Inno Nazionale della Repubblica

O Inno Nazionale della Repubblica (do italiano: Himno Nacional da República ou simplemente Inno Nazionale, é o himno de San Marino. Foi composto por Federico Consolo, e adoptado polo Consello Grande e Xeral como himno nacional o 11 de setembro de 1894, cando foi inaugurado o Palazzo Pubblico.

Inno Nazionale della Repubblica
En galego: Himno nacional da República
Inno San Marino
Himno deSan Marino San Marino
LetraFederico Consolo
MúsicaFederico Consolo
Adoptado1894

Letra

Oficialmente o himno non ten letra. Giosuè Carducci chegou a escribir un texto, pero o Goberno de San Marino nunca chegou a adoptalo.

San Marino

San Marino, oficialmente Serenísima República de San Marino, (en italiano: Serenissima Repubblica di San Marino) é unha república situada nos Apeninos, encravada no interior de Italia, e sen saída ao mar. Cun tamaño de tan só 61,4 km² é un dos países máis pequenos do mundo, só superando en Europa á Cidade do Vaticano e a Mónaco. Ademais con preto de 30.000 habitantes é o estado menos poboado dos membros de Consello de Europa. Con todo, non pertence á Unión Europea.

A República de San Marino é a república soberana constitucional máis antiga do mundo aínda existente, sendo fundada, segundo a tradición, o 3 de setembro de 301 por un canteiro chamado Mariño, o cal deu nome ao país. A lenda di que Mariño fuxiu dende a costa dálmata, naquel entón colonia romana, no ano 257 cando o futuro emperador Diocleciano emitiu un decreto chamando á reconstrución das murallas de Rimini destruídas por piratas libúrnios, refuxiándose no Monte Titano. A súa capital é a cidade de San Marino.

A Constitución de San Marino, promulgada no ano 1600, é a máis vella do mundo aínda en exercicio. Estabelece unha forma parlamentar de goberno, o cal está composto polo parlamento, chamado Consello Grande e Xeral, presidido por dous Capitáns Rexentes, que son Xefes de Estado por un prazo de seis meses e polo Congreso de Estado, formado de dez conselleiros escollidos entre os membros do Consello Grande e Xeral.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.