con menor actividade. Mais a partir de 1994 hai un novo rexurdir, producíndose tamén unha mudanza como director, asumindo este cargo Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. O instituto volve a centrarse especialmente na investigación, e no ano 2000 o Padre Sarmiento reconvértese nun centro mixto entre a Xunta de Galicia e o CSIC. O IEG Padre Sarmiento especializouse nos últimos anos principalmente en arqueoloxía e historia.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Almanaque Gallego

Este artigo é do "Almanaque Gallego" editado na Arxentina, 29 volumes de 1898 a 1927. Para o homónimo editado en 1909, un só número, véxase: Almanaque Gallego (A Habana).

O Almanaque Gallego foi unha publicación anual que se editou en Buenos Aires entre 1898 e 1927, editada por Manuel Castro López. Aínda que predominan os textos en castelán, o galego está ben representado no almanaque.

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

CEG

As siglas CEG poden referirse a:

Cuadernos de Estudios Gallegos, publicación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

A Confederación de Empresarios de Galicia, fundada en 1981.

Consello Superior de Investigacións Científicas

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas ou Consello Superior de Investigacións Científicas, tamén coñecido polo acrónimo CSIC, é un organismo público autónomo estruturador da Ciencia e Tecnoloxía españolas. Pertenece ó Ministerio de Educación e Ciencia. O seu logotipo é a Árbore da Sabedoría.

Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e a cultura de Galicia na sociedade e asesorar os poderes públicos de Galicia. É un organismo estatutario, previsto no artigo 32 do Estatuto, foi creado o 8 de xullo de 1983. Ten a súa sede no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.

A súa presidenta é Rosario Álvarez, ademais o Consello componse de representantes de entidades e personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Xestiona os seguintes arquivos: Arquivo sonoro de Galicia, Centro de documentación sociolingüística de Galicia, Arquivo da emigración galega e Arquivo de comunicación.

Cuadernos de Estudios Gallegos

Cuadernos de Estudios Gallegos é unha publicación científica, de periodicidade irregular, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC), con sede en Santiago de Compostela.

O primeiro número é de 1944. A temática da revista abrangue áreas como a prehistoria, a arte, a crítica literaria, a filoloxía ou a etnografía e refírese principalmente a Galicia. O idioma empregado é fundamentalmente o castelán. Está dirixida por Eduardo Pardo de Guevara, director do propio IEGPS, cargo que ocuparon anteriormente Francisco Javier Sánchez Cantón e Xosé Filgueira Valverde sucesivamente.

Felipe Cordero Carrete

Felipe Ramón Cordero Carrete, nado en Redondela en 1895 e finado en Santiago de Compostela en 1988, foi un profesor e estudoso galego.

Francisco Javier Sánchez Cantón

Francisco Javier Sánchez Cantón, nado en Pontevedra o 14 de xullo de 1891 e finado o 27 de novembro de 1971, foi un historiador galego.

Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Instituto de Estudios Gallegos

Non confundir co Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

O Instituto de Estudios Gallegos foi unha institución cultural creada na Coruña en 1918 por Manuel Casás Fernández. Tiña carácter rexionalista, e xurdiu como contrapunto ás Irmandades da Fala.

Isidro García Tato

Isidro García Tato, nado en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) o 21 de decembro de 1947, é un teólogo e historiador galego. É investigador no Consello Superior de Investigacións Científicas e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento desde xuño de 1984.

Laíño, Dodro

San Xián de Laíño é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 735 habitantes (352 homes e 383 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 801 habitantes.

Manuel Santos Estévez

Manuel Santos Estévez, nado en Vigo en 1968, é un arqueólogo galego, especialista en arte rupestre.

Marcial Gondar

Marcial Gondar Portasany, nado en Pontevedra en 1948, é un antropólogo galego.

Nomes da folla do piñeiro en Galicia

Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados.

Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.

Hai que apuntar que malia ser o piñeiro unha árbore presente en Galicia dende ben antigo, non ten gran relevancia fitonímica dentro do arborado galego e do norte de Portugal ata mediados do século XVIII, polo que a riqueza sinonímica actual non pode ser anterior a esa época.

As diferentes denominacións que reciben as follas do piñeiro poden facer referencia á folla verde ou á seca (sendo máis relevante a terminoloxía canto a esta última, polas aplicacións que ten no rural galego); tamén se pode facer referencia a unha acícula individual ou ó conxunto de varias acículas (predominando a terminoloxía referida ó conxunto de varias acículas xuntas). Por outra banda esta riqueza sinonímica non está implantada en toda Galicia por igual, sendo máis relevante naquelas zonas onde a presenza do piñeiro é máis significativa.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ramón Yzquierdo Perrín

Ramón José Yzquierdo Perrín, nado en Santiago de Compostela o 9 de marzo de 1948, é un historiador da arte galego.

Sarmiento

Sarmiento pode referirse a:

A familia castelá da Casa de Sarmiento, afincada en Galiza desde o século XV.

Xurxo Ayán

Xurxo M. Ayán Vila, nado en Lugo o 5 de novembro de 1976, é un arqueólogo galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.