Inno e Marcia Pontificale

O Inno e Marcia Pontificale (do italiano: Himno e Marcha Pontificia) é o himno nacional da Cidade do Vaticano. As letras foron escritas por Antonio Allegra (1905-1969) e a música foi composta por Charles Gounod (1818-1893). Adoptouse como himno en 1950.

Inno e Marcia Pontificale
En galego: Himno e Marcha Pontificia
Himno deCidade do Vaticano Cidade do Vaticano
MúsicaCharles Gounod
1869
Adoptado1949
Mostra da música
Inno e Marcia Pontificale (Instrumental)

Partitura

Letras en latín

O felix Roma - O Roma nobilis.
Sedes es Petri, qui Romae effudit sanguinem,
Petri, cui claves datae sunt regni caelorum.
Pontifex, Tu successor es Petri;
Pontifex, Tu magister es tuos confirmas fratres;
Pontifex, Tu qui Servus servorum Dei,
hominumque piscator, pastor es gregis,
ligans caelum et terram.
Pontifex, Tu Christi es vicarius super terram,
rupes inter fluctus, Tu es pharus in tenebris;
Tu pacis es vindex, Tu es unitatis custos,
vigil libertatis defensor; in Te potestas.
Tu Pontifex, firma es petra, et super petram hanc aedificata est Ecclesia Dei.
O felix Roma - O Roma nobilis.

Antigas Letras en latín

(Evaristo D'Anversa)

Roma, alma parens, Sanctorum Martyrumque,
Nobile carmen, te decete, sonorumque,
Gloria in excelsis, Paternae Maiestati
Pax et in terra fraternae caritati
Ad te clamamus, Angelicum pastorem:
Quam vere refers, Tu mitem Redemptorem!
Magister Sanctum, custodis dogma Christi,
Quod unun vitae, solamen datur isti.
Non praevalebunt horrendae portae infernae,
Sed vis amoris veritatisque aeternae.
Salve, Roma!
In te aeterna stat historia,
Inclyta, fulgent gloria
Monumenta tot et arae.
Roma Petri et Pauli,
Cunctis mater tu redemptis,
Lumen cunctae in facie gentis
Mundique sola spes!
Salve, Roma!
Cuius lux occasum nescit,
Splendet, incandescit,
Et iniquo oppilat os.
Pater Beatissime,
Annos Petri attinge, excede
Unum, quaesumus, concede:
Tu nobis benedic.

Letras en italiano

INNO Roma immortale di Martiri e di Santi,
Roma immortale accogli i nostri canti:
Gloria nei cieli a Dio nostro Signore,
Pace ai Fedeli, di Cristo nell'amore.
A Te veniamo, Angelico Pastore,
In Te vediamo il mite Redentore,
Erede Santo di vera e santa Fede;
Conforto e vanto a chi combate e crede,
Non prevarranno la forza ed il terrore,
Ma regneranno la Verità, l'Amore.

MARCIA PONTIFICALE
Salve Salve Roma, patria eterna di memorie,
Cantano le tue glorie mille palme e mille altari.
Roma degli apostoli, Madre guida dei Rendenti,
Roma luce delle genti, il mondo spera in te!
Salve Salve Roma, la tua luce non tramonta,
Vince l'odio e l'onta lo splendor di tua beltà.
Roma degli Apostoli, Madre e guida dei Redenti,
Roma luce delle genti, il mondo spera in te!

Tradución ao galego

HIMNO
Oh, Roma eterna, de mártires e santos,
Oh, Roma eterna, acolle o noso canto.
Gloria no alto, a Deus en maxestade,
Paz na terra, xustiza e caridade.
A ti corremos, anxélico Pastor,
en ti nos vemos ao Doce Redentor.
A voz de Pedro na túa o mundo escoita,
Forza e escudo de quen combate e loita.
Non vencerán as forzas do Inferno,
Mais a verdade e o doce amor fraterno.

MARCHA PONTIFICIA
Salve, salve Roma, é eterna a túa historia,
Cántanos a túa gloria monumentos e altares.
Roma de apóstolos, nai e mestra de verdade,
Roma, toda Cristiandade, o mundo agarda en ti.
Salve, salve Roma, o teu sol non ten poñente,
Vence refulxente todo erro e todo mal.
Salve Santo Padre, vivas tanto máis que Pedro,
caia cal mel das rochas a bendición papal.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Cidade do Vaticano

Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.

O Vaticano é unha cidade-estado, recoñecido como tal o 11 de febreiro de 1929 tralos pactos de Latrán. A Cidade do Vaticano alberga a Santa Sé, máxima institución da Igrexa católica. Aínda que os dous nomes "Cidade do Vaticano" e "Santa Sé" se utilizan a miúdo coma se fosen equivalentes, o primeiro refírese á Cidade e ao seu territorio, mentres que o segundo se refire á institución que dirixe a Igrexa e que ten personalidade xurídica propia (como suxeito de dereito internacional). En rigor, é a Santa Sé, e non o Estado do Vaticano, a que mantén relacións diplomáticas cos demais países do mundo. Doutra banda, o Vaticano é quen dá o soporte temporal e soberano para a actividade da Santa Sé. As dúas entidades aínda teñen pasaportes diferentes, aínda que en ámbolos casos son moi poucos os existentes.

A denominación oficial completa en latín desta estado é: Status Civitatis Vaticanæ, sendo en italiano a denominación completa Stato della Città del Vaticano, nome que vén do Monte Vaticano (do latín "Vaticinĭum": predición; antigamente moraba no outeiro un oráculo etrusco). A Cidade do Vaticano é unha monarquía eclesiástica ou sacerdotal, gobernada polo bispo da diocese romana, o Papa, polo que pode considerarse a única monarquía electiva de Europa, aínda cando o Sumo Pontífice delega as funcións de goberno no Secretario de Estado. Posúe ademais o exército máis pequeno do mundo, a Garda Suíza, composta tan só por 110 soldados.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.